Taller radio plan proxecta-
Transcript of Taller radio plan proxecta-
TALLER DE
RADIO
QUÉ É AGARESO?
Nace en 2008 en Pontevedra, grazas a un grupo de profesionais dos medios de comunicación (periodistas, cámaras e fotógrafos/as) que detectan o escaso lugar que ocupan nos medios tradicionais as iniciativas solidarias e de cooperación cos colectivos máis desfavorecidos.
Deciden crear un medio de comunicación alternativo para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre estas realidades silenciadas...
Ademais, utilizamos a comunicación para conseguir o desenvolvemento dos pobos e das persoas.
Nuestra web: www.agareso.org
A RADIO NA ACTUALIDADE
Hoxe en día, grazas a todos os avances tecnolóxicos, Internet e á invención dos podcast os/as usuarios/as podemos converternos en creadores/as e distribuidores/as de contidos.
A radio é un medio ideal para espertar o noso espírito crítico e
para dar a coñecer a realidade que nos rodea.
Cun ordenador con acceso a Internet, unha gravadora (móvil, micrófono) e un programa de edición, podemos montar o noso propio espazo radiofónico.
RADIO TEHUACÁN
Agareso e ACPP, xunto á ONG local Cordes, están a levar a cabo este ano no Baixo Lempa, El Salvador, un proxecto de fortalecemento dunha radio comunitaria co obxectivo de que os habitantes desta zona de El Salvador teñan a súa propia canle de comunicación e que a emisora sirva para sensibilizar a poboación sobre temas ambientais, cuestións de xénero ou dereitos humanos, e como plataforma para que a poboación achegue e opine sobre o seu propio desenvolvemento.
A radio convértese nun instrumento moi útil para combater o analfabetismo, fortalecer a organización comunitaria, previr desastres naturais, así como motivar participación das persoas nas decisións locais.
Coñecemos o proxecto da man
dos seus protagonistas, neste
caso a súa directora Yasmín
EXERCICIO: PRESENTÁMONOS ANTE A
GRAVADORA
Saúdo.
Chámome…
Vivo en…
Teño … anos
As miñas afeccións son…
Despedida.
VANTAXES E INCONVINTES DO MEDIO
RADIOFÓNICO
Vantaxes: Credibilidade, proximidade, inmediatez, capacidade de xerar imaxes, compatibilidade con outras actividades, recepción individual e cómoda, segmentación xeográfica.
Desvantaxes: Fugacidade da mensaxe, relativo grao de atención, non é visual, impacto limitado.
Grazas aos podcast e a radio online algunhas
destas desvantaxes desapareceron.
ELEMENTOS DA LINGUAXE RADIOFÓNICA
A voz
A música
Efectos de son
O silencio
A VOZ
A voz é a columna vertebral do son radiofónico. A
palabra é indispensable na radio.
A voz é a única ferramenta da que dispón o locutor/a
para transmitir esa información complementaria
(xestos, expresións faciais, acentos, etc. )
Podemos falar de 3 características da voz:
- O ton: se é máis agudo ou máis grave.
- A intensidade: equivale ao volume.
- O timbre: É a seña de identidade que representa
calquera son e que o diferencia do resto.
EXPRESIÓN ORAL ANTE O MICRÓFONO. A
LOCUCIÓN RADIOFÓNICA
Que temos que ter en conta?
Respiración diafragmática (depositar o aire no
abdome).
Modulación, vocalizar, xogar co ritmo, enfatizar,
facer pausas, para non aburrir ao oínte.
Correcta posición do corpo.
EXERCICIO: RESPIRAR CO DIAFRAGMA
Por parellas, suxeitamos a nosa compañeira ou
compañeiro pola cintura e comprobamos se se lle
abren as costelas ao respirar.
Individualmente, suxeitámonos as costelas
soltamos o aire dando golpiños co diafragma para
fortalecelo.
Xogamos a ver quen aguanta máis tempo
mantendo unha vogal sen tomar aire.
EXERCICIO: PRACTICAMOS UN
TRABALINGUAS CO LAPIS ENTRE OS DENTES
Esfórzate en mover a lingua
e os músculos da cara para
que se che entenda ben.
Ao soltar o lapis, vocalizarás
moito mellor.
EXERCICIOS PARA VOCALIZAR BEN
Abrir e pechar a boca varias
veces, ata o límite das nosas
posibilidades.
Bocexar e imaxinar que temos
unha palabra quente na boca.
Mastigar goma de mascar.
Xuntar os labios e facer o son
'bruuuuu' cos labios relaxados.
Masaxear coa lingua todos os
recunchos da boca.
Poñer cara de noxo e sorrir
alternativamente.
A MÚSICA
A relación entre música e radio é tan estreita que dificilmente
poderiamos facernos unha idea de como sería o medio sen a
existencia da música.
Funcións da música na radio:
- Para apoiar contidos:
- Para estruturar/identificar:
* Sintonía: Identificar un programa
* Careta: Trátase da sintonía +voz (hora, día, nome)
* Ráfaga: Serve para separar bloques dentro dun programa.
Ráfaga Sintonía Careta
A MÚSICA E OS
DEREITOS HUMANOS/ODM
Ao longo da historia da
música hai moitas cancións
que trataron sobre os
Dereitos Humanos, a
xustiza, a liberdade, a
igualdade, a solidariedade, a
paz, a democracia, a non
violencia...
Macaco Bebe Rubén Rada
EFECTOS DE SON
Os efectos de son podémolos definir, como aqueles
sons, naturais ou artificiais, que substitúen a realidade.
Poden ser:
-Naturais: gravar o son directamente da natureza.
-Creados: realizados no estudio. Agora non fai falla,
xa que podemos baixalos de Internet.
Como realizar algúns efectos de son ti mesmo?
Lume: con papel de celofán.
Cascos de cabalos: con dous recipientes
de yogurt baleiros.
Andar a través da neve: apertar e retorcer coas mans
un nobelo de la.
O SILENCIO
O silencio tamén forma parte da linguaxe
radiofónica e, é capaz de expresar, narrar,
describir...
Podemos utilizalo para representar o estado
emocional dunha persoa que decide deixar de
intervir nun diálogo; ou para estimular a
reflexión, cando, ante un tema controvertido, o
locutor realiza un silencio convidando os oíntes
a pensar sobre iso.
Tamén pode ser construído coa axuda dun son,
como a recreación radiofónica de ‘un minuto de
silencio’ mediante o repique de campás.
XÉNEROS XORNALÍSTICOS
A NOTICIA
Informa sobre feitos de actualidade
Responde as 6Ws: Que?
Quen?
Cando?
Onde?
Como?
Por que?
Ten estrutura de pirámide invertida: comeza polo máis importante.
A noticia é a base sobre a que se crean os informativos.
XÉNEROS XORNALÍSTICOS
A NOTICIA
Os seus requisitos son: claridade, brevidade,
concisión e sinxeleza.
Algúns consellos:
Evitar a cacofonía: O Papa parou a misa /O Papa
detivo a misa.
Redondear as cifras: En Galicia 4.963 persoas
acudiron a manifestación / En Galicia case 5.000
persoas acudiron á manifestación.
Traducir as siglas: ONU (Organización das Naciones
Unidas)
Boletín informativo
Noticia Malala
A ENTREVISTA
Informativa: busca coñecer a opinión dun experto/a
sobre un tema determinado.
De personalidade: busca coñecer ao entrevistado/a
(gustos, aficións…)
CARACTERÍSTICAS DA ENTREVISTA RADIOFÓNICA
Como facer unha boa entrevista en radio?
Documentarse ben sobre o tema ou a
persona.
Facer unha presentación do entrevistado/.
Facer preguntas claras, breves e ordenadas.
Ter a man papel e boli por se temos que anotar datos.
Facer preguntas abertas e pechadas (si/non).
O ton debe ser coloquial, como se estivésemos a manter unha conversa entre amigos/as.
Non berrar, sobre todo nas entrevistas telefónicas.
Entrevista ESR
EXERCICIO: ENTREVISTAMOS A UNHA
COMPAÑEIRA OU COMPAÑEIRO
Presentación da invitada
ou invitado.
Estrutura de pregunta e
resposta.
Imaxina que o
entrevistado/a traballa
nunha ONGD centrada en
reducir a mortalidade
infantil. Que lle
preguntarías? Entrevista Radio Tehuacán
A REPORTAXE RADIOFÓNICA
Trata en profundidade un feito.
Aporta distintas versións sobre o asunto tratado (voz protagonistas, antecedentes, consecuencias…)
Inclúe varias declaracións, músicas, son ambiente, efectos…
Hai dous tipos de reportaxe: o obxectivo (máis informativo) e o interpretativo.
A REPORTAXE RADIOFÓNICA
Recomendacións á hora de facer unha reportaxe
radiofónica:
Contar cun narrador que una as partes da reportaxe.
Por especial coidado nas transicións.
Procurar a maior cantidade e calidade de testimonios.
Diversidade de recursos sonoros: son ambiente, efectos, músicas.
Duración: mellor non exceder os 12-15 minutos.
Liberdade creativa.
Reportaxe educación ambiental Reportaxe igualdade xénero
O DEBATE E A TERTULIA
No debate e na tertulia:
Hai un moderador e varias persoas
convidadas.
Posiciónanse a favor ou en contra
dun tema.
É un xénero de opinión.
Agareso radio
COGAMI
O RADIOTEATRO
Trátase dun xénero de
ficción.
Necesita grandes doses de
creatividade.
Pasos:
1.Imaxinar a historia
2.Seleccionar os elementos da
historia (efectos, música…)
3.División da historia en escenas
4.Decidir a trama.
Radioteatro igualdade
Radioteatro VIH
A PUBLICIDADE RADIOFÓNICA
Utilízanse efectos, música, voz e moita creatividade.
Indicativo / jingle: identifica á emisora ou o programa Agareso Radio
Cuñas radiofónicas: anuncios Cuña o medioambiente
Cuña sobre VIH
Cuña dereito educación
Exercicio: Facer unha cuña radiofónica.
Indicativo
Cuña medioambiente
Cuña VIH Cuña dereito educación Pobreza e fame
A PUBLICIDADE RADIOFÓNICA
Exercicio En grupos de 5 debemos elaborar unha cuña radiofónica sobre
un dos ODM.
Elaborar o texto.
Decidir se levará efectos de son…
Tipo de música…
O MAGAZINE RADIOFÓNICO
O magazine é un conxunto de outros xéneros radiofónicos:
Noticia
Reportaxe
Cuñas
Entrevistas
Tertulias
Radioteatro
Precisa dun presentador/a ou varios presentadores que unan as diferentes partes do magazine.
Magazine dereito á educación
O GUIÓN RADIOFÓNICO
Divídese en:
O guión técnico.
O guión literario.
VOCABULARIO BÁSICO
LOC= locutor 1, 2, 3…
PP= primeiro plano, cando queremos que se
escoite a música.
2P= cuando queremos que estea de fondo.
FADE IN= cando indicamos que comeza a música.
FADE OUT= cando queremos que termine.
PIE= é o final dunha locución e é importante que o
técnico de son o teña no seu guión para saber
cando ten que dar paso á música ou a outro
locutor.
MÍMICA RADIOFÓNICA
Código de sinais entre locutor/a e control
A MONTAXE:
Programas de edición de audio:
PROPOSTA PRÁCTICA
Elaborar diferentes pezas
radiofónicas (noticias,
reportaxes, entrevistas,
cuñas…) sobre o tema
elixido na aula.
Se é posible editarase con
Audacity un programa
especial/magazine coas
pezas elaboradas.
PROPOSTA PRÁCTICA PROXECTO
Preparamos o noso propio programa de radio
Que tipo de programa será?
Que temas imos abordar e con que enfoque?
Que xéneros xornalísticos empregaremos?
Que tarefas temos que desenvolver?
Que equipamentos imos necesitar?
Que nome lle poremos?
Como se vai estruturar?
BANCO DE RECURSOS
Radios comunitarias e
libres.
Titoriais sobre Audacity.
Exemplos xéneros
radiofónicos.
Efectos de son.
Música Dereitos
Humanos e ODM.
Como poñer en marcha
unha radio online…
E AGORA…
A guionizar, a gravar e a montar!
¡MOITAS GRAZAS!