Rubrica trabajo sector lácteo

2
Sector lácteo Sobre saínte Notable/Ben Suficiente/Ben Insuficiente Integración de contidos e evitación do “corta - pega” ou “copia” 20% da nota Os contidos integran ben a información obtida de distintas fontes para responder a todas as preguntas: que é, causas e consecuencias. Non están copiados literalmente das fontes, senón que foron redactados xuntando axeitadamente toda a información. Os contidos están lixeiramente modificados para xuntar varias fontes de información en varias das respostas. Os contidos están copiados literalmente pero hai máis dunha fonte de información integrando a resposta a algunha das preguntas. Os contidos están copiados literalmente da fonte de información que é unha soa. Pertinencia da información seleccionada. 20% da nota A información obtida das fontes responde de forma completa a cada unha das preguntas: que é a crise do sector lácteo, causas e consecuencias. O grupo non se quedou coa primeira información atopada, senón que buscou ata atopar a máis axeitada. A información obtida das fontes responde de forma suficientemente completa a cada unha das tres preguntas. A información obtida das fontes responde a cada unha das tres preguntas de forma coherente A información non responde ben a algunha das tres preguntas ou a varias. Redacción 20% da nota A redacción é correcta e ben organizada, empregando terminoloxía axeitada que o grupo comprende. A redacción é suficientemente correcta e ben organizada, empregando algúns termos específicos que o grupo comprende. A redacción é en xeral correcta e ben organizada aínda que algún parágrafo se podería mellorar. A redacción non está ben. A información está desorganizada e mal estruturada. A terminoloxía non se entende ou non é a axeitada. Colaboración entre os membros do grupo 20% da nota Todos os membros do grupo colaboraron. A información aportada por cada un dos membros foi entrelazada coa dos demais para formar un todo coherente e integrado. Todos os membros do grupo colaboraron. A información aportada por cada un dos membros foi agregada dándolle un sentido conxunto suficientemente coherente. Todos os membros do grupo colaboraron aínda que algúns máis que outros. Integrouse de forma suficiente a información, aínda que podería estar mellor. Nótase que non hai un traballo conxunto entre os membros do grupo. A colaboración foi moi desigual. Repartiron o traballo e non souberon integralo. Nótase moito.

Transcript of Rubrica trabajo sector lácteo

Page 1: Rubrica trabajo sector lácteo

Sector lácteo Sobre saínte Notable/Ben Suficiente/Ben InsuficienteIntegración de contidos e evitación do “corta - pega” ou “copia”20% da nota

Os contidos integran ben a información obtida de distintas fontes para responder a todas as preguntas: que é, causas e consecuencias. Non están copiados literalmente das fontes, senón que foron redactados xuntando axeitadamente toda a información.

Os contidos están lixeiramente modificados para xuntar varias fontes de información en varias das respostas.

Os contidos están copiados literalmente pero hai máis dunha fonte de información integrando a resposta a algunha das preguntas.

Os contidos están copiados literalmente da fonte de información que é unha soa.

Pertinencia da información seleccionada.20% da nota

A información obtida das fontes responde de forma completa a cada unha das preguntas: que é a crise do sector lácteo, causas e consecuencias. O grupo non se quedou coa primeira información atopada, senón que buscou ata atopar a máis axeitada.

A información obtida das fontes responde de forma suficientemente completa a cada unha das tres preguntas.

A información obtida das fontes responde a cada unha das tres preguntas de forma coherente

A información non responde ben a algunha das tres preguntas ou a varias.

Redacción20% da nota

A redacción é correcta e ben organizada, empregando terminoloxía axeitada que o grupo comprende.

A redacción é suficientemente correcta e ben organizada, empregando algúns termos específicos que o grupo comprende.

A redacción é en xeral correcta e ben organizada aínda que algún parágrafo se podería mellorar.

A redacción non está ben. A información está desorganizada e mal estruturada. A terminoloxía non se entende ou non é a axeitada.

Colaboración entre os membros do grupo20% da nota

Todos os membros do grupo colaboraron. A información aportada por cada un dos membros foi entrelazada coa dos demais para formar un todo coherente e integrado.

Todos os membros do grupo colaboraron. A información aportada por cada un dos membros foi agregada dándolle un sentido conxunto suficientemente coherente.

Todos os membros do grupo colaboraron aínda que algúns máis que outros. Integrouse de forma suficiente a información, aínda que podería estar mellor.

Nótase que non hai un traballo conxunto entre os membros do grupo. A colaboración foi moi desigual. Repartiron o traballo e non souberon integralo. Nótase moito.

Fontes de información20% da nota

Para responder ás tres preguntas principais o grupo empregou máis de 5 fontes de información distintas obtendo distintos datos de cada unha delas e integrándoa no traballo de forma que non se note que a información saíu de distintas fontes.

Para responder ás tres preguntas principais o grupo empregou máis de 4 fontes de información distintas obtendo distintos datos de cada unha delas e integrándoa ben.

Para responder ás tres preguntas principais o grupo empregou dúas ou tres fontes distintas de información obtendo distintos datos de cada unha delas. Ou empregou menos de tres pero consultou máis e elixiu ás axeitadas.

Para responder ás tres preguntas principais o grupo empregou poucas fontes ou unha soa. Quedou coa primeira resposta que atopou de cada unha.

Requisitos imprescindibles sen os cales non se puntúa: que todos os membros do grupo colaboren con maior ou menor acerto, que se entregue o traballo en algún formato e que as fontes de información estean anotadas de forma que se poida comprobar qué información saíu de cada unha.