TECNOLOXÍA 2021 /20 22

21
Página 1 de 21 TECNOLOXÍA 2021/2022

Transcript of TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Page 1: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 1 de 21

TECNOLOXÍA

2021/2022

Page 2: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 2 de 21

INDICE

ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO 1. Datos xerais do departamento ......................................................................................................... 3 2. Lexislación de referencia ................................................................................................................ 3 3. Aspectos xerais da programación.................................................................................................... 4

a. Contextualización b. Referencia as directrices xerais fixada no P.Educativo c. Referencia á incorporación das propostas da Memoria do curso anterior d. Directrices para a avaliación inicial e. Lingua na que se imparten as materias do Departamento

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE LOMCE

1. Contidos secuenciados e temporalizados………….......................................................................... 6 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares..................... 8

a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución c. Peso na cualificación d. Iinstrumentos de avaliación e. Temas transversais

3. Metodoloxía didáctica...................................................................................................................... 11 a. Estratexias metodolóxicas b. Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos

4. Avaliación inicial…………………………………………………………………………………. 12 a. Procedemento para a avaliación inicial b. Criterios para a acreditación de coñecementos previos, no seu caso. (Bacharelato)

5. Avaliación continua........................................................................................................................ 12 a. Procedemento para a avaliación continua b. Instrumentos de avaliación e criterios de corrección de exames

6. Avaliación final............................................................................................................................... 14 a. Quen debe ir á avaliación final? b. En que consistirá a proba? c. Como se elabora a cualificación final? d. A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?

7. Avaliación extraordianria................................................................................................................ 15 8. Materia pendente de cursos anteriores ........................................................................................... 15

a. Plan de traballo b. Prodedemento e instrumentos de avaliación

9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente……………….......................................... 15 a. Proceso de ensino b. Práctica docente

10. Avaliación da programación didáctica............................................................................................. 16 11. Atención a diversidade..................................................................................................................... 17 12. Actividades complementarias e extraescolares................................................................................ 18 13. Constancia de información ao alumnado.......................................................................................... 18 14. ADDENDA……………………………………………………………………………………...…. 21

Page 3: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 3 de 21

INDICE

ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO

1. DATOS DO DEPARTAMENTO

PROFESOR/A............... MATERIAS QUE IMPARTE CURSOS GRUPOS

Tellado Castro María Fe

Tecnoloxía Industrial I 1º BAC 1

TIC 4º ESO 1

TIC I 1º BAC 1

TIC II 2ºBAC 1

TIC I 1º BAC Adultos 1

TIC II 2º BAC Adultos 1

Programación 2º ESO 1

López Bao Isidro

Tecnoloxía 2º ESO bilingue 2

Tecnoloxía 2º ESO non

bilingüe

1

Tecnoloxia 3º ESO 2

Tecnoloxia 4º ESO 1

TIC I 1º BAC 1

Programación 2º ESO 2

2.LEXISLACIÓN DE REFERENCIA

ETAPA: BACHARELATO

LOMCE: • Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. • Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria

obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. • Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional

e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015-2016 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

ETAPA: E.S.O. LOMCE:

• Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. • Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria

obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. • Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional

e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015-2016 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 4: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 4 de 21

3.ASPECTOS XERAIS

a. CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN

O IES “Río Cabe”, está situado na localidade de “Monforte de Lemos”, na provincia de Lugo. O

centro é grande, contando con un ciclo formativo de grao superior de guía, información e asistencia turísticas en réxime de adultos e modular; ademais do grao medio das ensinanzas técnico deportivas na especialidade de fútbol. Conta con 11 unidades da ESO; dúas delas son un programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento en 3º ESO e un programa de diversificación curricular en 4º da ESO. Tamén existen dúas aulas de apoio debido a presenza de alumnado con necesidades educativas especiais principalmente en 1º e 2º da ESO.

Co que respecta ao Bacharelato a oferta se limita as modalidades de “Ciencias e Tecnoloxía” e “Humanidades e Ciencias Sociais” tanto no réxime xeral como no de adultos. Ademais tamén se pode cursar a educación secundaria para persoas adultas.

A dotación de recursos é suficiente, posto que posúe biblioteca con acceso a internet, tres aulas de informática con 24, 28 e 15 ordenadores respectivamente e nas aulas de Bacharelato e nas da ESO dispoñemos dun ordenador e proxector.

A maioría dos alumnos/as teñen aprobadas todas as materias do curso anterior, de todos modos, como establece a Orde de 24 de xuño de 2008, non é preciso acreditar ningún coñecemento previo para cursar a materia de “Tecnoloxía”. Contexto-Zona:

En canto ao entorno no que se ubica o centro hai que sinalar que é unha localidade de tamaño medio, situada no interior e con abundantes recursos naturais e artificiais. A maior parte da poboación adícase a actividades relacionadas coa agricultura, gandería ou a hostalería e o turismo.

A maior parte dos servizos cos que conta a localidade están no centro urbano. Este concello ten unha extensión de 202 Km2 e 19.817 habitantes.

Ademais dos dous centros educativos de ensino primario adscritos a este instituto, neste Concello hai outros 2 IES, un deles ubicado nos arredores. b. REFERENCIA ÁS DIRECTRICES XERAIS FIXADAS NO PROXECTO EDUCATIVO

Para a elaboración da Programación Didáctica seguironse as instruccións indicadas pola

Inspección Educativa.

Tiveronse como referencia os obxectivos xeris do centro e os obxectivos xerais da ESO e BAC.

Así mesmo síguense os principios metodolóxicos xerais recollidos no PE.

c. REFERENCIA Á INCORPORACIÓN DAS PROPOSTAS DA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR

A programación debe ser adaptada para cumprir coa temporalización prevista para o vindeiro

curso tendo en conta que a avaliación final ordinária realizarase a partir do 6 de xuño e a avaliación final

extraordinária realizarase a partir do 23 de xuño.

Na ESO e no primeiro curso de bacharelato, o período comprendido entre o 6 e o 22 de xuño de

2022 dedicarase á preparación e realización das probas extraordinarias, e a actividades de apoio,

reforzo, recuperación, ampliación e titorización.

Page 5: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 5 de 21

d. DIRECTRICES PARA A AVALIACIÓN INICIAL

A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo

é facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento acerca das

destrezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de aprendizaxe ou con

capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profesorado para programar as

adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou ampliación se fose necesario.

O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.

e. LINGUA NA QUE SE IMPARTEN AS MATERIAS NO DEPARTAMENTO (D. 79/2010)

MATERIA ETAPA CURSOS LINGUA Tecnoloxía 1º Ciclo 2º ESO Inglés/Castelán Tecnoloxía 1º Ciclo 3º ESO Castelán Tecnoloxía 2º Ciclo 4º ESO Castelán

Tecnoloxías da Información e Comunicación 2º Ciclo 4º ESO Castelán Tecnoloxía Industrial I Bacharelato 1º BAC Castelán

TICs Bacharelato 1º BAC Galego TICs Bacharelato 2º BAC Castelán

Programación 1º Ciclo 2ºESO Castelán

Page 6: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 6 de 21

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA LOMCE: Programación 2ºESO

1. Contidos secuenciados e temporalizados

A temporalización ten un carácter orientativo, define a grandes trazos a distribución dos contidos

para un ano académico. Agora ben, como resulta lóxico, esta temporalización estará suxeita a revisións segundo o curso avance, e os posíbles cambios deberán ser reflexados nas actas das diferentes reunións do Departamento de Tecnoloxía.

Pártese do suposto de aproximadamente 33 sesións lectivas, tendo en conta que o curso escolar

comeza sobre o 15 de setembro e remata arredor do 22 de xuño. As sesións asignadas a cada unha das unidades didácticas para a materia de Programación de 2º ESO serían as seguintes:

Avaliación

UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

1ª Avaliac.

B1 BLOQUE 1: Diagramas de fluxo

1

B1.1 Diagramas de fluxo: elementos, símbolos e o seu significado; ferramentas

Septembro-Decembro

12 Traballo co ordenador

B1.2 O termo “algoritmo”. Deseño de algoritmos utilizando diagramas de fluxo.

B1.3 Técnicas de resolución de problemas.

B1.4 Elementos dun programa informático: estruturas e bloques fundamentais.

B1.5 Estruturas de control: secuenciais, condicionais e iterativas. B1.6 Programación estruturada: procedementos e funcións.

Avaliación

UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

2ª Avaliac.

B2 BLOQUE 2: Programación por bloques

2

B2.1 Elementos da sintaxe da linguaxe.

Xaneiro-Abril

10 Traballo co ordenador

B2.2 Elementos do contorno de traballo. B2.3 Deseño de algoritmos utilizando ferramentas informáticas. B2.4 Instrucións básicas: movemento, aparencia, sons e debuxo. B2.5 Instrucións de control de execución: condicionais e bucles. B2.6 Operadores aritméticos e lóxicos. B2.7 Estruturas de almacenamento de datos. Variables e listas. B2.8 Instrucións de manexo de controis, sensores e eventos.

Page 7: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 7 de 21

Avaliación

UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

3ª Avaliac.

B2 BLOQUE 2: Programación por bloques

2

B2.9 Execución. Deseño e realización de probas: tipos de probas e casos de proba.

Material aportado polo profesor

Abril- Maio

3 Traballo co ordenador

B2.10 Depuración e documentación de programas.

B3 BLOQUE 3: Programación web

3

B3.1 Linguaxes de marcas para a creación de documentos web. HTML.

Material aportado polo profesor

Maio- Junio

5 Traballo co ordenador B3.2 Accesibilidade e usabilidade en internet.

B3.3 Ferramentas de creación de contidos da web 2.0.

TOTAL…………………………………………………………….……. 30 sesións

O resto de sesións déixanse para a realización das diferentes probas e exames de cada avaliación, actividades extreaescolares, etc. Ademais a duración de cada unidade é aproximada, e pode variar en función do grao de comprensión acadado polos/as alumnos/as en cada momento.

Page 8: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 8 de 21

2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares

LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia

(1) A partir de cada estándar pódese determinar “indicadores de logro” máis precisos que indiquen o nivel de adquisición do mesmo. (O instrumento máis idóneo é a rúbrica)

(2) As rúbricas soen utilizarse para avaliar as producións do alumnado: traballos de aplicación, sínteses e textos escritos,..

1ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Tem

a/U

D

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob .esc.

Prob oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

1

B1.1 B1.1 PROB1.1.1 CD/CMCCT/CSIEE/ CAA

Elabora diagramas de fluxo para deseñar e representar algoritmos 100% 35%

90%

10%

x x x x x x

B1.2-B1.3 B1.2 PROB1.2.1 CD/CMCCT/CSIEE

Analiza problemas para elaborar algoritmos que os resolven. 100% 35% x x x x x

B1.2- B1.3 B1.2 TICB1.2.2 CD/CMCCT

Obtén o resultado de seguir un algoritmo partindo de determinadas condicións. 60% 10% x x x x x x

B1.4- B1.5 B1.6 B1.3 TICB1.3.1 CD/CMCCT

Identifica elementos característicos da linguaxe de programación en programas sinxelos. 80% 20% x x x x x

Page 9: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 9 de 21

LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia

(1) A partir de cada estándar pódese determinar “indicadores de logro” máis precisos que indiquen o nivel de adquisición do mesmo. (O instrumento máis idóneo é a rúbrica)

(2) As rúbricas soen utilizarse para avaliar as producións do alumnado: traballos de aplicación, sínteses e textos escritos,..

2ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Tem

a/U

D

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob .esc.

Prob oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

2

B2.1- B2.2 B2.1 PROB2.1.1

CD/CMCCT CCL

Describe o comportamernto dos elementos básicos da linguaxe.

100% 20%

90%

10%

x x x x

B2.3 B2.1 PROB2.1.2 CD/CMCCT

Emprega correctamente os elementos do contorno de traballo de programación. 100% 20% x x x x x

B2.1- B2.2 B2.1 PROB2.1.3

CD/CMCCT CAA/CSIEE

Implementa algoritmos sinxelos usando elementos gráficos e interrelacionados para resolver problemas concretos. 30% 5% x x x x x x

B2.4 B2.2 PROB2.2.1 CD/CMCCT CAA/CSIEE

Realiza programas sinxelos na linguaxe de programación empregando instrucións básicas. 100% 20% x x x x x x

B2.5- B2.6 B2.3 PROB2.3.1

CD/CMCCT CAA/CSIEE

Realiza programas de mediana complexidade na linguaxe de programación empregando instrucións condicionais e iterativas. 80% 10% x x x x x x

B2.5- B2.6 B2.3 PROB2.3.2

CD/CMCCT CSIEE

Descompón problemas de certa complexidade en problemas máis pequenos susceptibles de seren programados como partes separadas.

80% 10% x x x

B2.7 B2.4 PROB2.4.1

CD/CMCCT CCL

Explica as estruturas de almacenamento para diferentes aplicacións tendo en conta as súas características. 30% 5% x

B2.7 B2.4 PROB2.4.2

CD/CMCCT CAA/CSIEE

Realiza programas de certa complexidade na linguaxe de programación empregando variables e estruturas de almacenamento.

30% 5% x x x x

B2.8 B2.5 PROB2.5.1

CD/CMCCT CAA/CSIEE

Realiza programas de certa complexidade na linguaxe de programación empregando eventos, sensores e fíos. 20% 5% x x x x x x

Page 10: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 10 de 21

LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia

(1) A partir de cada estándar pódese determinar “indicadores de logro” máis precisos que indiquen o nivel de adquisición do mesmo. (O instrumento máis idóneo é a rúbrica)

(2) As rúbricas soen utilizarse para avaliar as producións do alumnado: traballos de aplicación, sínteses e textos escritos,..

3ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Tem

a/U

D

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob .esc.

Prob oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

2 B2.9 B2.6 PROB2.6.1 CD/CMCCT

Obtén o resultado de seguir un programa escrito nun código determinado, partindo de determinadas condicións. 100% 70%

90%

10% x x x x

B2.10 B2.6 PROB2.6.2 CD/CMCCT Depura e optimiza o código dun programa dado aplicando procedementos de depuración. 70% 30% x x x x

3

B3.1 B3.1 PROB3.1.1 CD/CMCCT/CCL CSD/CCEC

Describe as características fundamentais e os comportamentos dos elementos das linguaxes de marcas. 20% 10%

90%

10%

x x x x

B3.2 B3.1 PROB3.1.2 CD/CMCCT CCL

Identifica as propiedades dos elementos da linguaxe de marcas realacionadas coa accesibilidade e a usabilidade das páxinas.

20% 10% x x x x

B3.1- B3.2 B3.1 PROB3.1.3

CD/CMCCT/CCL CAA/CSC/CSIEE/ CCEC

Deseña páxinas web sinxelas e accesibles. 100% 40% x x x x x x

B3.3 B3.2 PROB3.2.1

CD/CMCCT/CCL CAA/CSC/CSIEE/ CCEC

Elabora contidos utilizando as posibilidades que permiten as ferramentas de creación de páxinas web e contidos 2.0. 100% 40% x x x x x x

Page 11: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 11 de 21

3. Metodoloxía didáctica

a) Estratexias metodolóxicas

1. Aspectos xerais

2. Estratexias metodolóxicas

3. Secuenciación habitual de traballo na aula

- Partir da competencia inicial do alumnado - Ter en conta a diversidade: respectar os ritmos e estilos de aprendizaxe - Potenciar as metodoloxía activas:

• Combinar traballo individual e cooperativo sen contacto físico - Enfoque orientado á realización de tarefas e resolución de problemas - Uso habitual das TIC - Papel facilitador do profesor/a

- Indagación e investigación sobre documentos, textos, prensa, Internet,… - Análise e elaboración de documentos, presentacións, follas de cálculo, bases de datos, etc - Resolución de actividades - Uso de diversos programas informáticos

Para intentar levar a práctica estes principios metodolóxicos o meu Deseño da aprendizaxe estrutúroo en TRES fases:

1.- Fase inicial: O inicio de cada Unidade Didáctica, o profesor fará unha introdución á mesma, que incluirá os obxectivos a conseguir e comentará co grupo os coñecementos previos que podan ter sobre a materia, para detectar as ideas preconcebidas e motivar e despertar interés hacia o tema a través do diálogo cos alumnos/as.

2.- Fase directiva: Posteriormente se pasará a explicar os contidos conceptuais intercalando actividades de aprendizaxe, como poden ser realizar esquemas, mapas conceptuais, ou resolver exercicios e casos prácticos; limitándose o profesor a labores de coordinación e orientación, prestando especial atención os grupos de alumnos/as que teñan máis dificultades e propondo en caso de ser necesario actividades de reforzo ou ampliación. A finalidade das actividades é facilitar a comprensión e interpretación dos contidos conceptuais, e aplicar os coñecementos adquiridos a distintas situacións.

3.- Fase autónoma: Ao finalizar cada unidade didáctica, se proporán aos alumnos/as a resolución de actividades que faciliten a mellor comprensión do tema e o seu estudo.

Page 12: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 12 de 21

b) Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos

Para levar adiante o proceso de ensinanza e aprendizaxe precisaremos apoiarnos nuns recursos que, na maioría das veces, se basean en soportes escritos ou visuais. Así, salientamos a utilización de libros ou material de actividades propostas polo profesor, e por suposto Internet que é hoxe a principal fonte de datos que podemos ter a man.

Normalmente utilizaremos a aula asignada pola Xefatura de Estudos que é a aula de informática

dotada con pantalla e proxector. Farase uso da aula virtual do centro para actividades, comunicacións ou calquer material de apoio necesario para o desenvolvento do curso facilitando o seguemento da materia nos distintos escenarios.

Para este curso académico non se propón ningún libro de texto porén os alumnos/as deberán

utilizar o material aportado polo profesor que estará colgado na Aula virtual do centro e que será proporcionado en papel se as circunstancias o permiten.

4. Avaliación inicial

a) Procedemento para a avaliación inicial

A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo

é facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento acerca das

destrezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de aprendizaxe ou con

capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profesorado para programar as

adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou ampliación se fose necesario.

O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.

Tamén se pode propor a realización de certas tarefas prácticas co ordenador para avaliar os

coñecementos informáticos do alumno.

b) Criterios para a acreditación de coñecementos previos, no seu caso. (Bacharelato)

Non se contemplan nesta materia, xa que segundo a lexislación vixente non son necesarios.

5. Avaliación continua a) Procedemento para a avaliación continua

En cada avaliación faranse dúas probas escritas nas que se medirán os contidos conceptuais e

procedementais. Ademais tamén se terán en conta as actitudes, asistencia, puntualidade, traballo na clase....

O Baremo da nota de avaliación será o seguinte: � Probas feitas co ordenador…………………………………...... 30% da nota

o Realización das tarefas e actividades ou exames indicados polo profesor que se deben realizar co ordenador e servirán para saber se o alumno acada os obxectivos de cada tema.

o Farase a media aritmética da calificación de ditas actividades e tarefas. o O feito de que un alumno copie actividades ou tarefas doutro alumno, pode levar consigo que

ambos alumnos teñan 0 en ditos tarefas ou actividades, e incluso se esta actitude é reiterada a avaliación a cal pertenzan as actividades ou traballos poderá ser cualificada como non superada coa nota mínima para ambos alumnos.

Page 13: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 13 de 21

� Traballo individual........................................................................... 60% da nota o Realización das tarefas indicadas polo profesor que se deben realizar na aula de informática. o Elaboración de traballos individuais na aula de informática. o Realización de calquer outra tarefa relacionada cos contidos se fose o caso

� Observación do alumnado (asistencia, puntualidade...)..................10% da nota

o Cada falta de orde ou apercibimento resta. o A participación, respeto polo material e polos compañeiros suma o Cumprimento das normas hixiénico sanitarias

O sistema de baremación aquí indicado non exclúe que o profesor o poida modificar lixeiramente si se aprecian circunstancias que así o aconsellen, tales como poden ser o nivel inicial do/a alumno/a, as súas capacidades de aprendizaxe, etc. b) Instrumentos de avaliación e critérios de corrección de exames PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS Probas escritas Realización de tarefas e actividades propostas polo profesor que se

resolverán co ordenador Traballos individuais Actividades e traballos individuais a facer na aula co ordenador Traballos en grupo Non se contemplan. Probas orais Non se contemplan Traballo na aula Resolver e elaborar actividades e tarefas plantexadas na aula co

ordenador Observación e rexistro • De non elaborar e entregar as actividades e traballos que pide o

profesor no prazo establecido, só se lle ampliará dito prazo, a aqueles alumnos que presenten o mesmo día que se incorporan ao centro, xustificación médica ou de deber inescusable, de carácter público ou privado.

• Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno. • Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de

apercibimentos e o número de interrupcións, que non veñen ao caso, perante as explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor.

• Anotarase a actitude positiva cando, requerida a súa participación explícita ou voluntaria, nas actividades da aula a súa colaboración é absolutamente correcta. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor.

CRITERIOS XERAIS DE CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES:

teranse en conta e valoraranse os seguintes criterios, tanto nas actividades coma nos traballos individuais:

• Resposta correcta de todas as actividades que se lle propoñen • Orde, presentación e claridade nos contidos dos traballos propostos. • Faltas de ortografía e erros gramaticais. • O feito de que un alumno copie actividades ou traballos doutro alumno, pode levar consigo que

ambos alumnos teñan 0 en ditos traballos ou actividades.

Page 14: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 14 de 21

OUTROS CRITERIOS DE CORRECCIÓN: Traballo na aula de informática:

• Respecto polos equipos informáticos. • Navegar por internet so nas páxinas indicadas polo profesor. • Claridade e sencillez dos traballos entregados. • Orixinalidade dos traballos realizados. • Respecto polas normas hixiénico-sanitarias

6. Avaliación final

a) Quen debe ir á avaliación final

Se o alumno suspende alguna avaliación/s presentarase a recuperación das mesmas que se farán ao longo do curso. Ó final do curso realizarase un Exame Final da asignatura, ó que terá que presentarse o alumnado que teña nese momento algunha/s avaliación/s suspensa/s.

b) En que consistirá a proba?

A proba correspondente será realizada nos ordenadores da aula e versará sobre os contidos

impartidos en toda a avaliación ou avaliacións non superadas, independentemente dos resultados obtidos en cada unha das probas realizadas durante a mesma.

c) Como se elabora a cualificación final? O alumnado que ten aprobadas as 3 avaliacións, calcularáselle a nota da avaliación ordinaria facendo a media aritmética das 3 avaliacións e redondeando o resultado o número enteiro máis cercano. Se algún alumno ten que realizar a proba final con unha ou dúas avaliacións pendentes a nota do exame fará media aritmética coa da outra/s avaliacións aprobadas. d) A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?

Os alumnos/as perden o dereito a avaliación continua no caso de abandonar a asignatura e neste caso aplicarase o PROTOCOLO DE ABANDONO aprobado no centro e que figura no Proxecto Educativo. Segundo este protocolo considérase abandono se:

- O alumno/a non realiza as actividades ou traballos na clase, a pesar de ter actividades axeitadas ó seu nivel de competencia curricular.

- Non trae o material necesario para o normal desenvolvemento das actividades. - Entrega os exames en branco de forma reiterada. - Manifesta verbal e explicitamente o abandono da materia. - Houber absentismo escolar sen xustificación.

Actuación por parte do profesor: 1.- O profesor informará o titor da actitude do/a alumno/a na materia e tratará de falar cos pais

deste feito, explicándolles as consecuencias que dita actitude pode ter. Tamén se informará a Xefatura de Estudos de tal circunstancia.

2.- O terceiro aviso do profesor considerase que xa hai abandono. O final do curso realizarase un Exame Final da materia, que será fixado pola Xefatura de

Estudos. A esta proba deberá presentarse o alumno/a que perda o dereito á avaliación continua.

Page 15: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 15 de 21

7. Avaliación extraordinaria

Aqueles alumnos/as que non aproben a materia na convocatoria ordinaria, terán que presentarse a proba extraordinaria. Este proba será a mesma para tódos/as alumnos/as que cursen este nivel. A cualificación da avaliación extraordinaria será a nota do exame redondeada por defecto.

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS Proba con ordenadores

1 proba realizada nos ordenadores da aula de informática se a situación sanitaria o permite na que se avalía toda a materia da asignatura. A data da mesma será fixada pola Xefatura de Estudos entre o 20 e o 22 de xuño.

8. Materia pendente de cursos anteriores

a) Plan de traballo Non se contempla por non impartirse esta materia en cursos anteriores. b) Procedementos e instrumentos de avaliación Non se contempla por non impartirse esta materia en cursos anteriores.

9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente É necesario que o profesor leve a cabo un control do seu traballo para comprobar a eficacia do mesmo, valorando a súa relación coa labor docente, co alumno/a e coa materia. Os indicadores de logro se recollen nos dous seguintes cuestionarios, que se cubrirán ao final do curso e incorporaránse na memoria do Departamento.

a) Proceso de ensino

Proceso de ensino: 1 2 3 4

1.- O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?

2.- Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?

3.- Conseguiuse motivar para conseguir a súa actividade intelectual e física?

4.- Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?

5.- Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?

6.- Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?

7.- Tomouse algunha medida curricular para atender al alumnado con NEAE?

8- Tomouse algunha medida organizativa para atender al alumnado con NEAE?

9.- Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?

10.- Usáronse distintos instrumentos de avaliación?

11.- Dáse un peso real á observación do traballo na aula?

12.- Valorouse adecuadamente o traballo colaborativo do alumnado dentro do grupo?

Page 16: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 16 de 21

b) Práctica docente

Práctica docente: 1 2 3 4

1.- Como norma xeral fanase explicacións xerais para todo o alumnado

2.- Ofrécese a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa?

3.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade

4.- Elabóranse probas de avaliación de distinta dificultade para os alumnos con NEAE?

5.- Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar?

6.- Intercálase o traballo individual e en equipo?

5.- Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?

6.- Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe

7.- Préstase atención aos temas transversais vinculados a cada estándar?

8.- Ofrécese ao alumnado de forma inmediata os resultados das probas/exames,etc?

9.- Coméntase co alumnado os fallos máis significativos das probas /exames, etc?

10.- Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus fallos?

11.- Cal é o grao de implicación nas funcións de titoría e orientación do profesorado?

12.- Realizáronse as ACS propostas e aprobadas?

13.- As medidas de apoio, reforzo, etc establécense vinculadas aos estándares

14.- Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliaciÓn,.. ?

10. Avaliación da programación didáctica

• Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de avance na materia en relación á programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativos do alumnado.

• Memoria de final de curso, onde se reflexarán os contidos impartidos da programación anual, cambios propostos na mesma para sucesivos cursos ou problemas á hora de poñer en práctica o acordado na mesma.

• Ademais, darémoslle resposta ao seguinte cuestionario ao final de curso e o incroporaremos a memoria do Departamento:

Mecanismo de avaliación e modificación de programación didáctica Escala

(Indicadores de logro) 1 2 3 4

1.- Deseñáronse unidades didácticas ou temas a partir dos elementos do currículo?

2.- Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas/temas/proxectos?

3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secunciación e temporalización?

4.- Engadiuse algún contido non previsto á programación?

5.- Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?

6.- Secuenciáronse os estándares para cada unha das unidades/temas

7.- Fixouse un grao mínimo de consecución de cada estándar para superar a materia?

8.- Asignouse a cada estándar o peso correspondente na cualificación ?

9.- Vinculouse cada estándar a un/varios instrumentos para a súa avaliación?

10.- Asociouse con cada estándar os temas transversais a desenvolver?

11.- Fixouse a estratexia metodolóxica común para todo o departamento?

12.- Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?

13.- Son adecuados os materiais didácticos utilizados?

14.- O libro de texto é adecuado, atractivo e de fácil manipulación para o alumnado?

Page 17: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 17 de 21

15.- Deseñouse un plan de avaliación inicial fixando as consecuencias da mesma?

16.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares?

17.- Fixouse para o bacharelato un procedementos de acreditación de coñecementos previos?

18.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua: probas, exames, etc.

19.- Establecéronse criterios para a recuperación dun exame e dunha avaliación

20.- Fixáronse criterios para a avaliación final?

21.- Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?

22- Establecéronse criterios para o seguimento de materias pendentes?

23.- Fixáronse criterios para a avaliación desas materias pendentes?

24.- Elaboráronse os exames tendo en conta o valor de cada estándar?

25.- Definíronse programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares?

26.- Leváronse a cabo as medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?

27.- Leváronse a cabo as actividades complementarias e extraescolares previstas?

28.- Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos?

29.- Informouse ás familias sobre os criterios de promoción? (Artº 21º, 5 do D.86/15)

30.- Seguiuse e revisouse a programación ao longo do curso

31.- Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?

32.- Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?

11. Atención a diversidade

A miña programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e

intentar previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe en colaboración a fin de conseguir superar as deficiencias de cada un.

As actividades de clase deben atender principalmente ao traballo en equipo e á axuda recíproca

entre os alumnos/as. Ademais o diálogo profesor-alumnos/as debe ser continuo a fin de facilitar a adaptación de determinadas actividades ó nivel de coñocementos e capacidades de cada alumno/a.

Para a atención a diversidade tentarei adoptar as seguintes medidas: � Propor actividades e exercicios de reforzo ou ampliación aos alumnos/as que o necesiten. � Priorizar os contidos en función dos seus intereses e motivacións. � Partir dos coñecementos previos dos alumnos/as. � Variedade de contidos (procedimentais, conceptuais e actitudinais) � Tratarei de presentar os contidos interrelacionados e buscando, na medida do posible, aplicacións

reais dos mesmos. � Presentación variada do material. � Priorizar o facer dos alumnos/as. � Descompoñer a tarefa en pequenos pasos, do máis sinxelo o máis complexo.

Non obstante, as opcións metodolóxicas escollidas, eminentemente activas, e a variedade das

actividades de aprendizaxe deben contribuír a esta atención individual ao alumno. Excluídas do bacharelato as medidas extraordinarias de atención á diversidade, só queda como manifestación clara de atención á diversidade, o conxunto de aspectos, estratexias, recursos ou procedementos que permiten afrontar e dar resposta á diversidade individual de capacidades, intereses, estilos, ritmos e dificultades de aprendizaxe.

Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais

características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas ós seus compañeiros.

Page 18: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 18 de 21

12. Actividades complementarias e extraescolares

É conveniente que se faga algunha actividade complementaria (dentro do horario escolar e de obrigado cumprimento) ou extraescolar (fora do horario escolar e optativas) para que os alumnos/as comproben a aplicación práctica dos contidos.

LUGAR CURSOS CARACTERÍSTICAS DATAS DURACIÓN

Monforte de Lemos

2º ESO Museo do ferrocarril 2ª Avaliación 3h (2ª metade da mañá)

O Páramo (Lugo) 2ºESO

3ºESO

Central leiteira Quintián 2º Avaliación 6 h (Toda a mañá)

Xermade

(Lugo)

3º ESO

4º ESO

Parque experimental Sotavento

2ª Avaliación 6h (Toda a mañá)

Os Peares 4ºESO

1º BAC

Central hidroeléctrica 2ª Avaliación 6h (Toda a mañá)

Lugo 4º ESO Fundación TIC 3ª Avaliación 6h (Toda a mañá)

Vigo 4º ESO e 1º BAC

Citroen PSA Vigo 2º ou 3ª Avaliación

Mañá e tarde

Ponferrada ESO e BAC

Fábrica da luz 2º ou 3ª Avaliación

Mañá ou tarde

Pola situación sanitaria actual e ante a imposibilidade de facer visitas de forma presencial cabe a posibilidade de participar dalgunha actividade interesante por exemplo conferencias ou videoconferencias.

13. Constancia de información ao alumnado

O profesor destinará unha sesión a principio do curso para informar ao alumnado da programación da materia. O alumnado ten a posibilidade de consultar a programación didáctica en calquera momento. Esta dispoñibilidade pode ser de dúas formas:

� Previa petición o profesor da materia ou o Xefe do Departamento. Para elo, o seminario posuirá unha copia por escrito da programación didáctica.

� Por arquivo electrónico. Para elo, o centro dispón dunha páxina web dende a que se pode descargar a programación didáctica, aportada polo seminario, para a súa consulta.

Page 19: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 19 de 21

14. ADDENDA

1. Aprendizaxes imprescindibles non adquiridas no curso anterior

A materia obxecto desta programación non ten unha vinculación directa coas materias que se lle impartiron a este alumnado no curso 2020/21, a efectos de determinar aprendizaxes imprescindibles non adquiridas no curso anterior.

a. Aprendizaxes imprescindibles no caso de ensino semipresencial Referente aos estándares de aprendizaxe, contemplados nas táboas das páxinas 8 a 11 desta programación didáctica, só se terán en conta aqueles estándares que superen o grao mínimo de consecución do 80% en todas as unidades didácticas. b. Aprendizaxes imprescindibles no caso de ensino non presencial Referente aos estándares de aprendizaxe, contemplados nas táboas das páxinas 8 a 11 desta programación didáctica, só se terán en conta aqueles estándares que superen o grao mínimo de consecución do 100% en todas as unidades didácticas. 2.Transición ao ensino non presencial, se fose necesario: actividade lectiva semipresencial e/ou non presencial

a. Metodoloxía didáctica Durante os primeiros días de clase, en setembro, promoveranse accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino semipresencial ou a distancia. Do mesmo modo, facilitaráselle ao alumnado a inscrición na aula virtual así como que se matricule no curso da materia obxecto desta programación. Garantirase que o alumnado coñeza o funcionamento do seu curso e da metodoloxía que seguirá no hipotético caso de ter que realizar o ensino a distancia. No caso de ter que realizar unha actividade lectiva semipresencial ou a distancia, impulsaranse metodoloxías activas axustadas ás necesidades concretas do alumnado e grupo que fomenten no alumnado unha actitude curiosa, crítica e investigadora e. O uso de recursos tecnolóxicos serán a base para continuar co proceso formativo, desenvolvendo no alumnado actuacións que contribúan a que adquira as competencias clave e os obxectivos de curso fixados para esta materia. De maneira xeral, realizaranse as seguintes actividades:

• Desenvolvemento dos diferentes contidos das unidades didácticas usando a Aula Virtual e a videoconferencia.

• Dado que a clase efectuada por videoconferencia non ten a mesma impronta que a clase presencial, aplicaremos unha atención específica usando para tal fin a Aula Virtual do centro. Nela quedarán colocados os diferentes materiais que usarán de forma online para realizar as tarefas complementarias que lles indique o profesor.

• Resolución por parte do alumnado de exercicios ou tarefas de cada tema. • Entrega por parte do alumnado de traballos planificado en tempo e forma a través da Aula Virtual

e/ou correo electrónico. • Outras actividades que faciliten a valoración e o seguimento das clases virtuais así como o

progreso do alumnado. A constatación de que algún alumno/a presenta actividades das que non é autor/a implicará automáticamente unha valoración de 0 en ditas actividades. Do mesmo modo, cando o profesorado considere que as probas ou os traballos que se fagan de xeito non presencial precisen dunha verificación de autoría, poderáselle requirir a realización dunha defensa oral ou calquer outro medio que demostre a asimilación dos contidos por parte do alumnado que se atopará só nun espazo da súa casa.

Page 20: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 20 de 21

Durante este período de ensino semipresencial ou a distancia realizaranse actividades de recuperación, repaso e reforzo de aqueles estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles impartidas mentres houbo actividade lectiva presencial e, de ser o caso, traballaranse aqueles aprendizaxes imprescindibles da materia e curso actual que non puideron ser impartidos de forma presencial. b. Procedementos e instrumentos de avaliación na actividade lectiva semipresencial e/ou non presencial

ACTIVIDADE LECTIVA SEMIPRESENCIAL

No caso de que unha parte do alumnado dun grupo estea no centro uns días e outra parte na casa, nas sesións presenciais incidiríase fundamentalmente nas aclaracións de aspectos teóricos mentres que a práctica faríana os días que estiveran na casa. De ser o caso, facilitaríaselles material audiovisual e dixital para reforzar as explicacións cando estean nos seus domicilios. O alumnado que non asista ao centro realizará de forma preferente actividades de tipo práctico en distintos soportes. Estes tamén poderán mandar as dúbidas no horario que lle correspondería á materia de forma presencial a través do medio indicado polo profesorado e serán atendidas á maior brevidade posible segundo a súa dispoñibilidade horaria.

Para o alumnado que asiste a clase por videoconferencia: • Obrigatoriedade de conexión online coa clase diaria e coa Aula Virtual do centro. • Realización dun exame do explicado e traballado (de xeito online) unha vez volvan ao sistema

presencial. • De non poder volver ao sistema presencial en tempo, realizarían, de ser o caso, un exame por

videoconferencia, exercicios ou traballos específicos a través da Aula Virtual. Os procedementos de avaliación serían os mesmos que aparecen na programación pero en canto aos instrumentos de avaliación, só se considerarían o exame que se calificará cun 60% da nota e os traballos cun 40%. Se non houbera exame, os traballos suporán entón o 100% da nota.

Non se aceptarán traballos fóra do prazo indicado ou por outros medios que non sexan os precisados polo profesorado. Todas as probas e traballos esixidos serán de carácter obrigatorio a non ser que se indique o contrario. ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL

Para o alumnado que asiste a clase por videoconferencia: • Obrigatoriedade de conexión online tanto para as videoconferencias como para o traballo na

Aula Virtual do centro. • Realización das correspondentes probas escritas ou exames cando se permita a presencialidade

no centro. • De non poder volver ao sistema presencial en tempo, realizarían, de ser o caso, un exame por

videoconferencia, exercicios ou traballos específicos a través da Aula Virtual. • Os procedementos de avaliación serían os mesmos que aparecen na programación pero en

canto aos instrumentos de avaliación, só se considerarían o exame que se calificará cun 60% da nota e os traballos cun 40%. Se non houbera exame, os traballos suporán entón o 100% da nota.

Para calcular a cualificación final da avaliación ordinaria terase en conta que:

• Terán o mesmo peso as cualificacións das evaluacións tanto se a actividade lectiva se fai de forma presencial, semipresencial ou non presencial.

• Seguirase o criterio establecido no apartado 6 desta programación didáctica, e dicir: o Farase a media aritmética das 3 avaliacións redondeando o resultado ao número enteiro

mais cercano

Page 21: TECNOLOXÍA 2021 /20 22

Página 21 de 21

o Se algún alumno ten algunha/s avaliación/s suspensas presentarase ao exame final da materia que se realizará de forma presencial se e posible e se non por métodos telemáticos (videoconferencia e/ou aula virtual).

o O exame correspondente versará sobre os contidos impartidos en toda a avaliación ou avaliacións non superadas, independentemente dos resultados obtidos en cada unha das probas realizadas durante a mesma.

Aqueles alumnos/as que non aproben a materia na convocatoria ordinaria de xuño terán que presentarse a proba extraordinaria de xuño que será mesma para todos os alumnos/as que cursen este nivel. Esta proba extraordinaria consistirá nunha proba feita nos ordenadores do centro se e posible, e se non farase unha proba telemática. c. Medidas de atención ao alumnado con dificultades dixitais

Un dos principios de calquera lei educativa é a compensación das desigualdades. Desde a administración e centros educativos débense establecer uns criterios e facilitar ao alumnado que o necesite, os recursos que lle permitan reducir esas desigualdades para contar cos medios dixitais, de conexión necesarios,... para poder optar a un ensino de calidade e en condicións de igualdade. Todo o alumnado recibirá unha formación inicial para coñecer as ferramentas da aula virtual. Aqueles alumnos/as con que non dispoñan de equipos dixitais (ordenadores, conexión a internet,...) facilitaráselles en sistema de préstamo, desde os centros educativos, os recursos necesarios para garantir un acceso en condicións a un ensino non presencial.