RUTA DA ELECTRICIDADE - turismo.dacoruna.gal · poderás visualizar Fisterra, a Ría de Corcubión,...

4
Un dos factores máis atraentes do turismo industrial é coñecer o proceso de transformación de produtos de consumo ou uso diario, tales como a electricidade, imprescindible hoxe nas nosas vidas. 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 54 KM 3 CONCELLOS Noia, Carnota, Dumbría. RUTA DA ELECTRICIDADE a b c d e Carnota Noia Dumbría a. Casco antigo de Noia: Puntos destacados: - Ponte colgante Noia. - Muíños e Ponte Noia. - Museo Laudas gremiales. - Mercado de abastos e antigo forno de leña. b. Central hidroeléctrica do Tambre c. Ruta fábrica da luz. d. Fervenza do Ézaro e. Miradoiro do Ézaro

Transcript of RUTA DA ELECTRICIDADE - turismo.dacoruna.gal · poderás visualizar Fisterra, a Ría de Corcubión,...

Page 1: RUTA DA ELECTRICIDADE - turismo.dacoruna.gal · poderás visualizar Fisterra, a Ría de Corcubión, as Illas Lobeiras e, por suposto, o Monte Pindo. e d. Ruta da electricidade. Title:

Un dos factores máis atraentes do turismo industrial é coñecer o proceso de transformación de produtos de consumo ou uso diario, tales como a electricidade, imprescindible hoxe nas nosas vidas.

2 DÍAS (2 días - 1 noite)

54 KM

3 CONCELLOSNoia, Carnota, Dumbría.

RUTA DAELECTRICIDADE

a

b

cd e

Carnota

Noia

Dumbría

a. Casco antigo de Noia: Puntos destacados: - Ponte colgante Noia. - Muíños e Ponte Noia. - Museo Laudas gremiales. - Mercado de abastos e antigo forno de leña. b. Central hidroeléctrica do Tambrec. Ruta fábrica da luz.d. Fervenza do Ézaroe. Miradoiro do Ézaro

Page 2: RUTA DA ELECTRICIDADE - turismo.dacoruna.gal · poderás visualizar Fisterra, a Ría de Corcubión, as Illas Lobeiras e, por suposto, o Monte Pindo. e d. Ruta da electricidade. Title:

Partindo do Centro histórico de Noia, onde tes a opción de gozar dunha interesante visita guiada polos puntos máis emblemáticos do seu casco ( ou visitalos pola túa conta), percorrerás lugares tan interesantes como o Museo de Laudas Gremiais, o mercado de abastos e un antigo forno de leña, onde podes ver de primeira man o proceso de cocido do pan como se facía no pasado, antes da chegada dos actuais fornos eléctricos.

Datos de interese: Villa de Noia, 15200 Noia, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/casco-antigo-de-noiaPercorrido orientativo: Ponte colgante Noia. Muíños e Ponte Noia. Museo Laudas gremiais. Mercado de abastos e antigo forno de leña.Duración aproximada da visita: 2 horasDistancia ao seguinte punto de visita: 10 km

CASCO ANTIGO DE NOIA

DÍA 1a

Ruta da electricidade

Page 3: RUTA DA ELECTRICIDADE - turismo.dacoruna.gal · poderás visualizar Fisterra, a Ría de Corcubión, as Illas Lobeiras e, por suposto, o Monte Pindo. e d. Ruta da electricidade. Title:

Datos de interese: Lg O Tambre. Roo, -Santa María-, 15211 Noia, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/central-hidroelectrica-do-tambre

Distancia ao seguinte punto de visita: 41 km

A continuación, propoñémosche a visita á Central Hidroeléctrica do Tambre, reconvertida fai uns anos nun precioso hotel de natureza, onde non soamente poderás ver unha das obras máis significativas da arquitectura industrial galega senón tamén gozar dunha contorna inigualable. Nas súas proximidades poderás achegarche á ponte colgante desde o que ven antigas pesqueiras de lamprea e refuxios de pescadores e realizar un percorrido pola beira do Tambre ata a devesa de Nimo, un bosque de vexetación autóctona.

CENTRALHIDROELÉCTRICA DO TAMBRE

b.

Ruta da electricidade

Page 4: RUTA DA ELECTRICIDADE - turismo.dacoruna.gal · poderás visualizar Fisterra, a Ría de Corcubión, as Illas Lobeiras e, por suposto, o Monte Pindo. e d. Ruta da electricidade. Title:

Datos de interese: O Ézaro, 15297 Dumbría, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/ruta-fabrica-da-luzDistancia ao seguinte punto de visita: 1 km

DÍA 2RUTA FÁBRICA DA LUZ

Despois de repoñer forzas continúa ao longo da Costa da Ría de Muros e Noia ata o Ézaro (Dumbría), onde te podes achegar ao Centro de interpretación das Rutas do Monde Pindo, para, desde alí, percorrer a bela Ruta Fábrica dá luz, acompañando o curso do río Xallas ata chegar á Fervenza do Ézaro.

Ao final do percorrido poderás visitar a antiga Central Hidroeléctrica do Ézaro e a espectacular fervenza do río Xallas, único río de Europa que desemboca no mar formando unha fervenza.

Datos de interese: O Ézaro, 15297 Dumbría, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/fervenza-do-ezaroDistancia ao seguinte punto de visita: 2 km

FERVENZADO ÉZARO

c

Datos de interese: O Ézaro, 15297 Dumbría, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/miradoiro-do-ezaro

MIRADOIRODO ÉZARO

Por último, non te podes perder as impresionantes vistas desde o Miradoiro do Ézaro, desde onde poderás visualizar Fisterra, a Ría de Corcubión, as Illas Lobeiras e, por suposto, o Monte Pindo.

e

d.

Ruta da electricidade