SELECCIÓN PREMIO Á MELLOR ZABALTEGI - TABAKALERA...

11
Un filme de Jean-Gabriel Périot As nosas derrotas SELECCIÓN ZABALTEGI - TABAKALERA Nacerá unha xeración nova, concibida entre abrazos libres. (Heinrich Heine) PREMIO Á MELLOR LONGAMETRAXE INTERNACIONAL

Transcript of SELECCIÓN PREMIO Á MELLOR ZABALTEGI - TABAKALERA...

  • Un filme de Jean-Gabriel Périot

    As nosas derrotas

    SELECCIÓN ZABALTEGI - TABAKALERA

    ������������

    Nacerá unha xeración nova, concibida

    entre abrazos libres. (Heinrich Heine)

    PREMIO Á MELLOR LONGAMETRAXE INTERNACIONAL

  • Un filme de Jean-Gabriel Périot

    As nosas derrotas

    Dirección e guión: Jean-Gabriel PÉRIOT | Produción: Envie de Tempête / Frédéric DUBREUIL – Sarah DERNY | Con: Swann AGHA, Natasha ANDRAOS, Ghaïs BERTHOUT-OURABAH, Jackson ELLIS, Julie ESCOBEDO, Rosalie MAGNAN, Alaa MANSOUR, Marine ROUIE, Floricia YAMONDO, Martin ZELLNER

    Imaxe: Manon FOURNEYRON, Sophonie MGOKANI BELKIE, baixo a dirección de Amine BERRADA | Son: Claire GOLDMANN-FOURNIER, Ségolène FUILA, baixo a dirección de Dana FARZANEHPOUR | Soporte pedagóxico: Morane ESNAULT e Leslie DAREL – Cine Le Luxy, Sarah LOGEREAU e Marie

    CLÉMENT – Instituto Romain Rolland | Música orixinal: David GEORGELIN | Montaxe: Jean-Gabriel PÉRIOT | Montaxe de son: Colin FAVRE-BULLE | Mestura: Laure ARTO | Coordinadora de posprodución: Sarah DERNY | Distribución: NUMAX Distribución | Vendas internacionais: THE PARTY FILM SALES

    ESTREA EN SALAS 24 DE XULLOJean-Gabriel Périot | Francia | 2019 | 96 min | Francés | 5.1 | 1.66 | Cor

    PREMIO Á MELLOR LONGAMETRAXE INTERNACIONAL

  • As nosas derrotas ofrece un retrato da nosa vinculación coa política a través dun xogo de reinterpretación a cargo de estudantes de secundaria que reflexionan sobre conceptos como os sindicatos, o capitalismo ou as revoltas sociais mentres interpretan e dirixen extractos de filmes do Maio do 68. Que valor teñen a revolución ou o compromiso no seu día a día? Como perciben o mundo no que medran? E, sobre todo, van querer mudalo, destruílo ou construír un novo?

  • «Una reflexión abraiante sobre os ideais e as ideoloxías,

    50 anos após Maio do 68»Fabien Lemercier

    CINEUROPA

  • Entrevista con Jean-Gabriel Périot

    «Quixen que os adolescentes confrontasen o descoñecido»

    O punto de partida do película é un taller con alumnos de instituto no seu primeiro curso de cinema. Como deches con eles? O filme responde a unha invitación que me chega desde o concello de Ivry-sur-Seine a través da súa sala municipal, Le Luxy, para realizar unha película cos alumnos de primeiro grao de cinema do instituto Romain Rolland. A idea pareceume sorprendente e singular porque se trataba de pasar tempo co alumnado e, a partir de aí, acabar realizando unha película. Eu quería que descubrisen un dos aspectos máis importantes do traballo do cineasta: a posibilidade que nos dá o cinema de enfrontarnos ao que non coñecemos, de coñecer persoas coas que, por diversas razóns, non entrariamos en contacto. Enfrontar a alteridade para disolvela. O punto de partida do meu proxecto consistía simplemente en facer posible que os adolescentes confrontasen o descoñecido. E o cinema político e militante tras o Maio do 68 pareceume un medio apropiado para que se cuestionasen algunhas cousas que podían parecerlles afastadas das súas preocupacións habituais.

    Como se organizou a rodaxe? Como en calquera rodaxe, cada persoa tiña unha función ben determinada. Por unha banda había alumnos que eran técnicos de imaxe, son ou organizaban a rodaxe, outros traballaban na posta en escena dos remakes, decidían os movementos de cámara... Inicialmente non estaba previsto que as decisións fosen escritas e pasasen por min. Esta decisión tomouse colectivamente e máis ben cara ao final.

    Como foi a selección dos extractos das obras de Maio do 68 que fixeches reinterpretar ao alumnado? Foi un proceso colectivo. Envieilles unha trintena de obras e discutimos sobre elas. Como apenas ven cinema documental e non coñecían nada do cinema político e militante, a súa sorpresa foi maiúscula, non sabían que se fixeron obras tan próximas á vida da xente e ás súas dificultades, a este universo obreiro. Tamén me alegrou moito que seleccionasen o fragmento de La salamandre (Alain Tanner, 1971), que adoro especialmente e co que abre o filme.

    Como se decidiron as preguntas que lles trasladas aos alumnos tras reinterpretar os fragmentos? Hai dous tipos de preguntas. As primeiras relacionadas co fragmento que filmaron, arredor da súa comprensión sobre o mesmo, pero tamén de palabras e frases pre-cisas do texto que acababan de reinterpretar. A segunda componse dun conxunto de cues-tións máis xerais que lles traslado: «Que é unha revolución?», «unha folga?», «e un sindicato?». Primeiramente escribinlles un formulario moi simple, pero ao finalizar a rodaxe deime conta de que moitos conceptos non eran

    unha evidencia, había preguntas falsamente sinxelas como «que é a política?» ás que ninguén podería responder en trinta segundos dunha maneira clara.

    Vin mudar os alumnos en só seis meses, expresándose de maneira máis clara e afirmativa

  • A estrutura da película parece crear un contraste entre as escenas reinterpretadas, onde os alumnos dan mostra dunha impresionante precisión, e as entrevistas, nas que parecen máis dubitativos. Foi unha das sorpresas da rodaxe e sobre todo da montaxe. Revisando os brutos en frío, decidín agarrarme a esa diferenza. Cando eles reinterpretan os textos, temos a sensación de que os entenden perfectamente, defenden cada palabra dunha maneira precisa e crible, mesmo cando non sexan capaces de captar todo o sentido. Tiñamos escollido xuntos os fragmentos, falado de cada unha das obras e discutido un bo anaco sobre política. O feito de que alcanzasen certa consciencia durante a rodaxe sen comprender o fondo do que levaran a escena, permitiume descubrir o que desapareceu en materia de educación política e de transmisión para comprender o mundo social. En todo caso, crear unha relación comparativa non significa que unha época sexa superior á outra. Estes estudantes teñen as súas propias esperanzas e razóns de loita mesmo cando o articulen cun vocabulario diferente.

    As cuestións políticas que formula a película fainos evoluír, como demostra a última parte. Podería terminarse sen este último segmento? Si, eu fixera un primeiro corte sen esta conclusión. Era máis pesimista sobre o tema do compromiso. Ao ver as imaxes das cargas policiais aos estudantes de Mantes-la-Jolie, que se atopan entre os feitos máis violentos e inaceptables que eu teña visto

    xamais, pregunteime que pensaban os alumnos que comparten idade cos mozos das imaxes. Ao preguntarlles sobre a cuestión confesáronme que estaban a piques de

    bloquear o acceso ao centro como medio de protesta. Nese momento propúxenlles continuar a película reconstruíndo a secuencia de Mantes-la-Jolie a fin de que eles puidesen falar

    «Os estudantes teñen as súas propias razóns de loita, aínda que a articulen cun vocabulario diferente»

    deste suceso. Finalmente, o feito de participar na folga, de bloquear o acceso ao instituto, nalgúns casos mesmo de facer garda na porta e discutido con algúns profesores, forneceulles de maior coñecemento sobre política que todos os fragmentos de películas que lles fixera reinterpretar. Fascíname velos cambiar en cuestión de seis meses, expresándose de maneira máis clara e afirmativa. Isto dá á película unha perspectiva totalmente imprevisible que enriquece todo o proceso.

    Fragmento da entrevista publicada en www.meteore-films.fr

  • «O maior achado da Berlinale»Daniel Fairfax SENSES OF CINEMA

  • ClaireCando Jean-Gabriel Périot cos presentou o seu proxecto eu era algo reticente á idea de facer remakes de secuencias dos anos 60-70. Pero ao empezar a escoller as escenas, o proxecto foi collendo forma e sentido para min. Creo que dar a palabra á xente nova sobre uns acontecementos que en moitos casos nin sequera os nosos pais viviron é interesante e inusual. Durante a rodaxe das entrevistas, escoitar a través dos auriculares e a percha de son as respostas tan persoais e inesperadas de certos compañeiros foi sorprendente. Filmar os remakes foi moi enriquecedor: era necesario un coñecemento moi preciso do orixinal, o que implicou múltiples visionados. A segunda parte, seis meses máis tarde, foi máis serena, xa coñecía as intencións de Jean-Gabriel e do resto do equipo. Isto permitíanos reflexionar sobre as sesións de traballo precedentes e comprendelas mellor.

    JulieA rodaxe só durou uns días pero eramos moi conscientes do que pasaba detrás da cámara. Cada un tiña os seus roles precisos, pola miña banda, puiden ser actriz e realizadora, pero tamén contribuín cos demais ao avance dalgunha das ideas. O cinema de Maio do 68 deunos moita consciencia sobre a nosa condición como obreiras e mulleres. Ata entón a política era para min algo confuso, como o futuro. Ver a xente daquela época preocupada polas mesmas cuestións de hoxe fíxome reflexionar. Esta experiencia foi por tanto moi enriquecedora desde o punto de vista cinematográfico e cultural.

    GhaïsFoi un traballo de longo percorrido filmando repeticións dalgunhas secuencias gravadas no Maio do 68. Fixemos moitas localizacións para poder revivir as secuencias da mellor maneira. Os días de rodaxe eran xeniais, cada un podía achegar o seu gran de area tanto diante como detrás da cámara. O máis estresante eran as entrevistas que non estaban preparadas, era emocionante responder a preguntas sobre temas que non necesariamente dominabamos, poder medrar a partir das nosas carencias.

    Testemuños do alumnado

  • Fragmentos reinterpretados:La salamandra (Alain Tanner, 1971)

    Avec le sang des autres (Grupo Medvedkine de Sochaux – Bruno Muel, 1974)

    Camarades(Marin Karmitz, 1969)

    La Chinoise (Jean-Luc Godard, 1967)

    La Reprise du travail aux usines Wonder (Pierre Bonneau, Liane Estiez-Willemont, Jacques Willemont, 1968)

    Citroën Nanterre, Mai-juin 1968(Édouard Hayem, Guy Devart, 1968)

    À pas lentes (Colectivo Cinélutte, 1979)

    À bientôt, j’espère (Chris Marker, Mario Marret, 1968)

  • BiografíaNacido en Francia en 1974, Jean-Gabriel Périot realizou numerosas curtametraxes na fronteira do documental, o cinema experimental e a ficción. Périot desenvolve o seu propio estilo de montaxe co que se interroga arredor da violencia e a historia a partir de arquivos fílmicos e fotográficos. Os seus filmes, desde Dies Irae, Eût-elle étè criminelle..., Nijuman no borei (200.000 fantomes) ou The Devil foron premiadas en numerosos festivais de todo o mundo. A súa primeira longa, Une jeunesse allemande, inaugurou a sección Panorama da Berlinale 2015 antes de estrearse en salas e gañar numerosos premios. Lumières d’été, a súa primeira longa de ficción, tivo a súa presentación no Festival de San Sebastián. As nosas derrotas supuxo a consolidación definitiva do cineasta francés que, tras gañar o premio CICAE na Berlinale e Mellor Filme en L’Alternativa, debuta en salas españolas da man de NUMAX Distribución.

    Filmografía

    2019 Nuestras derrotas

    2017 Lumières d’été

    2017 Un autre jour en France [cm]

    2016 Une jeunesse allemande

    2014 Si jamais nous devons disparaitre, ce sera sans inquietude mais en combattant jusqu’à la fin [cm]

    2014 We Are Become Death [cm]

    2013 L’optimisme [cm]

    2013 Le jour a vaincu la nuit [cm]

    2012 The Devil [cm]

    2012 Nos jours, absolument, doivent être illuminés [cm]

    2011 Regarder les morts [cm]

    2010 Les Barbares [cm]

    2009 L’Art délicat de la matraque [cm]

    2008 Entre chiens et loups [cm]

    2007 Nijuman no borei (200.000 fantomes) [cm]

    2006 Eût-elle été criminelle... [cm]

    2006 Under Twilight [cm]

    2005 Undo [cm]

    2005 Dies Irae [cm]

    2004 We Are Winning Don’t Forget [cm]

    2002 Avant j’étais triste [cm]

    2001 21.04.02 [cm]

    2001 Journal intime [cm]

    2001 Gay? [cm]

  • Prensa e comunicaciónXan Gómez+34 981 560 [email protected]

    Contratación e copiasRamiro Ledo+34 981 560 [email protected]

    numaxdistribución numaxdistribucion numaxfilms [email protected]

    distribucion.numax.org/as-nosas-derrotas #NuestrasDerrotas #AsNosasDerrotas