Sentencia concesion puerto de Sada

2
INFORMACIÓN AOS MEDIOS O xulgado do Contencioso-Administrativo Nº1 de Santiago avala a xestión realizada polo ente público A XUSTIZA DESESTIMA OS RECURSOS CONTRA PORTOS DE GALICIA POLO OUTORGAMENTO DA CONCESIÓN AO CLUBE NÁUTICO DE SADA A sentencia alude a probas “fehacientes da transparencia, meticulosidade e ausencia de vontade torticera da Administración” Santiago, 18 de marzo de 2011.- O xulgado do Contencioso-Administrativo Nº1 de Santiago de Compostela dictou sentenza, con data 25 de febreiro de 2011, na que desestima o recurso presentado por Portomar Sada contra Portos de Galicia e o Clube Náutico de Sada polo outorgamento dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario do Porto de Sada para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa. Este pleito, acumulaba seis recursos interpostos polo demandante contra diferentes fases do procedemento de outorgamento, cuxa tramitación comezou en xullo de 2004 e finalizou en xaneiro de 2006. O procedemento seguido para o outorgamento foi, inicialmente, a convocatoria dun concurso público, que quedou deserto. Por conseguinte, a continuación, cumprindo coa normativa aplicable as concesións demaniais, iniciouse un procedemento negociado sen publicidade, que se resolveu a favor do Clube Náutico de Sada. Nos fundamentos de dereito, o Xulgado desestima os seis motivos de recurso, avalando en cada fase do procedemento a xestión realizada por Portos de Galicia. Así, ratifica, como punto de partida, que se trata de una concesión demanial, non un contrato de concesión de obra pública, polo que a normativa aplicada durante o proceso é a preceptiva. En canto a acusación de falta de publicidade do procedemento negociado sen publicidade, a sentenza desestima tamén o recurso evidenciando que este “foi público”, e consta acreditado con probas documentais mediante anuncio no DOG nº113 do ano 2005 e anuncios en prensa escrita. Polo que respecta á superficie incluída na concesión, o xulgado lembra, nos fundamentos de dereito para desestimar tamén este recurso, que “no marco dun procedemento negociado a oferta final negóciase, páctase co licitador, e o título final pode conter variacións ou modificacións non substanciais”. Neste caso a variación de superficie recollida na Acta de recoñecemento, o documento final que delimita o ámbito da concesión, mantívose “sempre por baixo do límite de non superar o 10% da superficie autorizada”, como fixa a lei. Neste punto, a sentenza recolle que existe “proba fehaciente da transparencia, meticulosidade e ausencia de vontade torticera da administración actuante”. Finalmente, polo que respecta ás avaliacións de impacto ambiental, a Xustiza respalda tamén o posicionamento de Portos de Galicia no procedemento, estimando que a concesión “non está suxeita a Declaración de Impacto Ambiental, por canto se trata de instalacións deportivas e non dun porto deportivo” ao non preverse neste caso obras como diques de abrigo ou defensa, nin acceso marítimo e terrestre separado do resto do porto. Gabinete de Comunicación 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 54 40 06/09Fax: 981 54 50 06 Correo-e: [email protected]

Transcript of Sentencia concesion puerto de Sada

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

O xulgado do Contencioso-Administrativo Nº1 de Santiago avala a xestión realizada polo ente público

A XUSTIZA DESESTIMA OS RECURSOS CONTRA PORTOS DE GALICIA POLO OUTORGAMENTO DA CONCESIÓN AO CLUBE NÁUTICO DE SADA

A sentencia alude a probas “fehacientes da transparencia, meticulosidade e ausencia de vontade torticera da Administración”

Santiago, 18 de marzo de 2011.- O xulgado do Contencioso-Administrativo Nº1 de Santiago de Compostela dictou sentenza, con data 25 de febreiro de 2011, na que desestima o recurso presentado por Portomar Sada contra Portos de Galicia e o Clube Náutico de Sada polo outorgamento dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario do Porto de Sada para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

Este pleito, acumulaba seis recursos interpostos polo demandante contra diferentes fases do procedemento de outorgamento, cuxa tramitación comezou en xullo de 2004 e finalizou en xaneiro de 2006. O procedemento seguido para o outorgamento foi, inicialmente, a convocatoria dun concurso público, que quedou deserto. Por conseguinte, a continuación, cumprindo coa normativa aplicable as concesións demaniais, iniciouse un procedemento negociado sen publicidade, que se resolveu a favor do Clube Náutico de Sada.

Nos fundamentos de dereito, o Xulgado desestima os seis motivos de recurso, avalando en cada fase do procedemento a xestión realizada por Portos de Galicia. Así, ratifica, como punto de partida, que se trata de una concesión demanial, non un contrato de concesión de obra pública, polo que a normativa aplicada durante o proceso é a preceptiva. En canto a acusación de falta de publicidade do procedemento negociado sen publicidade, a sentenza desestima tamén o recurso evidenciando que este “foi público”, e consta acreditado con probas documentais mediante anuncio no DOG nº113 do ano 2005 e anuncios en prensa escrita.

Polo que respecta á superficie incluída na concesión, o xulgado lembra, nos fundamentos de dereito para desestimar tamén este recurso, que “no marco dun procedemento negociado a oferta final negóciase, páctase co licitador, e o título final pode conter variacións ou modificacións non substanciais”. Neste caso a variación de superficie recollida na Acta de recoñecemento, o documento final que delimita o ámbito da concesión, mantívose “sempre por baixo do límite de non superar o 10% da superficie autorizada”, como fixa a lei. Neste punto, a sentenza recolle que existe “proba fehaciente da transparencia, meticulosidade e ausencia de vontade torticera da administración actuante”.

Finalmente, polo que respecta ás avaliacións de impacto ambiental, a Xustiza respalda tamén o posicionamento de Portos de Galicia no procedemento, estimando que a concesión “non está suxeita a Declaración de Impacto Ambiental, por canto se trata de instalacións deportivas e non dun porto deportivo” ao non preverse neste caso obras como diques de abrigo ou defensa, nin acceso marítimo e terrestre separado do resto do porto.

Gabinete de Comunicación 1San Caetano, s/n - 15704 Santiago de CompostelaTel.: 981 54 40 06/09Fax: 981 54 50 06Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR

Gabinete de Comunicación 2San Caetano, s/n - 15704 Santiago de CompostelaTel.: 981 54 40 06/09Fax: 981 54 50 06Correo-e: [email protected]