Tema 11.- As sociedades humanas e os fenómenos migratorios. · Tema 11.- As sociedades humanas e...
Transcript of Tema 11.- As sociedades humanas e os fenómenos migratorios. · Tema 11.- As sociedades humanas e...
Tema 11.- As sociedades humanas e os fenómenos migratorios.
1.- A organización das sociedades.
As grandes áreas culturais do mundo.
2.- A evolución da sociedade humana.
sociedades tradicionais sociedades modernas
A maioría de persoas viven no campo. Unha parte da poboación emigrou á cidade para
empregarse nas fábricas ⇒ as zonas urbanas crecen
Predominan as actividades agrícolas e gandeiras. As
actividades manufactureiras que se levan a cabo son
de tipo artesanal.
A actividade agrícola e gandeira perde importancia a
prol da actividade industrial.
A produción é reducida e está orientada á
supervivencia.
Altos niveis de produción. A produción está orientada
ao mercado.
A forma de poder é personalista e autoritaria, propia
dos reis e dos señores feudais.
A forma de goberno predominante é a democracia. A
xestión política está determinada polas leis
Os comportamentos adoitan ser moi estables porque
están suxeitos a estritos códigos relixiosos e morais.
Os comportamentos son máis flexibles e cambiantes.
As normas relixiosas e morais teñen menos influencia
A comunicación entre os pobos e as persoas é moi
limitada porque poucos teñen a oportunidade de
viaxar ou de ter noticias de fóra da súa propia aldea.
As comunicacións son máis fluídas, debido ao gran
desenvolvemento dos sistemas de transporte e os
medios de comunicación
... ...
3.- A diversidade das sociedades europea e española.
• Son sociedades democráticas: os cidadáns elixen periodicamente e de forma libre os seus
representantes para que lexislen e gobernen.
• A maioría da poboación activa traballa no sector servizos, e a industria está altamente cualificada.
• Presentan un alto nivel de benestar (elevado IDH).
• A taxa de paro é elevada en moitos países (entre eles España). Os mozos teñen dificultades para
atopar traballo e tardan en emanciparse.
• A sociedade é urbana e dinámica. Presenta unha esperanza de vida das máis altas do mundo, pero
iso non é sinónimo de que todos gocen dunha elevada calidade de vida.
• Teñen unha poboación avellentada e a TN é a máis baixa do planeta.
• Isto vese compensado pola abundante afluencia de inmigrantes procedentes doutros continentes.
• Son sociedades multiculturais:
➢ A diversidade cultural e étnica en Europa reflíctese tanto na variedade de linguas coma nas
manifestacións artísticas e culturais dos Estados e as rexións que a integran.
➢ A estas diferenzas súmanse as introducidas polos inmigrantes procedentes doutros continentes.
➢ A sociedade española tamén é multiétnica e plurilingüe: á diversidade cultural das comunidades
autónomas súmase a aportada polas comunidades estranxeiras.
Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)
• É un indicador elaborado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)
que mide o nivel de benestar ou desenvolvemento dos habitantes dun país.
• Considera tres criterios básicos:
➢ os indicadores económicos: Produto Interior Bruto (PIB) real por habitante;
➢ a saúde: esperanza de vida ao nacer e acceso á sanidade;
➢ a educación: taxa de alfabetización e matriculación nas ensinanzas primaria, secundaria e
superior.
• O IDH exprésase en valores abranguidos entre 0 (mínimo) e 1 (máximo). Distínguense tres
categorías:
➢ desenvolvemento humano alto: IDH>0,8
➢ desenvolvemento humano medio: IDH entre 0,5 e 0,8
➢ desenvolvemento humano baixo: IDH<0,5.
O Índice de Desenvolvemento Humano na Unión Europea en 2014.
4.- As migracións hoxe.
migracións
s
causas
s
tipos
s
naturais: catástrofes naturais (secas, inundacións, terremotos…)
políticas: guerras, deportacións, persecucións étnicas…
relixiosas: persecucións de minorías relixiosas
económicas: desemprego, expectativas de mellorar nivel de vida…
outras: exceso de poboación, estudos, turismo, éxodo rural…
segundo a súa formación
segundo a súa situación
segundo o ámbito
segundo a
voluntariedade
forzadas: trata de escravos , deportacións, refuxiados…
segundo a
duración
segundo o
destino
emigrantes
s
libres: xubilados residentes, traballadores, estudantes…
temporais: estacionais, movementos pendulares…
definitivas: españois en América, españois en Alemaña…
interiores: éxodo rural, migracións interurbanas…
exteriores: migracións transoceánicas, as actuáis…
cualificados / sen formación
legalizados / refuxiados / indocumentados
nacionais / internacionais
As principais rutas migratorias actuais.
Contin. rexións emisoras de emig. destino áreas receptoras de inmig. tipo de emig.
América
México América do Norte
América do N (Canadá e
EUA)
Venezuela
Arxentina
pouco
cualificados
América Central e Caribe América do Norte
Colombia e Perú América do N/ Venezuela / Asia
Bolivia e Paraguai / Chile Arxentina
Europa
Leste: Romanía, Bulgaria) Países da UE máis desenvolvidos (O e S)
Países do O e S de Europa
pouco cualif.
Rusia Países máis desenvolvidos da UE cualificados
África
África do Norte Unión Europea / Estados do Golfo
Costa de Marfil e Ghana
Gabón
Sudáfrica
pouco
cualificados NE: Exipto, Somalia, Sudán UE / Estados do Golfo
África Occidental UE / Costa de Marfil e Ghana / Gabón / Sudáfrica
África Central e Austral Sudáfrica / Gabón / Australia e Nova Zelandia ambos
Asia
Turquía, Siria e Cáucaso UE / Estados do Golfo / Rusia
Estados do Golfo Pérsico
Xapón
ambos
Asia Central América do Norte / UE
Península Índica UE / Estados do Golfo / América do Norte
China Hong Kong / UE / Extremo Oriente Ruso / EUA /
Australia e Nova Zelandia
Corea do Sur / Xapón Xapón / América do Norte
Sueste asiático Estados do Golfo / Hong Kong / Australia e Nova
Zelandia / EUA
Oceanía Australia e Nova Zelandia cualificados
As rutas de inmigración a Europa.
5.- Os efectos das migracións.
efectos para os países de orixe (emisores) para os países de destino (receptores)
económicos
• entrada de divisas: os emigrantes envían ás
súas familias unha parte dos aforros que
conseguen, o cal é unha importante fonte
de ingresos para o país
• incremento da oferta de man de obra: persoas
novas dispostas a realizar todo tipo de traballos
⟹ isto revitaliza o mercado laboral interno
• expansión da economía: os inmigrantes
contribúen cos seus impostos e son un
importante colectivo de consumidores
sociais
• perden habitantes con alta cualificación
profesional ou académica, nos que
investiron importantes recursos para
formalos ⟹ o país empobrécese
• cambios demográficos: redúcese a
poboación adulta, baixa a TN e a poboación
avellenta
• reciben profesionais cualificados que non tiveron
que formar ⟹ o país enriquécese
• cambios demográficos: aumenta a poboación
adulta en idade de traballar, aumenta a TN e a
poboación rexuvenece
• pode xerar conflitos de convivencia: formación
de guetos, rexeitamento ao emigrante, porque é
estranxeiro (xenofobia) / polos seus trazos
físicos ou culturais (racismo)
culturais
• dificultades de integración dos inmigrantes, que
levan consigo os seus sinais de identidade
• contacto entre diferentes culturas, que poden mesturarse coas tradicións locais ⟹ maior
diversidade cultural
6.- España: país de emigrantes, país de inmigrantes.
A emigración exterior.
Destino Países Período Procedencia
América Arxentina, Brasil, Cuba, México,
Uruguai, Venezuela...
Desde a segunda metade do século
XIX ata 1929 (crise económica)
A maioría dos emigrantes procedían
de Galicia, Asturias e Canarias
Europa
Suíza, Alemaña, Francia, Holanda,
Reino Unido, Bélxica, Luxemburgo
Desde mediados do s. XX (sobre
todo desde 1960) ata 1973 (crise do
petróleo)
Sobre todo de Andalucía e Galicia +
Castela e León, Valencia e
Estremadura
As migracións interiores en España na década de 1960.
A inmigración estranxeira en España no ano 2011.
colectivo procedencia caracteres
inmigración
económica e laboral
países pobres de
África, América e Asia
• buscan traballo e unhas condicións de vida dignas
• chegan a España de xeito legal ou clandestino (“sen papeis”).
inmigración de
alto nivel profesional
e estudantes
sobre todo da Unión
Europea
• inmigrantes moi cualificados: técnicos, enxeñeiros, médicos,
economistas... + estudantes estranxeiros
• residen temporalmente en España
inmigración
residencial
sobre todo países do
Norte de Europa
• persoas xubiladas que buscan un lugar agradable onde vivir
(clima, servizos...)
• instálanse na costa mediterránea, Andalucía e os arquipélagos
balear e canario
refuxiados moi dispar • persoas perseguidas por motivos políticos, étnicos, relixiosos,
guerras...
A poboación estranxeira por Comunidades Autónomas en 2011
01-01-2016
de 2018
7.- Quen emigra fóra de España?
A emigración española segundo sexo e idade no ano 2014.
A emigración da poboación española segundo o país de destino (2013-2014).
A poboación estranxeira por comunidades autónomas no ano 2015. [% respecto ao total nacional]
O saldo migratorio en España no ano 2016 (datos do INE).