SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais...

32
Nunha ollada 2016 Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI) SICRI-2016 nunha ollada Resumo dos principais resultados da enquisa sobre condutas de risco na poboación galega realizada en 2016. Resultados máis polo miúdo en Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2018; Vol XXX, nº 1

Transcript of SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais...

Page 1: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016

Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)

SICRI-2016 nunha ollada

Resumo dos principais resultados da enquisa sobre condutas de risco na poboación galega realizada en 2016.

Resultados máis polo miúdo en Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2018; Vol XXX, nº 1

Page 2: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina2

• Este documento é un resumo dos principais resultados obtidos no SICRI do ano 2016. Este documento

presenta “nunha ollada” información sobre diferentes prácticas e condutas de risco para a saúde que ocorren

entre as mulleres de 18 anos en diante que deran a luz entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de

2016.

• Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados.

• A medida que haxa información mais detallada sobre algún dos temas tratados na enquisa darase conta

neste documento, engadindo o sinal Máis polo miúdo.

• OLLO! débese ter en conta que os resultados do SICRI, por proceder dunha mostra da poboación, están

sometidos á variabilidade que depende da mostraxe. A diferenza do que ocorre cos documentos aos que se

pode acceder premendo Máis polo miúdo, neste documento non se fai explícita a ela por cuestións de espazo.

Sobre este documento

Page 3: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina3

• O sistema de información de condutas de risco (SICRI) ten como obxectivo principal

identificar a presenza que teñen na poboación galega diferentes factores de risco para

a saúde.

• Empezou a súa andaina no ano 2005 e dende entón realizáronse 7 estudos máis, nos

anos 2006, 2007, 2010, 2011, 2014, 2015 e máis este do 2016.

Sobre o SICRI

Presentación de datos

• Os datos preséntanse como porcentaxes e medias.

• O estado de saúde percibido valórase co Índice de Posición. Este índice toma valores

entre 0 (valor máis desfavorable ou peor estado de saúde) e 1 (mellor).

• Todas as estimacións calculáronse tendo en conta o deseño da mostra.

Page 4: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina4

• Ámbito

– Xeográfico: Galicia

– Poboacional: Mulleres de 18 anos en diante que deron a luz entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016, e nenos nacidos nese período (estes nenos no momento da enquisa tiñan entre 3 e 16 meses de idade: o 16% de 3 a 5 meses, o 24% de 6 a 8, o 24% de 9 a 11 e o 36% de 12 a 16 meses).

– Temporal: 2016

• Tamaño da mostra: 6.436 mulleres e nenos.

• Mostraxe: Aleatoria estratificada a partir do rexistro do Programa de detección precoz de

enfermidades endocrinas e metabólicas no período neonatal.

• Recollida de información: Enquisa telefónica asistida por ordenador (CATI).

• Período de realización do estudo: novembro de 2016 a xaneiro de 2017.

• Garántese a representatividade dos datos obtidos en mulleres en 5 grupos de idade: 18-24, 25-29, 30-34, 35-39, 40 e máis.

Sobre o SICRI-2016

Máis polo miúdo

Page 5: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina5

• Sobre a muller

– Nos 6 meses previos a saber que estaba embarazada• Consumo de tabaco, de alcohol, sedentarismo, exposición ao fume ambiental de tabaco• Planificación do embarazo

– Durante o embarazo• Realización de revisións e adherencia a medidas de prevención• Consumo de tabaco, de alcohol, sedentarismo, exposición ao fume ambiental de tabaco

– No parto• Onde foi, instrumentalización do mesmo ou contacto pel con pel.

– No momento da enquisa• Realización de revisións e adherencia a medidas de prevención• Consumo de tabaco, de alcohol, sedentarismo, exposición ao fume ambiental de tabaco

• Sobre o neonato

– No momento do parto• Variables antropométricas, tipo de lactancia, estado de saúde

– No momento da enquisa• Estado de saúde, realización de revisións, hábitos de alimentación

Temas tratados no SICRI-2016

Page 6: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina6

8 de cada 10 embarazos foron planificados

• Entre as 18.822 mulleres de 18 anos en diante que

deron a luz entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de

agosto de 2016 houbo 19.204 nacementos.

• O 80% dos embarazos foron planificados. A

porcentaxe máis alta foi entre mulleres de 30-39 anos.

• O 7% dos embarazos foron por fecundación artificial,

porcentaxe que aumenta ata o 22% nas mulleres de 40

anos en diante.

• En mais do 50% das mulleres o tempo medio que

tardaron en quedar embarazadas foi inferior a 3 meses

e aumentou coa idade.

• O 20% das mulleres declararon que o médico lles

dixera que o embarazo era de risco. Esta porcentaxe foi

do 40% entre as mulleres de 40 anos e máis.

• Ao 27% das embarazadas recomendáronlle repouso

nalgún momento do embarazo.

EMBARAZOS PLANIFICADOS E POR FECUNDACIÓN ARTIFICIAL

TEMPO QUE TARDARON EN QUEDAR EMBARAZADAS

Page 7: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina7

As mulleres tiveron o seu primeiro fillo de media aos 32 anos

• A idade media no momento do parto foi de 33 anos, sendo as primíparas (57%) 3 anos máis novas que as non primíparas (32 vs. 35 anos).

• 9 de cada 10 nais eran españolas (89%).

• O 95% estaban casadas ou vivían en parella.

• O 44% tiñan estudos universitarios, cunha porcentaxe que aumentaba ao aumentar a idade da muller: 20% nas de menos de 30 anos, 50% nas de 30 a 39 e 60% nas de 40 e máis anos.

• No momento do parto estaban ocupadas o 72% das mulleres, porcentaxe que diminúe ata o 68% no momento da enquisa.

• Desfrutaron do permiso de maternidade o 96% das nais, e destas o 6% declararon que tiveron problemas para desfrutalo.

DISTRIBUCIÓN DAS NAIS POR GRUPOS DE IDADE

Page 8: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina8

No embarazo, as mulleres fixeron as revisións recomendadas

• Durante o embarazo o 99% das mulleres

realizaron todas as revisións que lles

recomendaran os profesionais sanitarios.

• O 59% fixeron todas as revisións na sanidade

pública e o 33% fixéronas tanto na sanidade

pública como na privada.

• A 1 de cada 10 mulleres diagnosticóuselles

diabete xestacional, porcentaxe que aumenta coa

idade sendo de 2 de cada 10 entre as mulleres de

40 anos e máis.

• O 96% das embarazadas declararon que durante

algunha das revisións que realizaran no embarazo,

o médico ou a matrona preguntáranlles se

fumaban, e ao 94% se tomaban alcohol.

SANIDADE NA QUE REALIZARON AS REVISIÓNS

Page 9: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina9

Nas revisións os profesionais fixeron educación para a saúde

DURANTE ALGUNHA DAS REVISIÓNS FALÁRONLLE...

• A 9 de cada 10 mulleres embarazadas os

profesionais sanitarios faláronlle, durante algunha

revisión, da importancia de non tomar alimentos

crus, de non tomar alcohol ou de non fumar.

• 5 de cada 10 declararon que lles recomendaran

non tomar peixes coma o atún vermello ou o peixe

espada.

• O 50% das mulleres que fumaban durante o

embarazo declararon que os profesionais

sanitarios recomendáronlle moitas veces que

deixaran de fumar, se ben o 17% dixeron que non

llo recomendaran nunca, ao resto recomendáronllo

de cando en vez.

Page 10: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina10

No embarazo 97 de cada 100 mulleres tomaron ácido fólico

• O suplemento farmacolóxico máis recomendado

durante o embarazo polos profesionais sanitarios

foi o ácido fólico. Así, o 98% das mulleres

declararon que recibiran esta recomendación.

• Ao 82% recomendáronlle tomar iodo e a o 78%

ferro.

• A porcentaxe de mulleres que tomaron o

suplemento despois da recomendación por parte

dos profesionais sanitarios foi próximo ao 100%

en todos os casos.

• O 14% das mulleres declararon que tomaran

tiroxina no embarazo.

PORCENTAXE (%) DE MULLERES ÁS QUE LLE RECOMENDARON E % QUE TOMARON SUPLEMENTOS

Page 11: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina11

6 de cada 10 mulleres foron a clases de preparación ao parto

• O 60% das mulleres asistiron a clases de

preparación ao parto. Esta porcentaxe aumenta ao

77% entre as mulleres primíparas e diminúe ao

36% entre as que xa deran a luz noutra ocasión.

• O 81% das embarazadas que asistiron ás clases

foron exclusivamente á sanidade pública e o 5,2%

asistiron tanto á sanidade pública como á privada.

• A 1 de cada 2 mulleres, algún profesional

sanitario ofreceulles un plan de parto*.

* O plan de parto é un documento onde as mulleres poden

expresar as suas preferencias, necesidades, desexos e

expectativas sobre o proceso do parto e o nacemento.

PORCENTAXE DE MULLERES QUE ASISTIRON A CLASES DE PREPARACIÓN AO PARTO, E ONDE

FORON AS CLASES

Page 12: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina12

9 de cada 10 partos foron na sanidade pública

• O 87% dos partos tiveron lugar nun hospital

público e o 13% nun hospital privado. O 0,4%

foron na casa.

• Nos hospitais públicos o 23% dos partos foron

programados e nos privados esta porcentaxe foi

do 38%.

• O 24% dos partos foron por cesárea. A

porcentaxe de partos por cesárea foi 13 puntos

porcentuais máis alta nos hospitais privados que

nos públicos (36% vs. 23%).

• O 48% das cesáreas foron programadas.

PORCENTAXE DE PARTOS PROGRAMADOS E POR CESÁREA

Page 13: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina13

27 de cada 100 partos vaxinais foron instrumentais

• O 27% dos partos vaxinais foron instrumentais,

ben con fórceps ou con ventosa. A porcentaxe

varía entre hospitais públicos e privados, así nos

primeiros empregouse fórceps ou ventosa no 26%

dos partos fronte ao 38% nos privados.

• No 22% dos partos vaxinais realizouse a

manobra de Kristeller. A porcentaxe varía entre

hospitais públicos (22%) e privados (27%).

• Na metade dos partos vaxinais realizouse unha

episiotomía. A porcentaxe case non varía entre

hospitais públicos (50%) e privados (54%).

• O 63% das mulleres que deron a luz no período

avaliado declararon que realizaran contacto pel

con pel precoz co neonato alo menos 120 minutos.

A porcentaxe varía entre hospitais públicos (65%)

e privados (50%).

PORCENTAXE DE PARTOS INSTRUMENTAIS, CON MANOBRA DE KRISTELLER E CON EPISIOTOMÍA

Manobra de Kristeller: presión do fondo uterino para axuda no expulsivo

Page 14: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina14

9 de cada 10 partos foron entre as semanas 37 e 42 de xestación

• Houbo un 8% de nacementos pretérmino, i.e

previos á semana 37, porcentaxe que non variou

segundo o sexo do nacido ou a titularidade do

hospital, pero si da idade da nai: 12% entre as de 40

anos e máis fronte ao 7,5% en menores de 40.

• O 87% dos neonatos tiñan ao nacer, segundo a

percepción da nai, un estado de saúde moi bo ou bo e

o 4% malo ou moi malo. Estas porcentaxes pasaron a

ser do 91% e do 1,3% no momento da enquisa.

• Ao nacer, no 19% dos nacidos pretérmino o estado

de saúde percibido foi malo-moi malo, esta

porcentaxe diminuíu ao 3% no momento da enquisa.

• A saúde percibida ao nacemento valorouse cun 0,83;

nos nacementos a término cun 0,84 e nos pretérmino

cun 0,66. No momento da enquisa o valor foi de 0,87;

nos que naceran a término de 0,87 e nos pretérmino

de 0,86.

PORCENTAXE DE NEONATOS NACIDOS POR SEMANA DE XESTACIÓN

Page 15: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina15

13 de cada 100 neonatos pesaron menos de 2,5 Kg ou máis de 4

• O 8% dos neonatos tiveron baixo peso ao nacer,

peso inferior a 2.500 g. A prevalencia de baixo

peso ao nacer foi máis alta entre as nenas (6% vs.

9%) e entre os que naceron en hospitais públicos

(8% vs. 4%).

• Tendo en conta só os nacementos a término, a

porcentaxe de baixo peso ao nacer pasa a ser do

3% e segue a ser máis alta entre as nenas (3 vs.

4%).

• O 5% dos neonatos foron macrosómicos, peso

por riba de 4.000 g. A prevalencia foi mais alta

entre os nenos (7% vs. 3%) e as porcentaxes

similares en hospitais públicos e privados.

• Tendo en conta só os nacementos a término, a

porcentaxe de neonatos macrosómicos pasa a ser

do 6%, e segue a ser máis alta entre as nenos

(8% vs. 4%).

PORCENTAXE DE NEONATOS CON BAIXO PESO E MACROSÓMICOS

Page 16: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina16

6 de cada 10 neonatos con baixo peso quedaron ingresados

• O 15% dos neonatos precisaron quedar

ingresados no hospital.

• A prevalencia aumentou ao 62% entre aqueles

que naceron con baixo peso fronte ao 11% entre

os que non tiñan baixo peso.

• A hospitalización foi más frecuente entre os que

naceron en hospitais públicos: 16% vs. 10%.

• Máis da metade dos neonatos que precisaron

quedar ingresados tiñan un estado de saúde bo ou

moi bo. Un 17% tiñan un estado de saúde malo e

no 3% dos casos, o estado de saúde era moi

malo.

PORCENTAXE DE BEBÉS QUE QUEDARON INGRESADOS NO HOSPITAL

ESTADO DE SAÚDE DOS BEBÉS QUE QUEDARON INGRESADOS NO HOSPITAL

Page 17: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina17

A 8 de cada 10 neonatos déronlle lactación materna no hospital

• O 79% dos neonatos foron alimentados con

lactación materna no hospital, con porcentaxes

similares en hospitais públicos e privados. A

prevalencia foi do 71% entre aqueles que naceran

con baixo peso fronte ao 79% entre os que non o

tiñan.

• O 99% dos neonatos cando saíron do hospital

nun coche fixérono nun asento especial.

• Ao 24% dos neonatos as primeiras veces que

durmiron na casa puxéronos sempre boca arriba.

A práctica mais frecuente foi poñelos a durmir de

lado, así o 65% dixeron que os poñían sempre de

lado e o 10% combinada con outra postura.

PORCENTAXE DE BEBÉS ALIMENTADOS CON LACTACIÓN MATERNA NO HOSPITAL

Page 18: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina18

A 2 de cada 10 nenos nunca lles deron lactación materna

• A porcentaxe de nenos que nunca recibiron

lactación materna, aproximadamente o 20%, non

cambia coa idade do neno.

• A prevalencia de lactación mixta diminúe de

xeito moderado coa idade do neno, así entre os

que tiñan de 3 a 5 meses era do 18% e entre os

de 12-16 meses do 13%.

• O 81% dos nenos de 3 a 16 meses usaron

chupete nalgún momento da súa vida. Esta

porcentaxe non cambiou coa idade do neno, e

obsérvase que a súa introdución produciuse no

primeiro mes de vida, así o 86% dos nenos

usárono por primeira vez neste período e o 75%

xa o usaban na primeira semana de vida.

LACTACIÓN EN FUNCIÓN DA IDADE DO NENO NO MOMENTO DA ENQUISA

Page 19: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina19

Aos 6 meses, 4 de cada 10 nenos tomaban leite materna

• Antes do mes o 81% dos nenos estaba alimentado con lactación materna, mixta ou exclusiva,

porcentaxe que diminúe ata o 41% aos 6 meses.

• Ao ano de idade a prevalencia de lactación materna, mixta ou exclusiva, era do 23%.

• O abandono mais acusado da lactación materna prodúcese no primeiro mes de vida, momento no que

a prevalencia diminúe en 12 puntos porcentuais.

CURVA DE LACTACIÓN MATERNA: MIXTA OU EXCLUSIVA

Page 20: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina20

Aos 6 meses, 8 de cada 10 nenos tomaba papillas

• Aos 6 meses a alimentación complementaria xa era habitual.

• A pesar de que non se recomenda a introdución do leite de vaca na dieta dos nenos antes do ano de

idade, o 3% tomárano antes desa idade.

• No momento da enquisa o 14% dos nenos tiveran alimentación auto-regulada (baby led weaning).

INTRODUCCIÓN DA ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

Page 21: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina21

Aos 12 meses, case a metade dos nenos van á gardería

• O 33% dos nenos ían á gardería no momento da enquisa. A porcentaxe aumenta coa idade. Aos 12

meses o 45% dos nenos ían á gardería.

• O 10% dos nenos ían ou foran nalgún momento da súa vida á piscina. A porcentaxe aumenta a medida

que aumenta a idade, así o 1% dos nenos ían ou foran á piscina cando tiñan 3 meses pasando a ser do

18% aos 12 meses. Aos 12 meses o 80% dos nenos non ían ou nunca foran á piscina.

GARDERÍA E CURSOS DE PISCINA POR IDADE

Page 22: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina22

• O 49% dos nenos tomaron nalgún momento antibióticos. A porcentaxe aumenta a medida que aumenta

a idade do neno, así o 8% dos nenos tomaron antibióticos antes de cumprir 1 mes pasando esta

porcentaxe a ser do 59% aos 12 meses.

• A prevalencia de consumo de antibióticos foi máis alta entre os nenos que ían ou foran á gardería (68%

vs. 40%) e entre os que ían ou foran á piscina (57% vs. 48%).

CONSUMO DE ANTIBIÓTICOS POR IDADE

Aos 12 meses, 6 de cada 10 nenos xa tomara antibióticos

Máis polo miúdo

Page 23: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina23

Os nenos fan as revisións pediátricas e están vacinados

• O 99,9% dos nenos facían as revisións de xeito

exclusivo na sanidade pública (83%). O 9%

facíanas na sanidade pública e na privada.

• O 4% das nais declararon que ao saír do hospital

ninguén lles dera información, verbal ou escrita,

sobre cando levar ao neonato ás revisións.

• Cando os nenos enfermaban acudían de xeito

exclusivo ás consultas da sanidade pública (80%).

O 11% acudía á sanidade pública e á privada.

• Ao empeorar a percepción da nai sobre o estado

de saúde do neno, diminuía a utilización da

sanidade privada en revisións e en consultas.

• O 99% dos nenos recibiran todas as vacinas que

estaban recomendadas para a súa idade no

calendario de vacinación. Só 15 mulleres de 6.434

declararon que non vacinaran aos seus fillos, 12

delas por non estaren dacordo coas vacinas.

SANIDADE DAS REVISIÓNS E DAS CONSULTAS POR ENFERMIDADE

Page 24: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina24

Evolución de condutas de risco

• Estado de saúde autopercibido

• Consumo de tabaco

• Exposición ao fume ambiental de tabaco en lugares pechados

• Consumo de bebidas alcohólicas

• Calidade da dieta

• Realización de exercicio físico ou deporte

• Saír a camiñar co propósito de facer exercicio

• Tratamento para a depresión e tratamento para durmir

• Incontinencia urinaria

• Dor ao ter relacións sexuais

Page 25: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina25

O estado de saúde autopercibido polas mulleres non cambiou

• A percepción do estado de saúde non cambia

antes, durante e despois do embarazo. O estado

de saúde tivo un valor do IP preto dun 0,75 (sobre

1) en calquera dos 3 períodos analizados.

• A porcentaxe de mulleres que percibían o seu

estado de saúde como moi bo ou bo non variou,

se ben destaca o aumento de percepción de moi

bo e de moi mal estado de saúde durante o

embarazo.

ESTADO DE SAÚDE AUTOPERCIBIDO

Page 26: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina26

12 de cada 100 mulleres seguían a fumar no embarazo

• A prevalencia de consumo de tabaco, diario ou

ocasional, diminuíu no embarazo se ben despois do

parto volveu aumentar. Este aumento foi paulatino,

e a medida que aumentou o tempo transcorrido

aumentou a prevalencia de consumo

• Declararon fumar nos 6 meses anteriores ao

embarazo o 28% das mulleres, porcentaxe que

diminúe en 16 puntos porcentuais durante o

embarazo para despois volver a aumentar ata o

17%.

• O 8% das mulleres que daban lactación materna

no momento da enquisa fumaban, fronte ao 22%

das que non daban lactación materna.

• A porcentaxe de fumadoras foi sempre máis alto

entre as mulleres máis novas, i.e. as de 18 a 29

anos.

PORCENTAXE DE MULLERES FUMADORAS

Page 27: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina27

A exposición das mulleres ao FAT segue a diminuír tras o parto

• A prevalencia de exposición ao fume ambiental

de tabaco (FAT) en lugares pechados, ben a diario

ou de xeito ocasional, diminúe durante o

embarazo e segue a diminuír despois do parto.

Así, antes do embarazo dicían estar expostas ao

FAT o 27% das mulleres, baixando esta

prevalencia ao 10% durante o embarazo e ao 9%

no momento da enquisa. Se ben, a medida que

aumentou o tempo transcorrido dende o parto

aumentou a prevalencia de exposición.

• As mulleres máis novas, i.e de 18 a 29 anos, son

as que declararon a prevalencia de exposición

máis alta en calquera dos 3 momentos temporais

estudados, aproximadamente o dobre que nos

outros grupos de idade. O 40% destas mulleres

declararon estar expostas ao FAT nos 6 meses

anteriores ao embarazo.

PORCENTAXE DE MULLERES EXPOSTAS AO FAT

Page 28: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina28

• A prevalencia de consumo de bebidas

alcohólicas, diario ou ocasional, diminuíu no

embarazo se ben despois do parto volveu

aumentar. A medida que aumentou o tempo

transcorrido dende o parto aumentou a

prevalencia de consumo de alcohol.

• Declararon beber nos 6 meses anteriores ao

embarazo o 54% das mulleres, diminuíndo esta

porcentaxe en mais de 50 puntos porcentuais e

pasando a ser do 3% durante o embarazo. No

momento da enquisa dixeron beber o 31%.

• Entre as mulleres que declararon que estaban a

dar lactación materna no momento da enquisa, o

16% declararon que bebían alcohol, ben de xeito

diario ou ocasional, fronte ao 38% das que non a

daban.

PORCENTAXE DE MULLERES QUE CONSUMEN BEBIDAS ALCOHÓLICAS

3 de cada 100 mulleres seguían a tomar alcohol no embarazo

Page 29: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina29

A dieta da muller mellora no embarazo

• A prevalencia de mulleres que declararon

consumir a diario froita e verdura, e dúas ou máis

veces á semana peixe, aumentou durante o

embarazo pasando de ser do 45% nos 6 meses

previos ao embarazo, ao 59% durante o mesmo.

• Obsérvase que ao longo do embarazo a

porcentaxe de mulleres que declararon tomar

peixe espada ou atún vermello diminuíu do 30%,

porcentaxe de consumidoras nos 6 meses

anteriores ao embarazo, ao 7%. A porcentaxe de

consumo no momento da enquisa foi do 19%.

Entras as mulleres que daban lactación materna

no momento da enquisa a prevalencia foi do 17%.

• A calidade de dieta non variou a medida que

aumentou o tempo transcorrido dende o parto.

PORCENTAXE DE MULLERES QUE CUMPREN AS RECOMENDACIÓNS DE DIETA

PORCENTAXE DE MULLERES QUE CONSUMEN ATÚN VERMELLO OU PEIXE ESPADA

Page 30: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina30

8 de cada 10 embarazadas saían a camiñar para facer exercicio

• A porcentaxe de mulleres que realizan exercicio

físico ou deporte diminuíu ao longo dos 3

momentos estudados. Declararon que facían

exercicio físico ou deporte nos 6 meses anteriores

ao embarazo o 34% das mulleres, prevalencia que

pasou ao 27% no embarazo e diminuíu ata o 18%

no momento da enquisa.

• Do mesmo xeito diminuíu o número medio de

días á semana que declararon que facían exercicio

físico ou deporte: 3,0 días antes do embarazo, 2,7

durante o mesmo e 2,6 no momento da enquisa.

• A porcentaxe de mulleres que saían a camiñar co

propósito de facer exercicio aumentou durante o

embarazo en 20 puntos porcentuais en

comparación cos 6 meses anteriores (79% vs.

59%) e esta porcentaxe pasou ao 50% no

momento da enquisa.

PORCENTAXE DE MULLERES QUE REALIZAN EXERCICIO FÍSICO OU DEPORTE

PORCENTAXE DE MULLERES QUE CAMIÑABAN PARA FACER DEPORTE

Page 31: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina31

No embarazo diminuíu o consumo de tratamentos antidepresivos

• A prevalencia de consumo de tratamento para a

depresión diminuíu no embarazo, se ben despois do

parto volveu aumentar. Declararon tomar tratamento

para a depresión nos 6 meses anteriores ao embarazo

o 3% das mulleres, diminuíndo esta porcentaxe ata o

1% durante o embarazo. No momento da enquisa

dixeron estar a tratamento para a depresión o 3%.

• A prevalencia de consumo de tratamento para durmir

diminuíu no embarazo se ben despois do parto volveu

aumentar. Declararon tomar tratamento para durmir

nos 6 meses anteriores ao embarazo o 4% das

mulleres, diminuíndo esta porcentaxe ata o 2%

durante o embarazo. No momento da enquisa dixeron

estar a tratamento para durmir o 3%.

• A medida que aumentou o tempo transcorrido dende

o parto non variou a frecuencia de consumo destes

tratamentos.

PORCENTAXE DE MULLERES QUE TOMAN TRATAMENTO PARA A DEPRESIÓN

PORCENTAXE DE MULLERES QUE TOMAN TRATAMENTO PARA DURMIR

Page 32: SICRI-2016 nunha ollada - SERGAS · episiotomía. A porcentaxe case non varía entre hospitais públicos (50%) e privados (54%). • O 63% das mulleres que deron a luz no período

Nunha ollada 2016 Páxina32

A incontinencia urinaria e a dispareunia aumentaron co embarazo

• O 5% das mulleres declararon que tiñan

incontinencia urinaria antes do embarazo, porcentaxe

que aumentou ao 22% no embarazo. No momento

da enquisa foi do 20%, 11% entre as que tiveron

unha cesárea e do 23% nas que tiveron un parto

vaxinal, e se no parto se empregou fórceps ou

ventosa a prevalencia foi do 27%.

• O 7% das mulleres declararon ter dispareunia ou

dor nas relacións sexuais antes do embarazo, o 10%

durante e o 23% no momento da enquisa. A

prevalencia de dispareunia foi do 17% entre as que

tiveron unha cesárea e do 26% nas que tiveron un

parto vaxinal, e se no parto se empregou fórceps ou

ventosa a prevalencia foi do 35%.

PORCENTAXE DE MULLERES CON INCONTINENCIA URINARIA

PORCENTAXE DE MULLERES CON DOR NAS RELACIÓNS SEXUAIS