Tema 12.- Apdo. 4.- Conquista e organización do Imperio ... ESO tema... · O vicerrei era o...

16
Tema 12.- Apdo. 4.- Conquista e organización do Imperio americano. 4.1.- As grandes conquistas e expedicións. Unha conquista rápida, por superioridade militar: armas, cabalos, armaduras, pólvora... superioridade científica: xeógrafos, botánicos, enxeñeiros militares... afán de aventuras e de riqueza loitas internas entre os pobos indíxenas os indíxenas pensaban que os conquistadores eran deuses (armas, armaduras, cabalos, cans...) profecías indíxenas que predicían a chegada de enviados dos deuses Expedición de conquista Data Protagonistas Conquista do Imperio azteca entre 1518 e 1521 dirixida por Hernán Cortés Dominio da civilización maia entre 1523 e 1524 Pedro de Alvarado Conquista do Imperio inca entre 1531 e 1535 dirixida por Francisco Pizarro Exploración de Florida, Texas e California entre 1528 e 1536 Álvar Núñez Cabeza de Vaca Conquista de Chile entre 1536 e 1553 Diego de Almagro e Pedro de Valdivia Exploración do río Amazonas 1541-1542 Francisco de Orellana Conquista das illas Filipinas e apertura da ruta entre Filipinas e México entre 1565 e 1571 Miguel López de Legazpi e Andrés Urdaneta Fundación de Bos Aires e Santa Fe (Arxentina) 1580 Juan de Garay

Transcript of Tema 12.- Apdo. 4.- Conquista e organización do Imperio ... ESO tema... · O vicerrei era o...

Tema 12.- Apdo. 4.- Conquista e organización do Imperio americano.

4.1.- As grandes conquistas e expedicións.

Unha

conquista

rápida, por

superioridade militar: armas, cabalos, armaduras, pólvora...

superioridade científica: xeógrafos, botánicos, enxeñeiros militares...

afán de aventuras e de riqueza

loitas internas entre os pobos indíxenas

os indíxenas pensaban que os conquistadores eran deuses (armas, armaduras, cabalos, cans...)

profecías indíxenas que predicían a chegada de enviados dos deuses

Expedición de conquista Data Protagonistas

Conquista do Imperio azteca entre 1518 e 1521 dirixida por Hernán Cortés

Dominio da civilización maia entre 1523 e 1524 Pedro de Alvarado

Conquista do Imperio inca entre 1531 e 1535 dirixida por Francisco Pizarro

Exploración de Florida, Texas e California entre 1528 e 1536 Álvar Núñez Cabeza de Vaca

Conquista de Chile entre 1536 e 1553 Diego de Almagro e Pedro de Valdivia

Exploración do río Amazonas 1541-1542 Francisco de Orellana

Conquista das illas Filipinas e apertura da ruta entre Filipinas e México

entre 1565 e 1571 Miguel López de Legazpi

e Andrés Urdaneta

Fundación de Bos Aires e Santa Fe (Arxentina)

1580 Juan de Garay

1518-1521

1531-1535

1523-1524

A primeira volta ao mundo (1519-1522).

4.2.- A organización do Imperio americano.

Institucións Data de creación Funcións

ESPAÑA

Consello

de Indias

1524

(sen sede fixa)

Institución que se encargaba dos asuntos americanos,

asesoraba o rei neles, nomeaba os funcionarios e redactaba

as leis específicas para os territorios conquistados.

Casa de

Contratación

1503

(Sevilla)

Institución que controlaba todo o tráfico de persoas e

mercancías con América.

Aseguraba a recadación do quinto real para a Coroa

AMÉRICA

Vicerreinados

e vicerreis

Nova España en

1534

Perú en 1542

O vicerrei era o representante directo do rei.

Acumula funcións de gobernador, presidente da Audiencia e

capitán xeneral.

Audiencias

A primeira foi

establecida en

1511

Función administrativa e xudicial. Están baixo o control dos

vicerreis.

A finais do século XVI había 4 en Nova España e 6 en Perú.

Gobernacións

ou provincias A primeira en 1502

Territorios baixo o mando dun gobernador nomeado polo rei.

Función administrativa e xudicial. Están subordinados ás

Audiencias.

A finais do século XVII había 37.

Cabidos A partir de 1507 Órgano de goberno e administración dun municipio.

5.- A colonización da América española.

Unha encomenda española en América

A mita

A sociedade colonial

A denuncia dos abusos sobre a poboación indíxena

Desde hai máis de corenta anos que os españois están alí, non fixeron outra cousa que asasinar indios, facelos sufrir, aflixilos, atormentalos e destruílos. Así, a illa de Cuba está hoxe practicamente despoboada. Se ben en La Española había máis de trescentos mil habitantes, hoxe non quedan a penas douscentos. A causa pola que mataron e destruíron tantas persoas foi unicamente por ter o ouro e encherse de riquezas en moi breves días.

Bartolomé DE LAS CASAS: Brevísima relación da destrución das Indias. 1552.

a

trata de da catástrofe demográfica provocada pola conquista española en América

autor Bartolomé de las Casas (1474-1566). Eclesiástico español, defensor dos indíxenas de América

b argumentos

a brutalidade da explotación dos territorios conquistados polos españois, que sometían os

indíxenas a condicións de traballo extremadamente duras ⟹ enfermidades e mortes masivas

o desmesurado afán de enriquecemento rápido e a cobiza do ouro indíxena

c reacción da

Coroa

promulgou as Leis de Indias (1542) que prohibían a escravización dos indíxenas e concedíanlles

a condición de súbditos da Coroa

estas leis foron rexeitadas polos colonos, e incumpridas de forma sistemática, malia as

denuncias de frei Bartolomé de las Casas

A lenda Negra

Principais consecuencias da conquista de América

Económicas

Incremento do comercio, e intercambio de produtos

de América a Europa: pataca, millo, cacao, tabaco, tomate, pemento,

cacahuete, pavo de Indias, vainilla, ananás, aguacate, xirasol, dalia, petunia...

de Europa a América: trigo, arroz, cana de azucre, vide, oliveira, vaca, cabalo,

ovella, porco, galiña, café, laranxa, limón, pera, melocotón, coliflor, leituga,

caravel...

Aumento da produción artesanal europea

Auxe das cidades e portos atlánticos

Sociais e

demográficas

Emigración europea ⟹ mestura de razas

Diminución da poboación indíxena polas guerras, a explotación laboral e as novas

enfermidades levadas polos europeos

Desaparición da sociedade e cultura tradicionais das civilizacións precolombianas

Traslado forzado de poboación negra escrava desde África cara a América

Políticas

Formación dos imperios coloniais de España e Portugal

Rivalidade entre os Estados europeos polo control das novas terras e das rutas

marítimas

Culturais

Ampliación do mundo coñecido

Confirmación da esfericidade da Terra

Cambios nos costumes e nas dietas pola chegada a Europa de novos produtos

Inicio da europeización do mundo

Expansión da relixión católica