Tema 1 xeografía 3º

4
1 Tema 1 A representación xeográfica da Terra. Xeografía significa descrición da Terra. O obxecto da xeografía é o estudo da Terra no seu aspecto físico (xeografía física) ou como lugar habitado pola humanidade (xeografía humana). Así nun libro de xeografía física atoparemos cousas como mapas físicos (con montañas, ríos, etc), descricións dos climas do mundo, dos materiais da codia terrestre, formas de erosión do terreo, formación dos solos, etc. En cambio, nun libro de xeografía humana atoparemos análises sobre a poboación, sobre as paisaxes agrarias, as cidades, as actividades económicas, o impacto da actividade humana no medio ambiente, transportes, etc. Unha das ferramentas máis empregadas en xeografía, tanto en xeografía física como en xeografía humana, son as representacións da Terra. Latitude e lonxitude Sabemos que a Terra ten forma esférica, algo achatada polos polos. Tamén sabemos que xira sobre si mesma (rotación) en torno a un eixe e lixeiramente inclinado que marca ónde están os polos. E por último a Terra xira ao redor do sol. O movemento de rotación da terra proporciona dous puntos naturais – os polos – sobre os que está baseada a rede xeográfica, formada por unha rede de liñas imaxinarias que nos axudan a situar calquera punto da superficie terrestre. Os meridianos son semicírculos cuxos extremos coinciden cos polos. Os paralelos son círculos completos,

Transcript of Tema 1 xeografía 3º

Page 1: Tema 1 xeografía 3º

1

Tema 1

A representación xeográfica da Terra.

Xeografía significa descrición da Terra.

O obxecto da xeografía é o estudo da Terra

no seu aspecto físico (xeografía física) ou

como lugar habitado pola humanidade

(xeografía humana). Así nun libro de

xeografía física atoparemos cousas como

mapas físicos (con montañas, ríos, etc),

descricións dos climas do mundo, dos

materiais da codia terrestre, formas de erosión do terreo, formación dos solos, etc. En cambio, nun libro de

xeografía humana atoparemos análises sobre a poboación, sobre as paisaxes agrarias, as cidades, as actividades

económicas, o impacto da actividade humana no medio ambiente, transportes, etc.

Unha das ferramentas máis empregadas en xeografía, tanto en xeografía física como en xeografía humana, son

as representacións da Terra.

Latitude e lonxitude

Sabemos que a Terra ten forma esférica, algo achatada polos polos. Tamén sabemos que xira sobre si mesma

(rotación) en torno a un eixe e lixeiramente inclinado que marca ónde están os polos. E por último a Terra xira ao

redor do sol.

O movemento de rotación da terra proporciona dous puntos naturais – os polos – sobre os que está baseada a

rede xeográfica, formada por unha rede de liñas imaxinarias que nos axudan a situar calquera punto da superficie

terrestre. Os meridianos son semicírculos cuxos extremos coinciden cos polos. Os paralelos son círculos completos,

Page 2: Tema 1 xeografía 3º

2

paralelos entre eles. Existen infinitos meridianos e infinitos paralelos (igual que un segmento ten infinitos puntos),

así que cada punto da terra é o cruce entre un meridiano e un paralelo. No mapa só se representan algúns, sempre

coa mesma distancia entre eles.

Algúns meridianos e paralelos teñen nomes específicos e serven de referencia.

Para expresar un punto sempre se comeza pola latitude (norte ou sur) e logo a lonxitude (leste ou oeste),

expresados en graos, minutos e segundos.

Por exemplo as coordenadas de Castroverde son 43°02′00″N, 07°19′00″W. Un grao ten 60 minutos e un minuto

60 segundos.

Page 3: Tema 1 xeografía 3º

3

A Cartografía:

O ser humano debe representar a superficie terrestre sobre a que vive para poder abarcala coa mirada. A

cartografía é a técnica para realizar representacións da terra a menor escala da real. Pero a cartografía debe

solucionar dous problemas:

- O tamaño da Terra (imposible representala ao seu tamaño real) o que se soluciona coa escala.

A escala exprésase como unha fracción, na que o numerador é sempre 1 e o denominador indica o número

de veces que a medida do mapa é maior que a realidade. Así por exemplo, se a escala é 1: 100.000 quere

dicir que un centímetro no mapa equivale a 100.000 centímetros na realidade.

Un mapa a gran escala presenta gran cantidade de información sobre un espazo pequeno de terreo. Un

mapa a pequena escala mostra pouca información de cada lugar.

Moitos alumnos e alumnas, cometen o erro de pensar que canto maior é o denominador maior é a escala.

Pero se teñen dúbida deben preguntarse: Que é maior, ½ ou ¼?.

- A curvatura da Terra (imposible representala en plano sen deformala

dalgunha maneira). Podemos representar a Terra nun globo terráqueo ou

representala nunha superficie plana facendo proxeccións. Pero debemos ser

Ilustración 1 mapa escala 1:35.000.000 Ilustración 2 mapa escala 1:25.000

Page 4: Tema 1 xeografía 3º

4

conscientes de que nas proxeccións a pequena escala non se mantén a escala, senón que se deforma a

realidade.

Tipos de representacións da Terra:

Os tipos de mapas son case infinitos, xa que un mapa pode presentar información sobre calquera fenómeno

que ocupe unha localización determinada nun momento determinado. Existen mapas marinos, de

navegación aérea, etc. Pero aquí interésannos só os terrestres.

Segundo a forma esférica ou plana na que se represente:

- Globos terráqueos: representación esférica.

- Mapas: Representación xeográfica de la Terra, ou de parte dela, sobre unha superficie plana de acordo

cunha escala.

Os mapas poden ser de moitos tipos:

Pola súa escala:

Pequena escala. Teñen unha escala menor de 1:10.000.000. Entre eles os

planisferios: representa en forma plana o planeta Terra enteiro.

Gran escala. Para que un mapa sexa considerado “a gran escala” ten que ser de

maior escala que o 1:100.000. Os máis habituais son de 1:50.000 ou de 1:25.000.

Neste tipo de mapas inclúense os planos: mapas que teñen unha escala

suficientemente grande como para que a curvatura da terra non de problema.

Polo que representan:

Topográficos: son mapas (a gran escala) que representan, fundamentalmente, o

relevo, pero tamén outros aspectos físicos (hidrografía, tipos de vexetación..) e

humanos (poboacións, vías de comunicación, límites adminsitrativos...) dun

territorio determinado. Presentan curvas de nivel par representar a altura do

terreo.

Temáticos. Son mapas que proporcionan información sobre un aspecto concreto

que poida representarse no espazo: poboación, climas, recursos enerxéticos, áreas

turísticas...

Os mapas mudos son mapas nos que non están escritos os nomes dos accidentes

xeográficos nin das poboacións ou outros lugares. Poden presentar información do

relevo (físicos) ou das divisións administrativas, países etc. (políticos).

Actualmente, ademais dos mapas, temos a posibilidade de consular imaxes como as fotografías aéreas (feitas dende

un avión) e as imaxes satelitais (tomadas dende un satélite artificial). (Fotocopias do libro de texto).