Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela...

39
Ruta Costa do Solpor Xosé Mª Lema Unha iniciativa da Co apoio da

Transcript of Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela...

Page 1: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Ruta Costa do SolporXosé Mª Lema

Unha iniciativa da

Co apoio da

Page 2: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

RUTA COSTA DO SOLPOR

Costa do Solpor (Edicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na cidade da Coruña e, sobretodo, na costa noroccidental de Galicia, nas vellas Terras de Soneira e de Nemancos,hoxe comprendidas no ámbito da chamada Costa da Morte, topónimo inventado haipouco máis de cen anos (polo tanto, non existente na época da narración).

Breve sinopse: D’A Illa do Tesouro a Costa do Solpor

Costa do Solpor empeza onde remata A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson,dáse por suposto que se ten lido este clásico da literatura universal e nela un desco-ñecido escritor en lingua inglesa dos últimos anos do séc. XIX narra polo miúdo a viaxede volta da goleta Hispaniola, cargada co fabuloso tesouro agochado nunha descoñecidailla do Atlántico. Tal viaxe de volta non foi o camiño de rosas do relato stevensoniano,pois tivo importantes contratempos na costa occidental galega, a Costa do Solpor ou doSolposto, ó ser abordada á altura do cabo Vilán por dous navíos corsarios con base noporto da Coruña, que se fixeron co seu tesouro. O destino da goleta asaltada era serincendiada en mar aberto cos seus tripulantes dentro, pero o grumete Jim Hawkins lo-gra fuxir e acadar a costa, onde coñece un mozo pegureiro chamado o Chavián e dunhavalente fidalga chamada Mariña de Lobeira, que o van axudar a salvar os seus compa-ñeiros dunha morte certa e a recuperar o tesouro roubado.

N’A illa do tesouro, Stevenson, no derradeiro capítulo da súa novela, limítase a dicirque conseguiran uns cantos mariñeiros máis [nun porto da América española] e quefixeran unha boa viaxe de volta, e que a Hispaniola lograra atracar en Bristol xustocando o Sr. Blandy lle ía enviar un socorro. Pero o escritor escocés deixou a porta abertaa unha posible continuación da aventura cun par de importantes detalles:

1) Que no uso que cada un dos principais tripulantes fixo da súa parte do te-souro indícase o que fixeron o capitán Smollett, o temoneiro Gray e mesmo o to-liño Bun Gunn, pero nada se di da parte recibida polo Dr. Livesey e, o que é máisimportante, polo armador John Trelawney, que por forza tivo que recibir o bocadomáis substancioso, pois a goleta era súa.

Page 3: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

2) Que non todo o tesouro da illa se puido estibar na goleta: unha boa parte,sobre todo os lingotes de prata, quedara alí, pero Jim non estaba disposto a volverbuscar aquela riqueza por nada do mundo1.

1 Estes lingotes de prata que quedaron na illa motivaron a recente publicación, no ano 2012, de Silver.Return to the Treausure Island, do escritor inglés Sir Andrew Motion, traducida ao castelán co títuloRegreso a la isla del tesoro (Tusquets Editores, 2014). En 1802, corenta anos despois da aventura daHispaniola, o fillo de Jim Hawkins e da filla de John Silver o Longo, volven á illa do tesouro na procuradestes lingotes.

A primeira tradución ó galego d’A illa dotesouro data de 1984, e foi obra de Xavier

Alcalá

O mapa da illa do tesouro da obra de Stevenson Jim recollendo o tesouro da illa (La isla del tesoro;Espasa Calpe, Madrid 1934)

Page 4: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Mapa da zona onde se desenvolve a novela, segundo os tripulantes da Hispaniola

En Costa do Solpor mestúranse personaxes imaxinarios con outros reais. Entre osprimeiros, os iniciais son literariamente ben coñecidos, pois son os mesmos da novelade Stevenson, os principais tripulantes da Hispaniola: o squire (fidalgo) John Trelawney(armador e almirante da goleta), o doutor Livesey, o capitán Smollett, o grumete JimHawkins, o temoneiro Abraham Gray, o tolitates Bun Gunn, sen que se esqueza a JohnSilver o Longo nin ó seu latriqueiro papagaio. Na segunda parte do relato aparecen ospersonaxes nativos ou residentes en terras galegas, particularmente na Costa do Solpor:o Chavián (pegureiro); dona Mariña de Lobeira (moza fidalga) e o seu pai don Cristovode Lobeira; Alfred, o náufrago inglés; Andrea (nai do Chavián); Silvestre (o valente Bran-domil doutro nome, criado de don Cristovo); o Crego Sabio; a mocidade dos lugares deSan Cibrán e de Valverde; madre Farruca (ama de cría da fidalga), entre outros. Entre os

Page 5: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

antagonistas, o maluíno René de Saint-Syr (capitán do An Ankou, bergantín pirata) e oseu lugartenente Lourenzo de Aboal, galego; o enmascarado da cabeza de pera (arma-dor do El Trueno, barco en corso do porto da Coruña); o calafate-espía Mingos de Albo-rés e outros membros da Confraría da Man Morta, os covardes veciños dunha vila mal-dita cun nome moi acaído, etc.

A maior parte dos escenarios son reais, aínda hoxe existentes na Costa do Solpor(trasunto da Costa da Morte, que, como dixemos, daquela non tiña ese nome). O seuterritorio básico son os concellos de Fisterra, Muxía e Camariñas, pero tamén hai incur-

Itinerario básico da Ruta Costa do Solpor(fonte: elaboración propia a partir do Mapa da provincia da Coruña 1: 215.000, Edicións do Cumio; Vigo, 2000)

Page 6: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

sións noutros veciños coma Corcubión, Cee e Vimianzo2. Algúns capítulos acontecen nacidade da Coruña, no seu porto e no mar que a circunda.

Hai tamén referencias a lugares de Portugal, de Irlanda, da Bretaña francesa e dacosta suroeste de Gran Bretaña; e mesmo de lugares da costa occidental africana e doleste do Brasil.

2 Esta ruta servirá tamén para evocar e homenaxear a un bo número de escritores que se ocuparon daCosta da Morte nalgunha das súas obras, tanto nativos coma forasteiros, tales como Xelucho Abella,George Borrow, Gabriele Bartolomi, Joseph Cornide, Marta Dacosta, Modesto Fraga, Mónica Góñez, AloisJirasék, Domenico Laffi, Gonzalo López Abente, José Mas, Antonio Meixide Pardo, Alexandre Nerium,Eduardo Pondal, Xoán Antonio Posse, Manuel Rivas, Ramón Romar, Fr. Martín Sarmiento, Miro Villar,Antón Zapata e outros/as que se citan nas pp. 659 e 660.

Page 7: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

1ª parte: Ruta Costa do SolporPolos principais escenarios da Costa da Morte

Propoñemos unha ruta para percorrer os principais escenarios galegos da novela,principalmente os dos actuais concellos de Fisterra, Muxía e Camariñas, sen nos esque-cer doutros situados nos concellos de Corcubión, Cee e Vimianzo.

Esta ruta pódese realizar en autobús na súa maior parte; non obstante, hai tramosnon recomendables para os autocares e si para os turismos, motos e bicicletas. Outrostramos só se poden facer a pé, para irmos de vagar gozando da paisaxe, pois discorrenpor lugares pouco accesibles. En todo caso, o que si podemos asegurar é que o viaxeirovai gozar de paisaxes verdadeiramente engaiolantes.

Punto de partida: Vimianzo

A escolla de Vimianzo como punto de partida é debida á súa situación céntrica parao territorio que imos percorrer. Vimianzo cítase na novela por ser a cabeza da xurisdi-ción señorial do seu nome, pertencente ós condes de Altamira, nobres que residen nacorte real española sen apenas apareceren polas súas posesións galegas en anos; unapoderado ou meiriño residente no castelo de Vimianzo encargábase de cobrar as ren-das dos seus vasalos. Isto dános pé a falarmos do mundo dos foros galegos a mediadosdo séc. XVIII, e da ameaza dos despoxos, latente en varios capítulos. A Pragmática de1763 daría unha solución duradeira ó conflito.

Os condes de Altamira eran daquela, a mediados do séc. XVIII, donos da maior partedas terras dos veciños destas comarcas. Ós seus Estados pertencían as xurisdicións se-ñoriais de Mens (Malpica), Vimianzo e Corcubión, onde tiñan cadanseu castelo gober-nado por cadanseu meiriño de apoderado para cobrar os foros.

Castelo de Vimianzo, que fora cabeza da xurisdición de Vimianzo, dos condes de Altamira (foto Xosé Mª Lema [XMLS])

Page 8: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Visitas

Primeira parada: ruínas do Pazo de Boallo (Berdoias-Vimianzo)

Saímos de Vimianzopola estrada AC-552 endirección a Fisterra. A uns8 km, na encrucillada deBerdoias, collemos á de-reita pola estrada deMuxía (AC-440) e, a poucomáis de 1 km detémonosno lugar de Boallo. Entre ascasas da aldea atópase aque noutrora foi a Casa deBoallo, hoxe por desgrazaen ruínas e cuberta de he-dras, silvas e malezas queocultan a arquitectura dunha mansión construída a mediados do séc. XVII.

No momento en que se desenvolven os feitos da novela a casa estaba habitada polofidalgo D. Rodrigo Sancho de Leis, escribán, a súa esposa Dª Josefa de Santiyán y Valdi-vieso e os seus fillos e criados. Esta familia existiu realmente; todos os nomes dos seusmembros son reais. O fillo maior deste matrimonio, D. Xosé de Leis, era o pretendenteque ansiaba o fidalgo D. Cristovo de Lobeira da novela para a súa fermosa (e intelixente)filla dona Mariña. Desta familia fálase polo miúdo nas pp. 390-391 (cap. 48: ‘Casamentode trato’) e noutros posteriores3.

Volvendo á estrada principal (AC-552), pódese visitar no lugar de Berdoias unhacasa do ano 1607, a do fidalgo D. Alonso de Lema II, devanceiro dos señores de Boallo,que en 1622 fundara os vínculos de Berdoias e Boallo para os seus descendentes. Na p.390 fálase deste fidalgo, que tamén existiu realmente.

Paso polo lugar onde estivo a Casa do Camiño de Vilar de Toba (Cee)A 23 km do punto de partida. En realidade, non se presta a deternos, pois a Casa do

Camiño xa non existe (abandonouse e destruiuse), pero si a facer mención dela no lugarque ocupou. Era unha mansión rural, case un pazo, que se mantivo en pé ata os anosoitenta do pasado século, infortunadamente desapareceu nos últimos anos. O seu lugarfoi ocupado por áreas comerciais e pola desviación a Sardiñeiro.

3 Un informe completo sobre a familia fidalga dos Leis (e dos Lema) de Berdoias, témolo en X. Mª Lema(2006): Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). I. Os nomes masculinos;AGOn, Santiago; pp. 171-190

Estado actual da Casa dos fidalgos de Boallo (foto XMLS)

Page 9: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Falaremos da Casa do Camiño á al-tura da rotonda que marca a desviacióna Sardiñeiro; era unha boa mostra daarquitectura popular da zona, pois,ademais da casa-matriz cun balconciñode rústicos balaústres, contaba con to-das as dependencias dunha casa ruralforte autosuficiente; na zona leste er-guíanse dous hórreos de pedra (chama-dos cabaceiras na comarca) que tiñan aparticularidade de teren uns soportespouco habituais: uns pés prismáticos(adoitan ser troncocónicos ou cilíndri-cos) e uns tornarratos de sección cua-drangular e troncopiramidais (adoitanser circulares na zona).

Volvendo á novela, na Casa do Ca-miño, Mingos, o calafate-espía da clan-destina Confraría da Man Morta, alugouun cabalo para marchar de mañanciña epercorrer a toda présa quince leguaspara chegar á Coruña con tempo paraavisar ó capitán francés (Saint-Syr) dun dos barcos piratas da organización da presenzadun navío (a Hispaniola) cun importantecargamento na baía de Fisterra. O donoda mansión era un rico labrego chamadoBastián da Insua, o Vinculeiro, que tiñaboas leiras e gando en parcería por todaa Terra de Nemancos, e greas de cabalosceibos desde o monte do Pedrido á Pe-dra das Sete Grixas (p. 96, cap. 11: ‘OTiopa’).

Segunda parada: Praia da Lan-gosteira (Fisterra)

Collemos a desviación que nos si-nala a Fisterra. Pasamos pola fermosavila mariñeira de Sardiñeiro e, tras albis-car despois “a man prolongada no Océa-no” do poeta, correspondente á penín-sula de Fisterra desde un miradoiro bensinalizado, no km 32 do punto de partidatorcemos á esquerda nunha desviación áesquerda indicada para a praia

A Casa do Camiño contra 1978 (fotos XMLS)

Xeografía do cabo Fisterra

Page 10: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Langosteira (localmente coñecida como praia da Serra).

Esta praia foi o primeiro dos escenarios galegos da novela. Neste longo areal ó res-gardo dos ventos botou áncoras a Hispaniola para pasar a noite tras o violento trebónque sufrira no océano. Entrara na baía bordeando un monte de forma cónica que tiñaunha lumieira ou facho no seu alto (o monte do Facho de Fisterra) e o capitán decidiufacer noite naquel areal de augas tranquilas para ver ó día seguinte os estragos do tem-

poral no aparello e tratar de arranxalos (p. 59 e ss., cap. 7: ‘O facho na noite’).Ó amencer do día seguinte, Jim puido ver polo leste unha impresionante mole mon-

tañosa a contraluz (p. 60); co sol da tarde verase que esa montaña estaba formada todaela por luminosos penedos de granito rosado: é a Montaña Vermella (o monte Pindo, oPedregal) (cap. 10, ‘A montaña vermella’).

Pero o feito de deternos no extremo norte da praia da Langosteira ou da Serra épara contemplar desde ela o que viron dous tripulantes desde a cuberta da goletaollando cara á daquela aldea fisterrá de casas de pedra escura. Mirando cara ó alto do

A ‘man prolongada no océano’ de Fisterra, coa praia da Langosteira en primeiro termo, onde primeiro botou áncoras aHispaniola (foto XMLS)

O monte Pindo ('A Montaña Vermella'), desde a Langosteira (foto XMLS)

Page 11: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

monte que enmarcaba o lugar observaron que remataba en dous picoutos cónicos caseidénticos, e un dos tripulantes, cunha maliciosa risiña, díxolle a un compañeiro:-“Parecen os peitos dunha muller espida facendo o morto no mar”, e o outro retrucou-lle: “Non tal, ho: a min paréceme unha puta estomballada preparada para cumprir coseu oficio, gha, gha!” (Cap. 7, p. 60).

En efecto, o monte Facho de Fisterra, visto desde a praia da Langosteira, remata endous outeiros lixeiramente avultados, de forma cónica, que semellan dalgún xeito osseos dunha muller tombada. Isto só se pode ver desde o extremo norte da praia.

A visión do segundo tripulante da Hispaniola coincide coa dunha coñecida poeta fis-terrá:

Puta libidinosaque fa-lo morto eternamente;berro de salque estoupa en pedra sacramollada de luxuria.Aberta sobre o marescúlpeste firme e rexainvadindo ondas acesasque ti prendesen noites de lúa chea,envexosa do teu seo,ela preña.

Asasina dun solque morre en tipor desexarte cada noite,puta vella,húmida coma ó principio;seducindo dende sempreen pedra e auga,anunciada brevementeen fina area,orgullosa do teu corpo,triste e salvaxe Fisterra.

Mónica Góñez, De mar e vento. Cinco poe-tas de Fisterra, Espiral Maior, 1997

Máis adiante, no cap. 10, dous operarios locais que estaban arranxando as velas dagoleta, discuten entre si e falan do ancestral costume, citado polo padre Sarmiento nasúa viaxe de 1745, dos matrimonios infecundos de copularen no leito de san Guillelmo eno alto do Pindo (p. 86). Un destes operarios, alcumado o Bauprés, sinaloulle ó seu opo-ñente o monte do Facho indicándolle que o leito do santo aquel quedaba “xusto detrásde onde están os peitos espidos de muller enfesta”, expresión tomada da visión doutrocoñecido poeta fisterrán:

TÓMBOLO

Tómbolo sobre a area branquecinadesafiando o mar coa túa béstaespidos peitos de muller enfestatrala salgada escuma cristalina.

Singradura de tárdegos solporesbaixo os ronseis de rotas devanceiras.Aradomar, vertente das ribeirasonde o sol adormece as súas cores.

Promontorium Nerium, confín da terra,ausencias das ausencias derradeiras,ensanguentadas rochas silandeirasna máis illada noite de Fisterra.

Nave de pedrade velames rafados polo ventoonde o compás do mar é sufrimentoe a nosa vida, o berce que en ti medra.

Alexandre Nerium, De mar e vento.Cinco poetas de Fisterra, Espiral Maior, 1997

Page 12: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Un dos operarios locais tamén narrara a lenda da cidade asolagada de Duio, que hi-poteticamente estaría baixo as augas desta praia (p. 76).

Terceira parada: Porto de Fisterra

Volvemos á estrada xeral e continuamos cara á vila de Fisterra, para deternos noseu porto (35 km desde Vimianzo), que en nada se parece xa ó que atoparon os tripu-lantes da Hispaniola. Hoxe o porto fisterrán conta con varios peiraos, e no séc. XVIII sótería algún que outro embarcadoiro, pois, como se aprecia en fotos de hai case cenanos, as lanchas estaban amarradas nos areais da vila e moitas das casas estaban cons-truídas sobre penedos co mar moipreto. O que si existía era o castelo oufortaleza de San Carlos, construída naprimeira metade do séc. XVIII paradefender a vila dos ataques piratas oude flotas estranxeiras.

Na novela o sarxento Antón doCampón (alias o Atrevido de Fisterraou Muito Home) era a autoridade queestaba ó cargo da fortaleza de SanCarlos. Con el falou no peirao o Sr.Trelawney cando acudiu nun bote, acompañado de Jim e doutros tripulantes, para soli-citar operarios para arranxar os estragos da tormenta sufrida. O sarxento, recollendo unvello equívoco, diríalle de primeiras a Trelawney que se atopaban na Estrela Escura (enon en Fisterra, cousa que aclararía despois). O sarxento do castelo de San Carlos narra-ría a súa historia (heroica) particular e acabaría facéndose amigo do armador (pp. 63 ess; cap. 8: ‘Muito Home’) .

Os “peitos espidos de muller enfesta” do monte Facho fisterrán, desde a Langosteira (XMLS)

O castelo de San Carlos (Fisterra), a principios do séc. XX(foto R. Caamaño)

Page 13: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Ocasión para falarmos da viaxe do barón bohemio Lev de Rožmital a Compostela e aFisterra, en 1465; nunha tradución que se fixo desta viaxe a finais do séc. XV traduciuse,

equivocadamente, o lati-nismo Finis Terrae por StellaObscura.

Afortunadamente, naactualidade no castelo deSan Carlos instalouse unpequeno pero interesanteMuseo da Pesca, e o seuguieiro é Alexandre Nerium,pseudónimo de ManoloLópez, mariñeiro e poeta,que nos proporcionará unhainteresante explicaciónsobre as artes de pesca e ossegredos internacionais danavegación dunha maneiramoi didáctica e atraente.

Como varias pasaxes da novela están inspiradas nalgún dos seus poemas, mesmo poderematar as súas explicacións coa recitación dalgún deles, en especial o do ‘Cabaleiro domar’, que inspirou o título da Parte IX da novela (‘O castelo das estrelas desvalidas’ e, enconcreto, o parágrafo da p. 429: “Ou moito me engano ou estas torres están construídasno soar do vello castelo das estrelas desvalidas dos cabaleiros do mar”.

CABALEIRO DO MAR

Cabaleiro do mar, fun cabaleirodun castelo de estrelas desvalidas,entre cachóns de anémonas perdidas,entre cinzas que afloran no salseiro.

Cabaleiro do mar, fun cabaleirona galera de mans esvaecidasentre bágoas de sal esmorecidasamarrado á mesana dun veleiro.

Cabaleiro do mar; de pés mollados,entre alfanxes sombríos,ondulados, de azagaia sutil e nacarada.

Cabaleiro de soño e de sereatumbado no devalo da mareasen pavés, sen loriga e sen espada.

Alexandre Nerium, De mar e vento. Cincopoetas de Fisterra, Espiral Maior, 1997

Outros parágrafos da novela, o dos barcos “que levan o crepúsculo gravado nas ca-dernas” (p. 410), a vella cántiga inacabada de Madre Farruca da p. 380 (“Dos teus ollosquero naufragar na fondura… “), etc., tamén están inspirados en poesías deste poetafisterrán, que colaborou co autor en varias presentacións da novela en lugares comoVimianzo, Muxía, Cee ou Corcubión.

A. Nerium recitando no cabo Fisterra para o alumnado do Curso de Galego paraEstranxeiros (ILG-USC, 2012) (foto XMLS)

Page 14: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Cuarta parada: Cabo de Fisterra

Tras pasar xunto á igrexa de Santa María das Areas, continuaremos camiño deica ocabo Fisterra e o seu faro. Na época na que se ambienta a novela o faro non existía,como tampouco existía ningún faro en toda a costa española, polo menos tal como osconcibimos hoxe: unha torre máis ou menos alta situada na beira do mar cunha luz naparte superior, protexida por unha lanterna, para guiar a navegación nocturna.

Existían fachos (cacharelas, lumieiras) sobre montes e outeiros da beiramar peronon faros, tal como nos desvela a toponimia (monte do Facho, Facho de Touriñán…). Entroques, a costa británica xa estaba ben dotada destas torres, e unha delas que marcouun antes e un despois na enxeñería fareira foi o terceiro faro de Eddystone, construídosobre un estreito penedo no medio do mar a 14 millas do porto de Plymouth (Gran Bre-taña). Á ausencia de faros na costa galega e española faise alusión no cap. 9 (‘O carballoe o faro’). Unicamente a torre de Hércules da Coruña lle facía algo de competencia ásobras británicas, e aínda así estaba sumida no abandono (chamábanlle o Castelo Vello, esó se prendía a fogueira de pascuas en ramos). A referencia na novela ó terceiro faro deEddystone construído en 1759 polo enxeñeiro John Smeaton non é gratuíta, pois xase fala del no cap. 9 (‘O carballo e o faro’, pp. 73-80) e, como o seu autor se inspiraranun carballo para construír a torre, vai proporcionar unha explicación moi racional paraun problema xurdido nun dos capítulos finais da novela: a Árbore de Lawney (cap. 73, p.599 e ss; cap. 75, p. 623).

Temos que nos imaxinar o cabo Fisterra sen o faro actual e si cunha cacharela oulumieira máis ou menos permanente sobre a parte máis alta do monte do Facho.

Unha vez arranxado o aparello, a Hispaniola levaría áncoras da praia da Langosteira,nun día de mesta brétema no mar, e dobraría o cabo de Fisterra para tomar logo a di-rección NO. bordeando a costa, na procura da enfilación do cabo Vilán, o preferido po-los navíos británicos, pois sinala mellor o norte. Visto desde o mar, o perfil triangular do

Vista do cabo Fisterra desde o mar: “unha nave de pedra de velames rafados polo aire” (foto XMLS)

Page 15: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

O castelo do Cardeal, unha das dúas fortalezas do séc. XVIII queprotexían a ría de Corcubión, citadas na novela (p. 92) (foto XMLS)

cabo fisterrán pareceríalles ós ingleses “unha nave de pedra de velames rafados poloaire” (p. 169), frase tomada de ‘Tómbolo’ do xa citado soneto de A. Nerium.

Quinta parada: CorcubiónDeixamos Fisterra coa goleta nave-

gando en dirección ó Vilán, e volvemospolo andado, pero tras pasar Sardiñeironon collemos a vía rápida, senón quetomamos o ramal á dereita que vai bor-deando a costa cara a Corcubión (15 kmdesde o cabo Fisterra). Antes de entrarna vila pasamos pola aldea da Amarela,citada na novela por vivir nela o menci-ñeiro ó que pretendía ir o calafate Min-gos despois do aparente accidente quesufrira na goleta (p. 83).

Desde o porto de Fisterra, mem-bros da Confraría a Man Morta levaron a Mingos nun rápido esquife de vela ó porto deCorcubión para ser atendido por ese menciñeiro ou compoñedor (p. 86), pero unha vezque a embarcación atracou no peirao corcubionés o falso calafate saltou a terra sen má-goa ningunha e faltoulle tempo para ir na procura da taberna do Quietán, cuxo dono eramembro da Confraría. Xa era de noite, e este recomendaríalle que alugase un cabalo naCasa do Camiño e marchase á Coruña avisar os xefes supremos da organización (cap. 11:‘O Tiopa’, pp. 91-98).

Parte exterior (oeste) do cabo Fisterra (foto XMLS)

Page 16: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Corcubión naqueles tempos era cabeza da xurisdición do seu nome, tamén perten-cente ós Estados dos condes de Altamira como Vimianzo, e entre as casas situadas pretodo porto, xunto coa igrexa parroquial de estilo gótico mariñeiro na súa maior parte, fi-gura o pazo dos condes de Altamira, onde residía un meiriño ou apoderado dos condes.Hoxe é unha pequena vila de menos de 2.000 habitantes e daquela aínda sería máis pe-quena, pero sen dúbida contaría con tabernas no porto como a do Quietán (varianteonomástica comarcá de Caetano), descrita na p. 92.

A zona urbana corcubionesa é quizais a que mellor se conserva das vilas da Costa daMorte. Como vila fidalga que foi, e cabeza de xurisdición señorial, algunhas das súascasas amosan escudos nas súas fachadas.

Sexta parada: Cabo Touri-ñán

Saímos de Corcubión pola es-trada da Coruña (AC-552). A 5 km,en Lobelos, collemos á esquerda adesviación sinalada cara á Muxía.Na Pereiriña está sinalizada, á es-querda, a desviación cara ó caboTouriñán (CP-2301), que debemosseguir. Atravesamos o río Castropola Pontenova citada polo pa-dre Sarmiento na súa viaxe de1745, dicindo que non habíaponte, nin nova nin vella e pasa-mos a carón da igrexa románica deSanta Locaia de Frixe. A uns 11 km da encrucillada da Pereiriña está o cabo ou punta deTouriñán, o extremo máis occidental do territorio peninsular español (case dous minu-tos de meridiano máis ó oeste que o cabo Fisterra: 9° 18’ 02’’ fronte ós 9° 16’ 20’’).

Cando a Hispaniola abandonou a baía de Fisterra e virou en redondo a estribor, caraó nordés, na procura da enfilación segura do Vilán cara ó norte, debido á mesta brétemaexistente no mar (e non na terra) foi navegando en paralelo á costa preto do cabo daNave (o Berrón) e despois bordeou o promontorio de Tourinao (sic), que se metía nomar case unha milla; na chamada insua de Touriñán os navegantes observaron numero-sas greas de bestas bravas cos seus garañóns á fronte (p. 171, cap. 20). Á altura destapunta xa albiscaron o cabo Vilán (o cabo Bellenus dos seus mapas), a unhas cinco millas,que ó se achegaren a el tiña o aspecto dun castelo derrubado.

Cabo Touriñán, desde o mar (foto XMLS)

Page 17: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Sétima parada: A Casa do Crego Sabio (en Santa Mariña de Coucieiro)e a Parroquia de San Cibrán [de Vilastose]

Casa de Trillo (Sta. Mariña-Muxía), a do Sabio de Vilastose (o Crego Sabio),hoxe dedicada a turismo rural

Volvemos pola mesma estrada e, a uns 6 km do cabo, hai unha desviación á es-querda indicada cara a Muxía; tomámola e, no lugar de Viseo (10,7 km do cabo de Tou-riñán) desviámonos á dereita por entre as casas da aldea; pasamos por Morquintián(12,30 km do cabo) e axiña chegamos ó lugariño de Santa Mariña, na parroquia de Cou-cieiro (a 17 km do cabo). O motivo de nos desviar cara ó interior para achegarnos a estaaldea é para visitar a Casa de Trillo, hoxe rehabilitada para turismo rural, na que viviu overdadeiro Crego Sabio, José Díaz Arosa, párroco que foi da freguesía de San Cibrán deVilastose a finais do séc. XIX e principios do XX. Pola súa sabedoría, aplicada á curaciónde doenzas, foi coñecido como o Sabio de Vilastose. Na Casa de Trillo consérvase unhacopia do séc. XIX dunhas Cartas Forales del lugar de Santamarina, de 1558, con curiosasacoutacións á marxe do cura nas que critica os abusos do réxime foral.

A figura do Crego Sabio inspirada non sóneste crego, senón tamén na doutros dousaparece na novela no cap. 56 (p. 459 e ss), e apartir de aí a súa presenza vai ser constante atao remate da narración. O crego ten unhas ideaspouco comúns para a época, pero non paraoutras posteriores (é un visionario que se anti-cipa ós tempos); no seu pensamento hai unhamestura dun misticismo e puritanismo relixio-sos con ideas librepensadoras e mesmo revolu-cionarias.

A maior parte das ideas avanzadas doCrego Sabio proceden doutro crego que nace-ría uns anos despois en Soesto (Laxe): XoánAntonio Posse (1766-1854); este cura é coñe-cido por un discurso a favor da Constitución de1812 e mais por unhas memorias escritas porel en 1834, nas que expresa unhas ideas verda-

Espadana exenta da igrexa de San Cibrán de Vilastose,tal como se describe na novela (foto XMLS)

Page 18: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

deiramente revolucionarias para a época: ilustrado e liberal, constitucionalista español equizais protonacionalista galego, anticlerical e profundamente relixioso, republicano e,sobre todo, colectivista, cando daquela ninguén o era.

A igrexa de San Cibrán de Vilastose queda uns 4,5 km máis cara ó leste, e contaaínda cunha espadana exenta, separada do templo (tal como se indica na narración).Segundo unhas reportaxes xornalísticas dos últimos anos, os seus habitantes case to-dos centenarios seguen sendo os máis lonxevos da comarca. A suposta promesa feitapor Deus ó párroco para que dese fin ó seu xaxún “sacrílego” (‘Xaxún contra Deus’, cap.61, p. 495) acabou por verse cumprida.

Oitava parada: A Furnada Buserana e a [Praia]da Arnela

Retornamos á aldea deViseo e continuamos pola es-trada da costa cara a Muxía(CP-5201). A estrada é inte-rior, pero en ocasións deixaver o mar aberto, con altoscantís e tamén algún que ou-tro coído, coma o do Cuño, omáis extenso e fermoso daCosta da Morte, ó que hai queacceder a pé. Pouco antes dechegarmos ó lugar de Lourido(6,6 km desde Viseo) hai unha

O monte Cachelmo desde a aba norte do monte da Buitra; na súa punta (á esquerda)está a entrada á furna da Buserana (foto XMLS)

O coído do Cuño (Muxía), semellante ó da punta Gallada, descrito nas pp. 214-215 (foto XMLS)

Page 19: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Zona da entrada á furna da Buserana, desde a punta da Buitra. A súa boca de entrada só éposible vela desde o mar (foto XMLS)

desviación á esquerda por unha pista de terra que nos leva á punta da Buitra. Conprecaución un turismo pode ir por esta pista, pero non un autobús. Seguíndoa,bordeando a zona leste do monte da Buitra, ademais de termos unha espléndida vistada vila de Muxía, podemos ollar moi preto a pequena praia da Arnela e adiviñar aentrada da furna da Buserana.

Na realidade, afurna da Buserana tenunha forma moi dis-tinta á imaxinada nanovela, na que con-taba cunha entrada degrande altura, polaque cabía un navío contodo o seu aparello;por outra banda, naficción protexía a en-trada da furna a InsuaNegra e un estreitotramo da costa degrande altura, con al-tos cantís cortados apico.

A furna da Buserana é un dos principais es-cenarios da novela, situada nas entrañas domonte Cachelmo, onde “escachaban as ondasespalladas polo mar”4, pois no seu interior tiñanos piratas da Confraría da Man Morta un agochosecreto para o produto dos seus roubos, e a ellevou o An Ankou o tesouro incautado á Hispa-niola na abordaxe do cabo Vilán. A esta furna eraimposible acceder por terra, pois uns cantís moialtos cortados a pico non o permitían. Só se podíaentrar por mar, pero para iso os xefes da Confra-ría tiñan subornados, cunha mísera paga, os co-vardes e abaixadizos habitantes dunha vila “denome vergonzoso”, próxima á furna, para que oimpedisen. Lendas de meigas e nubeiros afasta-ban os extremadamente curiosos desta furna; ospoucos valentes que o intentaran acabaran es-fragados e mortos nos cantís.

4 Frase inspirada na poesía ‘A Buserana’ (1926), do poeta muxián Gonzalo López Abente: “MonteCachelmo, ti tes / negras, moi negras entranas; / n-elas rebuldan treizoeiras / as ondas qu’o mar espalla”.Para o poeta ceense Miro Villar a furna é hoxe “un longo brazo tumultuoso” que penetra moi fondodentro do Cachelmo (p. 655).

A entrada da furna da Buserana só é posible veladesde o mar (foto XMLS)

Page 20: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

O grumeteJim escoitárallesa dous piratas,cando quedarana adega dobergantín pirata,unhas palabrasalusivas ó nomeda “vila maldita”e ó lugar secretoonde os piratasían depositar oroubado. Grazasa Madre Fa-rruca, Jim e osseus amigos ga-legos (o Chaviáne Mariña) adivi-ñan o nome da

vilaVilasumisa e descobren o lugar: a furna deBuxerán ou do Trabeiro (verase o motivodeste nome). Ó día seguinte saen montadosen cabalos do seu lugar de Valverde, atrave-san o río do Porto, e chegan á vila maldita,onde ninguén traballa debido a que se con-forman coa miserenta paga que lles dá aConfraría: os labregos non cultivan a terra oos mariñeiros non saen ó mar; os barcos es-tán abandonados nos peiraos. Nesta vila fan-tasma, todos se agochan acovardados candoeles chegan. Unha muller con sona de meiga(a meiga Melania) indícalles o camiño da

furna e dilles que o xeito de en-trar nela desde terra se podeatopar na estatua do Trabeiro,que se atopa no xardín dun pazoou mansión señorial en ruínaspróxima á furna.

Temos que imaxinarnos naredonda do monte Cachelmoese pazo ou castelo en ruínas eunha furna de xigantesca bocarodeada de altos cantís, poisneste ámbito transcorren varioscapítulos: o 50 (‘A vila fan-

Na praia da Arnela tiveron lugar os últimos episodios da novela (foto XMLS)

A estreita enseada da Arnela, derradeiro lugar da Costa do Solpor no que fondearía a Hispaniola nasúa viaxe de regreso a Bristol (foto XMLS)

Unha ‘pedra bailadora’ no Cachelmo (foto XMLS)

Page 21: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

tasma’), o 51 (‘A meiga Melania’), o 52 (‘Novexilde’), o 54 (‘A eira das meigas’), o 54 (‘Aboca da serpe’), o 55 (‘Un plan moi arriscado’). O desenlace final tamén ten a furna e asúa redonda como escenario (capítulos 64 ó 71, este titulado ‘A maldición da furna’).

Como se sabe, a furna da Buserana ten unha lenda que contra 1925 narrou o escri-tor muxián Gonzalo López Abente. Na novela proponse unha reinterpretación raciona-lista desta lenda, pois non se debe esquecer que estamos no Século das Luces, e quedous personaxes, a culta fidalga dona Mariña e o seu pai don Cristovo, influenciadospolas ideas da Ilustración, tratan de explicar todo, mesmo as lendas tradicionais, me-diante a razón.

Non é posible ver a boca da furna da Buserana desde terra, nin sequera desde ocamiño que bordea a punta da Buitra; como acontecía na novela, só se pode acceder aela por mar, en barco ou lancha. O que si podemos ollar desde o camiño da punta daBuitra é a Arnela, unha pequena praia formada ó final dun estreito brazo de mar entre apunta da Buitra e o monte Cachelmo. Das augas desta praia partirá, finalmente, a His-paniola para o seu país. Na Arnela tamén terá lugar un dos episodios máis inesperados,protagonizado polo armador Trelawney e o Chavián, por mor do medallón que este le-vaba pendurado do pescozo (cap. 70 ‘A foliada da Arnela’, cap. 71 ‘A maldición dafurna’, cap. 72 ‘O sermón fúnebre’, cap. 73 ‘A Árbore de Lawney’, ‘cap. 74 ‘Expedientede fidalguía’).

Novena parada: A vila fantasma cun nome maldito

Volvemos á estrada e con-tinuamos o noso camiño endirección a Muxia. Atravesa-mos o lugariño de Lourido naprocura do sitio onde imaxi-namos que estivo a vila fan-tasma de infausto nome, Vila-sumisa. Na novela xa se indicaclaramente que non é ningu-nha das aldeas ou vilas da zona(nin Lourido, nin Muxía…), poisnas notas históricas do finalben se indica que este topó-nimo non existe hoxe no no-menclátor oficial de Galicia:“por unhas causas ou por ou-tras, desapareceu por completo. Quizais fose unha desas vilas da beiramar nas que serepite a lenda da súa desaparición asolagadas por castigo divino, pola preguiza, a submi-sión ós poderosos, a covardía… Afeitos a viviren de esmola, sen traballar, sometidos óspoderosos, os seus habitantes contemplaron impasibles como a area, movida polovento, os invadía e os ía deixando sen porto” (p. 655).

Baixo estas grandes dunas é posible que estea soterrada a ‘vila maldita deinfausto nome’ (foto XMLS)

Page 22: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

O lugar onde se supón que estivo Vilasumisa é unha das sorpresas reservadas paraos asistentes a esta ruta. Só adiantamos que as súas ruínas posiblemente se atopenbaixo as dunas dun extenso areal.

De Muxía só se fala na novelapara citar nalgunha ocasión a ro-maría da Barca, pero sen ningunhainfluencia no seu desenvolve-mento. Os habitantes da vila mu-xiá foron completamente alleos ósfeitos. Non obstante, podemosachegarnos ó santuario da Barcapara contemplar o cabo Vilán naoutra banda da ría, que desde estazona ten a aparencia dun casteloderrubado. Temos que imaxinar ospenedos do Vilán sen a alta torredo faro que os coroan, que ó

poeta muxián López Abente lle parecía un “xigante poderoso” cun único ollo refulxente,coma un “ciclope soberbo que lostrega no monte do Vilán”.

Décima parada: A ponte da Ponte do Porto

De Muxía tomamos a estrada AC-440 en dirección a Berdoias. Pasamos preto daigrexa románica do que fora mosteiro de Moraime, o máis importante da Costa da

Morte, onde residira de neno o futuro emperadorAfonso VII baixo a protección de D. Pedro Froilaz deTraba, conde de Galicia. En agosto de 1745, durantea súa viaxe a Galicia, fixo noite neste mosteiro o pa-dre Sarmiento, que tamén deixou a súa pegada nanovela, polo menos na memoria de D. Reimundo, oCrego Sabio, pois en agosto daquel ano servíralle deguieiro por estas terras (p. 466, cap. 56). Podemosfacer unha breve visita a esta igrexa, con importan-tes obras escultóricas románicas do séc. XII no exte-rior (a porta sur, cunha Santa Cea, e a oeste, con seiscolumnas con dúas figuras en cada fuste). No inte-rior, ademais dunhas pinturas da época gótica sero-dia, vemos a imaxe do patrón san Xián vestido ele-gantemente á moda da nobreza do séc. XVIII: ¡ninque para a súa figura o escultor tomase o modelodas ricas vestimentas do Sr. Trelawney, o almiranteda Hispaniola!

Ó final do lugar do Muños (a uns 5 km de Mu-

A histórica ponte da Ponte do Porto (daquela sen casas), onde tería lugar oepisodio do ‘milagre de san Roque’ (foto Xan Fernández Carrera)

San Xián, da igrexa de Moraime, vestido ámoda da nobreza do séc. XVIII

Page 23: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

xía), tomemos á esquerda unha pista asfaltada que, bordeando a ría de Camariñas, noslevará a Cereixo tras pasar polos lugares de Merexo e Leis. Iremos todo o camiño polabeiramar con fermosas vistas da ría e das vilas de Muxía e Camariñas. Tamén pasaremospola praia do Lago, onde desemboca un regato que forma no areal unha pequena lagoa,de aí o seu nome. Neste regato de augas claras e cantareiras fixeron un alto os protago-nistas (Mariña, Jim, O Chavián e Silvestre, o criado da fidalga) para dar de beber ás súasmonturas, e beberon tamén eles mesmos, cando saíron da súa aldea na procura dafurna (p. 405, cap. 50).

É que estamos facendo ó revés o camiño dos heroes da novela, pois antes de chegara este regato tiveron que pasar a ponte de San Pedro do Porto, no tramo final do ríoPorto. Alí había uns piratas facendo garda para dar caza ó fuxitivo Jim. Trátase do episo-dio narrado no cap. 49 (‘O milagre de san Roque’). O escultor rural que os axuda, IgnacioMartínez de Troitosende (Val de Barcala) existiu realmente. Acababa de entregar unretablo e varias imaxes na freguesía do Porto e volvía con outras envolveitas en palla noseu carro de bois, unha delas un san Roque, destinada á ermida que tiña o santo nabeira esquerda da ponte. Esta ermida de san Roque tamén existiu, e estaba situada ó péda ponte, no mesmo lugar que se indica nas pp. 399 e 400; desapareceu a principios doséc. XX cando se decidiu construír no seu lugar o novo templo parroquial.

Undécima parada: o Cabo Vilán

Unha vez pasada a ponte da Ponte do Porto, co-llemos á esquerda a estrada AC-432 en dirección a Ca-mariñas, vila que, como Muxía, só é citada de pasadana novela (fálase do seu porto pesqueiro na p. 222,cap. 27). Continuamos deica o faro do cabo Vilán, a 3km da vila camariñá.

Chegados ó cabo Vilán, temos que reconstruírmentalmente aquela paisaxe, pois en 1761 non existíao faro actual, coa súa torre de 25 m de altura (cons-truíse en 1896 e foi o primeiro faro español dotado deenerxía eléctrica). Estamos nunha espléndida paisaxepenedía de granito rosado, que se estende cara ó leste.

A pouca distancia do cabo Vilán, entre a brétema, tería lugar a abordaxe da Hispa-niola. Primeiro polo bergantín An Ankou do capitán Saint-Syr e Lourenzo de Aboal, edespois pola balandra El Trueno, do misterioso enmascarado da cabeza con forma depera. Os dous navíos saíran secretamente do porto da Coruña a primeira hora da mañáen momentos distintos cun mesmo obxectivo: asaltar a goleta sospeitosa de gardar ungran tesouro (a abordaxe nárrase na p. 172 do cap. 20, e, sobre todo, nos caps. 21(‘Heave-to!’) e 22 (‘O enmascarado da cabeza de pera’), entre as pp. 173 e 187.

Entre a brétema, fronte ó Vilán, tería lugar aabordaxe da Hispaniola

Page 24: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Desde o caboVilán podemosollar cara ó nordésa península da Pe-drosa, onde se le-vantaría o admi-rado Valado doVento, que en vidaconstruíra Alfred, onáufrago inglés, opai do Chavián. Ápunta máis ex-trema desta penín-sula viñera pararJim a nado despoisde fuxir do An An-kou aproveitandoun descoido dosseus captadores,

no momento en que ía probar a temida tralla de nove rabos do capitán pirata.

O Vilán e o Vilán de Fóra entre a néboa, desde a Pedrosa (temos que imaxinar o cabo sen o faro)(foto XMLS)

¿Parte do Valado do Vento da punta Gallada da Pedrosa? (foto XMLS)

Page 25: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Duodécima parada: Costa Norte do Concello de Camariñas: do CaboVilán a Santa Mariña.

A costa a mar aberto da zona norte do concello de Camariñas é outro dos principaisescenarios da novela, pois nesta redonda vivían os seus principais protagonistas galegos:o Chavián e a súa nai Andrea, Mariña de Lobeira e o seu pai Cristovo, o valente Brando-mil e a súa nai Farruca…

Para percorrela non recomendamos o autobús, pois o traxecto (uns 13 km) transco-rre case ó completo por unha pista de terra que as chuvias do inverno adoitan deixar enbastante mal estado (os turismos poden circular por ela, pero con moito coidado). Oideal é facer esta parte da ruta a pé, entre o cabo Vilán e o lugar de Santa Mariña. Unhasenlleira ruta de sendeirismo. É o máis recomendable, pois iso permitiríanos contemplaras que sen dúbida son as mellores paisaxes do total da ‘Ruta Costa do Solpor’ ó com-pleto.

A primeira parada pode ser, precisamente, na Pedrosa, transformada na novelanunha península acantilada rematada nunha punta (a punta Gallada), cortada a picosobre o mar: no seu alto ergueríase o Valado do Vento e ó seu pé habería un estreitocoído praia de coios, ó que arribara Jim Hawkins cando se arrebolara pola borda doAn Ankou, perseguido logo por tres piratas nun bote. Recibiría a axuda do Chavián, doxeito que se describe no cap. 26 (‘Acurralado!’), pp. 213-220. No cume da Pedrosa foi

O dragón ou cabalo de xadrez do Vilán mergullándose, desde Reira (foto XMLS)

Page 26: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

onde estes dous personaxes se coñecerían. Desde A Pedrosa temos unha das máis fer-mosas vistas do cabo Vilán, sobre todo á tardiña.

Baixamos logo cara á praia de Reira, desde onde temos outra vista da Pedrosa e,sobre todo, do cabo Vilán, que desde esta zona semella no seu conxunto (co illote doVilán de Fóra como mascarón de proa), un dragón ou un cabalo de xadrez mergullán-dose no mar, tal como se indica na p. 174 (cap. 21). Por esta zona hai un foxo de pedrapara lobos (citado na p. 351) e atopamos topónimos que se van facer familiares na no-vela: as Brañas do Corveiro onde pacían os rabaños do Chavián (p. 233, cap. 28, co di-vertido episodio dos ambiguos nomes dos tres cans), o illote e a praia das Galladas, oareal da Balea do Tosto, etc.

Máis adiante podemos subir á dereita por unha pista de terra cara ó interior e pasarpor unha despoboada zona penedía e pedregosa, con topónimos evocadores, como asBrañas do Arnado (citados na novela, p. 265), o Home do Corveiro (pp. 264 e 342, cap.42). Pero recomendamos mellor seguir pola beira do mar cara á punta do Boi (ou caboTosto), famosa polo naufraxio do buque británico The Serpent en 1890, pero de poucaimportancia na novela, na que, non obstante, tamén se revive un naufraxio (o doNewport) en boca da nai do Chavián (cap. 29 ‘O náufrago inglés’, p. 239 e ss).

Rabaño nas Brañas do Corveiro (A Reira-Camariñas) (foto XMLS)

Page 27: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Tras dobrar o cabo Tostoe o cemiterio dos Inglesestemos á nosa vista a paisaxebrava e engaiolante do arealdo Trece, localmente coñe-cida coma o Cusiñaduiro (to-pónimo citado na p. 264). Defronte, cara ó nordés, obser-vamos uns lugares que vanter moito protagonismo nanovela: a chamada Area Esco-rredía e o Penal do Veo, par-tes inequívocas da Serra dasPenas Rubias (na realidade, aSerra da Pena Forcada).

Pola pista deterra que bordeaa brava praia doTrece hai miradoi-ros para ollar aduna do chamadoMonte Branco,situada a uns cenmetros de alturasobre o nivel mar,e o perfecto conodo Penal do Veo,o penedo máisachegado ó caboVeo. A poucomáis de 11 km do

cabo Vilán, por un carreiro demonte, podemos achegarnos óMonte Branco e ollar desde oalto unha das mellores paisaxesde todo este territorio. O ca-rreiro discorre por monte baixoe, ó cabo duns 200 m, atopámo-nos case por sorpresa nun es-pazo de abundante area, sendúbida transportada polos ven-tos que con forza zoan nestaparaxe ata unha altura de cenmetros. É a paisaxe que se des-

O areal ou duna do monte Branco, a cen metros de altitude, na Serra das Penas Rubias (foto XMLS)

A Area Escorredía, vista desde arriba (foto XMLS)

Praia do Trece, monte Branco e o penal do Veo (foto XMLS)

Page 28: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

cribe na p. 277 (cap. 34 ‘Pola Serra das Penas Rubias’), comparándoa coas dunas dundeserto africano. Desde o alto vemos o profundo desnivel do 45 por cento da que bauti-zamos como Area Escorredía (cap. 34, p. 278), un ‘tobogán’ polo que baixaron o Chaviáne Jim este moi ó seu pesar nun pestanexo de ollos. Tamén vemos, cara ó norte, operfecto cono do Penal do Veo, citado nestas páxinas.

Os penedos rosados desta zona foron os que inspiraron o nome de Serra das PenasRubias (cap. 33), que atravesaron de leste a oeste e ó nesgo o Chavián e Jim para seachegaren o máis posible ós Coídos Xemelgos, onde estaban ancorados os tres barcos: aHispaniola, o An Ankou e o El Trueno.

Desde oMonte Branco,mirando cara ónordés, podemosver as dúas ense-adas que inspira-ron os CoídosXemelgos. Trá-tase das ensea-das do Colludo ede Cabanas dolugar de SantaMariña (parro-quia de Xaviña),separadas polarestinga do Ca-pelo e rebautiza-

A Area Escorredía, vista desde abaixo (foto XMLS)

Penedos da Serra das Penas Rubias, de luminoso granito rosado (foto XMLS)

Vixiando o mar desde a Serra das Penas Rubias (foto XMLS)

Page 29: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

das cos nomes de Porto Valente e As Lobeiras, respectivamente. Na novela o Porto Va-lente tiña a boca máis estreita, e a punta Batedora estaría situada na súa zona central.Os Coídos Xemelgos (dos que se empeza a falar no cap. 33, p. 271) van ter un impor-tante protagonismo en varios capítulos da novela.

Por esta zona podemos localizarmoitos dos evocadores topónimos danovela: Monte do Veo, Monte daVela, Petón do Encanto, Pedra do Sal,a Insuela… Malia estaren cambiadosde sitio nalgún caso, veciños da zonacoma a percebeira Carme Pérez deCamelle (membro do Club de LecturaArao da Ponte do Porto) déronoslocalizado case ó completo.

Valverde, un dos lugares da hi-potética parroquia de Santa Mariñado Tosto, onde vivían o Chavián e súanai, estaría situado nun estreito val

que tería ó norte a Serra das Penas Rubias (Serra da Pena Forcada) que a ocultarían domar, e outros montes e penedos do interior, que a separarían da Ponte do Porto e Ca-mariñas (o outeiro de Monte Maior, o Can Ladrón, etc.). Grosso modo, o seu espazosería o ocupado polas pequenas aldeas da Pescaduira e Brañas Verdes, pero nun val moiestreito e encaixado.

Antes de baixarmos ó lugar de Santa Mariña, fagamos un alto no Alto das Campe-leiras (citado na p. 274), nunha encrucillada que ten o cemiterio de Santa Mariña nunhabeira. Vaiamos despois a pé a uns penedos onde hai unhas antenas de televisión. Desde

Os Coídos Xemelgos: as enseadas do Colludo e de Cabanas, separadas pola restinga do Capelo (foto XMLS)

Un dos penedos “de dentes e poutas” da Serra das Penas Rubias (foto Roberto Mouzo)

Page 30: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

eles veremos as dúas enseadas o Colludo e Cabanas separadas pola restinga do Ca-pelo. Esta é exactamente a visión que tiveron Jim e o Chavián desde o alto da Pedra Vi-xía da Costa do Cairo do que na novela se chaman os Coídos Xemelgos, onde está anco-rada a Hispaniola baixo a estreita vixilancia dos navíos piratas que a abordaran (p. 271).

Vaiamos, finalmente, visitar estas dúas enseadas. Para iso temos que baixar porunha pista asfaltada que discorre entre voltas e voltas por entre as casas do lugariño deSanta Mariña (na novela é tan só o nome da freguesía á que pertencía a aldea de Val-verde) onde houbo un priorado dependente de San Martiño Pinario de Compostela naIdade Media, do que queda unha pequena ermida románica. A baixada só é recomen-dable a pé ou en turismos, de ningún xeito para os autobuses, pois a estrada é estreita ea pendente moi pronunciada.

Unha vez pasada a aldea chegamos á beira do mar, onde se atopa o pequeno portode Santa Mariña, cun peirao que se introduce na enseada da esquerda (a do Colludo).Esta enseada correspóndese co Porto Valente da novela, só que nesta a súa entradasería moito máis estreita; na zona central, atracada na punta Batedora, estaría a Hispa-niola, e gardando a estreita boca, pola parte norte, o An Ankou, arrimado á restinga doCapelo. A outra enseada, a da dereita, chamada de Cabanas, correspóndese coa dasLobeiras da novela, onde botara áncoras o El Trueno (véxase a disposición dos barcos nap. 275).

O Penal do Veo (ó fondo) e outros penedos da Serra das Penas Rubias, desde o monte Branco (foto XMLS)

Page 31: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Gocemos desta paisaxe mariña brava e fermosa. Entre Santa Mariña e Arou, polacosta, atoparemos topónimos mariños que aparecen en distintos capítulos da novela: aIlla Negra, A Insua, As Lobeiras, a Punta Furaqueira, A Insuela, a Pedra do Sal... Por al-gúns destes recónditos talasónimos tería lugar unha das escenas amorosas da novela: ada mociña Andrea con Alfred, o náufrago inglés; deste encontro amoroso nacería un dosprotagonistas (Cap. 30: ‘Naufraxio de amor’, p. 245). Volvendo a vista cara ó interior,

vemos no alto a sucesión de penedos de caprichosas formas da Serra das Penas Rubias,desde o Alto das Campeleiras ó Penal do Veo. Siluetas de “dentes e poutas” de animaisbravos como as descritas por Otero Pedrayo (“…dentes e poutas afíanse por riba dosondeares mainos de formas das outras terras”) ou os “restos de fervente lava [volcá-nica]” dos que fala Pondal n’Os Eoas.

Os Coídos Xemelgos, ó fondo, desde o Alto das Campeleiras; Santa Mariña en primeiro plano (foto XMLS)

Page 32: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

A ruta vaise alongar case 7 km máis para rematala en Camelle. Subimos de SantaMariña ó Alto das Campeleiras. Unha pista asfaltada cara ó suroeste lévanos ás aldeasde Brañas Verdes e de Pescaduira, que xa citamos. Nós collemos pola que continúa caraó nordés bordeando a costa. A 4,7 km de Sta. Mariña está Arou, e, aínda que hai unhapista asfaltada polo interior (uns 5 km), recomendamos facer o traxecto Arou-Camellepola beiramar (2 km); ó entrarmos en Camelle por esta zona hai pequenas leirasprotexidas por altos valados, algúns dos cales inspiraron en parte o Valado do Vento dapunta Gallada (Cap. 27, pp. 221-228).

Camelle non é citada na novela, pero se nos diriximos a esta vila é para darlle re-mate á ruta nun lugar moi emblemático do seu porto, o Museo de Man, ManfredGnädinger, o alemán, o artista das crebas mariñas que morreu o Día dos Inocentes de2002, de enfermidade e dunha profunda pena provocada por ver invadido o seu museopola moura galipota do petroleiro Prestige en novembro dese fatídico ano. Un orixinalmuseo de esculturas formadas por pedras arredondadas, ósos de animais, vértebras decetáceos... Na novela, Alfred, o protagonista do capítulo 43 (‘O home que falaba coaspedras’, pp. 347-352), pareceralles á maior parte dos lectores que está inspirado noalemán de Camelle. Non se pode negar, polo menos na parte correspondente ós derra-deiros anos de vida do náufrago inglés, pero, a dicir verdade, a inspiración directa destepersonaxe que falaba coas pedras e se entendía co vento non veu de Man, senón dunhalenda da Bretaña. Non obstante, hai testemuños ben recentes de homes galegos “quesolo hablan con las piedras” e que, polo tanto, tamén podían ter un don semellante(‘Porque nació 4.000 años tarde. Pepito Meijón, el último petroglifero [de Marín]’, ElPaís, 22-05-2012).

Valado en Camelle

Page 33: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Finalizamos pois aquí, no porto de Camelle, a Ruta Costa do Solpor na Costa daMorte, e pasamos ós lugares de fóra dela.

O Museo de Man en Camelle (na actualidade) [foto XMLS]

Page 34: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Segunda Parte: a Ruta fóra da Costa da Morte

1. A Coruña

Fóra deste territorio teriamos que nos desprazar áCoruña, onde se desenvolveron os capítulos da Parte III(‘A Confraría da Man Morta’), do 11 ó 19. A Coruña doséc. XVIII (unha pequena cidade duns 2.000 veciños: uns8.000 habitantes) sería maiormente a Cidade Vella ouAlta, protexida por unhas murallas, cun porto situadofronte ó xardín de San Carlos (zona do actual Hotel Fi-nisterre) protexido polos castelos de Santo Antón (queaínda era un illote) e o de San Diego. O enmascarado dacabeza de pera era un rico armador que vivía nunhagran mansión da rúa Real, no novo barrio da Pescaderíaque se formara no istmo do tómbolo coruñés fóra dasmurallas (cap. 16: ‘A mansión do lousado de mármore’).O enmascarado existiu realmente, o seu nome era Ge-rónimo Hijosa e era castelán de Medina de Rioseco (pp.640-641). Seus eran os muíños de vento que ata non hai tanto existían por Monte Alto,entre a praia de Santo Amaro e a Torre. A Torre de Hércules daquel tempo non tiña afasquía actual; estaba semiabandonada e recibía localmente o nome de Castelo Vello.

A Coruña do séc. XVIII está á espera dunha rutaen base á descrición do ilustrado D. Joseph CornideSaavedra (que era un mozo duns 25 anos na época danovela). A descrición da Cidade Vella ou Alta, das mu-rallas e do porto das pp. 99-101 están tomadas dosseus escritos. Isopermitiríanos situar apousada Escudo deFrancia (p. 102), pro-piedade dun súbditofrancés, e tamén a doirlandés Ó Brien (p.103), que existironrealmente, pois hai

testemuños de viaxeiros estranxeiros da época. O ar-mador Gerónimo Hijosa tiña a súa luxosa vivenda na rúaReal, fóra das murallas.

Na Coruña, ademais de barcos mercantes, habíaoutros armados en corso e negreiros. Isto acontecíatamén noutros portos europeos, que hoxe mesmo pre-

Na época da novela a Torre de Hérculestería este aspecto

Un dos Corunna Boats ou Falmouth Packets,coa Torre de Hércules ó fondo (A. Meixide,

1990; Librería Arenas, A Coruña)

O ilustrado coruñés J. Cornide tiña 25 anosna época da novela

Page 35: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

sumen do seu pasado corsario. Na Coruña tamén funcionaba un buque-correo a Fal-mouth, porto do Cornualles británico. Eran os Falmouth Packets ou Corunna Boats, queestiveron en actividade, máis ou menos regular, de 1685 a 1762. O Earl of Bessboroughdo capitán Willeston (citado na p. 627) foi posiblemente un dos últimos barcos correoen faceren o servizo entre Gran Bretaña e España.

Page 36: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

Terceira parte: a Ruta no estranxeiro

1. Lugares citados de Gran Bretaña

O primeiro a cidade de Bristol, o porto-base, de partida e de regreso, da Hispaniola,onde vivían a maior parte dos seus tripulantes: Jim (na pousada das aforas, a AlmiranteBenbow), o Sr. Trelawney no seu luxoso pazo, o Dr. Livesey, o capitán Smollett, etc.

Pero a medida que nos imos achegando ó final cobra protagonismo o condado deCornualles, de onde parece que era orixinaria a familia Trelawney. Isto fómolo descu-brindo a medida que lle estabamos dando remate á narración. Descubrimos que na pe-

quena viliña córnica de Pelynt, porcerto bastante próxima ó porto dePlymouth (Devon), estaba a casamatriz dos Trelawney, e casualmentedescubrimos a existencia dun ilustreantepasado da familia, o bispocórnico anglicano JonathanTrelawney (1650-1721), heroe nacio-nal de Cornualles, de quen se fala nap. 623.

Na costa de Plymouth (Devon)atópase o terceiro faro de Eddystone,a obra citada na novela do enxe-ñeiro John Smeaton, de 1759. Trasla-douse pedra a pedra desde o illote,pois foi considerado monumento na-cional.

O porto de Falmouth (Cornualles-GB), na actualidade (foto XMLS)

O terceiro faro de Eddystone, trasladado a Plymouth(www.wikipedia.org)

Debuxo do faro do penedo deEddystone, obra rematada por J.

Smeaton en 1759 (www.wikipedia.org)

Page 37: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

En Cornualles atópase a cidade marítima de Falmouth. No seu porto atópase o Mu-seo Marítimo Nacional de Cornualles, no que se reservou un amplo espazo para a lem-branza dos buques-correo coa Coruña.

Os Falmouth Packets no Museo Nacional Marítimo de Cornualles de Falmouth; no texto aparece citada a cidade deCorunna (Spain) (foto XMLS)

Page 38: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

2. Lugares citados da Bretaña Francesa

O primeiro que se cita é a península deQuiberon, en cuxa baía tivo lugar en 1759 a ba-talla naval deste nome entre as flotas francesa einglesa, esta dirixida polo almirante EdwardHawke, que xa fora citado na novela de Steven-son. O desenvolvemento desta batalla cos no-mes reais dos barcos participantes (ingleses efranceses) nárrase polo miúdo no cap. 3 (‘A ba-talla de Quiberon’, p. 24 e ss) en boca do pirataJohn Silver, para explicar a perda da súa perna.Esta batalla foi unha das primeiras da chamadaGuerra dos Sete Anos (1756-1763), que daquelaenfrontaba a franceses e británicos polo controldas colonias norteamericanas.

A cidade de Saint-Malo, no norte de Bre-taña, ten un especial protagonismo na novela,sobre todo polo seu pasado corsario, do queincluso hoxe presume e aproveita para o tu-rismo. No adarve das súas murallas hai unha

estatua dedicada a tres navegantes maluínos famosos: unha delas a Jacques Cartier,navegante do séc. XVI, explorador das costas occidentais de Canadá; as outras dúas dedous corsarios locais, considerados fillos ilustres, non só para a cidade, senón para todaFrancia: René de Duguay-Trouin (1673-1736) e Robert Surcouff (1773-1832). Ó primeirodedícaselle case un capítulo enteiro, o 19, (p. 153-159) para contar as súas fazañas, po-las que era admirado non só polo capitán maluíno do An Ankou, René de Saint-Syr, se-nón polos franceses da época, reis (Luís XIV e Luís XV) incluídos.

Hai, igualmente, referencias a outros lugares da costa bretoa, principalmente danorte, pois boa parte da tripulación pirata procedía destes lugares.

3. Lugares do Reino de Portugal

Nun dos primeiros capítulos (o cap. 4 ‘A bota naárbore’) relátase a breve escala que se fixo na illa máissetentrional do arquipélago dos Azores (p. 32 e ss.), ailla do Corvo, para mercar provisións. A descrición quese fai da orografía volcánica da illa corresponde coarealidade.

Hai tamén referencias á cidade de Lisboa e ó granterremoto que sufrira uns anos antes en 1755, e ósinicios da súa reconstrución polo marqués de Pombal(p. 119, cap. 14). Tamén aparece citada varias veces acidade do Porto e unha quinta (a Quinta da Loureira)situada nalgún lugar do norte de Portugal (p. 611).

Estatua ó corsario Duguay-Trouin (citado na novela)en Saint-Malo (foto XMLS)

Page 39: Ruta Costa do Solpor...RUTA COSTA DO SOLPOR Costa do Solpor (E dicións Xerais, 2013) é unha novela ambientada na segunda me-tade do séc. XVIII en agosto de 1761, concretamente na

4. Lugares de África

O An Ankou, antes de ser roubado por Saint-Syr e Aboal no motín que provocaran,era un navío inglés de nome Lyon que, tendo como base o porto de Lisboa, transportabaescravos africanos para o Novo Mundo. E facíao non desde o golfo de Guinea, senóndesde as do país de Andongo (actual Angola), territorio preferido polos portugueses.Relátase o cargamento de escravos no cap. 14, pp. 120-123.

5. Lugares de América

Os escravos cargados no país de Andongo foron levados polo bergatín An Ankou óRío de Janeiro, que daquela aínda non era a capital do Brasil portugués, que radicabanoutra cidade máis importante situada máis ó norte: Baía de Todos os Santos. A vendados escravos no mercado do Río nárrase no cap. 15 (p. 124-125).

O curioso mapa do Sr. Trelawney, con Galicia e Portugal da mesma cor (propiedade do autor)