Tema 4 - WordPress.com · 2015-08-21 · Elementos dunha rede de ordenadores Ordenadores.-...
Transcript of Tema 4 - WordPress.com · 2015-08-21 · Elementos dunha rede de ordenadores Ordenadores.-...
RedesTema 4
¿Que é unha rede de ordendores?
Unha rede informática é o conxunto de ordenadores interconectados entre sí,
o que permite compartir recursos e información entre eles,
Entre as ventaxas do uso de redes están:
Posibilidade de compartir periféricos
Posibilidade de compartir información
Eliminación de duplicidades de datos
Posibilidade de dispoñer dun control de usuarios
Posibilidade de xerar copias de seguridade máis rápidas
Posibilidade de comunicación entre os usuarios
Elementos dunha rede de ordenadores
Ordenadores.- Necesitamos varios ordenadores independentes, é dicir, que
poidan funcionar sen necesidade de rede. Os ordenadores poden ter o mesmo
ou distinto sistema operativo
Medio.- É o canle a través do cal viaxa a información
Hardware de rede
Dispositivos repetidores de sinal.- cables, routers, puntos de acceso
Adaptadores de rede.- Convirte a información en sinal electrica (modem, tarxetas
de rede)
Software de rede.- Programas gracias ós que se pode usar a rede
O software de rede
Dentro do software de rede distinguimos dous tipos:
Sistema operativo de rede.- É a parte do sistema operativo que permite ó
ordenador comunicarse con outros ordenadores. Dentro desto podemos considerar
dous niveis:
Os controladores ou drivers dos adaptadores de rede
Os protocolos de rede instalados no sistema operativo, dos cales o máis usado é o TCP/IP
Aplicacións de rede. Distínguense dous tipos
Servidores.- son programas que ofrecen servicios ó resto de ordenadores da rede
Os clientes.- son programas que utilizan os servicios prestados polos servidores que se
están executando en outros ordenadores da rede
Resumo
Rede informática
Ordenadores MedioHardware de
rede
Dispositivos repetidores de
sinal
Adaptadores de rede
Software de rede
Sistema operativo de
rede
Controladores Protocolos
Aplicacións de rede
Servidores Clientes
Tipos de rede segundo a súa extensión
LAN (Local Area Network).- A súa extensión abarca, como máximo un edificio,
de modo que calquera aula de informática normalmente ten unha rede deste
tipo
MAN (Metropolitan Area Network).- A súa extensión abarca varios edificios da
mesma cidade, por exemplo, unha rede para os institutos dunha localidade
WAN (Wide Area Network).- A súa extensión abarca provincias, países e incluso
varios países usando medios públicos, o exemplo máis importante é a Internet
Tipos de rede
Rede informática
LAN MAN WAN
Estructura dunha rede
Rede cableada simple.- Está composta por catro ordenadores conectados a un
hub ou switch Ethernet. Cada ordenador está conectado por un cable de par
trenzado independente. O cable ten a ambos lados conectores RJ415 e
conéctase a un porto do hub e polo outro lado á tarxeta de rede do ordenador
Rede cableada con dous switches
Esta rede é moi similar á anterior, so que en este caso temos seis ordenadores
e o switch de 4 portos non é suficiente. A solución é usar un hub con máis
portos ou conectar dous switch entre eles. A conexión faise con un cable igual
que o dos ordenadores, só que neste caso un dos cables iría dun porto
especial do hub 1 chamado uplink
Rede inalámbrica simple
Esta rede sustitúe os cables por comunicacións inalámbricas mediante
radiofrecuencias.
Para esto é necesario un punto de acceso que recolla a sinal de todos os
ordenadores e a repita.
Ademáis, todos os ordenadores deben ter unha tarxeta de rede inalámbrica
ou wifi que pode ser interna (PCI) ou externa (USB)
Cando hai varias redes inalámbricas na mesma zona, para evitar que se
solapen, cada unha ten un nome que se denomina SSID.
Ademáis, para que os sinais non interfiran, cada unha debe usar un dos 15
canles dispoñíbles.
Rede inalámbrica simple
Para evitar que ordenadores non desexados se unan á rede pódese establecer
un contrasinal chamado clave WEP
Rede inalámbrica con dous puntos de
acceso
Na rede que representamos anteriormente, observamos que un ordenador
está nun lugar ó que só chega o 15% do sinal
Con este nivel é moi difícil que se poida comunicar cos demáis
Unha solución consiste en colocar outro punto de acceso, de maneira que os
dous teñan unha zona común.
Colocando un segundo punto de acceso podemos conseguir que ó ordenador
que antes lle chegaba o 15 % de sinal, ahora teña máis sinal gracias ó segundo
puto de acceso.
Ambos punto xeran unha soa rede co mesmo SSID e canle
Rede inalámbrica con dous punto de
acceso
Rede de cable e inalámbrica
Outra posible solución para os ordenadores que quedan fora da cobertura dun
punto de acceso é usar cable. Tódolos puntos de acceso teñen un porto RJ45
para conectar mediante cable.
Conexión a internet con un módem
Un modem sirve para conectar un só ordenador a internet
Se este ordenador está conectado por outra parte a unha rede usando un tipo
de programa especial chamado proxy pódese facer que o resto de
ordenadores da rede accedan a internet a través de ese modem e a
correspondente conexión
A esto chámaselle ter unha conexión compartida
O problema que ten é que o ordenador que ten o modem conectado debe
estar sempre encendido, conectado e con software funcionando
O software proxy tamén pode restrinxir o acceso a internet ó resto de
ordenadores.
Conexión cun módem
Conexión a internet cun router Un router ADSL é un dispositivo que mezcla nun só aparato un módem ADSL e
un switch segundo sexa so de cable ou inalámbrico
A través da parte modem conéctase a internet usando unha línea ADSL. A
través da parte hub conecta tódolos ordenadores en rede e permite o acceso
de todos eles a internet.
A diferencia co tipo anterior é que ningún ordenador ten que estar
permanentemente encendido
Estructura lóxica dunha rede
Para que os ordenadores dunha rede poidan intercambiar información son
necesarias unhas regras que determinen como se envía información
Estas regras están implementadas nos ordenadores en forma dos chamados
protocolos
Os protocolos están incorporados no sistema operativo e entre ambos
ocúpanse das comunicacións. Os protocolos reciben encargos das aplicacións
de rede e realizan as comunicacións necesarias para facer esos encargos
Unha das funcións do protocolo é determinar como se identifica cada
ordenador dentro da rede.
O protocolo máis usado é o TCP/IP. O sistema Windows sempre o ten instalado
Direccións IP
Os nomes dos ordenadores nunha sede que usa o protocolo TCP/IP
denomínanse direccións IP.
As direccións IP están formadas por catro números entre 0 e 255 separados
por puntos
Para as redes locais, solo valen un conxunto de direccións chamadas
direccións privadas que son as seguintes
Rango 1.- desde 10.0.0.0 a 10.255.255.255
Rango 2 de 172.16.0.0 a 172.32.255.255
Rango 3 desde 192.168.0.0 ata 192.168.255.255
Direccións IP
As direccións IP públicas úsanse para codificar cada conexión particular a
internet
A dirección IP está acompañada dunha serie de números que se chaman
máscara de subrede que dependen do rango escollido:
Para o rango 1.- 255.0.0.0
Para o rango 2.- 255.255.0.0
Para o rango 3.- 255.255.255.0
Todos os ordenadores dunha rede deben ter direccións de un so dos rango e
cada ordenador debe ter unha dirección diferente
A máscara de subrede indica os números da dirección IP que deben ser iguais
en todos os ordenadores
Direccións IP
No rango 1 todas as direccións teñen igual o primeiro número
No rango 2 todas as direccións teñen iguais os dous primeiros números
No rango 3 todas as direccións teñen igual os tres primeiros números
Podemos dicir que unha rede é unha familia de irmás, na que todos teñen os
mesmos apelidos para que se lles recoñeza como familia, pero cada un ten
distinto nome
Direccións IP
Supoñamos que queremos poñer direccións IP a unha rede de catro
ordenadores
En primeiro lugar debemos escoller o rango. Por exemplo, usaremos o rango 2. Ó
escoller este rango, sabemos que as máscaras de subrede son 255.255.0.0 e que
todas as direccións deben ter os mesmos dous primeiros números
A continuación escollemos eses dous primeiros números que deben estar dentro do
permitido para o rango 2. Escollemos, por exemplo 192.26
Agora escollemos os outro dous e formamos as IP dos ordenadores da rede:
Por exemplo: 192.26.0.1 192.26.1.1 192.26.1.0 192.26.0.0
A rede Windows
En Windows cada ordenador ten un nome.
Os nomes non sustitúen á IP
Para saber o nome dun ordenador pulsamos o botón dereito sobre Mi PC e
escollemos Propiedades. Vamos á pestaña Nombre de equipo e ahí atopamos o
nome completo
Os ordenadores dunha rede de Windows agrúpanse usando Grupos de traballo
Para saber a que grupo de traballo pertence un ordenador pulsamos o botón
dereito sobre o icono de Mi PC e escollemos Propiedades. Logo vamos á
pestaña nome de equipo e ahí atopamos o nome do grupo.
Intranets
Unha intranet é unha páxina web interna da rede
So se pode acceder a ela desde a rede na que está
Úsase para ter páxinas con información á que so poden acceder os usuarios
dunha rede
Unha forma de acceder é a mesma que a dunha páxina web pero usando o
nome IP dun ordenador de rede