Samaín

8
CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo Curos 2013 - 2014

Transcript of Samaín

Page 1: Samaín

CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo

Curos 2013 - 2014

Page 2: Samaín

A palabra SamaínA palabra Samaín vén do irlandés antigo, Samuin ou Samfuin, onde

Sam significa "verán " e Fuin, "fin ", o fin do verán.

Samaín, Samhuin, Sammonios, Sammas... son pois palabras gaélicas

que significan o “fin do verán” ou “asamblea”, “reunión” ou tamén,

“xuntanza da fin do verán”.

O calendario celta divide o ano en dúas metades, a metade escura

comeza no mes de Samonios (outubro-novembro) e metade clara, no mes de

Giamonios (abril-maio). Considérase que o ano comeza coa metade escura,

así Samonios convértese no Ano Novo celta. Cada mes comeza coa lúa chea

ea celebración do ano novo ten lugar durante as "tres noites Samonios", a

lúa chea máis próxima do equinoccio de outono e o solsticio de inverno.

O pobo celta tiña catro grandes festividades

no ano: Imbolc, Beltaine, Lughnasas e Samhain.

Cada unha destas celebracións marcaba o

comezo dunha estación. A primeiros de febreiro,

Imbolc; a primeiros de maios, o Beltaine; a

principios de agosto, o Lughnasad e en

novembro o Samauhin ou Samhain.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

Page 3: Samaín

A festa celtaA festa representaba a época do ano na que os antigos celtas

gardaban as provisións para o inverno e sacrificaban animais. Remataba o

tempo das colleitas e os días facíanse máis curtos e as noites máis longas,

tempada de inverno, onde todo é frío, escuro e non se pode plantar.

A asemblea do Samaín, a grande reunión anual das xentes célticas

celebrábase ao .redor do día 1 do mes de Santos, no lugar onde estaban as

tumbas dos antepasados. A noite do 31

de outubro era a máis perigosa do ano:

as ánimas dos defuntos andaban

vagabundas. Os celtas crían que nesta

noite de Samhain os espíritos dos

mortos volvían para visitar o mundo dos

mortais, producíase a comunicación

entre os vivos e os mortos e as portas

do máis alá quedaban abertas.

Os celtas acendían fogueiras e

camiñaban ao redor delas acompañados dos

seus animais ou vestindo peles de animais

como símbolo de purificación e para afastar

os malos espíritos. Deixaban comida e doces

fóra das súas casas e acendían candeas que

colocaban no interior das caveiras dos

inimigos para axudar ás almas dos mortos a

atopar o camiño á luz e o descanso xunto a

deus Sol, nas Terras do Verán. Era unha

celebración da vida e do renacemento a

través da morte. A festa nocturna de benvida ao Ano Novo.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

Page 4: Samaín

A festa en Galicia.Coa romanización e a posterior

cristianización importantes ritos celtas

perdéronse. No S. IX, A igrexa converteu a

celebración do culto aos mortos na

celebración de Todos os Santos e Día de

Defuntos e acenden velas para axudar ás

almas do Purgatorio.

Aínda que os restos de cultos pagáns foron borrados pola Igrexa

cristiá, en Galicia a celebración desta data mantívose na memoria e

melóns, cabazas ou calabazotes ocuparon o lugar das caveiras nas

encrucilladas dos camiños.

O profesor Rafael López Loureiro, foi responsable da redescoberta

desta tradición e garantir que existiu en toda Galicia ata hai 30 anos.

Ademais, tamén atopou a súa supervivencia no norte de Cáceres norte, e

zonas de Zamora e León onde a lingua galega e tradicións están

profundamente enraizados.

En Galicia, atopamos a celebración do Samaín por toda a xeografía cun

folclore similar aínda que con nomes diferentes: calacús nas Rías Baixas,

calabazotes en Ortigueira, caveiras de melón en Cedeira, colondros en

Ourense...

Facturación da caveira

A facturación da caveira faise de maneira similar en toda a xeografía:

- baleiramos o cabaza da polpa e das pebidas do seu interior,

- facemos ollos, fociños e boca, buscando unha expresividade tétrica

e aterradora.

- colocamos a candea no interior e

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

Page 5: Samaín

- poñemos a caveira nun curruncho escuro, nas ventás da casa, nas

encrucilladas dos camiños, ao redor do cemiterio, no camiño ao

cemiterio, no mesmo cemiterio...

En Cedeira póñenlles paoíños a xeito de dentes e en Quiroga úsana

coma máscara

polo Antroido.

En Galicia encetábanse a tallar as caveiras polo San Miguel, 29 de

setembro, e aínda había rapaces que as facían en canto vían un melón

madurecido nos térreos e seguíase facendo ata ben entrado o outono. Non

había unha data , especial, un día sinalado, todo o outono era tempo de

caveiras.

Celebracións do Samaín

Cedeira: A noite de Santos saen á rúa con cabazas talladas en

forma de caveira cunha candea acendida no seu interior. A festa adoita

comezar ao redor das cinco do serán e faise un percorrido polos calellos

máis escuros da vila ao compás da música dun tambor.

Illa de Arousa: os nenos érguense antes de que saia o sol e

percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada

tradicional:  "unha limosniña polos defuntiños que van alá".  Reciben cartos,

laranxas, boliños de pan e lambetadas.

Xil, Meaño: na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus

habitantes soben en procesión ao cemiterio portando velas.  Dende abaixo,

obsérvase unha "santa compaña" de luces oscilantes, e no mesmo cemiterio

non son poucas as viúvas que ficaron toda a noite alí, velando aos seus

mortos.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

Page 6: Samaín

Samaín e Magosto

Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos

defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados

na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma

liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a

quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de

castañas para a parroquia dos mortos.

Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario

no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse

na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición

de facelas no monte ou nun escampado.

O magosto, tan vinculado ao funerario, comparte a súa xeografía en

coincidencia exacta coas caveiras, as ánimas, e as cabezas de pedra.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

Page 7: Samaín

.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo