T 10 - O Infinitivo Conxugado

10
Unidade 10 O infinitivo conxugado O fax Comentario global do texto Análise polo miúdo do tema: infinitivo conxugado Actividades

description

linguaxe administrativa galega

Transcript of T 10 - O Infinitivo Conxugado

  • Unidade 10

    O infinitivo conxugado

    O fax

    Comentario global do texto

    Anlise polo mido do tema:infinitivo conxugado

    Actividades

  • 106 Linguaxe administrativa

    Praza de Europa, 5 A- 4Polgono das Fontias

    15781 SANTIAGO

    SUBDIRECCION XERAL DE RECURSOS MATERIAISE INFORMATICOS DA ADMINISTRACION

    DE XUSTIZA

    Telf.: 981-54.54.54Fax: 981-54.44.44

    FAX

    Remitente: ILMO. SR. DON ANDRES FERNANDEZ SERANTES.

    Cargo: SUBDIRECTOR XERAL.

    Destinatario: SR. D. MANUEL GARCIA VAZQUEZ. Fax de destino:

    981.59.59.59

    Empresa: REPARACIONS, S.A. Data:

    07/10/04

    ASUNTO:Prgolles que, maior brevidade, procedan reparacin do aparato de gravacin

    dixital da Sala de Vistas do Xulgado de Primeira Instancia e Instruccin N 15 de A CORUA,xa que outra vez sofre avara consistente en ruido intenso e pitido constante que fan imposiblea gravacin, coa posibilidade de ter que suspendermos os xuzos, tal e como se sinala no folioadxunto.

    Dita avara, despois de a repararen os seus Tcnicos o da 4 dos correntes mes e ano,no da de hoxe volveu a aparecer.

    Nmero de follas includa sta: 2

    O SUBDIRECTOR XERAL,

    Asdo: Andrs Fernndez Serantes.

    TEXTO ORIXINALCONSELLERA DE XUSTIZA,INTERIOR E ADMINISTRACIN LOCALDireccin Xeral de Xustiza

  • Praza de Europa, 5 A, 4.Polgono das Fontias15781 Santiago de Compostela

    Direccin Xeral de Xustiza Telf.: 981 545 454Subdireccin Xeral de Recursos Materiais Fax: 981 544 444e Informticos da Administracin de Xustiza

    FAX

    NM. FAX: 981 595 959 DATA: 07/10/2004

    DIRIXIDO A: Manuel Garca Vzquez, da empresa Reparacins, S.A.

    DE: Andrs Fernndez Serantes, subdirector xeral de Recursos Materiais e Informticos da Administracin de Xustiza

    Nmero de pxinas (includa esta): 2

    Solictolle que, coa maior brevidade, nos vean reparar o aparello de gravacin dixital da sala de

    vistas do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucin nmero 15 da Corua, xa que volve a estar

    avariado. Emite un rudo intenso, pita constantemente e impide gravar. Este feito pode implicar que

    sexan suspendidos os xuzos, como lle indico no folio adxunto.

    A dita avara volveu a aparecer despois de a repararen os seus tcnicos fai tres das.

    107O infinitivo conxugado

    TEXTO CORRIXIDOCONSELLERA DE XUSTIZA,INTERIOR E ADMINISTRACIN LOCAL

  • Comentario global do texto

    Este documento un fax, un documento que se transmite por va telefnica ou telemtica.

    O primeiro que debemos cambiar no texto o topnimo que aparece no enderezo da Consellera de Xustiza,

    Interior e Administracin Local, *SANTIAGO, por das razns: porque est todo en maiscula e s debera le-

    var maiscula inicial; e porque sempre debemos desenvolver completamente os topnimos. preciso que o mo-

    difiquemos por Santiago de Compostela.

    Cambiamos Subdireccin Xeral de Recursos Materiais e Informticos da Administracin de Xustiza para a cabecei-

    ra propiamente dita porque forma parte dela e ademais, no lugar en que estaba, pareca que era o ttulo do docu-

    mento. Do mesmo xeito trasladamos os nmeros de telfono e fax para debaixo do enderezo desta institucin, xa

    que a onde deben figurar e recomendamos grafalo de tres en tres dxitos: 981 545 454 e 981 544 444.

    O ttulo debe ir destacado tipograficamente do resto do texto. De a que o grafemos con letra grosa.

    En canto s partes do documento, cmpre primeiro indicarmos o nmero de fax ao que vai destinado o texto e

    logo a data en que enviado. Despois debemos sinalar a quen vai dirixido o texto, quen llo enva e, posterior-

    mente, a informacin complementaria (o nmero de pxinas de que consta, etc.). Por ltimo, xa poemos a in-

    formacin que queremos transmitirlle ao destinatario. Para finalizar asinamos o documento sen identificar a sina-

    tura, pois estes datos xa constan no texto.

    hora de comentarmos a data necesario indicar que, de utilizarmos o sistema internacional, que o que apa-

    rece no texto, sempre debemos encher dous dxitos (da)/dous dxitos (mes)/catro dxitos (ano). Polo tanto, aqu

    debemos corrixir *07/10/04 por 07/10/2004.

    O seguinte de que podemos falar neste texto do uso dos tratamentos. No caso do remitente temos que lembrar

    que un non debe tratarse a si mesmo nin de D. nin de Sr., e moito menos de *Ilmo. Sr. D. No que se refire ao des-tinatario, non debemos empregar xuntos os tratamentos de Sr. e D., pois estn ao mesmo nivel. En caso de querer-lle pr un tratamento ao noso destinatario ou ben o tratamos de Sr. ou ben de D., pero nunca de *Sr. D.

    En canto s maisculas que aparecen no remitente e no destinatario, non as debemos empregar. hora de co-

    mentarmos as maisculas neste texto temos que falar tamn das distintas partes do documento (DATA, DIRIXIDO

    A...), as cales si que deben ir en maiscula. Hai outros casos que tamn debemos destacar: *Sala de Vistas >

    sala de vistas; *Xulgado de Primeira Instancia e Instruccin N 15 de A CORUA > Xulgado de Primeira Instan-

    cia e Instrucin nmero 15 da Corua; *despois de a repararen os seus Tcnicos > despois de a repararen os

    seus tcnicos; e *O SUBDIRECTOR XERAL, (que non debe aparecer, pois eses datos xa figuran no documento.

    De aparecer s levara maiscula o O, por ser comezo de lia: O subdirector xeral).

    O seguinte que podemos comentar a puntuacin, xa que no documento aparecen varios enunciados con pun-

    to ao final. As oracins dbeno levar, pero os enunciados non: *Remitente: *ILMO. SR. DON ANDRES FER-

    NANDEZ SERANTES.; *Cargo: SUBDIRECTOR XERAL.; *Destinatario: SR. D. MANUEL GARCIA VAZQUEZ.;

    *Asdo: Andrs Fernndez Serantes. Ademais temos que indicar que non preciso identificar a rbrica, xa que

    os datos figuran no corpo do documento, mais se o fose, despois do cargo do emisor, antes da rbrica, non de-

    beriamos pr ningunha coma *O SUBDIRECTOR XERAL,.

    108 Linguaxe administrativa

  • No corpo do documento debemos eliminar a palabra ASUNTO, xa que non estamos ante un oficio. En canto

    ao lxico temos que indicar que non debemos utilizar nos documentos administrativos verbos de splica como

    pregar (o cal cambiaremos por solicitar ou pedir) e que *pitido non se recolle en galego; senn chifro, pito ou

    asubo. Podemos lembrar tamn que documento adxunto correcto, pero que non debemos usar adxuntar como

    verbo e que gravar en galego recolle as acepcins dos verbos gravar e grabar do casteln. importante tamn

    comentarmos a utilizacin errnea de dito sen o artigo *Dita avara. Lembremos que dito e os seus derivados

    sempre van acompaados polo artigo: A dita avara.

    Outro aspecto que cmpre comentarmos que hai locucins e frases feitas que copian as preposicins do cas-

    teln, pero que cambian en galego. As, atopamos no texto * maior brevidade, que debemos corrixir por coa

    maior brevidade, canto antes ou o mis axia posible.

    Tamn debemos corrixir os circunloquios: *procedan reparacin do aparato de gravacin dixital > reparen o

    aparello de gravacin dixital e *fan imposible a gravacin > impiden gravar; e a nominalizacin que hai en

    *fan imposible a gravacin. Lembremos que o uso dos verbos lle proporciona ao texto mis axilidade.

    Podemos falar a continuacin das abreviaturas que aparecen no texto. Debemos recordar que as abreviaturas

    sempre deben rematar cun punto, ags as que teen a barra, que non o levan. No texto corrixiremos *N por

    nmero. Se tivsemos que identificar a sinatura, deberiamos corrixir a abreviatura de *Asdo: e poerlle o punto

    ao final. Podemos comentar tamn o caso de S.A., que pode levar puntos ou non, segundo o consideremos

    unha abreviatura ou unha sigla. Neste caso deixmolo como abreviatura por formar parte do nome dunha em-

    presa privada.

    Outro aspecto moi importante que debemos tratar neste texto o que se refire s contraccins. No texto apare-

    ce *Xulgado de Primeira Instancia e Instruccin N 15 de A CORUA. Cmpre lembrarmos que as preposicins

    sempre contraen cos artigos dos topnimos. Polo tanto, debemos corrixir esa secuencia por Xulgado de Primei-

    ra Instancia e Instrucin nmero 15 da Corua.

    Temos que comentar tamn as cantidades. Aparecen Praza de Europa, 5 A, 4. 15781 SANTIAGO;

    *07/10/04 (que xa corriximos); nmeros de telfono; *Xulgado de Primeira Instancia e Instruccin N 15 de

    A CORUA; *o da 4 dos correntes mes e ano e *Nmero de follas includa sta: 2. necesario repasarmos

    que os nmeros de orde nunca levan punto (ano 2004, exp. 345509); os nmeros de cantidade deben levar

    un espazo ou un punto a partir das cinco cifras (15 250, 3450); as cantidades superiores a nove dbense es-

    cribir con nmero (25 persoas), mais se se trata dun prazo podemos pr tanto cifras como letra (Dispn dun pra-

    zo de 15/quince das para achegar a dita documentacin); unha oracin non debe empezar por unha cifra

    (*25 persoas asistiron ao relatorio > Asistiron 25 persoas ao relatorio); as porcentaxes debmolas escribir con

    cifras e co seu smbolo (O 15% dos asistentes eran homes) e os nmeros que van despois dun substantivo deben

    ir en cifras (px. 23, artigo 3, captulo 8).

    Tamn debemos corrixir no texto os cambios da norma. As, *Xulgado de Primeira Instancia e Instruccin N 15

    de A CORUA debe ser Xulgado de Primeira Instancia e Instrucin nmero 15 da Corua. Lembremos que can-

    do antes dun grupo culto -cc- ou -ct- aparece un i ou un u normalmente un dos c vaise eliminar.

    Temos que comentar tamn a escrita telegrfica. Hai veces en que na linguaxe administrativa suprimimos elemen-

    tos necesarios na oracin como artigos, preposicins ou conxuncins. No texto aparece *sofre avara consisten-

    te en ruido (que debera ser sofre unha avara que consiste nun rudo). En canto palabra *ruido, debera levar

    109O infinitivo conxugado

  • acento grfico, pois recordemos que cando temos os grupos iu ou ui e a forza de voz recae na segunda vogalesta acentase graficamente.

    Aparecen no documento tamn termos e estruturas que resultan innecesarios, como: *o da 4 dos correntes mes

    e ano; *no da de hoxe e *tal e como se sinala no folio adxunto.

    Debemos comentar o uso do infinitivo conxugado. A primeira vez que aparece est mal empregado *ter que

    suspendermos, xa que o infinitivo o verbo auxiliado dunha perfrase. Debmolo corrixir por ter que suspender.

    A segunda vez que se utiliza no texto en *despois de a repararen os seus Tcnicos, onde est usado correc-

    tamente, debido presenza da preposicin de. Lembremos que neste exemplo tiamos que modificar a mais-cula de *Tcnicos. Temos que falar aqu tamn da colocacin do pronome tono, que pode ser antes ou des-

    pois do infinitivo.

    Para finalizar temos que comentar que no texto aparece o demostrativo feminino *sta con acento grfico. En

    galego, a diferenza do que ocorre en casteln, os demostrativos nunca se acentan.

    O infinitivo conxugado

    En galego, ademais do infinitivo invariable (andar, comer, partir) posumos o infinitivo persoal ou conxugado, que

    est constitudo pola forma do infinitivo seguida dos morfemas de nmero e persoa:

    andar comer partirandar comer partir

    andares comeres partiresandar comer partir

    andarmos comermos partirmosandardes comerdes partirdesandaren comeren partiren

    Casos en que podemos usar o infinitivo conxugado:

    Cando o infinitivo ten un suxeito, expreso ou non, distinto do do verbo principal:

    Ma chamarante ao rematarmos a asemblea de que che falamos.

    Cmpre entregardes o traballo do curso antes do 20 de xuo.

    Ao finalizaren as obras, falaremos de como quedaron.

    tamn usual empregalo cando ten o mesmo suxeito que o verbo principal pero vai antes ca el, fundamental-

    mente se a subordinada de infinitivo est introducida por unha preposicin:

    Por facerdes as cousas daquel xeito, logo tivestes que escoitar unha boa reprimenda.

    Ao chegarmos quedamos moi sorprendidos.

    Cando o suxeito o mesmo ca o do verbo principal e vai a unha distancia considerable que pode escurecer

    este suxeito:

    110 Linguaxe administrativa

  • Realizastes aquela curta viaxe, que tanto vos prestou, para volverdes ao traballo tan pronto como chegastes.

    s veces indica a indeterminacin do suxeito, en terceira persoa do plural:

    Chegamos xusto no momento de pecharen a porta.

    Con verbos pronominais ou reflexivos:

    Fomos cedo para a cama para logo ser quen de levantrmonos s sete.

    Casos en que non podemos usar a forma conxugada:

    Cando o infinitivo o verbo auxiliado dunha perfrase:

    Imos realizar unha xuntanza o prximo xoves no saln de actos.

    Tedes que narrarnos os feitos tal como sucederon.

    Cando o infinitivo est rexido por un verbo modal (querer, deber, poder...), causativo (deixar, facer, mandar...)

    ou de sentido (sentir, or, ver...) e ten o seu mesmo suxeito:

    A ver se agora podemos actuar correctamente.

    Vmosvos entrar al e fomos detrs de vs.

    Cando o infinitivo ten o mesmo suxeito que o verbo de que depende e vai pegado a el ou separado del s

    pola preposicin que esixe ese rxime verbal:

    Obrigoute a presentarte al con toda a xente.

    Lmbrense de entregar a documentacin antes de quince das.

    Cando o infinitivo pose valor imperativo:

    A durmir, rapaces, que ma outro da.

    111O infinitivo conxugado

  • Actividades

    1 Substite o infinitivo invariable polo conxugado sempre que se poida:

    Chove moito para sar (ns) as.

    Antes de entregar o exercicio, repasdeo ben.

    O coche sau da estrada por correr (vs) tanto.

    Ao dicir (ti) iso, mudou de cor.

    Ao entrar (eles), vin como mirabas para atrs.

    Xa hora de ir (ti) pensando en marchar.

    Tern que pasar anda uns anos para ver (ns) o que iso significa.

    Deixo aqu as chaves para pechar (ti) a porta.

    Ao escoitar a sa longa exposicin, algns asistentes non puideron dominar o sono.

    Temos que lle preguntar a algun que viva por aqu para non andar s toas.

    Son moitos os galegos que tiveron que marchar ao estranxeiro para atopar traballo.

    Hai varias historias que ti non debes saber.

    hora de estudar (ns) este tema, nunca nos damos posto de acordo.

    Para comer (vs) ben, deberiades ir a Ribeira.

    Con nos lamentar non amaamos nada.

    2 Substite as expresins salientadas por construcins con infinitivo conxugado, facen-do as transformacins necesarias:

    Con que expliquedes o que pasou, dareime por conforme.

    Sera mis doado que subsemos polo outro lado.

    Para que cheguemos a tempo, teredes que apurar algo mis.

    Este un sitio xeitoso para que montemos unha tenda.

    Non escoitamos chamar porque estabades barullando.

    A liberdade necesaria incluso para que poidamos pensar.

    Todo empezou xusto cando ti entrabas.

    Non podemos comunicarnos facilmente porque estades sen telfono na vila.

    Fixemos unha festa cando nos deron as notas.

    Porque chores, non van cambiar as cousas.

    preciso que rematedes antes das sete.

    Cando imos de viaxe nunca nos chegan os das a nada.

    Se coecen ben a zona, que nola ensinen.

    3 Indica se o infinitivo est utilizado correctamente nestas oracins:

    O rapaz expuxo a sa teora para convenceren os demais.

    Temos que irmos todos de viaxe neve.

    Para ir ao Caribe, precisades moito dieiro.

    Xa vai sendo hora de poder facermos o que queiramos.

    Chegastes a Melide, despois dunha longa e dura viaxe, para ir exposicin de pintura.

    Con sarmos de aqu sobre as nove, chegaremos a tempo.

    112 Linguaxe administrativa

  • Non deberas actuares dese xeito, iso non che vai axudares nada.

    Marcharon cedo para a casa coa intencin de levantrense cedo o da seguinte.

    De falardes con Manuel, ddelle recordos.

    Por estar despistados, non vos decatastes de como acabara o conto.

    4 Substite as palabras incorrectas polas formas normativas:

    Entablaron un recurso de suplicacin.

    As costas do xucio son a costa do demandado.

    Non se cubriu o cupo de asistenza esperada.

    Os bens foron embargados por va de apremio.

    O concellal foi acusado de cofeito.

    O grado de movilidade do accidentado do 45%.

    Na oficia de repartimento traballan dous auxiliares.

    O delicto foi cometido con premeditacin e alevosa.

    Ademais do soldo teen as dietas de desplazamento.

    5 Completa con p as palabras que o precisen:

    rece cin ace cin di tongo esc tico rece tor proscri cin

    ado cin prece to inscri cin se tembro sin tico conce cin

    s timo ra tar adscri cin volu tuoso corru cin descri tivo

    ra to o tativo ca turar abru to ine to prescri cin

    tri tongo cle tmano descri cin se tentrin re tar indescri tible

    113O infinitivo conxugado

  • .