son 01

6
son Proxecto Comenius: STARS OF EUROPE Intercambio escolar Francia-Finlandia-Dinamarca-España Información: consiste no intercambio de alumnos entre diferentes países da UE. Os participantes son Francia, Finlandia, Dinamarca e Galicia. As viaxes comezarán no ano 2013. A primeira realizarase en Xaneiro a un centro de Dinamarca; a segunda será en Maio (Francia); en Novembro visitarannos alumnos e profesores estranxeiros; e no mes de Maio de 2014 viaxare- mos a Finlandia. Participación: en cada viaxe haberá un máximo de 6 alumnos que, en principio, non serán os mesmos en cada viaxe; son necesarios un mínimo de 18 participantes que se compro- metan a acoller aos participantes na súa casa. Isto é un requisito fundamental na participación. Se o número supera os 18 participantes selec- cionaranse tan só 6 para cada viaxe, todos os alumnos interesados poderán colaborar co pro- xecto, aínda que non se despracen. Esta actividade será para os alumnos de 3º e 4º. 1

description

SON, revista escolar do IES de Porto do Son

Transcript of son 01

sonProxecto Comenius: STARS OF EUROPE

Intercambio escolar Francia-Finlandia-Dinamarca-España

Información: consiste no intercambio de alumnos entre diferentes países da UE. Os participantes son Francia, Finlandia, Dinamarca e Galicia. As viaxes comezarán no ano 2013. A primeira realizarase en Xaneiro a un centro de Dinamarca; a segunda será en Maio (Francia); en Novembro visitarannos alumnos e profesores estranxeiros; e no mes de Maio de 2014 viaxare-mos a Finlandia. Participación: en cada viaxe haberá un máximo de 6 alumnos que, en principio, non serán os mesmos en cada viaxe; son necesarios un mínimo de 18 participantes que se compro-metan a acoller aos participantes na súa casa. Isto é un requisito fundamental na participación.Se o número supera os 18 participantes selec-cionaranse tan só 6 para cada viaxe, todos os alumnos interesados poderán colaborar co pro-xecto, aínda que non se despracen. Esta actividade será para os alumnos de 3º e 4º.

1

http://literatura.itematika.com/descargar/libro/235/cartas-a-un-joven-poeta.html

Cartas a un joven poeta

Cartas a un joven poeta é unha boca. É un libro sen exterior, feito de bafos e luces precisas, que sostén o lector como miga de pan na meixela. Rainer María Rilke, poeta, nace en Praga en 1875. Entre 1903 e 1908, o autor das Elexías de Duino mantivo correspondencia con Kappus, o poeta novo, cadete na es-cola militar, que buscaba en Rilke alicerces onde descansar os membros exhaustos de tanta confusión. Porque Cartas a un joven poeta tamén é o esquelete, o leito fluvial, que non obstante pide a todas as cabezas que poñan en pé o que hai de propio en si mesmas. Teñen elas esa naturalidade re-donda que só posúen aqueles que coñecen ben as costuras do humano. A poesía, a arte, o amor, a morte, a xuventude, o de aquí e o que veña despois. Rilke e as cartas, con brancura dolorida, van so-prándolle por detrás ó vivo.

Volta ao instituto

Despois de dous marabillosos meses, temos que volver a clase, ós exames. O peor de volver é que non temos ganas de facer nada de nada. Cando soa o esperta-dor non podemos crer que teñamos que saír da cama antes das dez da mañá. Chegar ao autobús medio durmidos e, de súpeto, así por así, veña, un exame de calquera materia. Entón dáche por pensar: “Eu oín falar algunha vez disto? Que é A Idade Escura?... “ Voltar é difícil, pero ten o seu lado bo. Estás cos teus compañeiros (uns caeranche mellor ca outros). Algunha cousa máis terá boa, non? Ánimo, que isto xa comeza!

ideas Grazas ás novas tecnoloxías e a que hai mini-hackers e alumnos no conservatorio de Noia, por que non aproveitar para facer uns grupos musicais? Espero que esta idea non vos pareza aloucada demais. Quero afirmar que xa teño dúas cancións, e unha requete-ensaiada. Eu podo tocalo piano, non moi ben, pero sei. Se coñecedes a alguén que saiba tocar máis instrumentos ou que teña unha bonita voz, por favor, contactade.

32Tariku

Nunca tiveches un soño que parecía difícil de conseguir? El si. O seu nome é Tariku Novales. Algúns non o coñeceredes e outros moitos si. Trátase dun atleta da vila de Noia (actualmente residente en Bertamiráns) que a vida lle brindou a oportunidade de convertirse en alguén grande no mundo do de-porte e non vai mal encamiñado. Pese a ter tan só 14 anos xa conta con un palmarés que a moitos nos gustaría. Entre as súas mellores actuacións destacan o 3º posto acadado a tempada pasada no campionato de España de pista cuberta e 4º en aire libre (cunha marca de 9:11). A pesar de que a súa proba favorita é o 3000m, en ocasións tamén fai o 1000m onde ten unha marca de 2:43. E o rapaz incluso bate records! Posúe o record de 1000m en ruta (2:58) da categoría infantil e o de milla urbana, na categoría cadete (4:48). Todo apunta a que se segue así chegará alto, ou lonxe, moi lonxe.

Se a ti tamén che gusta practicar deporte en compañía, pasalo ben e competir..., únete a A.D. Porto do Son. Como socio disfrutarás de diversos servizos con desconto como entre-namentos personaliza-dos para cada persoa, masaxista, nutricionista… e se queres competir a nivel federado, non o dubides, ficha polo clube e leva as súas cores por diversas competicións a nivel galego. Máis info, no pavillón de Porto do Son.

CanCiónNon só somos princesiñas,

non só vistimos, cousas bonitiñas.

Tamén podemos ser guerreiras, e de tódalas as maneiras,

o noso fututo está por decidir.

Podemos cambialo, abride os ollos e pechádeos.

Xa vai sendo o momento, de cambiar para mellor, pois agora,

agora mesmo eu decido quen che son.

Podo ser unha enfermeira para te sandar, ese corazón ferido, que só quere estoupar.

Podo ser a enfermidade, que te libere, ao fin, desta soidade.

Pero debes saber, que o mundonon xira torno a ti, e que de tódalas maneiras,

o noso futuro, está por decidir.

Non quero volver a ser, esa fadiña, que non pode sequera,

cun gran de foriña.Hoxe quero ser, a que che faga ver,

que o noso futuro, está por decidir.

Agora mesmo, son feliz.

4 5

Nunca me abandones (Never let me go)

Mark Romanek é o director, e Carey Mulligan (Kitty Bennet en Orgullo y Prejuicio), Keira Knightley(Piratas del Caribe, Orgullo y prejuicio) e Andrew Garfield (Novo Spiderman) son os protagonistas desta película baseada na novela homónima de Kazuo Ishiguro. Con cantidade de pla-nos detalle e unha fotografía máxica a película cóntanos a historia de tres nenos Kathy (Carey), Ruth (Keira) e Tommy (Andrew) que viven nun idílico internado inglés chamado Heilsham. Mais os tres nenos non son nenos normais, e nunca chegarán a ser nin pintores, nin astronautas,nin bombeiros, porque a realidade que os creou espera algo deles, algo escuro. A trama móvese docemente nunha realidade arrepiante e triste, realmente triste, que nos pon a proba e abáfanos de melancolía: unha destas películas que volveremos a ver de maneira masoca unha e outra vez. A música e as interpretacións son fantásticas e acompañan ao romanticismo de fondo. En fin, unha película que só se pode describir dunha maneira, que é: docemente triste;103 minutos dun poema perfecto.

West Side Story

A película da que vou falar é West Side Story, dirixida por Robert Wise e Jerome Robbins no año 1961. O filme abarca temas variados coma o racismo, a inte-gración social e o amor (en gran medida). Os protagonis-tas son Tony e María, cada un pertencente a unha panda de barrio enfrontada. Loitan por conseguir o dominio dun pequeno barrio periférico nas aforas de Nova York. Toni e María atópanse nun típico baile de instituto americano, namóranse a primeira vista e xuntos viven unha idílica historia de amor fuxidía de máis. As diferenzas entre ambas bandas son tan profundas que acaban co amor dos dous persoaxes. Por certo, todos son puertorriqueños: a banda dos Jets son cidadáns estadounidenses e os Sharks, inmi-grantes, A película, inspirada no musical que leva o mesmo nome, conta con dez Óscars incluído o de mellor película. É unha modernización do clásico romántico por excelencia Romeo e Xulieta de William Shakespeare.

¡colabora! envía os teus artigos a>>>

[email protected] palabras

76

Fixeron esta revista:SandraAntía P.RebecaClaudiaAntía C.David MireiaJuanjo

IES Porto do Son / novembro 2012 / nº1

STARS OF EUROPE

Un grupo de traballo internacional. Un eixo común: o estudo da astronomía básica. Un obxectivo: que os rapaces coñezan outras realidades. Que se acostumen ao intercambio de opinións e a modos de vida distintos. Cada país organiza unhas actividades propias, orixinais. Nós imos traballar, entre outras cousas, os reloxios de sol. Nos próximos meses pub-licaremos sitios web con contidos sobre a materia. Mentres, os nosos alumnos xa están, en redes pri-vadas do pro-xecto Comenius, en contacto cos alumnos dos outros países.

8

As voces e o silencio.No grupo de exalumnos do IES en facebook fixemos as preguntas. Rebeca, Antía e Mireia de 2º ESO. Os antigos alumnos, moi colaborativos eles e elas e con ganas de contar a súa experiencia, exten-déronse nas súas contestacións: 12 folios a un espazo, de respostas! Aquí poñemos unha pequena parte. Semella que todos gardan unha moi boa experiencia do instituto. Mais, realmente foi así, ou foi o tempo quen adozou e idealizou a realidade. En todo caso, a experiencia non foi negativa e a maioría

lembran con ledicia aqueles anos. Parece ser que todos sacaron en limpo ensinanzas sobre a vida, bos con-sellos e un sentido crítico cara o sistema educativo. Probablemente herdárono dos sermóns que os profesores, en días de cólera, soltan ante as clases. Silen-ciosas as aulas, miran cos ollos abertos e bocas pechadas, a sorprendente paixón coa que alguén badúa contra o sistema do que forma parte. Fálannos dende as súas experiencias: aqueles que se arrepinten de non ter loitado, animan a que nós non cometamos os mesmos erros. Resúlta irónico que digan que os coñecementos adquiridos no instituto non lles serviron de nada, mentres fan profundas reflexións en ton poético e ves ao lonxe que hai unha boa base de lecturas e redaccións no escrito. Recalcan o feito, xa por todos coñecidos, de que o mercado laboral está difícil, mais dende a perspectiva de alguén que esta no miolo e segue adiante. Cóntannos os seus progresos e sorprénde ver o lonxe que chegaron rapaces que noutros tempos, ao igual que nós, ocuparon os corredores, berraron cos profesores, pintaron as mesas (seguramente os seus nomes se atopen perdidos entre as liñas raiadas en mesas e paredes). Cometeron todos cantos erros nós mesmos estamos a cometer nestes momen-tos. Identifícome co que din, sobre todo con aqueles que viviron os últimos anos de instituto como unha pérdi-da de tempo que só busca verse refle-xada nos papeis, e contan o carente de sentido que era para eles estar aprendendo algo que nacía destinado a ser gardado nun ficheiro perdido da nosa mente. Gústame a frase que di que o sistema busca que nos metamos montóns de folios na cabeza para logo vomitalos no exame. Supoño que é a falta de motivación a que fai que nos sintamos fracasados, pero como dixo un inda hai pou-cos días, iso é o que demanda o sistema. E para consolarnos cóntannos que aínda despois de tropezar todos deron co que querían facer, e que todo o aprendido antes pode que nalgún momento sirva para algo, aínda que sexa porque hai xente que cando vai mercar embutido, lle gusta manter una conversa cunha dependenta “con algo de luces”, non todo vai ser falar do tempo e de que non seca a roupa. Creo que é realmente un bo exemplo de que temos que querer saber por saber, non con algunha finalidade en concreto.E, para acabar, dicir que é reconfortante saber que hai luz despois deste buraco (ironía), e dar as grazas a todos por responder as nosas preguntas. En realidade agora temos moitas máis. E diso se trataba.

eRebeca: Como vos vai co voso estudo ou traballos, estades sat-isfeitos, e máis difícil do que imaxinades? falade da vosa vida.- O meu paso polo instituto foi bastante absurdo, e desaprovei-tado. Fai 16 anos que entrei e 11 que saín por esas portas por última vez. O paso á E.S.O foi un absoluto calvario para min. Sufrín un serio conflicto interno, porque eu era das “chaponas”...

e alí , naquela xungla ou te volvías malote ou che crucificaban, así que optei polo camiño fácil e afundín. Traballos de inserción, chambiñas de verán, embarazo, casamento e logo diso só te podes adicar a sobrevivir. Recordo a Platón con tenrura, os estudos sobre a Alhambra con paixón, e a historia contemporánea con desespera-ción. Profesionalmente, o meu paso polo instituto non puido servirme de moito, pero para a miña vida cotiá e para medrar como persoa foi unha experiencia crucial (hai xente que cando vai mercar embutido, lle gusta manter una conversa cunha dependenta “con algo de luces”, non todo vai ser falar do tempo e de que non seca a roupa).- Bueno, pois conseguín acabar bacharelato a rastras porque non tiña nin-guna motivación. Ó saír do IES outro tanto do mesmo, así que me apuntei a un ciclo superior. Entón chamáronme dun (Sistemas de Telecomunicación e Informáticos), e tamén o saquei a rastras... Cando acabei busquei choio, pero o que atopei foi un traballo moi mal pagado. Ó final, decidin buscar algo que me puidera motivar e acabei facendo a proba de acceso para o grao de deseño gráfico e foi das mellores decisións que tomei nunca. Só me queda un ano para acabar e estou igual de motivado que o primeiro día. É mais, grazas a isto, o ano pasado concedéronme unha beca para aprender

inglés e dun día para outro ofrecéronme ir a Nova Zelanda, onde estiven un mes ademais de Australia e Dubai!! así que, grazas Tomás por ensinarme formulación de química orgánica, ou Virtudes por ensinarrme a compoñer verbos cantando pero sinceramente, non me valeu para nada.

- Sempre tiven claro que a miña rama eran as ciencias pero foi en 1º de bacharelato cando me dei de conta que eu quería ser enfermeira. Ao finalizar o instituto fixen

un ciclo de anatomía patolóxica e citoloxía e despois vin facer a Cáceres o grado de enfermería. Agora mesmo estou no último ano realizando as prácticas e o proxecto fin de carreira sobre a

bioquímica, e aínda agora me lembro das exemplos teatrais de Antón Bécares para explicarnos que o acetil coencima A, na síntese dos ácidos graxos, era como as etiquetas dos chou-rizos dunha carnicería.Antía: sodes moi pelotas, dicide a ver-dade, que cousas tendes en contra do insti?- Diría que o que sempre faltou no IES foi unha comunicación maior entre tódolos alumnos e os propios profesores; crear unha interacción real entre todos. Isto pode traducirse en moitos campos, dende a creación dun espazo real para debates (é moi importante na etapa do instituto crear unha opinión sobre o que está pasando fóra) ata o aporte e intercambio de infor-mación duns a outros. En resumidas con-tas, o que cambiaría sería ese individualis-x

a

l

u

mo por cursos/profesores/alumno cara un común en tódolos sentidos...porque todos temos cousas que ensinar...non?- Creo que non había actividades cando eu estudaba,non sei agora. Iso e unha das cousas que si tiña a escola de Xuño, de donde eu viña. Alí as actividades viñan dende aprender a calcetar ou coser,pasando por teatro, fútbol, tenis.... Eu creo

que ese modelo e o que se debería seguir no IES do Son, ofertar un amplo abano de actividades,xa sexan máis tradicionais (calceta,costura, teatro....), actividades de sempre (fútbol,fútbol sala,tenis....) ou de agora (actividades no medio natural, actividades de orientacion,....) Mire: Cando estabades no IES, xa tiñades a esperanza de ser aquilo ao que agora vos dedicades, influíu alguén ou algo? - Realmente eu nunca me propuxera ser bióloga. Si tiña claro que faría algo na rama da ciencia, pero non sabía con claridade o que. Tiven a sorte de ter a XX como profesor de bioloxía e comencei a sentir interés por isto...pero se vos son sincera non son moi consciente do momento en que decidín lanzarme a facer a carreira, máis ben creo que decidín que me introduciría no mundo mariño, e por iso a miña segunda opción foi ciencias do mar. - Eu rematei no insti e a miña idea inicial era facer óptica e optometría (debe ser por aquilo de que teño 3 diotrías e vexo menos cas toupas), aínda que tamén me gustaba a bioloxía. Ó final na primeira non conse-guín entrar, e a segunda non me gustaba tanto como cría (os cambios de ideas e pensamentos van a ser constantes na vosa evolución académica, como é normal). E ó final vinme entrando (non moi convencido), na licenciatura en educación física (antiguamente chamado INEF)- Eu quería ser xornalista e dada a miña paixón polo fútbol, teño un espazo para ese proxecto. Colaboro como fotógrafo e redactor para unha páxina web que segue o fútbol galego, así como facendo a mesma. O meu traballo dista moito daquel que sempre soñei, pero o tempo libre que me deixan

o traballo, a muller e o resto da familia adicoo a adestrar un equipo de rapaces e á páxina web.-Cando estaba no IES soñaba con ser diseñadora, artista, cantareira... non só soñaba.. era o que me gustaba.. cantaba, pintaba e inventaba pezas de bisutería. É importante ir facendo o que a un lle gusta de vez en cando. Co meu traballo estou contenta, permíteme ser creativa, viaxar de vez en cando, contemplar... Reúne varios factores que son moi importantes para min, pero o máis importante é a experiencia de traballar emprendendo, xerando a túa propia oportunidade. Loito día a día xunto coa miña parella por dar un pasiño máis, e estamos moi contentos xa que, nos tempos que corren, o noso proxecto medra. Son a parte creativa de ReGalicia.com-A carreira desde un principio non me gustou nada pero por non perder un curso seguín adiante. Así, ata cuarto curso, cando unha asignatura optativa de moi pouca carga horaria me fixo descubrir o

que me gustaba: a investigación. Agora mesmo estou rematando a tese doutoral, (un compañeiro e eu) estamos traballando en 2 publicacións científicas. Teño

un humilde e pequeno despachiño na facultade no cal traballo co meu director de tese. A verdad, non podo pedir nada máis, considérome moi afortunado de poder facer o que me gusta e non pido máis.... O tema laboral?? Aí si que teño queixa.- Eu estou satisfeita con todo o que fixen ata o momento a pesar a que debido a crise neste momento non teño traballo. Ir a universidade deume a oportunidade de coñecer a algún dos meus mellores amigos, de aprender a convivir con persoas moi distintas a min e sobre todo abrir a miña mente.--Eu digo que o estudar está moi ben, que é bo ter unha formacion academica,pero logo,o mundo laboral tratache doutra maneira e importalle moi pouco polo que tiveches que pasar.-Non sei que vai ser de min unha vez remate as prácticas, pero o que si sei é que loitarei. En canto á esperanza...aínda a teño...Antía di: a que profesor vos levariades á universidade, ou aos ciclos, ou aos traballos?

- A XX porque foi o máis “europeo”, no sentido máis positivo da palabra, á hora de ensinar. Ainda hoxe digo cun enorme orgullo que cursei filosofía bilingüe e que aprendin máis nese curso que en calquera outro con tochos de libros.Quédome con XX (Latín). Eu sempre o recordo como un gran profesor pero tamén como unha excelente persoa.Levaríamo a un ciclo, a un traballo, a pasapalabra..... - Pois eu levaríame a XX, ó único que me dixo “... pois para adiante, a tra-ballar duro...” e me felicitou pola miña elección cando me decantei pola car-reira de Belas Artes. Ademais encaixaría alí como o mellor dos doutorados. Evidentemente, ese non é o único motivo polo que mo levaría.. penso que o que máis o honra é a gran capacidade de comprensión e a súa forma de vernos e respetarnos como persoas con metas, fins, ideas, sentimentos, capacidades.... (máis ou menos acertadas iso dá igual).- Levaríame a moitos, pero como iso é ser politicamente correcto, voume mollar. Eu levaríame a dúas persoas. Polas súas ganas de traballar e polo xeito de ensinar a XX. Creo que agora non está no instituto, e sintoo por vós, é das que merece a pena. A outra sería XX e falo a nivel persoal: a min botoume unha man cando a precisaba, orientoume ben na miña etapa en 2º bacharelato e e de feito se as miñas notas melloraron, foi gracias a esa motivación que atopei nel.Que cambiaríades no currículo escolar? - Non me parece que o currículo esté mal plantexado... o que está mal moitas veces non é a teoría senón a forma de levala á práctica; deberíamos tentar fomentar máis a iniciativa por parte dos alumnos, favorecer que sexan parte activa do proceso de ensino e aprendizaxe e non meros oíntes que cando cheguen a un exame “vomiten” o estuda-do e cando saian da aula, portas para fóra, se esquezan de todo. É certo que moitas veces xa se fai isto, pero moitas outras segue

m

n

@

s

estando presente nas aulas o modelo tradicional. - Rebe, desde o meu punto de vista hai moitas cousas do currículum escolar que hai que cambiar, considero que os coñece-mentos que moitas veces se imparten nas clases están pouco conectados coa vida real, o que os convirte en abstractos e difícles de dixerir, polo que moitas veces a única opción que os estudantes teñen, e tivemos é memorizalos. -Daquela non o pensaba, claro está, pero agora, desde outra perspectiva, penso...¿por qué non aproveitaban os profes, aínda que só fose esa horiña que xa tiñan imposta no horario, para que nos coñecésemos uns a outros? Época de autoex-ploración e de novas experiencias, ¿por qué non facer na aula actividades que realmente traballen e aumenten a autoesti-ma dos rapaces?Xa non falo de talleres que igual requiren de preparación por parte dos profes, se non, unha comunicación fluída, exposición de ideas e de temas que agardan ao alumnado. Nesa hora, non só se mellora a capacidade de crear, tamén se fomenta a seguridade nun mesmo, e o sentirse escoitado.-Sería bo crear unha zona de ideas, onde os alumnos de forma voluntaria, poidesen reunirse para levar a cabo proxectos (literatura, cine, manuais...). Tamén me gustaría que existise unha rede social propia do IES para compartir traballos, experi-encias, impulsar actividades e lograr un sentimento de unión.Se tedes fillos, prefiriades que estudasen neste IES ou noutra escola? Por que? - Teño 2. A M. sempre lle mostro os traballos que facedes, eses videos tan creativos.. fálolle das iniciativas do instituto. Foime difícil explicarlle que aínda non podía ir estudar ó IES do Son, ten moitas ganas...............................seguen dez folios máis. GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!