STEG Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de ... - … · 2019-03-15 · A partir...

3
ACTIVIDADES PROPOSTAS YAMI MARTÍNEZ A actividade que propomos comezará contextualizando brevemente a figura de Yami Martínez. Unha vez presentada a artista, motivaremos aos nenos e nenas por medio do coñecemento da súa obra pictórica e escultórica utilizando como re- curso Internet. Nun primeiro momento pódese permitir que os/as escolares naveguen libremente na seguinte páxina web:: http://yami-martinez-trinidad.com/index.html, onde poden observar as súas esculturas e gravados. A seguir, daranse unha serie de orientacións para poder comprender o seu traballo: Na súa obra hai unha profunda identificación entre a figura humana e o obxecto estético. As principais protagonistas da súa obra pictórica son as mulleres, que non adoitan aparecer ergueitas. Polo xeral, encóntranse nunha posición de somete- mento e mesmo, cando a muller é vítima do machismo, asoma sen rostro, brazos,… Estas figuras, en ocasións, rebélanse e encontran a afouteza para se impoñeren. Aparecen outros elementos con referencias domésticas, mais cunna forte simboloxía socio-política: - A bicicleta representa a liberdade e a independencia. - A cafeteira simboliza a primeira actividade do día que marca o sexo e a responsabilidade coa familia. Adoita repre- sentar unha muller cansa e agobiada. - A bandeira é o cubano. - Os peixes e as aves representan a vida no seu concepto bioló- xico. - Os retallos de prensa conteñen frases metafóricas que suxiren unha idea (adoitan introducirse a través do collage). Con estas indicacións, pediraselle ao alumnado que intente inven- tar e narrar unha pequena historia partindo dos ele- mentos e personaxes que aparecen no seguinte cadro. Resulta intere- sante facelo en gran grupo, seguindo unha metodoloxía lúdica. Despois falarase do traballo escultórico que Yami Martínez plasma a través de materiais como o papel, escaiola, cerámica, metal ou vidro soprado. Destacan os seus suxeitadores de metal como prenda molesta e opresora que pertence á cotianeidade feminina. ¿Como se sente a muller? ¿Por que se sente así? xaneiro E as cafeteiras representando os distintos estados e persona- lidades da muller. Para rematar, amosarémoslles aos nenos e nenas unha se- rie de obras nas que deben analizar cada unha das posicións que adopta a cafeteira como elemento simbólico que personifica a muller. No seguinte cadro deberán traducir as posicións das cafe- teiras en sentimentos, para chegar a reflexionar sobre as razóns que provocan ese estado anímico. A través da obra de Yami Martínez estaremos promovendo o espírito crítico nos escolares, reflexionando sobre os roles impostos tradicionalmente á muller e favorecendo a capacidade para empatizar e poñerse no lugar do outro, na esperanza de romper a reprodución de todos eses roles da sociedade machista e, deste xeito, conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria apoiándonos na obra desta artista internacional. TARSILA do AMARAL - Procura información sobre a vida de Tarsila do Amaral e sobre o seu país. - Procura información sobre Tarsila e a Antropofaxia. - Que elementos representa Tarsila nos seus cadros e como o fai?. - Describe o que máis chamase a túa atención da súa obra e explica por que. MARUJA MALLO - Quen é Maruja Mallo? Procura información sobre a súa vida e a súa obra. - Que expresa a obra de Maruja Mallo sobre as mulleres? - Teñen algo en común estas mulleres? pintoras febreiro Consultar nas seguintes webs a biografía das escultoras Camille Claudel (1864-1943), Barbara Hepworth (1903- 1976) e Louise Bourgeois (1911-2010). http://en.wikipedia.org/wiki/Louise_Bourgeois www.historiadelartecreha.com/index.php?/Table/Biografias/ www.mujeresparapensar.wordpress.com www.molinfan.com/Disco%20web%20mujeres quintoalameda.blogspot.com/2012/06/mujeres-escultoras.html - Sinalar paralelismos e diferenzas entre as biografías das tres escultoras. - Estabelecer un pequeno debate sobre as dificultades que encontraron para se dedicaren ao que querían ser. - Apuntar diferenzas e semellanzas entre as obras destas tres escultoras. - Procurar información sobre que imaxe de mulleres reflicten na súa obra e como as representan. - Procurar información sobre o contexto social en que cada escultora desenvolve a súa obra, sinalando os condicionan- tes de cada momento para seren artistas. - Elaborar un “power point” coas imaxes da obra das escultoras, sinalando os seus trazos máis relevantes. - Contar as súas respectivas vidas, adaptándose á idade do alumnado. Elaborar cómics colectivos coa peripecia biográfi- ca de Camille Claudel, Barbara Hepworth e Louise Bourgeois. - Reproducir algunhas das súas obras en barro. - Realizar esculturas libres (papel, barro, material de refugallo...) onde cada quen exprese diferentes sentimentos ou ideas, sobre as que se poderá facer comentario logo en clase. escultoras Quen é quen? Completa a táboa cos datos e imaxes debaixo do nome da arquitecta correspondente, procurando a información en internet, en páxinas como estas: http://www.urv.cat/any_dones_ciencies/dones_i_ciencies/dones_arquitectes/es_matildeucelay.html es.wikipedia.org Tivo que agardar dous anos para ser admitida na Escola de Belas Artes de París. | Foi a primeira muller titulada en arqui- tectura en España. | Estivo comprometida politicamente con causas como o dereito ao sufraxio das mulleres. | O seu mentor fundamental foi a súa profesora Bernard Chaussemiche. | Foi a primeira muller arquitecta. | Foi condenada nun consello de guerra pola súa afiliación republicana e liberal. | Deseñou elementos para as cociñas como o fregadeiro que coñecemos actualmente. | Inventou o tixolo “K Brick”. | Construíu a casa Benítez, de Lugo. | Construíu o Merrill Hall. | Coñeceu a Federico García Lorca. | Conseguiu sete patentes.. Imos ser arquitectos e arquitectas. Ensinaremos ao alumnado imaxes de edificios construídos por arquitectas como Matilde Ucelay, Julia Morgan e Anna Keichline. Analizaremos eses edificios, para ver cal lles gusta máis, cal é o máis grande, cal o máis moderno… Faremos un mural con fotos dos edificios e das arquitectas que estudamos. Agora construiremos a nosa casa. Pediraselle ás familias que traian ao colexio todos os bricks que poidan (de leite, caldo, zume,…) teas, plásticos e paus, para construír con todo ese material unha casa de xogos, co seu mobi- liario, sillas, mesas… Deseñamos a nosa casa. Leremos a biografía de 3 grandes arquitectas da historia: Matilde Ucelay, Julia Morgan e Anna Keichli- ne. Co seguinte programa de ordenador deseñare- mos por grupos a vivenda que máis nos guste e logo amosarémoslla ao resto do alumnado. Finalmente faremos unha exposición coas distintas vivendas creadas. http://es.homestyler.com/designer Julia Morgan Anna Keichline Matilde Ucelay marzo abril arquitectas músicas A partir da letra da canción de Violeta Parra “Gracias a la Vida” colorearán os deseños alusivos á letra da canción. Apren- deremos algunha estrofa e cantarémola en grupo ao final do trimestre. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me dio dos luceros que cuando los abro Perfecto distingo lo negro del blanco Y en el alto cielo su fondo estrellado Y en las multitudes el hombre que yo amo. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me ha dado el sonido y el abedecedario Con él las palabras que pienso y declaro Madre amigo hermano y luz alumbrando, La ruta del alma del que estoy amando. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me ha dado la marcha de mis pies cansados Con ellos anduve ciudades y charcos, Playas y desiertos montañas y llanos Y la casa tuya, tu calle y tu patio. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me dio el corazón que agita su marco Cuando miro el fruto del cerebro humano, Cuando miro al bueno tan lejos del malo, Cuando miro al fondo de tus ojos claros. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me ha dado la risa y me ha dado el llanto, Así yo distingo dicha de quebranto Los dos materiales que forman mi canto Y el canto de ustedes que es el mismo canto Y el canto de todos que es mi propio canto. Gracias a la vida Gracias a la vida Realizarán un “power point” coa letra da canción de Violeta Parra “Gracias a la Vida” e expoñerano diante das súas com- pañeiras e compañeiros. Intentarán reflectir nel o que lles transmite a canción elixida. STES ·INTERSINDICAL Organización de Mujeres

Transcript of STEG Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de ... - … · 2019-03-15 · A partir...

ACTIVIDADES PROPOSTASYAMI MARTÍNEZA actividade que propomos comezará contextualizando brevemente a figura de Yami Martínez. Unha vez presentada a

artista, motivaremos aos nenos e nenas por medio do coñecemento da súa obra pictórica e escultórica utilizando como re-curso Internet. Nun primeiro momento pódese permitir que os/as escolares naveguen libremente na seguinte páxina web::

http://yami-martinez-trinidad.com/index.html, onde poden observar as súas esculturas e gravados.A seguir, daranse unha serie de orientacións para poder comprender o seu traballo:Na súa obra hai unha profunda identificación entre a figura humana e o obxecto estético. As principais protagonistas da

súa obra pictórica son as mulleres, que non adoitan aparecer ergueitas. Polo xeral, encóntranse nunha posición de somete-mento e mesmo, cando a muller é vítima do machismo, asoma sen rostro, brazos,… Estas figuras, en ocasións, rebélanse e encontran a afouteza para se impoñeren.

Aparecen outros elementos con referencias domésticas, mais cunna forte simboloxía socio-política:- A bicicleta representa a liberdade e a independencia.- A cafeteira simboliza a primeira actividade do día que marca o sexo e a responsabilidade coa familia. Adoita repre-

sentar unha muller cansa e agobiada.- A bandeira é o cubano.- Os peixes e as aves representan a vida no seu concepto bioló-

xico.- Os retallos de prensa conteñen frases metafóricas que suxiren

unha idea (adoitan introducirse a través do collage).

Con estas indicacións, pediraselle ao alumnado que intente inven-tar e narrar unha pequena historia partindo dos ele-mentos e personaxes que aparecen no seguinte cadro. Resulta intere-sante facelo en gran grupo, seguindo unha metodoloxía lúdica.

Despois falarase do traballo escultórico que Yami Martínez plasma a través de materiais como o papel, escaiola, cerámica, metal ou vidro soprado.

Destacan os seus suxeitadores de metal como prenda molesta e opresora que pertence á cotianeidade feminina.

¿Como se sente a muller?

¿Por que se sente así?

xaneiroE as cafeteiras representando os distintos estados e persona-

lidades da muller. Para rematar, amosarémoslles aos nenos e nenas unha se-

rie de obras nas que deben analizar cada unha das posicións que adopta a cafeteira como elemento simbólico que personifica a muller. No seguinte cadro deberán traducir as posicións das cafe-teiras en sentimentos, para chegar a reflexionar sobre as razóns que provocan ese estado anímico.

A través da obra de Yami Martínez estaremos promovendo o espírito crítico nos escolares, reflexionando sobre os roles impostos tradicionalmente á muller e favorecendo a capacidade para empatizar e poñerse no lugar do outro, na esperanza de romper a reprodución de todos eses roles da sociedade machista e, deste xeito, conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria apoiándonos na obra desta artista internacional.

TARSILA do AMARAL- Procura información sobre a vida de Tarsila do Amaral e sobre o seu país.- Procura información sobre Tarsila e a Antropofaxia.- Que elementos representa Tarsila nos seus cadros e como o fai?.- Describe o que máis chamase a túa atención da súa obra e explica por que.

MARUJA MALLO- Quen é Maruja Mallo? Procura información sobre a súa vida e a súa obra.- Que expresa a obra de Maruja Mallo sobre as mulleres?- Teñen algo en común estas mulleres?

pintoras

febreiro• Consultar nas seguintes webs a biografía das escultoras Camille Claudel (1864-1943), Barbara Hepworth (1903-1976) e Louise Bourgeois (1911-2010).

http://en.wikipedia.org/wiki/Louise_Bourgeoiswww.historiadelartecreha.com/index.php?/Table/Biografias/www.mujeresparapensar.wordpress.comwww.molinfan.com/Disco%20web%20mujeresquintoalameda.blogspot.com/2012/06/mujeres-escultoras.html

- Sinalar paralelismos e diferenzas entre as biografías das tres escultoras.- Estabelecer un pequeno debate sobre as dificultades que encontraron para se dedicaren ao que querían ser.- Apuntar diferenzas e semellanzas entre as obras destas tres escultoras.- Procurar información sobre que imaxe de mulleres reflicten na súa obra e como as representan.

- Procurar información sobre o contexto social en que cada escultora desenvolve a súa obra, sinalando os condicionan-tes de cada momento para seren artistas.

- Elaborar un “power point” coas imaxes da obra das escultoras, sinalando os seus trazos máis relevantes.- Contar as súas respectivas vidas, adaptándose á idade do alumnado. Elaborar cómics colectivos coa peripecia biográfi-

ca de Camille Claudel, Barbara Hepworth e Louise Bourgeois.- Reproducir algunhas das súas obras en barro.- Realizar esculturas libres (papel, barro, material de refugallo...) onde cada quen exprese diferentes sentimentos ou

ideas, sobre as que se poderá facer comentario logo en clase.

escultoras

• Quen é quen? Completa a táboa cos datos e imaxes debaixo do nome da arquitecta correspondente, procurando a información en internet, en páxinas como estas:

http://www.urv.cat/any_dones_ciencies/dones_i_ciencies/dones_arquitectes/es_matildeucelay.htmles.wikipedia.org

Tivo que agardar dous anos para ser admitida na Escola de Belas Artes de París. | Foi a primeira muller titulada en arqui-tectura en España. | Estivo comprometida politicamente con causas como o dereito ao sufraxio das mulleres. | O seu mentor fundamental foi a súa profesora Bernard Chaussemiche. | Foi a primeira muller arquitecta. | Foi condenada nun consello de guerra pola súa afiliación republicana e liberal. | Deseñou elementos para as cociñas como o fregadeiro que coñecemos actualmente. | Inventou o tixolo “K Brick”. | Construíu a casa Benítez, de Lugo. | Construíu o Merrill Hall. | Coñeceu a Federico García Lorca. | Conseguiu sete patentes..

Imos ser arquitectos e arquitectas. Ensinaremos ao alumnado imaxes de edificios construídos por arquitectas como Matilde Ucelay, Julia Morgan e Anna

Keichline. Analizaremos eses edificios, para ver cal lles gusta máis, cal é o máis grande, cal o máis moderno… Faremos un mural con fotos dos edificios e das arquitectas que estudamos.

Agora construiremos a nosa casa. Pediraselle ás familias que traian ao colexio todos os bricks que poidan (de leite, caldo, zume,…) teas, plásticos e paus, para construír con todo ese material unha casa de xogos, co seu mobi-liario, sillas, mesas…

Deseñamos a nosa casa.Leremos a biografía de 3 grandes arquitectas da

historia: Matilde Ucelay, Julia Morgan e Anna Keichli-ne.

Co seguinte programa de ordenador deseñare-mos por grupos a vivenda que máis nos guste e logo amosarémoslla ao resto do alumnado. Finalmente faremos unha exposición coas distintas vivendas creadas.

http://es.homestyler.com/designer

Julia Morgan Anna Keichline Matilde Ucelay

marzo abrilarquitectas músicasA partir da letra da canción de Violeta Parra “Gracias a la Vida” colorearán os deseños alusivos á letra da canción. Apren-

deremos algunha estrofa e cantarémola en grupo ao final do trimestre.

Gracias a la vida que me ha dado tanto Me dio dos luceros que cuando los abro Perfecto distingo lo negro del blanco Y en el alto cielo su fondo estrellado Y en las multitudes el hombre que yo amo. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me ha dado el sonido y el abedecedario Con él las palabras que pienso y declaro Madre amigo hermano y luz alumbrando, La ruta del alma del que estoy amando. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me ha dado la marcha de mis pies cansados Con ellos anduve ciudades y charcos, Playas y desiertos montañas y llanos Y la casa tuya, tu calle y tu patio. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me dio el corazón que agita su marco Cuando miro el fruto del cerebro humano, Cuando miro al bueno tan lejos del malo, Cuando miro al fondo de tus ojos claros. Gracias a la vida que me ha dado tanto Me ha dado la risa y me ha dado el llanto, Así yo distingo dicha de quebranto Los dos materiales que forman mi canto Y el canto de ustedes que es el mismo canto Y el canto de todos que es mi propio canto. Gracias a la vida Gracias a la vida

Realizarán un “power point” coa letra da canción de Violeta Parra “Gracias a la Vida” e expoñerano diante das súas com-pañeiras e compañeiros. Intentarán reflectir nel o que lles transmite a canción elixida.

STES·INTERSINDICALOrganización de Mujeres

ACTIVIDADES PROPOSTASmaio fotógrafas xuño cineastas

agosto setembronovelistas poetas

Compara a seguinte fotografía da época Tina Modotti en México coa fotografía realiza por Hellen Levitt e que aparece no cartel publicitario da dereita

- Compara a vestimenta de ambas mulleres

- A que cres que se adica cada unha delas?- Escribe unha breve redacción contando como sería un día na vida de cada unha

destas mulleres.

Le a biografía de Tina Modotti e sinala nun mapamundi os países en que viviu. http://info.nodo50.org/Tina-Modotti-fotografa.html

Observa a foto inferior e descobre de que se trata. Responde:- Con que paises relacionarías esta fotógrafa?- Investiga sobre a vida desta fotógrafa que viviu entre 1896 e 1942 e descobre con que

outras figuras da arte mexicana e personaxes importantes doutras artes tivo relación.

Procura imaxes da fotógrafa Helen Levitt. Inspirándote nelas, realiza un pequeno tra-ballo de investigación explicando a vida en Nova York nos anos 30.

Despois de ver o seguinte fragmento de “As aventuras do príncipe Achmed”, realizada por Lotte Reiniger, escri-be os diálogos para a historia xunto aos teus compañeiros/as.

http://www.youtube.com/watch?feature=endscreen&v=yS4jit16Fd8&NR=1

Procura información sobre a ópera de Mozart “A Frauta Máxica”. Despois podes ver o seguinte fragmento rea-lizado por Lotte Reiniger e deseñar a túa propia idea do Papaxeno

http://www.youtube.com/watch?v=zCR-GFKmMGU

Despois de ver a película “Consecuencias do Feminismo”, de Alice Guy Blache, resposta as seguintes preguntas. http://www.youtube.com/watch?v=dQ-oB6HHttU

- Cal era o papel da muller nese momento?.- Analiza a idea que a comezos do século XX se tiña sobre o feminismo.

- Cales son os logros do feminismo na actualidade?.- Coidas que produciron na sociedade os efectos que narra a película?.

Procura información sobre as achegas ao cinema das tres mulleres que aparecen no calendario.

Investiga sobre máis mulleres que se dedicasen á realización e produción cinematográficas.

Jill Clayburg, Magda Donato, Sarah Bernhardt.

Os medios de comunicación e a publicidade amósannos o prototipo de actriz como muller glamo-rosa na que a beleza física é o máis salientábel e a intelixencia resulta mesmo desnecesaria. Existen, porén, outras mulleres que actuaron doutra forma dentro e fóra dos platós.

É o caso de Jill Clayburg, actriz que representou en escena mulleres independentes nun rexistro semellante ao das actrices Diane Keaton, Ellen Burstyn ou Marsha Mason.

Tivo unha carreira controvertida, con polémicas como a suscitada pola súa película “A lúa”.Magda Donato foi escritora, xornalista e actriz. Foi nominada como a mellor pola Agrupación de

Críticos de Teatro ata o punto que se instituíu, ao morrer, o Premio Magda Donato, que foi outorgado ata o ano 1973.

Sara Bernhardt está considerada como a actriz máis importante do século XIX e a máis famosa da historia.

Revolucionou o xeito de actuar da época, profundizando na psicoloxía dos seus personaxes e aban-donando fórmulas encorsetadas e afectadas. Tamén foi pintora e escultora.

Se queres profundizar máis na vida destas interesantes mulleres, consulta os medios virtuais.

xulloactrices

Belén Gopegui, Djuna Barnes, Elisabeth Haskell.

Moi longo foi o percorrido das mulleres artistas para seren recoñeci-das. Desde Isac Dinesen (Karen Blixen) ata Víctor Catalá (Caterina Albert), por exemplo, con pseudónimos masculinos para poderen ser aceptadas e lidas, ata o momento actual repleto de boas escritoras e cos rankings de lectura encabezados por mulleres.

“Non son abondo intelixente para ser sufraxista. Estou demasiado ocupada tratando de localizar o lado esquer-do do mundo en que se supón que ten de estar o corazón”

Dixo nunha en-trevista á activista obreira Madre Jones a lúcida Djuna Barnes, cuxa destreza mental e enxeño deixaban a cotío desconcertadas ás persoas que a lían. O seu libro “O bosque da noite” é un exemplo de orixinalidade e inteli-xencia.

Na época vitoriana viviu Elisabeth Gaskell, novelista e escritora de excelentes novelas en que retratou a vida e as an-gueiras de moitos secto-res sociais, especialmente dos máis desfavorecidos.

Na época actual, Belen Gopegui é, en opinión de Francisco Umbral, a mellor novelista da súa xeración. Escritora e muller compro-metida politicamente, dispón de estensa obra e numerosos artigos publicados.

Podes seguir coñecendo estas escritoras a través dos medios virtuais.

Antes de traballar cada unha das actividades, o primeiro que faremos será procurar información da poeta sobre a que traballaremos. Servirá de introdu-ción e ademais axudará a que o alumnado se interese por indagar e investigar. Pódense consultar páxinas como wikipedia,

http://www.femiteca.comhttp://www.arteguias.com/biografia,http://escritoras.com/escritoras,

http://www.visat.cat/traduccions-literatura-catalana/esp/autor/20/3/poesie/maria-merce-marcal.html .

As actividades que se propoñen son orienta-cións de como se pode traballar na aula con algunha

destas poetas.Substituír no texto as palabras polos deseños e

que as nenas e os nenos digan a palabra que se co-rresponde co deseño:

TEXTO ORIXINAL:Canción del beso sin puerto

El agua roba jazmines al corazón de la noche morena. Blanca colada de sal por las altas azoteas de la pena. Tú y yo y un beso sin puerto como una trenza negra.

Tú y yo y un beso sin puerto en un barco sin bandera. El cuervo en el fondo de la sima, gaviotas en la escollera. Car-

bón de amor dentro de los ojos, como una trenza negra.Carbón de amor dentro de los ojos y los ojos dentro de

la tristeza. La tristeza dentro de la mar, la mar dentro de la luna ciega. Y la luna al capricho del viento, como una trenza

negra.

El (agua) roba jazmines al (corazón) de la

(noche) morena. Blanca colada de (sal) por las altas

(azoteas) de la pena. Tú y yo y un (beso) sin puerto como

una (trenza) negra

Tú y yo y un (beso) sin puerto en un (barco) sin

bandera. El (cuervo) en el fondo de la sima, (gaviotas) en

la escollera. (Carbón) de amor dentro de los (ojos), como una

(trenza) negra.

(Carbón) de amor dentro de los (ojos) y los (ojos) dentro de

la (tristeza). La (tristeza ) dentro de la (mar), la (mar)

dentro de la (luna) ciega. Y la (luna) al capricho del (viento), como

una (trenza) negra.

Preséntaselle ao alumnado o texto desordenado dunha das poetas que se van estudar este mes (Renné Vivien, Christine de Pizan e María Mercé Marçal). Teñen que procurar o texto orixinal e recompoñelo. Teñen tamén que buscar o título e a autora correspondente.

Sentí de pronto indignos los toscos labios míos.Mi alma cumplió un sueño conmovido: posaren tu encanto, que sabe retener tanta luz,el tembloroso hálito de algún místico beso.En torno a ti, esparcidos, sollozaban los nardosy tus senos se erguían, intactos y orgullosos.Quemaba en mi mirada el doloroso éxtasisque oprime en los umbrales de la divinidadTe arrojaba la sombra efluvios de agonía.El silencio se hizo turbador y anhelante.Escuché un susurrar de pétalos rosados.Lirio entre lirios, blanco, se me mostró tu cuerpo.Desdeñando los mundos que el deseo encadena,gélida mantuviste tu sonrisa inmortal:Sobrehumana y extraña resiste la Bellezay exige la distancia radiante del altar.

Faise unha presentación de cada unha das poetas (Reneé Vivien, Christine de Pizan e María Mercé Marçal): estilo, época a que pertencen, temática dos seus poemas,… A partir destes datos, o alumnado ten que procurar quen é a autora que corresponde a cada un dos tres fragmentos de poemas que se someten á súa consideración. En primeira instancia, ten que chegar á conclusión unicamente a través da información que se lle facilitou. Unha vez que as alumnas e alumnos deron relacionado o texto cunha autora determinada, comprobarán por internet se a conclusión a que chegaron é a correcta. Explicarán, daquela, as súas conclu-sións ao resto de compañeiras e compañeiros.

STES·INTERSINDICALOrganización de Mujeres

ACTIVIDADES PROPOSTASoutubroartistas circenses

novembro decembroartistas da danza artistas da maxia

En cada unha das etapas comezaremos dando información sobre cada unha das artistas sobre as que imos traballar.

Páxinas webs de información: http://es.wikipedia.org/wiki/Hom-bre_bala , http://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Cristina_del_Pino_Segura_G%C3%B3mez , http://en.wikipedia.org/wiki/Bird_Millman, http://www.buscabiografias.com/bios/biografia/verDetalle/8070/Pinito%20del%20Oro , http://thevictoriantimes.blogspot.com.es/2011/11/zazel-human-cannonball.html

EDUCACIÓN INFANTIL: ¡Mamá, quiero ser artista!Veremos algún video do “Circo do Sol”, http://www.youtube.com/watch?v=Hi1Em1nPKOk&

feature=related. Cada nena e neno escollerá o/a artista de circo que máis lle gustase. Procu-raremos un debuxo e colarémoslle unha foto coa face do neno ou nena correspondente. Nun

grande mural que colocaremos na parede, faremos unha gran carpa con teas e dentro pegaremos cada un dos debuxos que realizamos.

Somos artistas do circo. Formaremos grupos de seis alumnos e alumnas. Cada grupo elaborará unha coreografía emu-lando os artistas de circo, pallasos, equilibristas, malabaristas, etc, con fitas, mazas, pelotas, aros,... Tamén deben elaborar

o traxe correspondente. Ao final do trimestre realizaremos unha exhibición para o resto do alumnado do colexio.• O alumnado por grupos escollerá unha artista de circo (Pinito del Oro, Rossa Matilde Richter, Bird Millman O´Day)

buscará a súa biografía e elaborará un power point para explicarlla ao resto de compañeiras e compa-ñeiros da clase.

Compararán como é o circo moderno e o tradi-cional, buscarán similitudes e diferenzas. Elabora-rán un traballo sobre unha das dúas clases de circo,

o tradicional ou o moderno, achegando argumentos en de-fensa do tipo de circo elixido. Webs de consulta:

http://www.monografias.com/trabajos907/circo-tradi-cional/circo-tradicional.shtml

http://www.clownplanet.com/circo.htm

PINA BAUSCH (Solingen, 27 de xullo de 1940 - Wuppertal, 30 de xuño de 2009)

FRASES DE PINA BAUSCH«Non me interesa como se move o ser humano, senón aquilo que o conmove». «A vida actual non pode ser bailada á maneira tradicional. Non me interesa a estética do xesto polo xesto. Tiven que sacri-

ficar a miña propia danza para encontrar a forma de incluír no movemento os problemas do noso mundo».«Hai que aprender a deixarse tocar pola beleza, polo aceno, o máis mínimo soplo e a percibir o mundo independente-

mente do que se sabe».«Son filla de taberneiros, e como tal non tiven nunca vida de familia; os meus pais non tiñan tempo libre para se ocupar

de min. Ao caer a tarde refuxiábame debaixo das mesas do café e ficaba alí, observando».«Empecei a bailar porque tiña medo a falar».

ACTIVIDADES PARA BACHARELATO- Observación do vídeo da obra Café Müller de Pina Bausch http://www.youtube.com/watch?v=pEQGYs3d5Ys

- Os alumnos e alumnas deberán escribir un breve relato inspirado nesta obra. Primeiro individualmente e despois poñéndose de acordo para reescribilo, recompoñendo así unha historia entre todos/as.

- Poden seleccionarse algunhas frases do relato ou ben imaxinar algunha frase que o bailarín ou a bailarina poida dicir en diferentes momentos da obra. Mentres se observa o vídeo, o alumnado lerá esas frases, como unha voz en off teatral.

- Le o texto de Pina Bausch no calendario e explica que sentimentos expresan os bailaríns e bailarinas nesta obra ACTIVIDADE PARA INFANTIL-PRIMARIAObserva o vídeo e ensaia os movementos do bailarín e a bailarina cun compañeiro ou compañeira. Represéntaos logo

como se estiveses nun teatro.Full Dance Scene - Strong Woman (HD)http://www.youtube.com/watch?NR=1&v=viVRHMDphek&feature=endscreen

ISADORA DUNCAN (San Francisco, 1878 - Niza, 1927)

FRASES DE ISADORA DUNCAN“Nacín á beira do mar. A miña primeira idea do movemento e da danza veume seguramente do ritmo das ondas...”

ACTIVIDADE SECUNDARIA (3º e 4º ESO)- Os alumnos e alumnas escoitan a canción que Celia Cruz lle dedica a Isadora Duncan. canción: http://www.youtube.com/watch?v=Sn2hsgtMvYc&feature=relatedletra: http://www.lyricsmania.com/isadora_lyrics_celia_cruz.html- O profesor/a divide a canción en estrofas e a clase en grupos. Dá un fragmento da canción a cada grupo para que

explique o que quere dicir. Para máis aclaracións, os alumnos e alumnas poden ler a biografía de Isadora Duncan en :

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/d/duncan.htmhttp://www.isadoraduncan.net/isadora.html

MARTHA GRAHAM (Allegheny, Pensilvania, 11 de maio de 1894 — Nova York, 1 de abril de 1991)

FRASES“Farei este tipo de traballo ou calquera outro

que desexe ata que o público me indique que debo determe”, foi a resposta da bailarina ás críticas recibidas dos seus mestres cando de-cidiu abrirse camiño soa, en 1926.

“A técnica é o acto da respiración: a contrac-ción, isto é, a exhalación e a relaxación ou inha-lación. O corpo do bailarín debe ser expresivo, ter equilibrio en toda posición, xirar sobre si mismo, saltar”

ACTIVIDADE (ESO e Bacharelato)Lamentation:http://www.youtube.com/watch?v=Pb4-

kpClZns&feature=relatedHeretic:http://www.youtube.com/watch?v=R6r-

hN2ndIw&feature=related

- Obsérvase a danza nos vídeos sobre Martha Graham e logo solicítaselles aos alumnos e alumnas que expliquen o que lles suxire.- Dáselle resposta ás seguintes preguntas:* Que é o que máis chama a túa atención? * Que diferenzas encontras se a comparas cunha obra de ballet clásico?.

MANUELA REJAS, A MAGA VIOLETA (Moralzarzal, Madrid 1924 – León 2010)

FRASES“Eu nacín maga. Meu pai quería un fillo, falloulle o truco e naceulle unha filla… De moi pequecha, con 5 anos, xa facía trucos e

tonterías cos outros nenos. Son ilusionista de nacemento.”“Non teño estudos universitarios, pero si unha fantasía moi guapa. Non escribo para vender senón para permanecer, para

facer constar que pasei”.

Actividade 1http://uncajonrevuelto.com/?p=532Le a biografia de Manuela Rejas e recolle datos so-

bre: - Os problemas que tivo para poder ser ilusionista- Trazos do seu carácter- Tipo de ilusionismo que realizaba

Actividade 2Descubre a Manuela Rejas escritora. Visita este blog e responde as preguntas:http://entrepalerasyencinas-mercedesgrojo.blogs-

pot.com.es/2011/02/poemas-y-relatos-de-manuela-rejas.html

Cando empezou a escribir? Por que se puxo a escribir? Que tipo de obras escribiu?

Descarga a sección da revista e fai un resumo do relato breve ou dos poemas de Manuela Rejas.

https://docs.google.com/file/d/0B46Ei-JDVm7pO-GQ4ZGMzOTItZTc0MC00ZjJhLWE1ZTctYzcwNTk3YmE-4M2Zh/edit?hl=en&pli=1

JULIANA CHEN

Descubre cales son as 7 mellores magas da actua-lidade en :

http://blogdemagia.com/2012/05/03/las-7-mejo-res-magas-de-la-actualidad/

A clase divídese en 7 grupos de maneira que cada grupo indagará sobre unha maga e contarálle ao resto dos grupos o máis importante dela, os seus trazos principais e o seu estilo nesta arte .

• English activities:http://www.julianachen.com/Before watching the video:

- Teacher begins the class with a simple trick he / she has learnt. Depending on the level the teacher can teach them one and let pupils practicing in class.

- Teacher asks pupils the following questions:Are you a magician?Have you seen other magic tricks?Do you know the name of a magician?Who does them a man or a woman?What do magicians use for their tricks?

After watching the video:Where is she from? Can you guess? Is she… English? Is she from Spain?Which place is she doing the tricks? a) in the theatre b) on tv c) in the street

- Children say objects often used in magic tricks: cards – string – handkerchieves – pigeons …. and the teacher helps them with flashcards with pictures of these items.

• Watch the video and then answer the questions:http://www.julianachen.com/videosStudents watch the video and then answer the questions, first individually and then in groups will agree on answers. Later

each group will talk about the answers to the rest of the class and will add the new ideas other groups say?- Which adjectives does the presenter of the show use to describe Juliana Chen?- What does her show consist in? Describe- What makes her show different from others?

STES·INTERSINDICALOrganización de Mujeres