SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas...

10
SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO e TRIÁNGULO e con papeis de outro cor recortamos as formas (similar ao que vedes na foto). Teñen que ir tapando o debuxo ao tempo que din a forma que teñen na man. Outra variante sería ir dicíndolle nos a forma que teñen que coller e tapar. Aproveitando os rolos de papel tamén podemos pintar formas (eleximos as tres que xa coñecemos, pero se alguén quere ampliar pode) *para quen queira, deixo unas fichas ó final, tamén de repaso dos números. MÉRCORES 13: E chegou o momento, agora si, de coñecer o membro da familia real que nos faltaba, a PRINCESIÑA O. Imos ver o video para coñecer a súa historia: https://www.youtube.com/watch?v=9eAIjJpVY7g Facemos preguntas sobre o video e intentamos que nos digan tres palabras que empezan con O que saen na historia (oca, osiño, olas).

Transcript of SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas...

Page 1: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO

SEMANA 12-18 MAIO

MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as

formas xeométricas.

Empezaremos debuxando nun

cartón, folio, no chan...un

CADRADO, CÍRCULO e TRIÁNGULO

e con papeis de outro cor

recortamos as formas (similar ao

que vedes na foto).

Teñen que ir tapando o debuxo ao tempo que din a forma que

teñen na man. Outra variante sería ir dicíndolle nos a

forma que teñen que coller e tapar.

Aproveitando os rolos de papel tamén podemos pintar formas

(eleximos as tres que xa coñecemos, pero se alguén quere

ampliar pode)

*para quen queira, deixo unas fichas ó final, tamén de repaso

dos números.

MÉRCORES 13: E chegou o momento, agora si, de coñecer o

membro da familia real que nos faltaba, a PRINCESIÑA O.

Imos ver o video para coñecer a súa historia:

https://www.youtube.com/watch?v=9eAIjJpVY7g

Facemos preguntas sobre o video e intentamos que nos digan

tres palabras que empezan con O que saen na historia (oca,

osiño, olas).

Page 2: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO

Igual que ás demais letras da familia Real de

Letrilandia, á Princesa O tamén lle gusta

vestirse de gala e así a imos a pintar.

*tedes a ficha ó final do documento.

XOVES 14: E por fin a última estrofa do noso poema sobre

abellas:

Facer o mel e un traballón,

Pero que gusto

Da ós lambón!!!

Zumm,Zumm, Zumm

Aínda non falamos de como son as abellas, como é o seu corpo.

A partires do seg. 58 neste vídeo hai unha interesante

explicación das partes do corpo dunha abella.

https://www.youtube.com/watch?v=7xyPnmXLneM

Nos interesa que se queden con que o corpo se divide en tres

partes: CABEZA, TÓRAX e ABDOME.

Page 3: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO

Moitos de vos xa fixestes unha colmea, pois agora imos a facer

abellas, e aquí tedes un modelo no que podedes diferenciar as

tres partes do seu corpo:

*Ó acabar podedes facer as fichas que vos deixo abaixo.

VENRES 15: A proposta de hoxe para mellorar a motricidade

fina tédela nas seguintes imaxes. Podedes utilizar pinzas da

roupa, pinzas para o xeo, ou mesmo pinzas de depilar. E para

as boliñas o que se vos ocorra, plastilina, bolas de papel,

pedriñas...

LUNS 18: Onte celebrouse o día das Letras galegas, que este ano

se adica a Ricardo Carvalho Calero. Na web do cole tedes unha

serie de propostas para facer, como videos, xogos... e ademais se

vos anima a colaborar (con debuxos) na elaboración dun

Page 4: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO

díptico que recolla aspectos máis importantes da vida e obra do

autor. Tedes toda a información na páxina web do cole.

A miña proposta para este día é que entredes nos enlaces da

páxina web e miredes o video coa información sobre o autor.

A continuación podedes facer este xogo interactivo:

http://seminariogalan.org/inicio/ver/460

Ou tamén estas actividades con pictogramas que se poden

imprimir:

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folder

Id=1647069&name=DLFE-20620.pdf

E ata aquí as miñas propostas para esta semana. Coma sempre,

desexarvos que esteades ben de saúde e darvos moito ánimo para

seguir traballando.

Nos vos esquezades de visitar de cando en vez a páxina web do

cole e ver as actividades e recomendacións que propoñen dende

o Departamento de Orientación, así coma todas as novas

informacións que van xurdindo estes días.

Saúdos e ...

Page 5: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO
Page 6: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO
Page 7: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO
Page 8: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO

FACER O MEL E UN TRABALLÓN,

PERO QUE GUSTO

DA ÓS LAMBÓN!!!

ZUMM,ZUMM, ZUMM

Page 9: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO

CABEZA TÓRAX

ABDOME

Page 10: SEMANA 12-18 MAIO...SEMANA 12-18 MAIO MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as formas xeométricas. Empezaremos debuxando nun cartón, folio, no chan...un CADRADO, CÍRCULO