Soños na gaiola

19
1 BIBLIOTECA da BIBLIOTECA da BIBLIOTECA da BIBLIOTECA da ITINERARIO LECTOR 6º CURSO GUÍA DE ACTIVIDADES Manuel María: Os soños na gaiola.

description

Actividades sobre o libro de Manuel Maria

Transcript of Soños na gaiola

Page 1: Soños na gaiola

1

BIBLIOTECA daBIBLIOTECA daBIBLIOTECA daBIBLIOTECA da

ITINERARIO LECTOR 6º CURSO

GUÍA DE ACTIVIDADES

Manuel María: Os soños na gaiola.

Page 2: Soños na gaiola

2

Versos pra nenos Ediciones Celta. Lugo, 1968

Manuel María: Os soños na gaiola Ilustracións de Xaquín Marín Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1990

Os soños na gaiola Manuel María Ano de Publicación 2004

Page 3: Soños na gaiola

3

ANTES DA LECTURAANTES DA LECTURAANTES DA LECTURAANTES DA LECTURA

1) FICHA DO LIBRO

2) IMOS BOTAR UNHA OLLADA

I. FALAMOS DO AUTOR Manuel María Fernández Teijeiro nace en Outeiro de Rei en 1929. Ten compaxinados os labores de procurador nos tribunais en Monforte,onde viviu case toda a súa vida, cos de editor e libreiro, ó tempo que participaba activamente na vida política dende posicionamentos nacionalistas. Poeta, narrador, dramaturgo, colaborador de prensa, conferenciante e ensaísta; a súa obra é moi prolífica e premiada. Ten tamén incursións na literatura infantil, entre as que destacamos este poemario, que representa xa un clásico e que foi publicado por primeira vez no ano 1968. Outras obras dedicadas a este público son: Barriga Verde –unha das primeiras obras de teatro infantil publicadas en Galicia– e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela –tamén de carácter teatral–, e as narrativas Cando o mar foi polo río, Unha sombra vai polo camiño, Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos…

II. QUE SABEMOS DO ILUSTRADOR?

Xaquín Marín Formoso nace en Ferrol nos anos corenta. Participa en numerosas publicacións, tanto de humor como de información xeral, xa a nivel galego xa ó estatal. É creador e director do Museo do Humor de Fene dende 1984. Tamén funda e dirixe o Boletín de Humor Sapoconcho. En 1975 publica 2 Viaxes, un cómic vangardista realizado co pintor Raimundo Patiño. Na actualidade continúa a participar na revista infantil de banda deseñada Golfiño, co seu personaxe, Tonecho. Conta cos premios Paleta Agromán, Galicia de Xornalismo e o 1º Premio da Bienal de Gavobro. Ademais de ilustrar numerosos libros co seu persoal estilo, é autor de Dragón Rock, Gaspariño, Ratas, Alcacén para gaitas, Dos pés á testa, Xunta e revolta, R. Patiño, o home que falaba arameo…

Page 4: Soños na gaiola

4

III. FORMACIÓN DE USUARIOS

a) Que diferencia hai entre editorial e colección? b) Por grupos: buscamos na biblioteca nomes de editoriais e

anotamos se eses títulos pertencen a unha colección. c) Facémonos preguntas entre nós do tipo: a que editorial pertence

a colección....? ou viceversa d) Buscamos a editorial e a colección dun libro que teñamos na casa

ou que nos gustara.

IV. IMOS AO ÍNDICE: CALES SON OS GRANDES APARTADOS DO LIBRO?

3) FALAMOS DO TÍTULO

a) Que pensades que quere dicir o título? b) Observando a ilustración da portada, que nos indica sobre o

contido do libro? c) Buscamos sinónimos de SOÑOS e GAIOLA. d) Tentamos describir estas palabras aos demais. e) Cal pode ser a causa do título.Pode ter relación coa vida de

Manuel María.? f) Que meterías ti nunha gaiola? g) Imos escribir un pequeno texto sobre o que nos suxire o

título.Tentaremos resumilo nunhas poucas frases do tipo: Ao principio..., logo..., e finalmente......

h) SOÑOS é un nome abstracto e GAIOLA concreto.Cada un de nós, vai inventar un título con esta estrutura:

Nome abstracto+ preposición+ nome concreto

Page 5: Soños na gaiola

5

DURANTE A LECTURADURANTE A LECTURADURANTE A LECTURADURANTE A LECTURA

CARTA AOS NENOS E NENAS: Nesta carta o autor comenta que xa vai vello. - Cantos anos tiña Manuel María cando escribiu este libro? - Cantos anos máis viviría? - Falamos da carta: a intencionalidade, o que botaba en falta,os

destinatarios.

1) GALICIA I. GALICIA

a) Lectura individual e silenciosa. b) Comentamos as palabras que non entendemos. c) Comentamos o galego desa época e a diferencia co actual. d) Lectura colectiva: cada estrofa un/ha alumn@. e) Comentamos a estrutura:5 estrofas de catro versos rimando na 2º

e na 4º en rima consoante. f) Imos lendo o poema a distintos ritmos e maneiras: rapeando,

nerviosos, nostálxicos, tristes.. g) Buscamos algunhas personificacións. h) Falamos do que nos quere expresar o autor. A quen se dirixe? i) Como buscaríamos a Galicia dentro de nós? j) Debuxa o poema.

Page 6: Soños na gaiola

6

II. A MUIÑEIRA a) Lectura b) Vella muiñeira=alma de Galicia. Por que pensas que di isto o

autor? c) Facemos unha lista dos adxectivos que se lle atribúen á muiñeira. d) Escoitamos una muiñeira. e) Falamos de bailes: bailes típicos, de estilos de baile.Investigamos

e realizamos un pequeno traballo en equipo sobre un baile determinado: características, tipo de música, bailaríns importantes desas especialidades,...

Page 7: Soños na gaiola

7

2) 0 MUNDO I. O SOL

a) Estrutura .................. chámase ...................... e é .................................................. que está .......................................... ....................................................... Vai vestido/a ................................. leva ............................................... ......................................................(cualidades) ......................................................( o que fai) ¡ Se non fora por............................ ......................................................! b) Coa estrutura anterior imos escribir un novo poema.

II. A ESTRELA SEN NOME

a) Buscamos nomes de estrelas. b) Se descubriras unha estrela, que nome lle porías? c) Que opinas sobre: irmá dos meus soños

e dos meus anceos..

III. A LÚA

a) Imos traballar por parellas: Converteremos este poema nun pequeno conto. Comezaremos coas frases típicas: Había unha vez...ou Érase unha vez.....

b) De Lúa..lueira, de triste ....tristeira. Inventamos algún adxectivo derivado dalgunha outra palabra que apareza no libro.

Page 8: Soños na gaiola

8

IV. O ARCO DA VELLA

a) O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros que a ninguén fan mal. Por que di que é triunfal? Cal é a victoria? Que metáforas atopamos?

V. O MAR

a) Buscamos bruar e anotamos o significado. b) Como explicarías o significado da metáfora escumas de prata? c) Explícalle a alguén que non coñece o mar como é, intentando

utilizar a maior cantidade posible de palabras relacionadas cos cinco sentidos, non só o da vista.

VI. O RÍO

a) Falamos sobre a primeira estrofa:cal é o canto do río?. Por que pasa correndo?

b) Cal é o río máis importante de Galicia? c) Buscamos cinco ríos importantes de Galicia? d) No recadro debuxa as partes dun río dende que nace ata que

chega ao mar.En que parte pensas que cantará máis?

Page 9: Soños na gaiola

9

VII. O VENTO.

a) Que substantivos se utilizan para definir o vento? b) E adxectivos? c) E verbos que explican o que fai o vento? d) Cales son os sentimentos que o vento produce no autor?

RECAPITULAMOS • No apartado O MUNDO o autor fala do sol, as estrelas, a lúa, o

mar , o río, o vento, elementos da natureza; se tiveras que engadir algún máis, cal sería? Por que?

Page 10: Soños na gaiola

10

3) AS COUSAS

I. CAMPÁS • Buscamos algunha onomatopeia no texto. • Buscamos expresións relacionadas coas campás • Escribe os adxectivos relacionados co neno. • Como se chaman os golpes que produce a campá? • Relacionada coa palabra anterior hai un título dunha obra de

Xabier P. DoCampo que inclúe esa palabra. Cal é? Que relación podemos establecer entre os dous escritores?

I. O MEU BARCO • Que xoguete nos gustaba máis cando eramos pequenos? • Embarcarse nos mares dos soños : Como explicaríamos

esta expresión? • Cal é o medio de transporte que se utiliza para viaxar neste

poema? • Que diferencia hai entre trebón e furacán?

II. O MUÍÑO • Que verbos sonlle atribuídos ao muíño? • Que música é a que produce o muíño? • Busca unha foto ou un debuxo coas partes do muíño e

escribe algunha delas coa súa función.

III. O OURIZO • Que comparación atopamos? • Como podemos resumir nunha frase o que pasa neste poema.

Page 11: Soños na gaiola

11

IV. O CHIFRE • Observamos de CHIFRE: chifreiro, chifrador, chifrón... • Busca un obxecto e inventa palabras derivadas con este tipo

de prefixos. • Despois tentamos definilos coma nun dicionario.

V. O FOGUETE • Lectura expresiva acentuando as exclamacións.

VI. A FOUCE • Que comparación atopamos na primeira estrofa? • Este poema ten tres partes ben diferenciadas.

Podes describilas en poucas palabras?

VII. O ARADO • Buscamos a canción cuxa letra serve de texto a este poema. • Facemos un debuxo dun arado e lle indicamos as partes que

cita no texto.

VIII. O TRACTOR • Imos buscar por grupos as palabras que non entendemos. • Entre tod@s imos refacer o contido deste poema nun texto

informativo.

IX. O CARRO • Por que di no poema que o carro canta? • Que letra ou son predomina no poema? • Lectura expresiva.

X. O BOLO • Traballamos a intensidade na lectura: silenciosa,

borboriñando, en voz baixa, elevando a voz, a gritos, murmurando...

Page 12: Soños na gaiola

12

4) HOMES, NENOS E NENAS

I. LABREGOS

• Escoitar a canción que está inspirada neste poema. • Buscamos o significado de : xunguidos, tripar, terrós.. • “Xunguidos á terra con xugo de boi”. Pensamos no

significado desta expresións e relacionámolas con “pasaron a vida tripando terróns” “traballando a treu”.

• Como pensas que ve o futuro o fillo do labrego?Pensas que mellorou algo a vida do labrego nestes tempos? Como ves ti o teu futuro?

• Fíxate nos tempos verbais e axudaranche a coñecer mellor o significado do poema.

• Investiga sobre os teus antepasados e escribe algo relacionado sobre o pasado da túa familia, o presente e o teu posible futuro.

II. O SOÑADOR • Fíxate nos diferentes oficios que se citan no poema, algúns deles

case desaparecidos como fogueteiros ou ferreiros.Que oficios “ novos” empregarías ti para un poema máis actual?

• Coa mesma estrutura intenta facer ti un poema novo Quixera ser................................................. .................................................................. (Verbo en condicional).............................. .................................................................! Mais son ................................................... .............................(Repetir o anterior verso cambiando a orde) .............................(Citar algún problema derivado dese oficio) ...................................................................!

Page 13: Soños na gaiola

13

III. O AFIADOR • Busca e conta aos demais en que consistía o oficio dos afiadores

e investiga se tiñan tamén algunha particularidade. • Lemos o poema de distintas maneiras:

o Moi lento, moi rápido o Lendo no libro do lado o Lendo cun ollo tapado o Lendo de costas entre dous, alternando as estrofas o Lendo para chamar a atención o Lendo con acenos estraños na cara

IV. A FESTA DO PATRÓN • Cando é a festa de San Xoán? • Describe con precisión como é a festa da túa localidade: datas,

costumes, lugar da festa...

V. XOGOS • Cítanse neste poema unha serie de xogos tradicionais como..... • Xogas ti a algún deles? • Que máis xogos tradicionais coñeces?

VI. O LUME NOVO • Investigamos a razón de prender as fogueiras na noite do San

Xoán. Escribe un pequeno texto informativo. • Despois de ter realizado esas pescudas, poderás contestar: A

que pensas que se debe este título?

VII. PASTOR

• Conta un soño do que te lembres especialmente. Se non o recordas, podes inventalo.

VIII. A BONECA • Busca unha metáfora neste poema. • Reflexionamos sobre os xoguetes e os nenos e nenas que viven

na pobreza, que teñen que traballar ou están sometidos a moitos abusos e discriminacións.Nos xornais diariamente aparecen noticias relacionadas con este feito. Recortaremos no

Page 14: Soños na gaiola

14

taboleiro e faremos un pequeno debate na clase sobre este tema.

IX. A RODA-RODA

• Sabedes algunha outra canción para cantar noutros xogos como,por exemplo, na corda? Pregunta e escribe algún pequeno dito para xogar ou para botar á sortes.

5) ANIMAIS I. O MEU AÑO

• Cita tres características do año de que se fala no poema.

II. BOLBORETA • O autor di da bolboreta: “ raio de luz” e “ vidro feble”. Que significado lle atopas a estas expresións? • Fíxate que para describir á bolboreta vai negando unhas

calidades para salientar outras: non me gustan estas que me gustan estoutras...

• Agora pensa no que che guste: un obxecto, una flor, un animal, unha persoa, un personaxe ... e tenta facer unha pequena descrición baseándote nas negacións positivas.

III. CARACOL • Escoitamos a canción sobre este poema.

IV. A PITA CHOCA • érase unha vez...Pensade que ides contar un conto aos máis

pequenos baseado neste poema. Xuntádevos por grupos e pensade na forma de contalo aos cativos: reescribindo o conto, escenificando as accións, etc...

V. A VACA • Cita as calidades que da vaca se citan no poema.

Page 15: Soños na gaiola

15

VI. O MEU BURRIÑO • Lecturas diversas para este poema: animosa, resignada,

autoritaria, mimosa VII. A LEBRE

• A mesma actividade de lectura para este poema.

VIII. O GALO • Medida e rima dos versos.

IX. SEÑOR GATO • Volvamos á lectura: imos traballar a voz para dar intensidade ao

poema: recitamos como se tiveramos un megáfono ou como se lle contaramos un segredo. Buscamos outros xeitos de recitar.

X. O LOBO • O lobo é protagonista de moitos contos infantís. Busca na

biblioteca algún conto para máis pequenos onde teñan a un lobo como personaxe ( desbotando o de Carapuchiña Vermella) e leo. Logo apunta os seus datos no caderno da biblioteca e finalmente cóntallo aos demais.

XI. O GRILO • Despois de ler o poema, fai unha pequena descrición deste grilo.

Page 16: Soños na gaiola

16

6) PAXAROS I. O CORVO

II. O MERLO III. O CARRIZO IV. O ESCRIBENTE V. ANDURIÑAS

VI. PAZPALLÁR VII. O CUCO

VIII. O PARDAL IX. AS PEGAS

Page 17: Soños na gaiola

17

• Ponlle os nomes axeitados á cada imaxe e engádelle unha verso

ou frase do seu poema correspondente.

7) CANDO O AUTOR FALA DE SI • Manuel María pon en versos a súa biografía. Imos falar dela:

o Situamos no mapa de Galicia o lugar de nacemento do autor.

o Fala dos seus amigos en sentido figurado: cales son? Porque lle chama amigos?

o Que fixo cando era novo? o Pensas que o autor síntese so ? o Din de M.M que é autor prolífico e incontinente. Que

quere dicir esto? o Cal foi a finalidade ao escribir este libro? o Mentras o tempo me gasta:/ !paseo, leo, escribo! o Como pasas ti o tempo? o Sabendo agora máis da súa biografía, como a

completarías ?

Page 18: Soños na gaiola

18

DESPOIS DA LECTURA

I. Imos escoller de todo o libro o poema que mais nos gustou e

explicamos a razón aos compañeiros/as.

II. Imaxinamos que imos escribir un libro de poemas con temática diversa.Pensamos nun título e escribimos a continuación o título de tres ou catro apartados, tal como está estruturado este libro.

III. Buscamos na biblioteca se hai algún libro máis de Manuel María. Preguntamos a maneira de buscar por autores no MEIGA.

IV. Agasallamos poemas:pensamos nunha persoa e buscmoslle un poema do libro para dedicarllo.Explicamos as razóns.

V. Buscamos en internet algún video relacionado coa música que Suso Vaamonde lle puxo a algúns poemas do libro.

VI. Recomendámoslle este libro a alguén para lelo. Como o faríamos? Intentamos resumir todo o que temos aprendido sobre el e facemos unha recomendación tan eloxiosa que a outra persoa non poda deixar de lelo.

VII. Ao principio do libro hai unha carta de Manuel María dirixida aos nenos e nenas de Galicia. Escribimos a contestación a dita carta despois de ter lido o libro, expresándolle a nosa opinión.

VIII. Manuel María é un escritor moi importante para moitos escritores mais novos; por esa razón hai bastantes escritos e libros que falan da súa obra. Aquí temos un poema de Rafa Villar sobre o libro de “Soños na Gaiola”:

Page 19: Soños na gaiola

19

soños na gaiola que un día escacharon na tarde

na voz do poeta que do pobo era

teño por país

un arado na terra e un barco no mar

mil ríos e montes e vilas que xorden

aquí e acolá

cidades aldeas fábricas pequenas

casas e igrexas e xente sen máis

gaiola de soños este o meu país

que garda para a historia a fala dos avós

ás de bolboreta na voz do poeta

“Acuarelas” Ed.Galaxia.

- Como está escrito este poema,a nivel ortográfico? - Paréceche que resume ben a idea que temos do libro? - É o mesmo: gaiola de soños que soños na gaiola? Como

explicariamos a diferencia, se é que a hai? - Seriamos quen de facer un pequeno poema de catro versos

sobre o libro? Poder tomar como exemplo o anterior de Rafa Villar .