SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma,...

7
SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA APOIAR O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES NO ÁMBITO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ. CORUÑA PARTICIPACIÓN

Transcript of SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma,...

Page 1: SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc. Programas que impliquen a apertura

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA APOIAR O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES NO ÁMBITO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

CORUÑAPARTICIPACIÓN

Page 2: SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc. Programas que impliquen a apertura

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática ten a vontade de prestar todo o seu apoio ao asociacionismo veciñal, por consideralo un dos instrumentos máis importantes que garanten a participación colectiva da cidadanía, contribuindo á construción colectiva da nosa cidade.

Polo tanto, a través destas axudas económicas préstase apoio económico para a realización de proxectos, programas e actividades que promovan a dinamización das asociacións veciñais da Coruña e as manteñan como instrumentos activos e canalizadores de participación.

Page 3: SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc. Programas que impliquen a apertura

Extracto das bases:

A | OBXECTO E FINALIDADE DA CONVOCATORIA

1. É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para

o financiamento de programas, proxectos ou actividades de interese social ou cultural que realicen as

entidades veciñais da Coruña durante o ano 2017, que favorezan a participación cidadá e que teñan un

carácter complementario respecto dos programas municipais.

2. Outorgarase subvención a aqueles programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten

a apertura de procesos participativos nos que poidan tomar parte veciños e veciñas dun barrio concreto, ou

ben de toda a cidade.

3. Igualmente se concederán axudas para o desenvolvemento de proxectos, programas e actividades

culturais, formativas e educativas, valiosas para toda a cidadanía, sen ser necesario ter a condición de

socio/a para participar nelas, e que favorezan a participación activa na vida da cidade.

4. Por último, poderán tamén subvencionarse algunhas celebracións populares que contribúan a manter

tradicións culturais ou costumes propios de arraigo nos barrios.

B | ENTIDADES PARTICIPANTES

Poderán ser beneficiarias as federacións e asociacións veciñais, legalmente constituidas, que

figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC).

Non poden ser beneficiarias as entidades veciñais que manteñan no ano 2017 un convenio nominativo

coa Concellaría de Participación e Innovación Democrática. Igualmente se o manteñen con outras

áreas do Concello, cando estes convenios se asinen para o desenvolvemento de proxectos e actividades

relacionadas co obxecto desta convocatoria, ou teñan os mesmos colectivos destinatarios.

C | SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

As solicitudes de subvención poden presentarse na sede electrónica, no Rexistro xeral do

Concello, nos rexistros auxiliares ou por calquera medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015

do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Xunto á solicitude deberán achegarse os impresos de solicitude debidamente

cumprimentados.

As entidades solicitantes poderán completar a súa solicitude, achegando toda aquela

documentación que estimen oportuna para a mellor valoración da súa proposta

(especialmente no que se refire á memoria explicativa).

Cando o importe da subvención proposto na resolución provisional sexa inferior ao

que figura na solicitude presentada, poderase reformular a solicitude.

Page 4: SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc. Programas que impliquen a apertura

D | CRITERIOS DE VALORACIÓN

A valoración das axudas graduarase tendo en conta os seguintes

CRITERIOS REFERIDOS AO PROXECTO

Contido da proposta do programa, proxecto ou actividade, valorarase o grao de

interese social e a conexión co contexto e o territorio de actuación da entidade.

Exposición e presentación da proposta, valorarase toda a documentación

achegada que amplíe a información sobre os obxectivos, desenvolvemento,

execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc.

Programas que impliquen a apertura de procesos participativos: consultas,

metodoloxías de análise sobre a realidade do barrio e, en xeral, a articulación

de mecanismos de participación individual abertos a toda a veciñanza, e non

só ás persoas socias da entidade.

Fomento da diversidade na participación de colectivos de distinta natureza

(mocidade, diversidade funcional, inmigrantes, familias...)

Propostas colaborativas. Proxectos coordinados ou conxuntos con outras

entidades, ben na súa totalidade ou nalgún aspecto puntual.

Número de persoas beneficiarias directas do proxecto ou actividade.

CRITERIOS REFERIDOS Á ENTIDADE

Número de persoas asociadas da entidade.

Grao de execución e xustificación de proxectos e actividades subvencionadas

en anteriores convocatorias.

Representación equilibrada de mulleres e homes na composición da xunta

directiva (ningún sexo representado menos do 40%).

Ata 10 puntos

Ata 8 puntos

Ata 8 puntos

Ata 6 puntos

Ata 4 puntos

Ata 3 puntos

2 puntos

Dende -2 ata 0 puntos

Ata 4 puntos

As solicitudes, xunto coa documentación, remitiranse a unha comisión de valoración que será

a encargada de valorar as solicitudes presentadas e estará composta por un mínimo de cinco técnicos/

as do Concello.

O órgano competente para a resolución do procedemento de concesión é a Concellería de Participación

e Innovación Democrática.

Page 5: SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc. Programas que impliquen a apertura

E | PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para presentar estas solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación

do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

F | PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

Tendo en conta a natureza da subvención, poderanse realizar pagos anticipados, que suporán entregas

de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as

actuacións inherentes á subvención. Neste caso constituirase unha garantía do 10% do importe total da

subvención. Unha vez efectuada a debida xustificación, e non existindo responsabilidade por parte da entidade

beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

G | RECURSOS ECONÓMICOS

1. O importe global para esta convocatoria ascende a 30.000 euros, con cargo á aplicación 80.924.489.00,

descrita no Orzamento xeral do Concello para o exercicio 2017.

2. A contía máxima para achegar a cada proxecto pode alcanzar até o 100% do importe total presentado, co

límite máximo de 3.000 euros ou, se é o caso, o límite do crédito dispoñible.

I | OBRIGAS DA ENTIDADE

1. Realizar o proxecto ou actividade proposta dentro do exercicio 2017, axustándose aos termos da solicitude.

2. Empregar os fondos percibidos para a finalidade que foron outorgados.

3. Comunicar por escrito no prazo máximo dun mes desde a notificación da concesión da subvención calquera

modificación importante no proxecto.

4. Proporcionar ao Concello a información funcional, económica e estatística que se lle requira a efectos de

seguimento e avaliación.

5. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para

a mesma finalidade.

6. Conservar os documentos xustificativos da xustificación, en tanto poidan ser obxecto de futuras actuacións

de comprobación e control.

7. Reintegrar os fondos percibidos nos supostos que procedan.

8. Facer constar explicitamente na publicidade as accións de difusión das actividades subvencionadas

e o financiamento do Concello da Coruña, incluíndo o seu logotipo.

Page 6: SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc. Programas que impliquen a apertura

É IMPORTANTE LEMBRAR QUE

O orzamento presentado debe ser o máis detallado posible, desglosando todos os conceptos

por separado.

Non se admitirá como gasto subvencionable a compra de material inventariable. A creación

dunha páxina web considérase material inventariable. (Consultar ante calquera dúbida).

Non serán tampouco subvencionables gastos en bebidas alcohólicas e, en xeral, os

realizados en concepto de “comidas, ceas, petiscos etc.”, agás se eses gastos están

directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a súa

axeitada execución, sen que en ningún caso poidan superar o 40% do orzamento.

Haberá de xustificar a totalidade do gasto presupostado, é dicir, o indicado no orzamento

presentado coa solicitude, ou no seu caso o reformulado, aínda que o importe da subvención

concedida sexa menor. De non ser así, poderá dar lugar á perda do dereito ao cobro total ou

parcial da subvención.

Os conceptos das facturas presentadas na xustificación deben ser os mesmos, ou o máis

parecido, aos conceptos que se indicaban no orzamento inicial ou o reformulado.

Os gastos de profesionais refírense a gastos de conferenciantes, monitores de actividades,

docentes de cursos, etc. No caso de facturas emitidas por servizos profesionais, a entidade

beneficiaria está obrigada á facer a retención do IRPF, debendo acreditarse o ingreso na

Axencia Tributaria co modelo 111 (trimestral) e o modelo 190 (anual).

O pago das facturas deberase acreditar preferentemente mediante a transferencia bancaria,

e poderanse admitir mediante cheque ou pagos en efectivo sempre que a cantidade aboada

sexa inferior a 500 euros. No caso de que o pago dun servizo estea fraccionado en varios pagos,

o límite de 500 euros entenderase para o conxunto dos pagos correspondentes ao servizo.

No caso de pagos en efectivo deberá figurar claramente na factura a dilixencia de “Pagado”,

a sinatura do acredor e o DNI da persoa que acredita o pago. Se a factura corresponde

a varios tíckets de compra, deberán achegarse tamén os tíckets como xustificantes de pago.

IMPORTANTE: non se admitirán como xustificantes facturas emitidas

por persoas ou entidades vinculadas coa asociación beneficiaria ou por

persoas que formen parte da súa Xunta Directiva.

TER EN CONTA: A recaudación de cartos para a súa entrega a unha

entidade benéfica non se considera gasto senon ingreso.

Page 7: SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA, EN …€¦ · execución, recursos, cronograma, metodoloxía, comunicación, avaliación etc. Programas que impliquen a apertura

Para calquera dúbida, é recomendable consultar as Bases completas da convocatoria (Convocatoria para programas, proxectos e actividades. Ref. 802017001), ou poñerse en contacto

coa Concellaría de Participación e Innovación Democrática ([email protected]).

www.facebook.com/corunaparticipa - twitter.com/corunaparticipa

A Federación de Asociacións de A Coruña e Área Metropolitana prestará un servizo de asesoramento e apoio técnico a todas as entidades que o desexen, durante todo o proceso de tramitación das convocatorias. Teléfono: 981 171 185