Sarreaus · Web viewEn Sarreaus ó longo dos anos, as Altas tiveron unha liña evolutiva moi...

46
UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín Sarreaus 1 ÍNDICE 1.- METODOLOXÍA. 2.- POBOACIÓN. 2.1.- Evolución Poboacional total. 2.2.- Distribución por sexos. 2.3.- Pirámides de poboación. 2.4.- Saldos vexetativos. 2.5.- índices de poboación. 2.6.- Poboación segundo nacionalidade. 2.7.- Saldos Migratorios. 3.- MERCADO LABORAL. 3.1.- Poboación Activa/Inactiva. 3.2.- Paro 3.3.- Afiliacións. 3.4.- Contratación. 4.- ESTRATEXIA EMPRESARIAL. 4.1.- Dinámica temporal de creación de empresas. 4.2.- Listado de códigos de clasificación nacional de actividades económicas. 4.3.- Distribución sectorial. 4.4.- Tamaño das empresas. 4.5.- Titularidade das empresas.

Transcript of Sarreaus · Web viewEn Sarreaus ó longo dos anos, as Altas tiveron unha liña evolutiva moi...

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

1

ÍNDICE

1.- METODOLOXÍA.

2.- POBOACIÓN.

2.1.- Evolución Poboacional total.

2.2.- Distribución por sexos.

2.3.- Pirámides de poboación.

2.4.- Saldos vexetativos.

2.5.- índices de poboación.

2.6.- Poboación segundo nacionalidade.

2.7.- Saldos Migratorios.

3.- MERCADO LABORAL.

3.1.- Poboación Activa/Inactiva.

3.2.- Paro

3.3.- Afiliacións.

3.4.- Contratación.

4.- ESTRATEXIA EMPRESARIAL.

4.1.- Dinámica temporal de creación de empresas.

4.2.- Listado de códigos de clasificación nacional de actividades económicas.

4.3.- Distribución sectorial.

4.4.- Tamaño das empresas.

4.5.- Titularidade das empresas.

5.- CONCLUSIÓNS.

6.- ANEXOS.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

2

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

3

1.- METODOLOXÍA

Nesta análise socioeconómica do mercado laboral utilizouse diversas metodoloxías.

Fundamental fíxose unha análise cuantitativa. Os datos foron extraídos de múltiples fontes.

No seguinte cadro amósase cales son as principais fontes consultadas.

FONTE DATOS EXTRAÍDOSIGE Padrón municipal de Habitantes

Movemento natural da poboaciónIndicadores de poboaciónContrataciónAfiliaciónActividade empresarial

INE Censo de poboación (2001)Taxa de Actividade

IGCC ParoOfertasContratosAfiliaciónEmpresas

SPEG ContrataciónParoOcupacións

INSS Afiliación

O período de estudo na maioría dos casos pretende ser 2000-2009. Danse varias excepcións. Así, na análise empresarial os datos (extraídos do Instituto Galego de Estatística) están actualizados ata o 2007, ou por exemplo, os datos referentes ó Censo de Poboación son do 2001, debido a que o Censo se renova cada 10 anos.

Hai que sinalar que no tocante á estrutura empresarial, os datos referentes ó 2008-2009 son estimacións, posto que se extraeron das Empresas con maior número de contas de cotización, e estes datos viñan en porcentaxe.

No referente ós indicadores de poboación, calculáronse atendendo ás seguintes fórmulas:

ÍNDICE DE ENVELLECEMENTO: (pob> 64 anos)/ (pob < 20 anos) X100 I.SOBREENVELLECEMENTO: (pob >84 anos)/ (pob <20 anos) X100

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

4

I. DEPENDENCIA GLOBAL: (pob<20 +pob>64)/(pob 20-64) X100 I. DEPENDENCIA SENIL: (pob> 64)/(pob 20-64) X100 I. DEPENDENCIA XUVENIL: (pob < 20) / (pob 20-64) X 100 I. DE RECAMBIO: (pob 60-64) / (pob 20-24) X 100

No caso da poboación activa, tamén hai que facer referencia á maneira de calculala. Posto que os datos existentes eran do ano 2001, optouse por asimilar os afiliados á poboación ocupada.

Os casos descritos son os máis salientables. En cada apartado do informe no que hai algunha metodoloxía en particular, detállanse os pasos a seguir.

Por mor do segredo estatístico, algúns datos inferiores a 3 aparecen ocultos baixo “X”

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

5

2.- POBOACIÓN

2.1. EVOLUCIÓN POBOACIONAL TOTAL

Gráfica e táboa: Evolución da Poboación Total

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20081450

1500

1550

1600

1650

1700

1750

1800

1850

1900

1950

Evolución poboacional

Fonte: IGE

A variación poboacional entre o ano 2000 e 2008 supuxo unha diminución do 15.02%.

2.2. – DISTRIBUCIÓN POR SEXOS

Gráfica: Evolución da poboación por sexos

Anos Total2000 19172001 18972002 18762003 18452004 18002005 18002006 17552007 16802008 1629

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

6

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

100

200

300

400

500

600

700

800

900

1000

Poboación segundo sexo

HomesMulleres

Fonte: IGE

En canto á distribución por sexos, pódese decir que existe paridade entre homes e mulleres durante tódolos anos. A diminución é máis significativa no caso feminino (supoñendo un 15.72%)

3.3. PIRÁMIDES DE POBOACIÓNGráficas: Pirámides de poboación

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

7

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-84

85 e máis

2000

MulleresHomes

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-84

85 e máis

2004

MulleresHomes

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-84

85 e máis

2008

MulleresHomes

Fonte: IGE (elaboración propia)

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

8

Os tramos de idade máis salientables no ano 2000 nas mulleres atópanse entre 65-74 anos. No caso dos homes, os tramos de idade máis numerosos son 65-74. No ano 2004, son maioritarias as mulleres entre 60 e 64, e os homes de entre 65 e 69 anos.

No ano 2008, a franxa de idade predominante nas mulleres é a que comprende os 70-74 anos, a mesma franxa de idade que nos homes.

2.4- SALDOS VEXETATIVOS

Gráfico: Evolución dos nacementos e mortes

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

5

10

15

20

25

30

35

40

45

Nacementos Defuncións

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008

-35

-30

-25

-20

-15

-10

-5

0

Saldo vexetativoSaldo vexetativo

Fonte: IGE (Elaboración propia)

Hai que destacar que as defuncións son moito máis numerosas que os nacementos. Esto fai que o saldo vexetativo sexa negativo. Presenta unha evolución moi variable.

2.5. ÍNDICES DE POBOACIÓN

Táboa: Indicadores de Poboación

2000 2008TOTAL HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES

Envellecemento 269,55 252,63 286,47 665,18 568,85 780,39Sobreenvellecemento 24,81 18,04 31,58 95,54 60,66 137,25

Dependencia Global 105,25 98,53 112,23 111,01 101,74 121,03Dependencia Senil 76,77 70,59 83,19 96,5 86,53 107,28Dependencia Xuvenil 28,48 27,94 29,04 14,51 15,21 13,75Índice de Recambio 187,37 153,7 231,71 140,7 128,26 155

Fonte: IGE (Elaboración propia)

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

9

Gráfico: Comparativa dos índices de poboación. Anos 2000 e 2008En

vell

ecem

ento

Sob

reen

vell

ecem

ento

Dep

end

enci

a G

lob

al

Dep

end

enci

a Se

nil

Dep

end

enci

a X

uve

nil

Índ

ice

de

Rec

amb

io

Enve

llec

emen

to

Sob

reen

vell

ecem

ento

Dep

end

enci

a G

lob

al

Dep

end

enci

a Se

nil

Dep

end

enci

a X

uve

nil

Índ

ice

de

Rec

amb

io

2000 2008

0

100

200

300

400

500

600

700

800

900

TOTAL

HOMES

MULLERES

Fonte: IGE (Elaboración propia)

O índice de envellecemento mide a relación entre a poboación maior de 64 anos respecto á poboación menor de 20 anos. Cando este índice é inferior a 100 indica que a poboación maior de 64 anos é inferior á de 20 anos, é dicir, estaría rexuvenecida. No caso do concello de Sarreaus, obsérvase que nos dous anos a poboación maior de 64 anos era moi superior a aquela que contraba con menos de 20. Hai que resaltar que este índice é moito maior no ano 2008, polo que indica un envellecemento na poboación. Por sexos, son os homes os que teñen o índice máis baixo.

O índice de sobreenvellecemento mide a relación entre a poboación maior de 84 anos respecto á menor de 20 anos. Atendendo a este índice, pódese observar que no ano 2008 é superior ó do ano 2000, tanto na poboación global como en homes e mulleres. Tamén neste índice o sexo masculino presenta uns valores inferiores ó feminino. Esto tamén se debe a que a esperanza de vida das mulleres é maior que a dos homes.

O índice de dependencia global mide a relación existente entre o conxunto da poboación dependente coa que se atopa entre os 20 e os 64 anos.

O índice de dependencia senil sinala a proporción que existe entre a poboación maior de 64 anos coa de entre 20 e 64 anos; e o índice de dependencia xuvenil mide a relación entre ós que teñen menos de 20 anos cos que teñen entre 20 e 64 anos.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

10

A dependencia global aumenta, e este incremento está xustificado polo crecemento da dependencia senil. A xuvenil diminúe. Todo esto indica que hai un envellecemento da poboación e que non hai xente nova que o compense.

O índice de recambio mide a relación entre a poboación que potencialmente vai saír do mercado laboral e a que potencialmente vai entrar nel. Cando este índice é inferior a 100, indica que hai máis persoas que poden comezar a súa vida laboral e comezan a desenvolver a súa actividade produtiva que persoas a punto de xubilarse. Cando o índice é superior a 100, revela que o territorio se atopa na situación inversa (hai máis xente a punto de xubilarse que comezando a traballar). No caso do concello de Sarreaus, hai máis xente a punto de xubilarse que en idade de entrar no mercado laboral.

2.6. POBOACIÓN SEGUNDO NACIONALIDADE

Gráfico: Evolución da poboación segundo nacionalidade

No relativo á distribución segundo nacionalidade a

poboación española é moi superior á estranxeira. Ambas diminuíron, aínda que en maior medida a

española.

Fonte: IGE (Elaboración propia)

2.7 SALDOS MIGRATORIOS

A emigración presenta unha evolución variable, para ter un incremento global de todo o período dun 26.42%.

A inmigración presenta un decremento dun 22.64% respecto ó ano de inicio.

Ó comezo do período, o concello de Sarreaus a emigración igualaba á inmigración. Nos dous anos seguintes o saldo migratorio foi positivo, no 2003 foi negativo e ó ano

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

200

400

600

800

1000

1200

1400

EspañolaEstranxeira

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007-40

-20

0

20

40

60

80Saldo migratorio

Emigración Inmigración SALDO MIGRATORIO

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

11

seguinte voltou ser positivo. A partir de 2004 a tendencia é descendente, é dicir a Emigración é superior á inmigración.

Fonte: IGE (elaboración propia)

En canto á emigración, hai que indicar que a interna refírese a cando o destino é outro concello de Galicia; a externa supón desplazarse a un concello do resto de España ou ó extranxeiro. A inmigración interna dáse cando a orixe é outro concello de Galicia, e a externa cando a orixe é outro concello do resto de España ou do

extranxeiro.No caso de Sarreaus, referíndose á emigración hai que salientar que destaca en tódolos anos a interna. Ademáis é esta tipoloxía de emigración a que maior crecemento experimentou en todo o período.

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 20070

10

20

30

40

50

60

Emigración

Emigración interna Emigración externa

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

12

No caso da inmigración, hai que dicir que diminúen as dúas modalidades, aínda que en maior medida o fai a interna. No concello de Sarreaus a poboación que entra procede doutro concello de Galicia.

Fonte: IGE (Elaboración Propia)

3.- MERCADO LABORAL

3.1. POBOACIÓN ACTIVA/ INACTIVA.

ANO POB (16-64)

POB.PARADA

POB. OCUPADA

POB. ACTIVA

POB. INACTIVA

2006 896 82 257 339 5572007 842 65 270 335 5072008 802 77 228 305 497

Fonte: IGE (elaboración propia)

Esta é a poboación que se atopa en idade de traballar. Divídese a súa vez en poboación activa e inactiva. Debido a que os datos máis actuais de ocupación son do ano 2001, hai que facer unha aproximación para calcular a taxa de actividade. Por iso, na poboación activa só se inclúen as cifras de paro rexistrado e as afiliacións á Seguridade Social (concepto próximo ó de

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 20070

10

20

30

40

50

60Inmigración

Inmigración Interna Inmigración Externa

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

13

poboación ocupada). Esto é debido a que a fonte principal que proporciona este dato é a EPA, que realiza o INE, e non desagrega a nivel municipal.

A poboación maior de 16 anos diminuíu nos 3 últimos anos nun 10.49%. Tanto a poboación activa como a inactiva diminuíron en proporcións similares.

A maior parte da poboación activa é aquela que está ocupada, sendo no ano 2006 un 75.81%. Co transcorrer dos anos, esta porcentaxe diminuíu moi lixeiramente ata o 74.75%.

3.2. PARO

PARO SEGUNDO SEXO E IDADE

Táboa: Paro segundo idade e sexo

HOME<25

HOME 25-45

HOME >45

TOTAL H.

MULLER <25

MULLER 25-45

MULLER > 45

TOTAL M.

TOTAL

2000 4 11 40 54 2 18 26 46 1002001 3 10 39 52 2 24 27 53 1052002 3 10 38 51 4 13 32 50 1012003 5 10 37 52 9 29 53 90 1422004 3 8 29 40 6 25 47 78 1182005 2 6 29 37 4 18 39 60 972006 3 4 19 26 3 18 36 56 822007 2 2 16 21 2 11 31 45 652008 3 6 16 25 3 14 36 53 77

Fonte: IGCC

Na franxa temporal 2000-2008 apréciase que o paro diminuíu nun 23%. Aínda que se poden facer dous períodos, un ata o 2003 onde se produciu un aumento significativo do paro nun 42% e a partir dese ano diminúe ata o 2007. No 2008 prodúcese un incremento do paro do 18.46%. Ó comezo do período, o paro é lixeiramente superior no caso dos homes. A partires do 2003, as mulleres superan en número á estes. Ademais, mentres o paro diminúe nun 53.70% nos homes, nas mulleres aumenta un 15.22%

Na franxa de idade onde o paro masculino é máis considerable atópase entre os que teñen máis de 45 anos. A mesma franxa dáse no caso das mulleres

Gráfico: Paro segundo sexo e idade

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

14

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

10

20

30

40

50

60

HOME<25

HOME 25-45

HOME >45

MULLER <25

MULLER 25-45

MULLER>45

Fonte: IGCC (elaboración propia)

PARO SEGUNDO SECTORES

Sector 1: Agricultura, gandería e pesca.

Sector 2: Industria.

Sector 3: Construción.

Sector 4: Servizos.

No concello de Sarreaus, o sector que recolle un maior número de desempregados é Servizos, seguido do sector Construción. O sector industria e aqueles sen emprego anterior abarcan unha porcentaxe similar no número de parados rexistrados.

Nos Sectores da industria, Construción e Servizos o paro diminúe respecto ó ano 2000 nun 38.46%, 37.50% e 13.95% respectivamente; permanecendo en cifras similares. nos dous sectores restantes.

Gráfico: paro por sectores

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

15

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

100%

SEN EMPREGO ANTERIORSECTOR 4SECTOR 3SECTOR 2SECTOR 1

Fonte: IGCC

ANÁLISE 2009

Muller Home TOTALXaneiro 2009 52 29 81Febreiro 2009 53 31 84Marzo 2009 57 32 89Abril 2009 53 33 86Maio 2009 54 31 85Xuño 2009 54 30 84Xullo 2009 50 27 77

Agosto 2009 43 28 71Setembro

2009 41 27 68

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

16

Xaneiro 2009

Febreiro 2009

Marzo 2009

Abri l 2009

Maio 2009

Xuño 2009

Xullo 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

muller Home

Fonte: IGCC

En todos os meses do 2009 predominan as mulleres desempregadas.

No tocante ó paro dos tres trimestres do 2009, hai que dicir que se incrementa ata marzo para comezar a descender ata setembro. Neste mes obsérvase que existe un 16.05% menos de desempregados. Este decrecemento débese sobre todo ó que se produciu no sexo feminino.

PARO LONGA DURACIÓN

Táboa: parados de longa duraciónXaneiro

2009Febreiro

2009Marzo 2009

Abril 2009

Maio 2009

Xuño 2009

Xullo 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Muller 36 36 35 35 35 35 32 31 31Home 13 14 15 15 15 14 13 13 13TOTA

L 49 50 50 50 50 49 45 44 44Fonte: IGCC

Atendendo á metodoloxía utilizada no Observatorio ocupacional, considérase parado de longa duración todo demandante parado menor de 25 anos que leva máis de 180 días inscrito como tal, ou ben o que ten 25 ou máis anos e leva inscrito máis de 365 días.

Como se comproba na táboa anterior, o total de parados de longa duración diminúe nun 10.20% dende xaneiro do 2009 ata setembro do mesmo ano. O decrecemento máis acusado deuse no caso das mulleres, que foi dun 13.89%.

Gráfico: parados de longa duración

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

17

Xaneiro 2009 Febreiro 2009 Marzo 2009 Abril 2009 Maio 2009 Xuño 2009 Xullo 2009 Agosto 2009 Setembro 2009

0

5

10

15

20

25

30

35

40

MullerHome

Fonte: IGCC

PARO CURTA DURACIÓN

Táboa: parados de curta duración Xaneiro

2009 Febreiro

2009 Marzo 2009

Abril 2009

Maio 2009

Xuño 2009

Xullo 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Muller 15 15 18 15 14 13 10 9 5Home 14 14 15 17 16 14 10 10 7TOTAL 29 29 33 32 30 27 20 19 12

Fonte: IGCC

Percébese que o paro de curta duración decrece nos 9 meses analizados. Esta diminución supón un 58.62%. Nas mulleres é nas que esta baixada é máis salientable, supoñendo unha diminución do 66.67%.

Comparando o paro segundo a duración, o descenso no número de parados é máis acusado no caso de curta.

Gráfico: parados curta duración

Xaneiro 2009 Febreiro 2009 Marzo 2009 Abril 2009 Maio 2009 Xuño 2009 Xullo 2009 Agosto 2009 Setembro 2009

0

2

4

6

8

10

12

14

16

18

MullerHome

Fonte: IGCC

PARO SEGUNDO ESTUDOS

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

18

Xaneiro 2009 Febreiro 2009 Marzo 2009 Abril 2009 Maio 2009 Xuño 2009 Xullo 2009 Agosto 2009 Setembro 2009

0

10

20

30

40

50

60

Ata Certificado de Escolaridade* Titulación Ensinanza Obrigatoria Formación Profesional B.U.P / Bacharelato Superior / C.O.U

Titulados Universitarios

Fonte: IGCC

Atendendo ó nivel de estudos alcanzado, obsérvase que a medida que se incrementa a educación diminúe o número de persoas desempregadas. Esto tamén é debido a que a medida que aumenta a titulación diminúe o número de persoas nesa franxa.

O maior número de parados atópase naquelas persoas que a súa educación é tan só ata o certificado de escolarización.

PARO SEGUNDO SECTORES

S. PRIMARIO S.SECUNDARIO S. CONSTRUCIÓN S.SERVIZOS SEN ACTIVIDADE TOTAL1 Trimestre

09 6 11 12 54 6 89

2 Trimestre 09 4 12 9 38 6 69

3 Trimestre 09 5 12 8 38 5 68

Fonte: IGCC

Atendendo ós sectores, compróbase que segue sendo o sector servizos o que ten máis desempregados con máis do 50% dos parados totais en tódos os trimestres. O seguinte sector que ten máis número de parados segue sendo a industria.

Gráfico: paro segundo sectores

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

19

1 Trimestre 09

2 Trimestre 09

3 Trimestre 09

0 10 20 30 40 50 60

SEN ACTIVIDADE S.SERVIZOS S. CONSTRUCIÓN S.SECUNDARIO S. PRIMARIO

Fonte: IGCC

3.3.- AFILIACIÓNS

Táboa: Evolución dos afiliados no concello de Sarreaus

XERAL AGRARIO FOGAR AUTÓNOMOS AFILIADOS TOTAIS2004 120 91 2 49 2622005 119 82 3 54 2592006 107 80 4 66 2572007 138 69 2 61 2702008 105 3 4 115 228

Fonte: INSS

Como se pode observar na táboa anterior, o número de afiliados no concello de diminuíu nun 12.98%.

O réxime de afiliación que maior crecemento experimentou neste período foi o de autónomos (134.69%). Esto foi debido en parte á Lei 18/2007 do 4 de Xullo, pola que se equipara ós traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario cos encadrados no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos. Esto tamén explica que no 2008 haxa un 96.70% menos de Afiliados no Réxime Agrario.

A continuación desglósase a afiliación segundo o sector de Actividade.

1.- AGRICULTURA

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

20

2004

2005

2006

2007

2008

0 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100

AUTÓNOMOS FOGAR AGRARIO

XERAL

Fonte: INSS

Non existe ningún afiliado no réxime do fogar neste sector. Como se comentou anteriormente, a afiliación de autónomos incrementouse neste período gracias á equiparación do Réxime Agrario ó de Traballadores por Conta Propia.

Analizando a táboa anterior, compróbase que neste sector a afiliación caeu nun 21.14% no período 2004-2008. No 2004, o réxime xeral representaba un 21% dos afiliados totais, o agrario supuña un 74% e autónomos un 5%. Dous anos despois, no 2006, o réxime xeral representaba un 19% dos afiliados totais, o agrario supuña un 72% e autónomos un 9%. No ano 2008 a afiliación repartíase da seguinte maneira:

- 25% estaban afiliados ó réxime Xeral- 3% atopábanse no Agrario- 72% eran Autónomos.

2.- INDUSTRIA

XERAL AGRARIO AUTÓNOMOS TOTAL2004 26 91 7 1232005 23 82 10 1162006 22 80 10 1112007 20 69 10 992008 24 3 70 97

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

21

2004 2005 2006 2007 20080

5

10

15

20

25

XERALAGRARIOFOGARAUTÓNOMOS

Fonte: INSS

Unha das características deste sector é que os afiliados se reparten en dous Réximes de afiliación: Xeral e Autónomos. Predomina sobre todo ó primeiro. No concello de Sarreaus, diminuíu o número de afiliados totais neste sector.

3.- CONSTRUCCIÓN

2004 2005 2006 2007 2008

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

AUTÓNOMOS

XERAL

Fonte: INSS

Neste sector non existe ningún afiliado nos réximes Agrario e do Fogar, ó igual que no sector anterior. O número de afiliados neste sector incrementouse nun 13.89%, debido sobre todo o aumento que se produciu no réxime de autónomos. Como se observa na táboa, o xeral diminuíu nun18.18%. No 2004 o réxime Xeral supuña o 60% dos afiliados totais, e catro anos despois diminuíu o seu peso neste sector ata supoñer un 43%.

4.- SERVIZOS

XERAL AUTÓNOMOS TOTAL

2004 24 2 262005 22 3 252006 17 4 212007 17 4 212008 17 2 20

XERAL AUTÓNOMOS TOTAL2004 22 14 362005 21 15 362006 19 23 432007 20 24 442008 18 23 41

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

22

2004 2005 2006 2007 20080

10

20

30

40

50

60

70

80

90

XERALFOGARAUTÓNOMOS

Fonte: INSS

Aparecen afiliados en Réxime do fogar. Obsérvase que a afiliación neste sector decreceu nun 9.10% nestes últimos anos. Este decrecemento é debido ó incremento no réxime de autónomos (-23.08%).

O réxime xeral supuña no ano 2004 un 63% dos afiliados totais, os autónomos un 34% e o réxime do fogar un 3%.

No ano 2008 aumenta lixeiramente a proporción de afiliados no primeiro réxime, pasando a ser ésta do 65%. O réxime do Fogar pasa a ocupar o 6% da afiliación total e Autónomos un 29%.

3.4. CONTRATACIÓN

A continuación, analízase a contratación atendendo a diversas variables, como son a tipoloxía de contratos, nivel de estudos, sexo, idade, por actividade económica, finalmente por código de ocupación. Debido á utilización das diversas fontes, os datos poden variar, por mor das distintas metodoloxías empregadas en cada organismo.

CONTRATACIÓN SEGUNDO TIPO DE CONTRATO E NIVEL DE ESTUDOS.

Táboa: Tipo de contratos

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008

Total contratos iniciais 86 164 91 122 94 78 119 45Indefinido ordinario 2 5 2 3 0 3 4 17

Fomento do emprego 1 4 6 1 2 2 7 0De obra ou servizo 44 120 42 60 68 55 48 8

Eventual por circunstancias da produción 3 13 13 28 19 3 12 5Interinidade 0 3 1 3 3 4 4 2En prácticas 0 0 1 0 0 3 1 0

Para a formación 4 4 3 4 1 3 34 1Outros 14 15 23 11 1 5 9 12

Fonte: IGE.

XERAL FOGAR AUTÓNOMOS TOTAL

2004 49 2 26 772005 53 3 26 822006 49 4 28 812007 80 2 24 1072008 46 4 20 70

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

23

A contratación presenta ó longo dos anos unha evolución irregular. O saldo global é unha diminución dun 47.67%. Comparando o 2008 co ano anterior, compróbase que esta diminución foi máis acusada, posto que no último ano rexistráronse un 62.18%. Pódese dicir que: o tipo de contrato predominante en tódolos anos é Obra ou servizo, supoñendo esta modalidade máis do 50%, agás no 2008 onde a maioría de contratos son Indefinidos. A continución, a modalidade máis representativa é “eventual por circunstancias da produción”, aínda que nos tres primeiros anos do período de estudo, a tipoloxía “outros” é máis significativa.

Hai que mencionar que a contratación indefinida ordinaria se incrementou de maneira espectacular no período 2001-2007.

Na seguinte táboa, cruzando as variables tipo de contratación e nivel de estudos, obtense as seguintes conclusións:

Gráfi co: Contratación segundo tipo de contrato e nivel de estudos.

20

02

20

03

20

04

20

05

20

06

20

07

20

08

20

02

20

03

20

04

20

05

20

06

20

07

20

08

20

02

20

03

20

04

20

05

20

06

20

07

20

08

20

02

20

03

20

04

20

05

20

06

20

07

20

08

Analfabetos E. primarios E secundarios E superiores

0

20

40

60

80

100

120

140

Outros

Para a formación

En prácticas

Interinidade

Eventual por circun-stancias da produción

De obra ou servizo

Indefinido ordinario e fomento do emprego

Fonte: IGE

Os analfabetos non presentan apenas contratos. Os poucos que hai son “Obra ou Servizos”, seguido de “Outras modalidades de contratación”.

As persoas con estudos primarios, tamén presentan un baixo volume de contratación. Neste caso a modalidade principal nos primeiros anos era Indefinido, para pasar despois a ser “Obra ou Servizo”

Con estudos secundarios firman contratos por “Obra ou servizo” durante tódolos anos, seguido de “Eventual por circunstancias da produción” e “Outras modalidades de contratación” Hai que destacar que no 2007, houbo unha cifra moito significativa nos contratos para a formación, tendo o mesmo número de contratos que “Obra ou Servizo”.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

24

Por último, os traballadores que teñen estudos superiores son contratados principalmente por “obra ou servizo”, seguido de “outras modalidades de contratación”

Conclúese que as persoas máis contratadas son as que posúen estudos secundarios seguidas de superiores; nos primeiros o tipo de contratos que lles ofrecen maioritariamente son os de Obra ou servizo, seguido de Eventuais por circunstancias da produción, e nos segundos, son os de “obra ou servizo”.

CONTRATOS CNAE (ACTIVIDADE ECONÓMICA)

Táboa: contratos totais.

ANO HOME MULLER TIP. 1 TIP. 2 TIP. 3 TOTALANO 00 64 16 3 73 4 80ANO 01 70 17 6 77 4 87ANO 02 75 91 13 149 4 166ANO 03 55 40 9 82 4 95ANO 04 90 37 6 117 4 127ANO 05 66 42 16 91 1 108ANO 06 51 38 16 67 6 89ANO 07 64 62 19 72 35 126ANO 08 32 17 21 27 1 49

Fonte: SPEG

A Contratación no período temporal 2000-2008, ten un comportamento irregular (con importantes subidas e baixadas), pero comparando o ano 2000 co 2008, apréciase un descenso dun 38.75%.

Ó longo dos anos, a maioría dos contratados son homes, a excepción do 2002 no que o sexo feminino, supera o masculino; sen embargo, nas mulleres o número de contratos aumenta nun 287.50 % ata o 2007, mentres que nos homes rexistran o mesmo número de contratos que no 2000.

No ano 2008, a contratación feminina diminúe bruscamente respecto do ano anterior, o mesmo que ocorre no sexo masculino.

No que respecta á tipoloxía de contratación, hai que salientar que existe un predominio dos contratos temporais, seguida da indefinida, agás no 2007, onde a segunda modalidade foi Formación. Tamén é destacable que co transcorrer dos anos, a proporción de contratos indefinidos foi sendo cada vez maior, sendo no 2008 un 43% dos totais.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

25

CONTRATACIÓN POR SECTORES

A evolución da contratación por sectores amósase na seguinte táboa:

Táboa: contratación por sectores.

ANO AGRARIO INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL2000 9 1 21 49 802001 8 4 20 55 872002 11 6 22 127 1662003 15 8 15 57 952004 11 13 15 88 1272005 14 6 16 72 1082006 6 20 11 52 892007 11 17 8 90 1262008 15 4 5 25 49

Fonte: SPEG

Excluíndo o ano 2008 onde hai un descenso xeneralizado das contratacións, obsérvase que no sector no que se incrementan considerablemente os contratos é no sector Servizos.

CONTRATOS POR SECTOR, TIPOLOXÍA E SEXO (ANO 2008)

Gráficas: contratos x sector e sexo.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

26

HOME MULLER TIP. 1 TIP. 2 TIP. 3Sexo Tipoloxía

0

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

Agricultura

HOME MULLER TIP. 1 TIP. 2 TIP. 3Sexo Tipo loxía

0

0.5

1

1.5

2

2.5

3

3.5

4

4.5

Industria

HOME MULLER TIP. 1 TIP. 2 TIP. 3Sexo Tipoloxía

0

1

2

3

4

5

6

Construción

HOME MULLER TIP. 1 TIP. 2 TIP. 3Sexo Tipo loxía

0

2

4

6

8

10

12

14

16

18

20

Servizos

Fonte: SPEG

Ó analizar os distintos sectores obsérvase que:

En todos os sectores predominan os contratos firmados por homes. En Industria e Construción non hai presenza feminina Agás en servizos, onde predomina a temporalidade, nos outros tres

sectores a contratación indefinida é superior á temporal. Os contratos de formación tan só teñen presenza no sector Industria.

CONTRATACIÓN POR SECCIÓNS NO SECTOR SERVIZOS

En primeiro lugar procedese a una enumeración das distintas seccións que compoñen o sector e teñen presenza no Concello de Sarreaus:

G.- Comercio, reparación de vehículos e venda de combustible.

H.- Hostalería

I.- Transporte, almacenamento e comunicacións.

L.- Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria.

M.- Educación.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

27

N.- Actividades sanitarias e veterinarias, servizos sociais.

O.- Outras actividades sociais e de servizos prestados á comunidade; servizos persoais.

Táboa: seccións sector servizos

HOME MULLER Indefinidos Temporais Formación Sexo Tipoloxía

0

2

4

6

8

10

12G H I L M N O

Fonte: SPEG

Como se pode observar na táboa a Sección na que se firman máis contratos no Concello de Sarreaus é fundamentalmente a O. As seccións restantes, aínda que importantes non superan os 10 contratos.

Ó analizar as seccións por sexo, obsérvase que na máis representativa o número de contratos é superior no caso dos homes.

Con respecto á tipoloxía dos contratos, predomina a temporalidade en todas as seccións agás a I, onde a maioría da contratación é indefinida.

Desglosando a sección O (Outras actividades sociais e de servizos prestados á comunidade; servizos persoais) obtense a seguinte táboa na que se comproba que a única actividade presente é a 92 (Actividades recreativas, culturais e deportivas).

SECCIÓN O HOME MULLER Indefinidos Temporais Formación Totais90 0 0 0 0 0 091 0 0 0 0 0 092 10 2 0 12 0 1293 0 0 0 0 0 0

Fonte: SPEG

CONTRATOS POR OCUPACIÓN

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

28

A evolución total da contratación, ó coincidir o número de contratos coa clasificación por actividade económica, obviase volver a comentala.

EVOLUCIÓN DA CONTRATACIÓN POR OCUPACIÓN

SECTOR Totais Sector 1 Sector 2 Sector 3 Sector 4 Sector 5 Sector 6 sector 7 Sector 8 Sector 92000 80 0 11 10 1 9 18 14 2 152001 87 1 21 4 0 11 13 12 7 192002 166 0 14 7 2 19 9 15 9 912003 95 0 10 8 5 12 29 14 5 122004 127 1 14 4 4 15 10 22 25 322005 108 0 2 8 2 30 6 11 15 332006 89 0 8 15 0 20 2 16 6 222007 126 1 20 11 2 25 12 18 21 162008 49 1 13 1 2 11 4 4 3 10

Fonte: SPEG.

En primeiro lugar procédese a facer unha enumeración das distintas ocupacións:

o 0.- Forzas armadaso 1.- Dirección de empresas e das administracións públicaso 2.- Técnicos e profesionais científicos e intelectuaiso 3.- Técnicos e profesionais de apoioo 4.- Empregados de tipo administrativoo 5.- Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e

vendedores dos comercioso 6.- Traballadores cualificados na agricultura e na pescao 7.- Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras,

a construción, e ao 8.- Operadores de instalacións e maquinaria, e montadoreso 9.- Traballadores non cualificados

SECTOR 1.- Esta ocupación a penas ten representación, existindo tan só unha mínima contratación nos anos 2001, 2004, 2007 e 2008.

SECTOR 2.- A contratación neste sector ocupacional, dende o ano 2000 presenta unha tendencia variable, experimentando bruscos ascensos e descensos. O ano que rexistra maior número de contratos é o 2001. Catro anos despois obsérvase a menor cifra de contratación.

SECTOR 3.- Presenta unha evolución irregular. O ano de máxima contratación foi o 2006, e o que rexistrou o menor número de contratos foi o 2008. Tamén

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

29

mostra bruscos ascensos e descensos, aínda que non son tan acusados como no sector anterior.

SECTOR 4.- Este é un sector ocupacional pouco significativo.

SECTOR 5.- É un dos sectores máis importantes no concello de Sarreaus. Presenta unha evolución irregular, caracterizada por continuos aumentos e decrecementos. O ano que rexistrou maior número de contratos foi o 2005. No 2008 é o segundo sector de Ocupación que máis contratos rexistra.

SECTOR 6.- Como nos sectores anteriores, presenta unha evolución irregular. No 2003 obsérvase a máxima cotnratación, e a partir deste ano comeza a diminuír para ter un repunte no 2007. Ó ano seguinte volve a decrecer en número de contratos.

SECTOR 7.- É un sector ocupacional caracterizado por continuos aumentos e descensos (non tan bruscos como en sectores anteriores). Presenta un volumen importante de contratación, agás no 2008, onde se aprecia unha brusca baixada no número de contratos.

SECTOR 8.- Este é un sector pouco significativo en Sarreaus, agás nos anos 2004, 2005 e 2007, onde presentou un volumen considerable de contratación.

SECTOR 9.- Este sector é o máis significativos en Sarreaus, agás no 2003, e nos dous últimos anos do período que se está a analizar. É destacable que o 2001 rexistra un gran volumen de contratación, superando incluso o número de contratos totais rexistrado nalgúns anos como o 2000, 2001, 2006 e 2008.

Atendendo ó ano 2008, dado que son os datos máis actuais dos que se dispón, a distribución dos contratos por ocupacións quedaría definida así:

2%27%

2%4%

22%8%

8%

6%

20%

Contratos por ocupación

S.1 S.2 S.3 S.4 S.5 S.6 S.7 S.8 S.9

Fonte: SPEG

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

30

A ocupación na que hai un maior número de contratos, tal e como se amosa no gráfico é no sector 2, seguido polos sectores 5 e 9.

CONTRATOS POR OCUPACIÓN: TIPOLOXÍA E SEXO (ANO 2008)

o Sector 2 .- Caracterízase pola maioría do sexo masculino.No que respecta á tipoloxía dos contratos, dicir que son temporais na súa maioría, sendo tan só un 8% da contratación indefinida.

77%

23%

Homes Mulleres

8%

92%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

o Sector 5 .- O 64% dos contratos está ocupado por mulleres.

36%

64%

Homes Mulleres

64%

36%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

A tipoloxía de contratos presenta unha ampla maioría de indefinidos, ocupando os temporais tan só un 36% da contratación.

o Sector 9 .- Nesta ocupación predomina a contratación de homes cun 80%, ocupando a de mulleres un 20%.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

31

Outro rasgo deste sector é que existe paridade entre a contratación temporal e indefinida.

80%

20%

Homes Mulleres

50%50%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

CONTRATOS NO ANO 2009

1º trimestre 2009

2º trimestre 2009

3º trimestre 2009

Home Muller

Fonte: IGCC

Como se pode observar na táboa e na gráfica, a evolución trimestral amosa un crecemento de contratos no terceiro trimestre respecto do primeiro (cunha variación positiva dun 20%). Aínda que atendendo ó segundo trimestre, obsérvase unha diminución significativa no número de contratos resixtrados, postop que foi no segundo onde se firmaron máis contratos.

Atendendo ó sexo dos firmantes, compróbase que nos dous primeiros trimestres son os homes os que obtiveron un maior número de contratos, pero no terceiro trimestre o 55.55% da contratación pertencía ás mulleres.

1º trimestre 2009

2º trimestre 2009

3º trimestre 2009

Muller 5 5 10Home 10 17 8

TOTAL 15 22 18

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

32

4.- ESTRATEXIA EMPRESARIAL.

4.1.- DINÁMICA TEMPORAL DE CREACIÓN DE EMPRESAS

Táboa: Altas, baixas, permanencias e saldo

Alta Baixa Saldo Permanencia2000 4 6 -2 412001 11 6 5 382002 2 4 -2 442003 3 1 2 452004 3 3 0 452005 4 4 0 432006 4 2 2 452007 4 4 0 43

Fonte: IGE

En Sarreaus ó longo dos anos, as Altas tiveron unha liña evolutiva moi uniforme, agás no 2001, que presentou un aumento moi significativo. En canto as Baixas, a evolución non é tan regular, aínda que se move dentro dos mesmos valores.

As permanencias diminúen no 2001 (respecto ó ano anterior), e no 2002 volve a incrementar o número de empresas rexistradas. A partir deste ano presenta valores similares ó longo dos anos..

O saldo de creación de empresas presenta máis variacións:

É positivo nos anos: 2001, 2003 e 2006 É negativo: 2000, e 2002 É Igual a 0 no resto de anos, é dicir, as altas equipáranse ás baixas.

Gráfica: Altas, baixas e saldo en Sarreaus

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

33

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007-4

-2

0

2

4

6

8

10

12

SaldoAltaBaixa

Fonte: IGE

4.2.- LISTADO CÓDIGOS DE CLASIFICACIÓN NACIONAL DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS.

(VER ANEXO I)

4.3.- DISTRIBUCIÓN SECTORIAL.

Táboa e gráfico: distribución sectorial

6%

36%

57%

Distribución Sectorial

2 Industria, incluida a enerxía 3 Construcción 4 Servicios Fonte: IGE

Actividades Nº empresas2 Industria, incluida a enerxía 3 3 Construcción 174 Servicios 27Total 47

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

34

Por sectores:

O sector Servizos, como se pode observar na gráfica, ocupa a meirande parte das empresas do Concello cun 58%, seguido polo sector da construción cun 36% e o da industria cun 6%.

1.4.- TAMAÑO DAS EMPRESAS.

Neste apartado divídense as empresas do seguinte xeito:

Microempresa: nesta categoría estarán aquelas que teñen entre 0 e 9 asalariados.Pequena empresa: contan entre 10 e 49 asalariados.Mediana empresa: entre 50 e 249 asalariados.Gran empresa: aquelas que teñan máis de 250 asalariados.

Se se analiza o tamaño das empresas polo número de asalariados compróbase que, nos tres sectores a maioría conta con menos de 9 traballadores superando o 96%, agás no sector da industria onde a porcentaxe que acada é dun 77,78%.

Táboa: tamaño das empresas.

Todos Microempresas Pequena empresa

Tódalas actividades 47 45 22 Industria, incluida a enerxía 3 2 1

C Industrias extractivas 2 1 1D Industria manufactureira 1 1 0E Producción e distribución de enerxía eléctrica, gas e auga

0 0 0

3 Construcción 17 17 04 Servicios 27 26 1

G Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores e artigos persoais e de uso doméstico

12 12 0

H Hostalería 8 8 0I Transporte, almacenamento e comunicacións

1 1 0

J Intermediación financeira 2 2 0K Actividades inmobiliarias e de alugueiro; servicios empresariais

2 2 0

M Educación 1 0 1N Actividades sanitarias e veterinarias, servicios sociais

0 0 0

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

35

O Outras actividades sociais e de servicios prestados á comunidade; servicios persoais

1 1 0

Fonte: IGE.

A pequena empresa apenas ten presencia no concello de Sarreaus. Repártese por igual entre Industria e Servizos.

Ó facer un estudo das seccións que compoñen o sector da industria vese que: un 66,67% das empresas atópanse concentradas na sección C (Industria extractiva), seguido a distancia pola D (Industria manufactureira) cun 33.33%, non existindo no concello ningunha empresa no sector E (Produción e distribución de enerxía eléctrica, gas e auga).

O sector Servizos concentra a maior parte das súas empresas na Sección G (Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e artigos persoais e de uso doméstico) cun 44.44%, seguida da sección H (Hostalería) cun 29.63%.

Segundo o tamaño das empresas que integran as seccións do sector servizos obsérvase que, exceptuando a sección de Educación onde existe unha pequena empresa, o resto de seccións son Microempresas.

4.5.- TITULARIDADE DAS EMPRESAS.

Ó analizar as empresas do Concello segundo a titularidade, no ano 2007 obsérvanse os seguintes datos:

Táboa: titularidade das empresas.

Total Persoas físicas

S.R.L. Outros

Tódalas actividades 47 39 5 32 Industria, incluida a enerxía 3 1 2 0

C Industrias extractivas 2 0 2 0D Industria manufactureira 1 1 0 0E Producción e distribución de enerxía eléctrica, gas e auga

0 0 0 0

3 Construcción 17 16 1 04 Servicios 27 22 2 3

G Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores e artigos persoais e de uso doméstico

12 10 1 1

H Hostalería 8 8 0 0I Transporte, almacenamento e comunicacións

1 0 1 0

J Intermediación financeira 2 2 0 0

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

36

K Actividades inmobiliarias e de alugueiro; servicios empresariais

2 2 0 0

M Educación 1 0 0 1N Actividades sanitarias e veterinarias, servicios sociais

0 0 0 0

O Outras actividades sociais e de servicios prestados á comunidade; servicios persoais

1 0 0 1

Fonte: IGE

En termos xerais, na maioría de empresas a forma xurídica que predomina é a de Persoas Físicas, acadando unha porcentaxe dun 82.98% seguida das S.R.L cun 10.64%, sendo o resto “outros tipos de titularidade”.

Ó facer un estudo por sectores e comparar as distintas formas de titularidade despréndese que:

As Persoas Físicas no sector no que son maioritarias son no de Servizos dado que ocupan o 65,12% das empresas adicadas a este sector.As S.R.L repártense entre a Industria e Servizos “Outras formas de titularidade”, atópanse en Servizos

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

37

5.- CONCLUSIÓNS

O concello de Sarreaus perde poboación ó longo dos anos, sendo esta diminución do 15.02%.

Nos tramos de idade máis numerosos no ano 2008, predominan as mulleres comprendidas entre 70 e 74, franxa que se repite no caso dos homes.

o Comparando con anos anteriores, como se pode observar nas pirámides de poboación, a xente nova foi diminuíndo sobre todo no caso das mulleres.

Saldo vexetativo negativo; dado que o número de defuncións é superior ó número de nacementos.

Envellecemento da poboación co transcorrer dos anos, e este afecta ás mulleres en maior medida.

Aumento da dependencia global producida polo aumento da poboación maior de 64 anos (d. senil), e o descenso da poboación menor de 20 anos (d. xuvenil), sendo máis importante o aumento da poboación maior de 64 anos.

En Sarreaus, hai máis xente a punto de xubilarse que a punto de entrar no mercado laboral.

O saldo migratorio foi positivo ata o 2003, ano no que foi negativo. Ó ano seguinte voltou a ser positivo, pero despois seguiu unha liña moi negativa. Os habitantes de Sarreaus prefiren outros concellos de Galicia á hora de emigrar, e no caso da inmigración, veñen tamén doutros concellos galegos.

Descenso da poboación que non se ve compensada coa entrada de inmigrantes.

Diminución do paro na franxa temporal 2000-2008. Por tanto, a variación deste é negativa cun -23%.

Afecta fundamentalmente ó sexo feminino a partir do ano 2003. As franxas de idade onde o paro é superior é nos maiores de 45 anos,

nos dous sexos.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

38

O sector que recolle un maior número de desempregados é Servizos, seguido de construción. Ó longo dos anos o paro diminúe en servizos, Construción e Industria, permanecendo nos mesmos niveis do 2000 en Agricultura e Sen emprego anterior.

No tocante ó paro dos tres trimestres do 2009, comparando o paro de setembro respecto ó de xaneiro, obtense que diminúe nun 16.05%.

o Segundo o tempo, o número de parados é superior nos de longa duración que nos de curta, descendendo nos dous, aínda que de forma máis significativa nos de curta duración.

o En canto o paro atendendo ó nivel de estudos acadado, obsérvase que a medida que aumenta a titulación diminúe o número de persoas desempregadas.

O sector que concentra a maioría de desempregados é o servizos, posto que tamén é o que acolle un maior número de traballadores.

O número de afiliados diminuíu un 12,98% nos tres últimos anos. O réxime de afiliación predominante é o Xeral e o réxime que maior crecemento experimentou foi o de autónomos (134.69%) debido ó transvase dos afiliados do réxime agrario segundo Lei 18/2007 1.

O sector Agricultura concentra a meirande parte dos afiliados no Concello. Séguelle o sector Servizos, Construción e por último Industria. Esta situación rompeuse no 2007, onde Servizos superou a Agricultura.

Evolución irregular da contratación con picos de aumento nos anos 2002, 2004 e 2007, e de descenso no 2003, 2006 e 2008. A evolución global amosa unha diminución do 38,75%.

Ó longo dos anos a maioría dos contratados son homes, agás no 2002. Aínda que o incremento da contratación é superior nas mulleres.

Predominio da contratación temporal superando. É destacable que no 2008 aumenta a proporción da contratación indefinida sobre o total.

As persoas máis contratadas son as que posúen estudos secundarios seguidas de superiores e o tipo de contrato que se lles ofrece maioritariamente é de obra ou servizo.

O sector con maior número de contratación é o de servizos, seguido da Industria, Construción e por último do sector agrario, agás nos últimos anos onde a Agricultura é o segundo sector que máis contratos rexistra.

No 2008 existe un predominio do sexo masculino na contratación. O sector con maior contratación indefinida no ano 2008 é o da Agricultura.

O maior número de contratos rexistrouse no sector Servizos. A sección máis representativas do sector Servizos no 2008 é “O: Outras

Actividades Sociais e de Servizos prestados á comunidade”, e dentro

1 Lei 18/2007 do 4 de Xullo coa que se equipara ós traballadores por conta propia do réxime especial agrario con encadrados no réxime especial dos traballadores por conta propia o autónomos.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

39

desta sección só se rexistran contratos na actividade 92: Actividades Recreativas, Culturais e Deportivas.

As ocupacións predominantes no Concello de Sarreaus no 2008 son:o Técnicos e profesionais científicos e intelectuais.o Traballadores dos servizos de restauración, persoais, de

protección e vendedores de comercios.o Traballadores non cualificados

A ocupación representada maioritariamente por mulleres é Traballadores dos servizos de restauración, persoais, de protección e vendedores de comercios.

Predominio da temporalidade en canto á tipoloxía de contrato. Os maiores índices de contratación indefinida danse nas ocupacións:

o Traballadores dos serivzos de restauración, persoais, de protección e vendedores de comercios

o Traballadores non cualificados. Atendendo á evolución dos tres primeiros trimestres do ano 2009, a

contratación experimentou un crecemento moi importante no segundo trimestre, diminuíndo no terceiro. Aínda así, neste último rexístranse máis contratos que no primeiro trimestre.

Respecto á creación de empresas:saldo é positivo: nos anos 2001, 2003, 2006Saldo negativo: nos anos 2000 e 2002No resto de anos o número de altas equipárase ó número de baixas.

O Sector Servizos ocupa a meirande parte das empresas do Concello, seguido polo sector da Construción e o da Industria.

Dentro do sector da Industria, a sección con maior presenza é a Extractiva.

No sector Servizos as seccións con maior número de empresas en orde de importancia son:

G.- Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores.

H.- Hostalería. Nos tres sectores a maioría de empresas contan con menos de nove

traballadores. En función da titularidade, a que ten maior presenza no Concello é a de

Persoas Físicas. O predominio de microempresas débese a escasa iniciativa privada,

dado que existe unha mentalidade que implica que as inversións sexan pequenas, e as miras do negocio estean orientadas principalmente para subsistir e non para inverter e crear beneficio.

UPD Pacto Territorial de Emprego Limia- Verín

Sarreaus

40

Co cal, se traduce que esta creación de empresas pequenas (negocios familiares en moitos casos) adopten na súa maioría, a forma de titularidade de persoas físicas.