TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de...

12
Temporalización : 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO : 3º de Educación Primaria

Transcript of TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de...

Page 1: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

Temporalización: 2 sesións

Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020

TAREFAS DA ÁREA DE

EDUCACIÓN FÍSICA

CURSO: 3º de Educación Primaria

Page 2: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

Para esta nova semana de illamento domiciliario provocado pola declaración do estado de

alarma no que nos vemos inmersos, dende a área de Educación Física propóñense unha serie

de actividades orientadas a continuar o traballo iniciado a semana pasada entorno aos

sentidos, compoñente este do esquema corporal sobre o cal vimos traballando durante as

últimas semanas.

As actividades propostas están pensadas para desenvolverse ao longo das 2 sesións de

Educación Física que teriamos esta semana.

Relación de actividades propostas:

1) Realización dos QUECEMENTOS previos á actividade física que desenvolvemos

en clase.

Coma todas as semanas, insístese na importancia da realización dos quecementos

previos a calquera actividade física que se vaia a desenvolver. Lembrade respetar neles

todas as súas fases, tal e como se explicou xa nas tarefas enviadas a primeira semana e

como sempre facemos ao inicio das clases de Educación Física, adicándolle o tempo

necesario para facelo correctamente:

- Fase de mobilidade articular

- Fase de movemento

- Fase de estiramento

- Fase de intensidade

2) VIDEOS DIVULGATIVOS SOBRE OS SENTIDOS: OÍDO, GUSTO E OLFACTO

Para continuar co traballo iniciado a semana pasada, propóñovos que vexades uns

videos que completen os xa vistos anteriormente sobre o tacto e a vista. Neste caso, os

videos tratarán sobre os outros tres sentidos que nos restan por explicar, esto é: o

sentido do oído, do gusto e do olfacto.

Ao igual que na semana pasada, nos videos atoparás unha presentación resumida dos

sentidos en xeral que serve de repaso e, posteriormente, a explicación dos aspectos

máis importantes de cada un destes sentidos en particular. Lembrade, para ver os

videos só tedes que pulsar no enlace:

1) Video sobre OS CINCO SENTIDOS e o sentido do OÍDO (Educateca):

https://www.youtube.com/watch?v=HRkX10QRzYc

Page 3: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

2) Video sobre OS CINCO SENTIDOS e o sentido do OLFACTO (Educateca):

https://www.youtube.com/watch?v=-BSfL3NdG9w

3) Video sobre OS CINCO SENTIDOS e o sentido do GUSTO (Educateca):

https://www.youtube.com/watch?v=odKsp7QCcs8

3) FICHAS SOBRE OS SENTIDOS

Unha vez que viches os videos anteriores, toca organizar a información que neles se

vos proporcionou. Para eso, deberedes completar a ficha que atoparedes ao final

deste documento no apartado de “Anexo”.

O ideal é que, para completar a ficha, volvades ver os videos anteriores se o

precisades, e que os vaiades detendo a medida que apareza a información que

precisedes para responder e completar a ficha.

A ficha podedes imprimila para facela ou ben, no caso de non dispoñer de impresora,

copiala nun folio. É importante que non contestedes sen pensar ben antes as respostas

e, de ter dúbidas, mellor acudir aos videos antes que contestar sen estar seguro/a.

4) XOGANDO COS NOSOS SENTIDOS

Xa rematadas as fichs, toca poñerse a xogar. Para eso déixovos unha proposta de

xogos sensoriais para seguir traballando os vosos sentidos. Lembrade que podedes

modificalos e adaptalos en función das vosas posibilidades. Preparados/as? Pois vamos

alá:

Page 4: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

4.1) “Shhhh… escoita!”:

Para facer este xogo vades precisar lapis, papel e agudizar o voso sentido do oído.

Como se xoga?

Comezaredes sentando tranquilamente co papel e mailo lapis nunha mesa.

Porédesvos de costas ao ordenador e, concentrados, deberedes escoitar os sons que

aparecen nos videos que vos deixo a continuación. Os videos conteñen diferentes sons

de medios de transporte e mais de diferentes obxectos que soemos atopar nunha

casa.

Como os sons van seguidos no video, vades precisar que alguén vos axude a realizar a

tarefa pausando o video cada vez que se emita un son. Cando o video estea detido:

1) Anotaredes no voso papel o nome daquel medio de transporte (no

primeiro video) ou obxecto, electrodoméstico, utensilio… do fogar (no

segundo video) que pensades que provocou o son cada vez que o voso

axudante deteña o video.

2) Ademais, e para traballar a memoria visual, deberedes acompañar a

resposta cun debuxo do mesmo. Non fai falla que sexa un debuxo con

moitos detalles, un simple boceto do mesmo no que se recoñeza o obxecto

vale.

Realizade primeiro a dinámica co video dos medios de transporte e, logo de

comprobar as vosas respostas (acertos, erros, comentar con vosos pais os motivos das

confusións que vos levou a fallar…), repetiredes a mesma actividade co segundo dos

obxectos da casa. Para realizar a comprobación das vosas respostas podedes volver a

visionar os videos comparando as vosas anotacións co que realmente aparece no

video.

Hai sons fácilmente identificables porque vos resultarán familiares, pero ao mellor

outros poden levar a confusión. A ver que tal oído tedes?

Enlaces dos videos:

1) Sons dos medios de transporte: https://www.youtube.com/watch?v=k4e83d6AA3s

Page 5: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

2) Sons da casa: https://www.youtube.com/watch?v=xGuyWxpZocM

4.2) “Cazando de oído”:

Nesta ocasión, realizaredes un xogo de persecución e de “pilla”. Non obstante, non se

parecerá aos xogos deste tipo que temos realizado no ximnasio, xa que a persecución

e captura teredes que facela cos ollos vendados.

Para xogar organizarédesvos da seguinte maneira:

1) Despexade a zona de xogo para evitar posibles choques ou accidentes.

2) Vendade os ollos de forma que non vexades absolutamente nada.

3) Pedídelle a un familiar voso que faga de presa, á cal vos deberedes dar

captura. Ela irá cos ollos sen vendar.

4) Cando todo estea preparado, a vosa presa separarase de vós e comezará a

persecución.

5) Para levar a cabo a persecución, como non vades a botar a correr sen ver

nada posto que sería sumamente perigoso, procederedes da seguinte

maneira: vós preguntaredes alto e claro “onde estás?”, ao que a presa

responderá “aquí!”. Cando escoitedes a súa resposta daredes 2 pasos

hacia o lugar onde pensades que se atopa, dacordo á dirección na que

proviña o son da súa voz. No momento en que vós deades 2 pasos para

capturala, a vosa presa poderá dar a continuación 1 só paso para escapar.

Volveredes a preguntar e a presa a responder, e avanzaredes os

respectivos pasos de perseguidor (2 pasos) e presa (1 paso).

6) Como o perseguidor sempre avanza o dobre de pasos do que o fai a súa

presa, chegará un momento no que lle deades captura, sempre e cando

sexades capaces de seguir a dirección correcta da que provén o son da súa

voz. De non ser así, teredes difícil atrapala.

Para darlle un pouco de emoción, cando xa levedes feita a dinámica un par de veces,

podedes desafiarvos a vosa presa e máis vós a ver en cantas preguntas como máximo

seredes quen de darlle captura. Aquel que perda o desafío deberá cumprir a proba que

lle impoña o seu contrincante.

Page 6: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

4.3) “Formando parellas”:

O seguinte xogo que vos propoño levará algo de traballo previo de preparación de

material, pero nada complicado. O xogo consiste nunha versión persoal vosa do

tradicional xogo de formar parellas de cartas ou tarxetas.

Se facedes memoria, seguro que en máis dunha ocasión vístedes ou xogástedes ao

xogo desta imaxe:

Nel, como saberedes, hai que ir volteando dúas tarxetas de cada vez intentando que

sexan iguais para formar parella (momento no cal se deixan boca arriba no taboleiro

ou se retiran). De non seren iguais, vólvense poñer boca abaixo e continúase

destapando outra parella de tarxetas tentando que coincidan.

Pois ben, neste ocasión modificaremos este xogo un pouco. En concreto, son as

tarxetas as que cambiarán xa que non se tratará de tarxetas de animais, de obxectos,

de cores… senón que serán tarxetas de accións e probas motrices. Cales? Eso

decidídelo vos.

No apartado “Anexo” déixovos unha ficha dividida en pequenas tarxetiñas, as cales vos

recortaredes para anotar nelas as accións motrices que queirades incluír no voso xogo.

Cada un/unha de vós escribirá aquelas probas motrices que se axusten aos recursos

que ten na súa casa.

Por exemplo: os que vivades nunha casa con escaleiras podedes incluir unha proba de

subir e baixar 4 veces as escaleiras, os que teñades bicicleta estática podedes incluír

unha proba de pedalear durante 2 minutos, os que teñades pelota de pilates podedes

incluír unha proba de facer a plancha durante 10 segundos… vos decidides en función

dos vosos recursos.

De cada proba que decidades poñer no voso xogo deberedes facer dúas tarxetas

porque son dúas as que hai que facer coincidir ao voltealas. As tarxetas poden incluír

só o nome da proba física/exercicio, ou tamén un debuxo para que sexan máis fáciles

de memorizar visualmente. No “Anexo” déixovos a plantilla para crear 40 fichas, o que

implica 20 parellas coas súas conseguintes probas ou exercicios motrices.

Page 7: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

Tamén é aconsellable colorear a parte traseira das tarxetas con cera de cor negra

mesmamente, para evitar que se poida transparentar o que hai escrito nela (os folios a

veces teñen ese problema).

Cando teñades todo preparado, poderedes comezar a xogar descubrindo 2 tarxetas de

cada vez e intentando facer parellas. Lembrade, se non son iguais vólvense colocar

boca abaixo e voltéanse outras dúas. Ide memorizando en que lugar van quedando as

distintas tarxetas para intentar emparellalas.

Xa sabedes como se xoga pero… hai algo máis a ter en conta? Si, as probas físicas das

tarxetas. E como?

Pois se cando volteades dúas tarxetas son iguais, quedades con elas porque

fixéstedes parella e seguides xogando, pero se non son iguais debedes deixalas no

seu sitio boca abaixo de novo e, antes de seguir xogando, realizar as dúas probas

motrices que nelas aparecían. Por exemplo: se vos saiu “10 flexións” e “facer saltos de

tixeira durante 1 minuto”, como non formades parella, deberedes deixalas no seu lugar

correspondente e cumprir esas dúas probas antes de volver a voltear dúas novas

tarxetas.

Que teñades que cumprir máis ou menos probas dependerá da vosa agudeza e

memoria visual.

4.4) “Un can sabuxo (perro sabueso)”:

Xa para rematar os xogos sensoriais desta semana traballaremos un pouco o sentido

do olfacto. Para eso, deberedes contar coa axuda dun familiar que, a escondidas, vos

preparará un taboleiro de cheiros.

Cómo? Nunha mesa, e sen que vos vexades nada en absoluto, colocará diferentes

elementos que teñades pola casa que desprendan algún tipo de cheiro: café, cacao,

xamón, queixo, bizcocho, té, chourizo, gel, perfume, allo, loureiro, romeu, tomate frito,

cocacola, plátano, galletas, cebola, nocilla, cabaza, atún, vinagre… e vós, cos ollos

pechados, deberedes tratar de identificar de qué se trata.

Podedes facelo de dúas formas:

1) Que vos vaian pasando de un en un para que os recoñezades.

2) Que vos poñan ante grupos de 3 elementos para que identifiquedes un en

concreto. Por exemplo: Cal destes 3 corresponde a té? Cal destes 3

corresponde a un postre? Cal destes 3 iría nun bocadillo? …

Page 8: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

O ideal é facer a actividade sen présa, percibindo ben os diferentes matices de cada

cheiro e tratando de apreciar as diferencias entre uns e outros; así como prantexar as

preguntas de maneira que vos obriguen a pensar a mellor resposta posible.

5) MOVENDO O ESQUELETO

Xa para rematar, e dado que os xogos de tipo sensorial non teñen unha intensidade

tan elevada como outras actividades que soemos facer en clase, déixovos un par de

videos para moverse sen parar.

En concreto trátase de dous videos, un de carácter máis físico para non perder o tono,

e outro de carácter máis coreográfico, para “romper a suar”, practicar o baile e pasar

un rato de diversión.

VIDEO 1: https://www.youtube.com/watch?v=FB5-7tIiX-I

VIDEO 2: https://www.youtube.com/watch?v=FP0wgVhUC9w

6) OUTROS XOGOS OU ACTIVIDADES

Ademais das actividades antes propostas, tamén podedes seguir practicando os xogos

aos que habitalmente xogades no voso tempo de lecer (sempre e cando dispoñades do

espazo suficiente nos vosos fogares); así como participar naqueles outros que se lle

propoñan aos vosos irmáns e/ou irmás dende a área de Educación Física no caso de

Page 9: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

que os teñades e estean escolarizados noutros cursos do noso colexio, compartindo

deste modo un tempo de xogo con eles/elas.

Lembrade adaptar sempre o voso xogo ao que sodes capaces de facer se xogades con

irmáns/irmás maiores, así como axustar tamén o voso nivel ao que son capaces de

facer os vosos irmáns/irmás se son máis pequenos/as ca vós.

Correo de contacto: [email protected]

Para calquera outra aclaración, non dubidedes en poñervos en contacto tamén a través de dito

correo.

Un saúdo, moito ánimo para todos/as e ogallá pronto nos volvamos a ver no colexio.

Lémbrase que todas estas tarefas teñen un carácter orientativo e flexible; podendo

ser modificadas, simplificadas, ampliadas … en función das posibilidades reais coas

que cada alumno/a conte no seu fogar de espazo e materiais.

PARA LEVAR UN SEGUIMENTO DAS ACTIVIDADES, PODEDES ENVIAR AO CORREO DE

CONTACTO MOSTRAS DO TRABALLO REALIZADO. VALEN TANTO FOTOS DAS

ACTIVIDADES COMO PEQUENOS VIDEOS DELAS, OU SIMPLEMENTE UN TEXTO

EXPLICANDO QUÉ TRABALLO SE FIXO.

Page 10: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

ANEXO

Page 11: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

FICHA1: Os cinco sentidos. OÍDO, GUSTO e OLFACTO

O SENTIDO DO OÍDO

Como observaches no video, o oído divídese en 3 zonas (externo, medio e interno), situándose

en cada unha delas distintas partes encargadas de realizar diferentes funcións que permiten a

audición. Clasifica cada unha das partes que compoñen o oído na zona que lle corresponde:

orella – cadea de osiños – tímpano – caracol – trompa de Eustaquio

conduto auditivo externo

OÍDO EXTERNO OÍDO MEDIO OÍDO INTERNO

Para producirse a audición, é necesario que os sons que recibimos pasen por unha serie de

fases ao longo do oído ata que, finalmente, a información que conteñen chegue ao noso

cerebro. Ordea de 1 a 5 cada unha desas fases para que o proceso de audición sexa posible:

A información viaxa polo nervio auditivo ata o cerebro.

O movemento do tímpano transmítese á cadea de osiños e chega ao caracol.

Os sons entran no oído pola orella.

O tímpano vibra como un tambor.

Os sons recorren o conduto auditivo externo e chegan ao tímpano.

SENTIDO DO GUSTO

Como observaches no video, o sentido do gusto permite diferenciar os distintos tipos de

sabores. Resolve o encrucillado seguinte co tipo de sabor ao que se refire:

1- O bacallau pode conservarse desta forma.

2- O limón ten este sabor en concreto.

3- Ás persoas que toman café gústalles este

sabor.

4- O sabor propio das lambetadas.

Page 12: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Temporalización: 2 sesións Semana do 20/04 ao 24/04 de 2020 TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO: 3º de Educación Primaria

Cada un dos sabores anteriores é captado por un grupo de papilas gustativas específicas, as

cales se agrupan en diferentes zonas da lingua. En que zona está cada unha delas? Relaciona

con frechas.

DOCE AMARGO

SALGADO ÁCIDO

SENTIDO DO OLFACTO

Vamos a ver as túas dotes como artista. Para eso deberás debuxar o perfil dunha cabeza,

indicando nel a localización das fosas nasais e maila pituitaria. Podes axudarte da imaxe que

aparece no video (minuto 1:56).

Explica brevemente como funciona o sentido do olfacto. Guíate polo debuxo que fixeches

antes para explicalo.