Seminarioadolescentes valedor

4
DESTINATARIOS: Profesionais do ámbito educativo e sociosanitario (profesores, orientadores, psicólogos, educadores sociais, responsables de programas de prevención de adiccións, traballadores sociais…) DURACIÓN: 8 horas LUGAR DE CELEBRACIÓN: Escola Galega de Administración Pública (Rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela) DATA: Sábado, 6 de abril de 2013 (de 10 h a 19 h) ORGANIZACIÓN: Valedor do Pobo, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela INSCRICIÓNS*: Deben achegarse antes do 3 de abril. Contacto: 981569740 (Beatriz Moltó) [email protected] *A inscrición é gratuíta

description

 

Transcript of Seminarioadolescentes valedor

Page 1: Seminarioadolescentes valedor

DESTINATARIOS:

Profesionais do ámbito educativo e sociosanitario (profesores, orientadores,

psicólogos, educadores sociais, responsables de programas de prevención

de adiccións, traballadores sociais…)

DURACIÓN:

8 horas

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Escola Galega de Administración Pública (Rúa de Madrid 2-4, 15707

Santiago de Compostela)

DATA:

Sábado, 6 de abril de 2013 (de 10 h a 19 h)

ORGANIZACIÓN:

Valedor do Pobo, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

da Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela

INSCRICIÓNS*:

Deben achegarse antes do 3 de abril. Contacto: 981569740 (Beatriz Moltó)

[email protected]*A inscrición é gratuíta

Page 2: Seminarioadolescentes valedor

PRESENTACIÓN

Profesionais, investigadores e institucións veñen amosando nos últimos anos unha crecente preocupación polo uso que os menores fan de Internet e as novas tecnoloxías. O seu impacto a nivel psicolóxico e condutual tradúcese a miúdo na aparición de comportamentos aditivos e/ou de risco, fracaso escolar e problemas familiares.

Tendo en conta o interese que o tema ven espertando a diferentes niveis, o pasado 2011 o Valedor do Pobo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoveron a realización dun ambicioso estudo cun dobre obxectivo:1. Dispoñer de datos fiables que permitisen coñecer cales son as actitudes, percepcións e usos de Internet e as redes sociais entre os adolescentes galegos (calibrando así a verdadeira magnitude do problema) e2. Afondar na súa comprensión, contribuíndo ao deseño de estratexias que favorezan un uso máis racional e saudable da Rede.

Os datos recollidos permitiron estimar en arredor dun 15% os adolescentes que poderían estar facendo un uso pouco recomendable de Internet, ao que habería que engadir un 5% que presentarían signos de uso patolóxico, o que supoñería que preto de 4000 fogares galegos terían un problema importante a este nivel. Estes datos advertiron da necesidade de poñer en marcha plans de acción concretos de xeito inmediato.

Os principais retos son fundamentalmente dous: por un lado sensibilizar a pais e educadores desta realidade e, por outro favorecer a prevención e

detección precoz dos posibles casos problemáticos.

Impulsados polo Valedor do Pobo vense de crear un grupo de traballo de carácter multidisciplinar, co obxectivo de

acometer co máximo rigor e eficacia ambos retos.

Neste seminario seis destes expertos compartirán a súa experiencia, coñecementos e opinións cos asistentes, tentando proporcionarlles unha visión obxectiva e integral do problema, dende diferentes facianas e puntos de vista, coa finalidade última de achegarlles algunhas claves e ferramentas útiles para o seu día a día.

Page 3: Seminarioadolescentes valedor

APERTURA DO SEMINARIO (10:00h-10:30h)

D. Jesús Vázquez Abad.Excmo. Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

D. José Julio Fernández Rodríguez.Excmo. Sr. Valedor do Pobo.

RELATORIO 1 (10:30h-11:30h)Dependencia, uso patolóxico ou uso problemático: de que estamos a falar en realidade?

Dr. Gerardo Flórez Méndez.Psiquiatra. Director da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) de Ourense. Numerosos traballos publicados no eido das adiccións.

PAUSA CAFÉ (11:30h-12:00h)

RELATORIO 2 (12:00h-13:00h)Cando as novas tecnoloxías se converten nun serio problema: a onde acudir? que facer?

D. Manuel Araujo Gallego.Psicólogo Clínico, especialista en trastornos aditivos. Responsable do Plan de Galicia sobre Drogas durante mais de 15 anos.

RELATORIO 3 (13:00h-14:00h)Alarma social ou alarmismo? que din os datos actuais?

Dr. Antonio Rial Boubeta.Profesor da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC. Director Técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario. Responsable do Informe Extraordinario Adolescentes e Internet en Galicia.

XANTAR (14:00h-16:00h)

RELATORIO 4 (17:00h-18:00h)

O uso das novas tecnoloxías e os problemas de conduta: a punta do iceberg.

Dr. Xosé Antón Gómez Fraguela.Profesor da Área de Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago, con numerosos traballos publicados no eido dos adolescentes, a prevención de adiccións e a inadaptación social.

RELATORIO 5 (17:00h-18:00h)

O uso responsable das novas tecnoloxías: Claves para unha boa prevención.

Dr. Manuel Isorna Folgar.Profesor da Universidade de Vigo. Coordinador do programa de Prevención de Drogodependencias da bisbarra de Sar-Baixo Ulla desde hai máis de 15 anos.

RELATORIO 6 (18:00h-19:00h)

E que podemos facer nas aulas?

Dna. Carmen Barreiro Couto.Psicóloga da Asociación Vieiro, co-responsable do Programa de Adestramento en Habilidades de Vida da bisbarra de Bergantiños.

MESA REDONDA E ROLDA ABERTA DE INTERVENCIÓNS (19:00h-20:00h)

PROGRAMA (Contidos e Ponentes)

Page 4: Seminarioadolescentes valedor