Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

43
Tema 6. Da Carreira armamentística ao fin da Gran Guerra

Transcript of Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Page 1: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Tema 6. Da Carreira armamentística ao

fin da Gran Guerra

Page 2: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

4.2. A carreira de armamentos

• Unha vez Bismarck é expulsado do goberno, a Realpolitik (equilibrio de poderes para evitar a carreira armamentística) da paso á Weltpolitik, política exterior agresiva na que dita carreira cobrou forza.

• Rusia e Reino Unido, ameazados por este cambio de rumbo, aproximáronse a Francia, quedando conformados dous bloques contrapostos:

Page 3: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 4: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• Aliados/Tripla Entente: Rusia, Francia, Gran Bretaña.• Potencias Centrais/Tripla Alianza: Alemaña, Austro-

Hungría, Italia

Page 5: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• Cada bloque inciaría unha carreira de armamentos, que anticipaba á guerra e, ao mesmo tempo, a crecente economía alemá, supoñía unha ameaza importante para os intereses británicos e franceses.

Canón Krupp

Page 6: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Algúns atencedentesda Primeira Guerra Mundial

1. Alemaña e a súa política panxermanista.

2. II Revolución Industrial: Alemaña ameaza a hexemonía económica de Inglaterra e o predominio naval.

Page 7: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

3. O colonialismo imperialista: Competencia económica, tensións.

Page 8: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

4. Rivalidades entre as potencias:a) Francia y Alemania por Alsacia e Lorena.b) Rusia e Austria-Hungría pola hexemonía nos

Balcanes.c) Servia: Na súa visión política de crear a Grande

Iugoslavia, necesitaba incluir Bosnia Herzegovina, anexados ao Imperio Austro-húngaro.

Page 9: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

4.3. A paz armada

• Chámase “Paz Armada” á etapa de tensións entre os dous bloques de alianzas rivais, que contribuíron a incrementar as rivalidades; exemplo disto vemos:– Marrocos: aquí Alemaña opúxose ao expansionismo

colonial francés, aínda que a diplomacia evitou conflitos bélicos.

– Nos Balcáns, o Imperio austrohúngaro anexionaría Bosnia-Herzegovina, o que provocaría a desconfianza rusa e derivaría en guerras balcánicas posteriores.

Page 10: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• Cada Estado trataba de garantir a súa seguridade e posición internacional con aliados poderosos e a maior forza militar posible. ¿De qué maneira?– Aumentando os orzamentos militares.– Alongando o servizo militar a dous ou tres anos.– A través do progreso técnico, que proporcionou

armas máis eficaces e mortíferas.– O aumento da poboación permitiu mobilizar exércitos

de millóns de homes, os máis numerosos da historia.

Page 11: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 12: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 13: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 14: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 15: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• A hostilidade entre os dous bloques foi aumentando. • Producíronse diversas crises –nas colonias e nos Balcáns-

que se resolveron sen utilizar armas, pero aumentaron a desconfianza xeral.

• Pouco a pouco a guerra comezou a considerarse inevitable.

• Os discursos de exaltación patriótica fixéronse máis frecuentes e os militares de cada país comezaron a traballar en hipotéticos plans de guerra.

• A opinión pública, influida pola prensa, aceptou a idea de un conflito armado. A guerra prevíase curta, con rápidos movementos de tropas e ataques fulminantes. Os expertos militares sostiñan que gañaría quen dese o primeiro golpe…

Page 16: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

A Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

Page 17: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

5.1. Causas da Gran Guerra1. Económicas: a economía alemá resultaba ameazante para

os británicos e franceses.2. Coloniais: Alemaña consideraba que co seu amplo poder

económico non tiña suficiente poder colonial.3. Políticas, debido a rivalidades territoriais:

• Francia ansiaba as rexións de Alsacia e Lorena.• Italia as provincias irredentas que estaban en mans de Austria.• Nos Balcáns, o Imperio austrohúngaro quería controlar novas

nacións, mentres que Serbia quería unificalas nunha Gran Serbia e Rusia buscaba ter unha maior influencia sobre elas.

4. Diplomáticas: constitúense a Triple Alianza e a Triple Entente. Debido a estas alianzas, se un pais membro está involucrado nun conflito, os seus aliados tamén participarían, provocando unha guerra xeralizada.

5. Ideolóxicas: o nacionalismo exacerbado incrementou as tensións entre as distintas potencias.

Page 18: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

5.2. O estalido da Guerra• Nestas circunstancias, un

magnicidio, sucedido en verán de 1914, serviu de casus belli*. Un nacionalista bosnio asasinou en Saraievo ao herdeiro da Coroa Austro-Húngara, o arquiduque Francisco Fernando. Austria culpou a Serbia de axudar ao asasino e, co apopio alemán, declarou a guerra a Serbia.

• O mecanismo das alianzas púxose en marcha:– Rusia declarou o seu apoio a Serbia,

e ao seu lado fixérono os seus alados, Francia e Gran Bretaña.

– Os dous bloques (Potencias Centrais e Aliados) enfrentáronse e, seguindo os consellos militares, mobilizáronse con rapidez para tomar a iniciativa.

*Magnicidio: asasinato do xefe de Estado ou gobernante

Casus Belli: circusntancia que provoca unha declaración de guerra.

Page 19: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

5.3. A Evolución do conflito• Trala declaración de guerra, recibida con entusiasmo

popular en case todos os países, os exércitos de ambos bandos mobilizáronse con rapidez para lograr canto antes unha victoria decisiva, pero o resultado non foi o esperado.

• Na Gran Guerra os gobernos desenvolveron unha economía de guerra, é dicir, os recursos económicos e industriais foron destinados á fabricación masiva de material bélico. Deste xeito, tiveron especial relevancia as novas armas empregadas (ametralladoras, carros blindados, gases tóxicos, submarinos), que converteron á Gran Guerra na máis mortífera ata o momento.

Page 20: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Armamento da I Guerra Mundial

Page 21: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Modelo de lanzallamas portátil

Page 22: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Granadas

Page 23: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

1. Stielhandgranate ------- Granada de palo

2. Diskushandgranate Granada de disco

3. Eierhandgranate Granada de mano

4. Kugelhandgranate Granada de bola u de piña

Page 24: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Granada rifle

Para solucionar o problema das distancias creouse a “granada rifle”, que alcanzaba hasta 400 m. Esta arma é a orixe da creación do lanzamisiles.

Page 25: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 26: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Armas biolóxicasContinuando coa “escalada” armamentistica, cada vez máis especializada, xurden as armas químicas. O uso de gas venenoso na Primeira Guerra Mundial foi unha importante innovación militar. Os gases utilizados iban dende o gas lacrimóxeno a axentes incapacitantes como o gas mostaza e axentes letales como o fosxeno. Esta guerra química foi un dos principais elementos da Gran Guerra.

Page 27: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Etapas da Gran Guerra

• Guerra de Movementos: – Levouse a cabo durante os primeiros meses da guerra;

baséase en ofensivas e contraofensivas.– No caso alemán, o seu plan (O Plan Schlieffen) consistía en

evitar a loita simultánea en dúas frontes; deste modo pretendía derrotar a Francia na fronte occidental antes de enfrontarse na oriental a Rusia, de quen se esperaba unha mobilización máis lenta:

• Na fronte occidental, Alemaña avanzou rápidamente ao principio, atravesando un país neutral, Bélxica, e chegaron preto de París. Sen embargo, os aliados frearon a seu ataque no Marne.

• Na fronte oriental, os rusos reaccionarion antes do previsto, polo que pese ás victorias alemanas, a guerra continuou.

Page 28: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• Guerra de posicións: tras as primeiras batallas, os exércitos quedaron bloqueados e sometidos a unha guerra de desgaste.

Os exércitos da fronte occidental cavaron trincheiras e aferráronse ao terreo. A guerra estancouse, e resultou evidente que ía ser longa. Os soldados vivían naquelas gabias enlamandas, en condicións durísimas, polo que a guerra de movementos inicial convertiuse nunha guerra de trincheiras, caracterizada polos seus ataques frontais, é dicir, ataques de grupos de soldados que saían das súas trincheiras e trataban de avanzar baixo fogo inimigo para abrir unha brecha, producíndose moitos mortos e poucos avances.Nas batallas de Ypres, Vedún, Marne ou Somme (fronte occidental) morreron centos de miles de homes (inmenso custo humano).

Page 29: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 30: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• Tanto as potencias centrais como os aliados intentaron incorporar novos contendentes na batalla ao seu favor e abrindo novas frontes de loita:– Novos contendentes:

• Do bando das potencias centráis: O Imperio Otomano/Turco e Bulgaria.

• Do bando da Entente: Italia e Xapón.

• Dado o igualado das forzas, parecía claro que vencería aquel que resistise máis.

Page 31: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Mapa Fronte Occidental

Page 32: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Mapa Fronte Oriental

Page 33: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• A guerra entrou nunha fase de desgaste: cada bando bombardeaba as trincheiras inimigas con todos os medios dispoñibles, ademáis de asfixiar económicamente ao rival.

• O Reino Unido bloqueou os mares para impedir a chegada de suministros a Alemaña, polo que esta desenvolveu unha poderosa frota submariña e afundiu miles de buques, incluso de países neutrais; esta estratexia supúxolle a inimizade de países como EEUU.

Page 34: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 35: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• O equilibrio entre os dous bandos, acadado pagando un alto custo, comezou a cambalear (tambalearse) no ano 1917 debido a dous circunstancias decisivas:– A Revolución Rusa, que beneficiaría

ás potencias centrais. Comezou a falarse das primeiras conversas de paz –por separado- entre Rusia, Alemaña e Austro-Hungría que culminarían ao ano seguinte. (Tratado de Brest-Litovsk)

– Os Estados Unidos declaráronlle a guerra a Alemaña como resposta aos seus ataques submarinos indiscriminados. A axuda americana liberou económicamente aos exhaustos países aliados e provocou o afundimento de Alemaña.

6.1. O final da guerra

Page 36: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

1918• Sen embargo, na propia Alemaña a situación era de extrema

gravedade, ata o punto de chegar a temer un estoupido revolucionario semellante ao ruso.

• Ante a situación, Alemaña optou por xogar a súa última baza e, no verán de 1918 lanzou unha ofensiva contra Francia, co obxectivo de romper esta fronte antes de que a axuda americana se fixese efectiva. Alemaña non o conseguiu, Francia e Gran Bretaña acabaron resistindo.

• No outono de 1918 os aliados de Alemaña foron abandoando a loita, mentres que en Alemaña formábanse consellos revolucionarios entre soldados e obreiros, consellos semellantes ao modelo soviético. Ante o inminente dun colapso en Alemaña, o kaiser, Guillermo II, abdicou e proclamouse a República alemana.

• O 11 de Novembro Alemaña pedía o armisticio.

* ARMISTICIO: consiste na suspensión das agresiónsentre dous grupos (países, nacións, faccións)

que se atopan enfrentados nunha loita armada.

Page 37: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 38: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 39: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

6.2. Os Tratados de Paz• Houbo discrepancias entre os vencedores sobre o trato que se lles

debía dar aos vencidos, deste xeito, mentres Francia e Reino Unido esixían duras sancións a Alemaña, Estados Unidos e, concretamente, o presidente W. Wilson, pretendía un espíritu de maior concordia a través dos seus famosos Catorce Puntos.

• A pesares das discrepancias asinouse a Paz de París (conxunto de tratados que puxeron fin á Primeira Guerra Mundial):– Tratado de Versalles (firmado con Alemaña):

• Alemaña é considerada responsable da Guerra.• Perde territorios, como Alsacia e Lorena, que pasan a pertencer a Francia.

Tamén perde parte de Prusia e Posnania, que pasan a Polonia.• Impúxoselle o pagamento de fortes indemnizacións de guerra.

– Tratados de Saint-Germain e de Trianon (firmados con Austria e Hungría respectivamente):

• O Imperio austrhúngaro desintégrase.– Tratado de Sèvres (firmado con Turquía):

• Desaparece o Imperio Turco; as súas antigas posesións pasan a pertencer a Reino Unido e Francia.

– Tratado de Neuilly (firmado con Bulgaria).

Page 40: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

6.3. As consecuencias da Gran Guerra

• Elaboración dun novo mapa de Europa:– Desaparecen os Imperios (II Reich, Turco, Ruso, Austrohúngaro).– Aparecen novas nacións: Polonia, Checoslovaquia, Austria,

Hungría.– Créanse Estados tapón, para illar a Rusia comunista. Finlandia,

Estonia, Letonia, Lituania e Polonia independízanse para previr a expansión do comunismo ruso.

• Perdas humanas (máis de 10 millóns de mortos e máis de 20 millóns de feridos).

• Perdas económicas e materiais: – Destrucción de campos de cultivo, infraestructuras e industrias.– Endebedamento.– Perda de hexemonía europea fronte a Estados Unidos.

Page 41: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

• Crise política e social: do entusiasmo inicial, pasouse a un profundo pesimismo e decepción e descrédito das democracias, que foron consideradas responsables da Guerra.

• Constitución da Sociedade de Nacións. P presidente Wilson creou esta organización supranacional para tratar de resolver de forma pacífica os conflitos entre estados e fomentar a cooperación internacional.

• Esta organización tivo graves carencias dende as súas orixes, como a non incorporación de EEUU, cuxo congreso non aceptou a iniciativa de Wilson ou as exclusións de Alemaña ou da Rusia soviética. Ademáis, non tivo medios nin recursos para facer cumplir as súas decisións.

Page 42: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Page 43: Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra

Links de interese

• http://saladehistoria.com/PowerPoint/2011/05/10/primera-guerra-mundial/

• http://elpais.com/diario/2010/10/03/domingo/1286077958_850215.html

• http://www.firstworldwar.com/• http://profesorjlcarreras.blogspot.com.es/201

2/05/trabajo-sobre-las-consecuencias-primera.html