Santa catalina galego
-
Upload
monsegarciablanco -
Category
Documents
-
view
448 -
download
0
Transcript of Santa catalina galego
Catalina Labouré naceu o 2 de Maio de 1806, en Fain-les-Moutiers, Francia.
Eran once irmáns na familia e
dedicábanse aos labores do
campo
Todos eran moi devotos da
Santísima Virxe.
Cando tiña nove anos, morreu a súa nai e, ese mesmo
día, unha empregada
sorprendeu a Catalina sobre unha cadeira abrazando
unha imaxe da Virxe e pedíndolle
protección e amor.
“Dende agora Ti serás a miña única NAI”
A súa irmá maior entrou no Seminario e Catalina tivo que facerse cargo das tarefas da casa.
Tivo que deixar a escola e non
puido aprender a ler nin escribir.
Cada día, cando remataba a súa
tarefa, facía oración.
Aos 14 anos pediu ao seu pai permiso para ser relixiosa, pero o seu pai non llo permitiu porque a necesitaba para atender ás tarefas da casa.
Isto doeulle, pero obedeceu.
Sen embargo, pedíalle moito a
Xesús que lle concedera ser
relixiosa.
Cando tiña 18 anos soñou que lle dicía un
ancián sacerdote : “Un día, axudarasme
a coidar aos enfermos”.
A imaxe dese sacerdote quedoulle gravada para sempre
na memoria.
Un día visitou á súa irmá relixiosa e viu
o retrato de San Vicente de Paúl.
Decatouse de que era o mesmo
sacerdote que vira en soños.
Desde ese día propúxose ser Filla
da Caridade.
Por fin, o seu pai deulle permiso para ingresar coas
Fillas da Caridade. O informe de ingreso dicía: “Le e escribe, é piadosa,
ama o traballo e é moi alegre”
Catalina aprendera a ler e escribir soa e estaba feliz de
ser relixiosa.
Unha noite, mentres durmía, escoitou que por tres veces a chamaban polo seu nome. Espertou e viu un neno
vestido de branco que lle dixo:
“Érguete e ven á capela, a Santísima
Virxe espérate”. Catalina seguiu ao
neno.
O corpo do rapaz irradiaba vivos
resplandores e ao seu paso todo
quedaba iluminado.
Con gran sorpresa atopou todas as velas prendidas na capela e Sor Catalina viu unha señora de extremada beleza atravesar maxestuosamente o presbiterio; o
neno levouna cara á Virxe María.
Nosa Señora comunicoulle esa noite varias cousas futuras que ían suceder na Igrexa e recomendoulle que o mes de maio foise celebrado con maior fervor na honra
da Nai de Deus.
Catalina creu sempre que o neno
que a guiara era o seu anxo da garda.
Despois dun ano de estar no Seminario foi traballar nun hospital-asilo.
Alí viviu durante 46 anos, nos que serviu aos pobres en traballos diversos.
Cinco anos pasounos na
cociña, poñendo todo o seu esmero en facer o mellor posible a comida para os pobres.
Durante moitos anos atendeu a granxa, na
que había un bo número de vacas e tamén numerosas
pombas.
Tamén atendeu unha sala de anciáns
enfermos.
Os últimos anos da súa vida, estivo na portería,
onde con cariño recibía a cantos alí chegaban.
O 27 de Novembro de 1830 a Virxe encomendoulle facer unha medalla que tivera a súa imaxe.
Prometeulle axudas moi especiais para
quen levara esta medalla.
A Virxe díxolle a Sor Catalina que moitas grazas e
axudas celestiais non se obteñen porque non se
piden.
Sor Catalina foi ao Arcebispo consultarlle o
caso e este deulle permiso para que fixera
as medallas.
A partir deste momento
comezaron os milagres.
Para 1836 repartíranse máis de 130.000 medallas.
SIGNIFICADO DE LA MEDALLASIGNIFICADO DE LA MEDALLA
ANVERSOMaría amósase en pé.
María coas mans abertas en actitude de acollida.
Lese unha oración: “Oh María sen pecado concibida, roga por
nós que recurrimos a Ti.
SIGNIFICADO DE LA MEDALLASIGNIFICADO DE LA MEDALLA
REVERSO
Un M coroado pola cruz: indica a unión de María co misterio da Paixón e Cruz do seu Fillo.
Dous corazóns : o de Xesús e o de María.
Doce estrelas : Xesús estableceu a súa Igrexa sobre o fundamento de Pedro e os seus Apóstolos.
E así, mentres esta devoción se propagaba por todas partes, Catalina seguía no seu destino,
varrendo, lavando,
coidando dos animais da
granxa e facendo de enfermeira, como a máis
humilde e ignorada de
todas as Irmás.
Dende 1830 ata 1876, ano en que morreu, Catalina estivo na
Comunidade sen que a ninguén se lle
ocorrera que ela era a quen se lle aparecera
a Virxe María.
Catalina pediu que se colocara unha
imaxe da Virxe Milagrosa no sitio
onde se lle aparecera e, ao vela,
aínda que é unha imaxe fermosa, ela
exclamou:
¡Ouh, a Virxe é moitísimo máis
fermosa que esta imaxe!.”
En 1874 aos 70 anos, Catalina enfermou e morreu sen sufrir. As Irmás preguntábanlle: “¿Non sente vostede medo de morrer?” Ela contestou: “¿Por que hei de ter
medo de ir ver ao Noso Señor, á súa Nai e a San Vicente?
O seu corpo atópase incorrupto en París, Francia.
Pouco tempo despois da morte de Catalina, foi levado un neno de 11 anos, inválido de nacemento e ao
achegalo ao sepulcro da santa, quedou instantaneamente curado.
En 1947, o Papa Pío XII declarou santa a Catalina Labouré.
A Capela das Aparicións en París, está sempre chea de
xente rezando á Virxe Milagrosa.
Ao pé do altar atópase o corpo de
Santa Catalina.
Oxalá que a vida de Santa Catalina nos motive para saber mirarnos no espello da nosa Nai María.
Que aprendamos dela a vivir con sinxeleza, cunha mirada limpa e realizando en cada momento aquilo que é o noso deber.
¡ OUH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECURRIMOS A TI !