Samain 2013

11
O SAMAÍN é unha tradición de orixe celta. Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a máis importante do ano: o comezo do ano novo.

description

A historia do noso Samaín e o que imos facer no IES Camilo José Cela para celebralo.

Transcript of Samain 2013

Page 1: Samain 2013

• O SAMAÍN é unha tradición de orixe celta.

• Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a máis importante do ano: o comezo do ano novo.

Page 2: Samain 2013

Días antes reuníanse o pobo e os seus druídas para facer sacrificios de animais. Achegábase o inverno e había que almacenar víveres e a pel dos animais para afrontar os duros meses que estaban por vir.

Page 3: Samain 2013

Pero ademais reuníanse nos camposantos, era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: moitas veces para saldar contas pendentes.

Page 4: Samain 2013

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban colocar as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.

Page 5: Samain 2013

De aquí, dos ritos e crenzas célticas , vén a tradición europea de facer caveiras na cortiza das cabazas.

Page 6: Samain 2013

SAMAÍN ANTES QUE HALLOWEENEsta tradición, conservada

en Irlanda, foi levada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas emigracións a este pais no seculo XIX e comezos do XX.

Halloween é unha adaptación estadounidense do

Samaín

Page 7: Samain 2013

BIBLIOGRAFÍA• O libro, de Rafael

López Loureiro, titulado: SAMAÍN: A FESTA DAS CALIVERAS, é o primeiro traballo publicado en España sobre a tradición do tallado de caveiras.

• Podédelo atopar na biblioteca do centro

Page 8: Samain 2013

AS/OS PREMIADAS/OS NOS DISTINTOS CONCURSOS RECIBIRÁN UN AGASALLO

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Page 9: Samain 2013
Page 10: Samain 2013

CONCURSO DE RECEITAS CON PRODUTOS DO OUTONO

• 1. Escribe claramente nun folio os ingredientes e os pasos para facer a receita. Deben estar escritas en galego.

• 2. Ponlle na parte superior o nome da receita e na parte inferior, os teus datos (nome e apelidos) xunto cos da persoa que che deu a receita e o lugar de onde a recolliches (Carcacía, Lestrobe…) ou título e autor do libro de onde a copiaches. Se a atopaches en Internet indícao tamén.

• 3. Para que quede mellor, se tes unha fotografía do prato inclúea no folio ou tráenola e tamén a expoñeremos.

• 4. Se queres participar, sigue estes pasos e entrega a túa receita na conserxería. Alí haberá unha caixa na que a poderás depositar.

• 5.  Pódense traer dende o día 15 ata o día 30 de outubro. Expoñerémolas todas. • Se vos atrevedes a metervos na cociña e preparades algún dos pratos poderedes

degustalos xunto cos vosos compañeiros e compañeiras de clase

PARTICIPA NA RECOLLEITA DE RECEITAS QUE LEVEN CABAZA, CASTAÑAS, COGUMELOS… E TRÁEAS AO INSTITUTO.

Page 11: Samain 2013

Concurso de microrrelatos • Temática: Medo, misterio, aparicións, mortos viventes,

calquera cousa que poña a pel de galiña• Extensión: Máximo 130 palabras• Presentación: Escrito en Galego nun folio. Ponlle un

título na parte superior e o teu nome completo e curso na parte inferior do folio.

• Entrega: Ata o 29 de outubro ao profesorado de Lingua Galega

• O texto debe ser orixinal, nin copiado, nin traducido

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA