Sella

11
Iván Ferro Herbón 1º Bac C Nº4

description

 

Transcript of Sella

Page 1: Sella

Iván Ferro Herbón1º Bac C Nº4

Page 2: Sella

Que é? Historia Competición Categorías e modalidades Liturxia do Descenso

Índice

Page 3: Sella

Que é?

O Descenso Internacional do Sella celébrase o primeiro sábado de agosto posterior ao día 2 do devandito mes entre Arriondas e Ribadesella (Principado de Asturias - España), ao longo do río Sella.

A proba está organizada pola Federación Española de Piragüismo e por delegación polo Comité Organizador do Descenso Internacional do Sella e pola Federación de Piragüismo do Principado de Asturias, e está declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

Page 4: Sella

Historia

En 1929, Dionisio de la Huerta, o Dr. Benigno Morán e Manés Fernández realizaron unha excursión polo río Piloña dende Coya ata Infiesto percorrendo cinco quilómetros e empregando dúas horas e media. Esta excursión duns amigos foi o xerme do actual Descenso do Sella e da Festa das Piraguas.

Os dous anos seguintes celebráronse o que máis tarde serían as dúas primeiras edicións desta proba nas que Dionisio de la Huerta,Manés Fernández e Alfonso Argüelles realizaron o descenso dende Coya ata Arriondas en 1930 e ata Ribadesella en 1931.

Page 5: Sella

Historia

Ao ano seguinte, 1932, fixáronse a saída e meta definitivas en Arriondas e Ribadesella e realizouse a primeira edición de carácter competitivo con trece padexeiros provenientes de Oviedo, Gijón, Infiesto e Ribadesella e tendo o carácter de Descenso Provincial. En 1935 chegarían as primeiras inscricións de padexeiros non asturianos no Descenso Nacional do Sella.

A Guerra Civil Española supuxo unha paréntese entre 1936 e 1943 para a proba, pero en 1951 inscribiríanse xa os primeiros participantes europeos no xa Descenso Internacional provenientes de Italia e Portugal.

No descenso de 1994 tomaron a saída máis de 1.400 embarcacións nas ribeiras do río en Arriondas na que, hoxe por hoxe, é a cita máis importante do piragüismo mundial.

Page 6: Sella

Competición

Os participantes poden ser padexeiros españois e estranxeiros que están en posesión da licenza de competición do ano en curso cun mínimo de antigüidade de 60 días.

A saída realízase ás 12, sendo a mesma de «tipo Sella», é dicir, cos participantes e as súas embarcacións fóra da auga nas posicións asignadas. As pas dos participantes quedan, entón, bloqueadas dentro dunha estrutura metálica que as libera no momento en que o semáforo cambie de vermello a verde, e tras recitar os versos que compuxo Dionisio de la Huerta

Page 7: Sella

Competición

A chegada está situada baixo a ponte de Ribadesella a 20 km da saída e para cadetes, centenarios mixtas e RR baixo a ponte do ferrocarril de San Román (Llovio) a uns 15 km da saída.

O peche de control realízase 30 min despois da chegada da primeira embarcación de cada categoría e clase.

Page 8: Sella

Categorías e Modalidades

Por idade: Cadete Junior Senior Veteranos Centenarios

Por sexo: Home Dama Mixto (só k-2)

Por embarcacións K-1 K-2 C-1 C-2 RR

Page 9: Sella

Liturxia do descenso

O día anterior a regata dende o concello de Arriondas dáselle benvida os deportistas e despois, as autoridades seguidas dos representantes de cada país participante van ata a marxe dereita do río, nun desfile, a facer a subida das bandeiras das distintas nacións.

Logo prodúcese o irmandamento cun río do Principado que consiste na unión simbólica da auga de ambos ríos (na última edición o Nalón).

Page 10: Sella

Liturxia do descenso

O día da regata, antes da saída, un ilustre personaxe lee o pregón.

Deseguido un grupo de «demos» con tridentes métense no río, bailan nas súas augas e crúzano para darlle sorte os padexeiros.

A continuación cántase o himno de Asturias o remate do cal prodúcese a saída.

Page 11: Sella

http://www.flickr.com/photos/riversella/page2/

Publicación Oficial del Descenso Internacional del Sella 2012

Fontes propias

Fontes