Sxestións lecturas Nadal
description
Transcript of Sxestións lecturas Nadal
Fernando Casado Mora
“Ilusiones”
“Ler, participar,
é facer
literatura.
Ensinade a ler,
por favor,
ensinade a ler
nos libros, no
vento, nos
charcos dun día
de choiva, no
bosque e na luz,
ensinade a ler,
pídovolo, para
que ninguén
creza ata a
idade da
avaricia e o
desamor”
Juan Farias
O cabaleiro Herr Hans de Ringstetten ten que
atravesar un bosque como proba de valor, pero os
seus pasos Lévano a lugares inesperados, onde
coñece á belísima ninfa Ondina, da que queda
prendado ao instante. O pasado da rapaza como
criatura do bosque non impide o seu casamento,
pero traerá máis desgrazas das que ambos os dous
imaxinaban.
Unha lenda máxica de amor, ciumes e traxedia, con
espectaculares ilustracións de Benjamin Lacombe e
páxinas con transparencias que nos internan no
mundo das ninfas da auga.
O caderno perdido está baseado nas
notas persoais e os esbozos de
Leonardo da Vinci, o xenio do
Renacemento máis influinte da
Historia. O texto, os debuxos e os
despregables dos seus inventos máis
famosos, que nunca conseguirán
materializarse –ata agora-, ofrecen
unha fascinante visión dos
pensamentos dun home que sempre
foi quen de ir un paso máis aló.
.
Case 100 personaxes sóbense a este
pequeno teatro de Rébecca
Dautremer.
Un libro con espectaculares
troqueles que recolle moitos dos
personaxes e algunhas frases dos
libros desta magnífica ilustradora.
¡Damas e cabaleiros, asómense a
este máxico teatro ilustrado!
Sabela tomou unha decisión persoal: Quere saber a verdade do seu propio pasado. Non obstante, para logralo debe recorrer á memoria de Fidel, unha memoria que xa non é o que era e que ademais agacha canto non ten vontade de lembrar.
Naquela época, o futuro afastado era algo
indefinido, non sabía que nome poñer ás
miñas vas ilusións. Acostumaba estar soa,
deambulaba polas rúas interminables, e
cando se levantaba o vento sentíame como
follaxe. Contemplaba o ceo estrelado,
desexando saber se habería alguén nalgún
lugar do mundo encamiñándose cara a mín.
Era como a luz, que vai dunha estrela a outra.
Logo apareciches ti. E despois separámonos.
Esperabamos a xuventude, pero
equivocámonos un co outro.
« Este libro está dedicado aos nenos e adultos que
deixaron de buscar un mundo perfecto».
Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao
atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle
escribirá durante a súa ausencia. Unhas cartas
que, nunha espiral de enigmas, descobren os
estraños suceso que está a vivir Adrián na súa
nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa
axuda. Mais alí, os dous amigos Terán que
enfrontarse a misterios que talvez as persoas
nin tan sequera somos capaces de imaxinar.
Antonio Seijas é o autor desta versión en
banda deseñada de Cartas de Inverno, a
extraordinaria novela de terror de Agustín
Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa
galega contemporánea.
Seúl, nun futuro
afastado. Tres tramas
paralelas, que
acabarán
entrelazándose: unha
científica leva a cabo
un experimento de
alto risco e de
consecuencias
funestas; un médico
faise cargo dun bebé
monstro e necesitará
droga dura para
soportalo; unha
parella atópase na
estrada cunha muller
de pel verde… Os
destinos destes
estraños personaxes
entrecrúzanse
inexorablemente, nun
movemento circular
imparable, facendo
encaixar ao milímetro
todas as pezas dun
guión do máis insán.
Esta obra é unha construción
de humor e dor. Unha
novela da vida para chorar e
rir. As voces baixas son as
criaturas, os nenos e nenas,
as mulleres que falan soas,
os mortos, os animais… É un
libro no que se entrelazan a
memoria persoal e a
colectiva.
Dende o primeiro medo, o
narrador asiste á descuberta
da vida por mor da
existencia extraordinaria da
xente do común, as “voces
baixas” que non queren
dominar e que se alimentan
de contos.
Do G ao Z, de Manuel
Veiga, é un dicionario
humorístico e
indignado que comeza
pola letra «G» e no que
se van definindo, con
moita retranca,
palabras que teñen que
ver coa actualidade, coa
política, coa cultura e
coa historia, sempre
cun enorme sentido de
humor
A historia de Lindaciudad,
unha poboación que é vitima
do maleficio dunha extrana
muller Guiados por un
contacontos, acompañarán a
unha intrépida rapaza, Idra, a
descubrir o misterio desta
cidade, mentras resolven
distintos xogos de
desenvolverán a súa
capacidade memorística e de
atención
Xogo interactivo cooperativo
elaborado polo grupo de
xénero da Coordinadora de
ONGD do Principado de
Asturias no que deberás
"conquistar o mundo" en
favor da igualdade e que ten
como obxectivo sensibilizar
aos xoves e adolescentes
sobre as situacións de
violencia que sofren as
mulleres no mundo.
Neste libro reúnense 50
fascinantes óperas, moitas
delas consideradas as máis
famosas de todos os tempos.
É un libro claro, pero tamén
é unha invitación á ópera,
que é unha forma de arte
moi especial e moi completa.
Hai quen di que a ópera é a
máis importante das artes,
porque é unha suma de
moitas outras artes. Isto é
moi certo, pero a ópera é
moito máis que a suma
desas outras artes; é unha
arte coas súas propias
calidades especiais, un arte
que apaixona e ás veces
tolea a quen gusta del.
Un preso fugado do cárcere intenta recuperar o botín agochado uns anos antes nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí atopa supón unha condena peor que o cárcere. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía.
A aventura conta a viaxe de Bilbo
Bolsón, quen se ve arrastrado a unha
épica busca que o levará a reclamar
o reino que anos atrás perderon os
ananos a mans do terrible dragón
Smaug. Sen velo vir, e convencido
polo mago Gandalf o Gris, Bilbo
acaba formando parte dunha
compañía de 12 ananos liderados
polo lexendario guerreiro Thorin,
Escudo de Roble. A súa viaxe
levaraos ao salvaxe, a través de
terras perigosas infestadas de
trasgos, orcos e huangos mortíferos,
así como do misterioso e sinistro
Nigromante, ata que coñece a unha
criatura que cambiará a súa vida
para sempre… Gollum