Selectencimasvits13

3
ENZIMAS E VITAMINAS 1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión). -Na seguinte reacción enzimática: (E+S→ ES→ E+P) a) Indica o significado de E, S, ES e P b) ¿Como inflúe a concentración de substrato na velocidade das reaccións enzimáticas? Fai unha representación gráfica sinalando as constantes cinéticas c) ¿De que xeito afecta a temperatura e o pH á actividade enzimática? d) ¿Que é un enzima alostérico? e) Explica o papel dos cofactores e os coenzimas nas reaccións enzimáticas. Xuño 2009 -Representa a formula xeral dun aminoácido e indica qué tipo de enlace se forma entre dous aminoácidos. Que é un enzima? Cales son os principais factores que afectan á actividade enzimática? Razoa a resposta. Cita dúas propiedades dos enzimas polas que se poidan considerar como biocatalizadores. Xuño 2010 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados(Valoración: 1 punto, 0.2 por frase correcta). Hemo, prostético, hemoglobina Xuño 2007 Síntese, reacción, anabólica Xuño e Set 2008 Hemo, hemoglobina, prostético Xuño 2009 Sustrato, centro activo, encima Xuño 2010 KM ,substrato , velocidade Set 2010 Sustrato, centro activo, encima Set 2011 Enerxía, activación, reacción Set 2011 rubisco ,carboxilasa, oxigenasa Set 2012 Regulación, enzimática, retroinhibición Xuño 2013 Test Km é unha constante cinética dos enzimas V Xuño 2007 As moléculas de enzimas destrúense despois da súa actuación nunha reacción F Set 2007 As reaccións anabólicas son reaccións de síntese V Xuño 2007 Km representa a concentración de substrato á que un enzima alcanza a metade da velocidade máxima Set 2008 O exceso de vitaminas liposolubles elimínase polos ouriños F Set 2008 Os encimas aceleran as reaccións químicas reducindo a enerxía de activación V Xuño 2011 Os peroxisomas almacenan encimas que interveñen na oxidación de substancias V Set 2012 O substrato é a substancia transformada polo encima V Set 2012

description

Preguntas selectividade Galicia (Enzimas y Vitaminas)

Transcript of Selectencimasvits13

Page 1: Selectencimasvits13

ENZIMAS E VITAMINAS

1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).

-Na seguinte reacción enzimática:

(E+S→ ES→ E+P)

a) Indica o significado de E, S, ES e P b) ¿Como inflúe a concentración de substrato na velocidade das reaccións

enzimáticas? Fai unha representación gráfica sinalando as constantes cinéticas c) ¿De que xeito afecta a temperatura e

o pH á actividade enzimática? d) ¿Que é un enzima alostérico? e) Explica o papel dos cofactores e os coenzimas nas

reaccións enzimáticas. Xuño 2009

-Representa a formula xeral dun aminoácido e indica qué tipo de enlace se forma entre dous aminoácidos. Que é un

enzima?

Cales son os principais factores que afectan á actividade enzimática? Razoa a resposta. Cita dúas propiedades dos

enzimas polas que se poidan considerar como biocatalizadores. Xuño 2010

Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados(Valoración: 1 punto, 0.2 por frase

correcta).

Hemo, prostético, hemoglobina Xuño 2007

Síntese, reacción, anabólica Xuño e Set 2008

Hemo, hemoglobina, prostético Xuño 2009

Sustrato, centro activo, encima Xuño 2010

KM ,substrato , velocidade Set 2010

Sustrato, centro activo, encima Set 2011

Enerxía, activación, reacción Set 2011

rubisco ,carboxilasa, oxigenasa Set 2012

Regulación, enzimática, retroinhibición Xuño 2013

Test

Km é unha constante cinética dos enzimas V Xuño 2007

As moléculas de enzimas destrúense despois da súa actuación nunha reacción F Set 2007

As reaccións anabólicas son reaccións de síntese V Xuño 2007

Km representa a concentración de substrato á que un enzima alcanza a metade da velocidade máxima Set 2008

O exceso de vitaminas liposolubles elimínase polos ouriños F Set 2008

Os encimas aceleran as reaccións químicas reducindo a enerxía de activación V Xuño 2011

Os peroxisomas almacenan encimas que interveñen na oxidación de substancias V Set 2012

O substrato é a substancia transformada polo encima V Set 2012

Page 2: Selectencimasvits13

-Na seguinte reacción enzimática:

(E+S→ ES→ E+P)

a) Indica o significado de E, S, ES e P b) ¿Como inflúe a concentración de substrato na velocidade das reaccións

enzimáticas? Fai unha representación gráfica sinalando as constantes cinéticas c) ¿De que xeito afecta a temperatura e

o pH á actividade enzimática? d) ¿Que é un enzima alostérico? e) Explica o papel dos cofactores e os coenzimas nas

reaccións enzimáticas. Xuño 2009

a) E é o encima; S, o substrato; ES é o complexo enzima substrato; e P, o produto ou produtos da reacción (0,4p).

b) Inflúe de maneira que, cando aumenta a concentración do substrato manténdose constante a concentración do

enzima, prodúcese un incremento proporcional da velocidade de reacción ata alcanzar un punto no que o enzima se

satura e xa non aumenta a velocidade aínda que se aumente a concentración de substrato. Neste momento alcánzase

a velocidade máxima da reacción enzimática (0,4x 2 = 0,8p).

c) Ao seren os enzimas proteínas, vese afectada a súa conformación nativa por cambios

bruscos de pH e de temperatura. Existe un pH óptimo, para cada enzima, ao que se produce a

máxima actividade catalítica. Cambios de pH afectan á distribución de cargas eléctricas da

molécula e ás interaccións electrostáticas que fixan a estrutura nativa. Polo tanto, altérase a

conformación espacial do enzima que afectan á súa actividade. En xeral, o aumento de

temperatura incrementa a velocidade da reacción. A valores moi altos, a proteína desnaturalízase e perde

a súa actividade (0,5p).

d) Enzima alostérico é o que ten un ou máis centros reguladores distintos do centro activo, que é o lugar

por onde se une ao substrato. (0,4p).

e) Os cofactores son substancias que se combinan co enzima potenciando a súa acción catalítica. Algúns son de

natureza orgánica e denomínanse coenzimas. Para algúns enzimas, a presenza de cofactores ou coenzimas é

imprescindible para seren activos porque actúan como portadores transitorios de grupos químicos (0,4p).

Representa a formula xeral dun aminoácido e indica qué tipo de enlace se forma entre dous aminoácidos. Que é un

enzima?

Cales son os principais factores que afectan á actividade enzimática? Razoa a resposta. Cita dúas propiedades dos

enzimas polas que se poidan considerar como biocatalizadores. Xuño 2010

1.1 Formula xeral dun aminoácido

Fórmase un enlace peptídico entre o grupo carboxilo dun aminoácido e o grupo amino doutro (0,5p).

Un encima é unha proteína con función catalizadora que aumenta a velocidade dunha reacción (ou diminúe a enerxía

de activación) mediante a súa asociación pasaxeira co substrato.

O encima nin se modifica nin se consome (0,5p).

Son a temperatura, o pH e os inhibidores. En xeral, o aumento de temperatura incrementa a velocidade da reacción. A

valores moi altos, a proteína desnaturalizase e perde a súa actividade Existe un pH óptimo, para cada encima, ao que

se produce a máxima actividade catalítica. Cambios de pH afectan á distribución de cargas eléctricas da molécula e ás

Page 3: Selectencimasvits13

interaccións electrostáticas que fixan a estrutura nativa. Os inhibidores son sustancias que diminúen a actividade dun

encima

(0,5p). Capacidade de rexeneración: precísanse pequenas cantidades; necesidade dun medio de reacción óptimo: Tª e

pH; especificidade: tanto respecto ao substrato como ao tipo de reacción que catalizan; non alteran o equilibrio da

reacción (0,5p).

(Nunha reacción encimática), a KM é a concentración de substrato á que se acada a metade da velocidade máxima