Solución ficha diapositivas 1,2 e 3
Transcript of Solución ficha diapositivas 1,2 e 3
IDADE CONTEMPORÁNEA
DIAPOSITIVA 1
1. Que dous acontecementos marcan o inicio da Idade Contemporánea?
O inicio da Idade Contemporánea vén marcado por dous acontecementos de gran
importancia: a Revolución Francesa e a Revolución Industrial.
DIAPOSITIVA 2
2. En que ano e por que estalou a Revolución Francesa?
A Revolución Francesa estalou no ano 1789.
VÍDEO: A Revolución Francesa
3. Que rei gobernaba en Francia o ano en que estalou a Revolución Francesa?
Investiga, como se chamaba a raíña?
O rei que gobernaba Francia cando comeza a revolución é Luís XVI. A raíña era María
Antonieta.
4. Por que os franceses non privilexiados deixan de confiar no rei no ano 1789?
Os franceses das clases non privilexiadas deixan de confiar no rei Luís XVI porque as
súas condicións de vida eran miserables (,salarios baixos, elevados impostos, fame,...) e
dende a Monarquía non se buscaban solucións, polo contrario as clases máis
privilexiadas gozaban dun elevado nivel de vida sen importarlles as penurias que pasaba
o pobo.
De que edificio se trata? Que era? A que se adicaba?
O edificio da ilustración é a Bastilla, cárcere no momento no que estala a revolución.
5. Por que as malas colleitas de trigo afectaron tanto á vida dos franceses?
As malas colleitas de trigo afectaron moito aos franceses porque a súa dieta sustentábase
no consumo de pan (1kg diario), produto que se encareceu moitísimo chegando a custar
unha rebanda o equivalente a un salario mensual. De feito supuxo unha das causas da
revolución.
6. Que escribiu o rei no seu diario o día 14 de xullo de 1789? Por que?
Escribiu a palabra “nada”, porque viña de caza e non cazara nada.
DIAPOSITIVA 3
7. Quen inventou a máquina de vapor? De que nacionalidade era?
A máquina de vapor foi inventada polo británico James Watt na segunda metade do
século XVIII.
8. Que relación existe entre a máquina de vapor e a Revolución Industrial?
A máquina de vapor propiciou a Revolución Industrial e acelerou o desenvolvemento
económico de moitos países europeos. Grazas á máquina de vapor xorden as fábricas e
aparecen o ferrocarril e o barco de vapor, o que deu lugar a unha gran revolución dos
transaportes.
9. Que dous medios de transporte dan lugar á revolución dos transportes? Que teñen
en común eses dous medios de transporte?
Os dous medios de transporte que dan lugar á revolución dos transportes é o ferrocarril e
o barco de vapor, ambos impulsados por motores a vapor.
VÍDEO: Máquina de vapor
10. Como consigue Olive e os seus amigos construír a montaña rusa no parque?
Olive e os seus amigos conseguen construír a montaña rusa no parque porque crean
unha máquina de vapor.
11. Indica todos os problemas que vai atopando Olive ata que finalmente é capaz de
construír a máquina de vapor.
Uso do combustible máis axeitado (madeira /carbón)
Necesidade dun motor máis eficaz (que non se baseara no quecemento e
enfriamento) , un motor de dous tempos no que o vapor empurraba ao pistón por
arriba e por abaixo, que sería máis potente.
Necesidade dunha cheminea máis alta para evitar que se afumara todo o entorno.
Necesidade dunha caldeira que aguantara a presión do vapor e non estoupara.