TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa...

7
1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas continentais superficiais, augas subterráneas). En forma de auga sólida están as masas de xeo dos glaciares, que constitúen a chamada criosfera. 1 CICLO HIDROLÓXICO O ciclo da auga fai que existan continuamente movementos e cambios de estado da auga na Terra. O proceso é o seguinte: O calor do Sol evapora a auga dos océanos e continentes, que pasa a estado gasoso e incorpórase á atmosfera. A auga das nubes precipita en forma de chuvia, neve ou xeo, regresando ós continentes e ó mar. A auga que cae sobre os continentes pode seguir varios camiños: o Acumúlase temporalmente en forma de neve e xeo, formando os glaciares. o Flúe pola superficie ata acadar torrentes, lagos ou ríos. o Infíltrase a través do solo e as rochas e pasa a formar parte das augas subterráneas, que en boa parte aflorarán de novo. o Volve a atmosfera, ben como evaporación directa, ou ben a través da transpiración e respiración dos seres vivos. O destino último das augas continentais será o mar. 2 AUGAS CONTINENTAIS SUPERFICIAIS Aínda que entre as augas continentais atopamos augas salvaxes ou de arroiada, torrentes e lagos; son os sistemas fluviais quen adquire maior relevancia. 2.1 A cunca hidrográfica É a superficie de terreo que inclúe un río e todos os seus afluentes, dende o nacemento ata a desembocadura. A auga que se infiltra no solo, formando as augas subterráneas, tamén forma parte da cunca hidrográfica.

Transcript of TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa...

Page 1: TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas

1

TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas continentais superficiais, augas subterráneas). En forma de auga sólida están as masas de xeo dos glaciares, que constitúen a chamada criosfera.

1 CICLO HIDROLÓXICO

O ciclo da auga fai que existan continuamente movementos e cambios de estado da auga na Terra. O proceso é o seguinte:

O calor do Sol evapora a auga dos océanos e continentes, que pasa a estado gasoso e incorpórase á atmosfera.

A auga das nubes precipita en forma de chuvia, neve ou xeo, regresando ós continentes e ó mar.

A auga que cae sobre os continentes pode seguir varios camiños: o Acumúlase temporalmente en forma de neve e xeo, formando os glaciares. o Flúe pola superficie ata acadar torrentes, lagos ou ríos. o Infíltrase a través do solo e as rochas e pasa a formar parte das augas subterráneas,

que en boa parte aflorarán de novo. o Volve a atmosfera, ben como evaporación directa, ou ben a través da transpiración e

respiración dos seres vivos.

O destino último das augas continentais será o mar.

2 AUGAS CONTINENTAIS SUPERFICIAIS

Aínda que entre as augas continentais atopamos augas salvaxes ou de arroiada, torrentes e lagos; son os sistemas fluviais quen adquire maior relevancia.

2.1 A cunca hidrográfica

É a superficie de terreo que inclúe un río e todos os seus afluentes, dende o nacemento ata a desembocadura. A auga que se infiltra no solo, formando as augas subterráneas, tamén forma parte da cunca hidrográfica.

Page 2: TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas

2

Dentro da cunca hidrográfica podemos distinguir:

A liña imaxinaria que limita esta superficie separándoa doutras cuncas denomínase liña divisoria de augas.

As augas superficiais da cunca hidrográfica, constituídas por afluentes e ríos, forman a denominada rede hidrográfica.

2.2 Caudal dun río. Hidrograma.

O caudal dun río é o volume de auga que transporta nun momento determinado por unidade de tempo. Exprésase normalmente en metros cúbicos por segundo (m3/s). O caudal varía nos distintos puntos do curso dun río e, tamén ó longo das estacións segundo a cantidade de precipitacións. Un hidrograma é un gráfico que representa a variación do caudal dun río ó longo dun intervalo de tempo. Os hidrogramas elabóranse en función das variacións de caudal ó longo dun ano ou duns días. No primeiro caso pódense observar as variacións de estiaxe ou de chea. O segundo utilízase para predicir as enxurradas, xa que nel detéctanse con claridade o caudal máximo ou caudal punta, o tempo de resposta (tempo, horas ou días, transcorrido entre a precipitación e a riada) e a curva de esgotamento ata acadar o caudal mínimo.

3 AUGAS SUBTERRÁNEAS

Unha pequena parte das precipitacións continentais infíltrase no terreo, vai ocupando os seus poros e fendas, descendendo ata acadar unha capa impermeable para dar lugar aos acuíferos.

3.1 As augas subterráneas en Galicia

As características principais dos acuíferos de Galicia están condicionadas pola natureza e estrutura das rochas. Así, o predominio de rochas cristalinas (granito e metamórficas como lousa e xistos) xunto coa pouca porosidade das mesmas orixina acuíferos de pequena extensión e moi dispersos. Trátase de augas pouco mineralizadas con pH lixeiramente ácido debido á propia natureza das rochas.

4 OCÉANOS

A auga oceánica, xa que ocupa ¾ partes da superficie terrestre e está en continuo movemento, constitúe un compoñente con grande efecto nos demais sistemas da Ecosfera.

4.1 PARÁMETROS

Trátase dun medio no que a pesares de que a auga é o compoñente esencial, ten outros parámetros que poden variar segundo as circunstancias.

4.1.1 Parámetros físicos

o Temperatura. Depende fundamentalmente de dous parámetros, a latitude e a profundidade. Nas zonas tropicais e temperadas existe unha marcada diferenza entre as augas superficiais e as máis profundas dando lugar a unha barreira térmica que impide que as augas se mesturen e homoxeneicen en profundidade. Dita barreira recibe o nome de termoclina.

Page 3: TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas

3

o Luz. A luz transmítese ata unha profundidade duns 200 metros (zona fótica) na que teñen lugar os procesos fotosintéticos que determinan a produción primaria. A profundidades maiores (zona afótica) a escuridade é total, polo que as redes tróficas existentes baséanse nos restos de biomasa que precipitan da capa superior.

o Densidade. A densidade da auga oceánica depende da salinidade e da temperatura, de modo que aumenta ó incrementarse o contido en sales e ao diminuír a temperatura.

As diferenzas de densidade provocan movementos reequilibradores das masas de auga.

4.1.2 Parámetros químicos

Salinidade. A salinidade dos océanos ten un valor medio do 3,5% con variacións en función de certos aspectos. Así, o aporte de auga doce continental ou a fusión do xeo diminúen a salinidade, mentres que unha alta evaporación ou o vulcanismo aumentan a salinidade.

pH. Na auga mariña acada valores entre 8 e 8,3 sendo por tanto algo básico. Entre outros factores, vese afectado pola concentración de CO2, o cal está influído polo balance fotosíntese-respiración dos seres acuáticos. (O dióxido de carbono disolvido está en equilibrio co ácido carbónico presente na auga, afectando dito equilibrio á concentración de H+).

Gases disolvidos. Os principais son N2, O2 e CO2 en equilibrio coa atmosfera; os dous últimos relacionados co balance fotosíntese-respiración. Respecto do contido en osíxeno, existe unha zona superficial de máximo contido en O2, aportado pola atmosfera e a actividade fotosintética. Baixo esta capa, e coincidindo coa termoclina, a cantidade de osíxeno é mínima, xa que é consumido polos seres heterótrofos e non é rexenerado.

4.2 DINÁMICA OCEÁNICA

4.2.1 Correntes

Nos mares e océanos prodúcense movementos de masas de auga tanto profundas coma superficiais, que se coñecen co nome de correntes.

Page 4: TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas

4

Correntes superficiais. O seu desprazamento está determinado polo sentido no que sopren os ventos dominantes, as masas continentais e o efecto Coriolis. Unha das correntes máis significativas orixínase no golfo de México onde as augas se quentan e circulan cara ó norte: Corrente do Golfo. Esta atravesa o Atlántico chegando as costas europeas onde se bifurca cara a Escandinavia e a Canarias. Deste xeito o clima das zonas máis setentrionais tende a suavizarse, mentres que as meridionais refréscanse.

Outras correntes que merecen mención son: as frías do polo Norte, como a de Labrador, ou a, tamén fría, Circumpolar Antártica, que rodea as súas costas en sentido horario.

Correntes profundas. Orixinadas polas diferenzas de densidade da auga, maior canto máis

fría e/ou salgada estea, tendendo a afundirse para dar lugar a unha circulación termohalina (condicionada polas diferenzas de temperatura e/ou salinidade) que reparte a calor entre as distintas zonas terrestres.

4.2.2 Afloramentos

Os afloramentos son zonas do medio acuático nas que se produce un ascenso de augas profundas ricas en nutrientes. As principais causas son:

A acción tanxencial do vento sobre a superficie do mar, xunto co efecto Coriolis, producen o desprazamento das augas costeiras cara o interior do océano sendo substituída pola auga fría do fondo.

Os ventos locais mar-terra poden empuxar as augas superficiais producindo o mesmo efecto. Esta auga que vén do fondo contén

importantes cantidades de nutrientes inorgánicos e osíxeno (, o que favorece a produción primaria e os restantes niveis tróficos. Por este motivo, nestas zonas atópanse as áreas de pesca máis importantes do mundo. Son zonas de afloramento as costas de California, Perú, Namibia e Sáhara Occidental.

Page 5: TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas

5

4.2.3 Fenómeno de El Niño

Trátase dunha flutuación simultánea da atmosfera e o océano Pacífico austral.

En condicións normais os ventos alisios na costa suramericana son de Este a Oeste, empuxando as

augas da corrente de Humboldt cara a Australia (onde se forman borrascas co aire quente e húmido)

e obrigando a un afloramento das augas frías do fondo que se incorporan á corrente.

Baixo certas circunstancias, os ventos se debilitan ou incluso cambian de dirección facendo

que as borrascas se formen na mesma costa oeste americana, con grandes precipitacións e

inundacións, mentres na outra costa do Pacífico teñen lugar grandes secas. Ademais, a corrente de

Humboldt debilítase cortándose o afloramento na costa peruana.

4.2.4 Dinámica mariña en Galicia

A costa atlántica da península Ibérica está afectada polos afloramentos de auga central noratlántica (ACNA). Este afloramento penetra nas rías, provocando descensos de temperatura que se observan nas capas inferiores de auga a partir de marzo e que alcanzan o seu máximo descenso en agosto, xustificando a elevada produtividade que teñen as rías galegas. Ademais, en todas as rías galegas prodúcese en maior ou menor medida unha circulación estérica positiva, debida ás achegas de auga doce dos ríos que desembocan na súa parte interior. A auga doce, pola súa menor densidade, flúe superficialmente mesturándose progresivamente coa auga salgada a medida que avanza cara á boca das rías. Este transporte superficial é compensado coa entrada de auga oceánica polo fondo dela. O vento tamén xoga un papel nesta dinámica, ben reforzándoa (caso dos ventos do Nordeste) ou ben dificultándoa (caso dos ventos do Suroeste). Por outra parte, a forza de Coriolis fai que a auga superficial nas rías saia preferentemente polo Noroeste, mentres que en contrapartida existe unha entrada de auga profunda pola beira Sur. CUESTIÓNS 1. Explica que procesos do ciclo hidrolóxico se verían freados ou intensificados como

consecuencia dunha deforestación masiva. 2. A partir dos datos seguintes intenta explicar a composición mineralóxica de catro marcas de

auga mineral.

Propiedade Granito Calcaria

Composición SiO,KSiO,NaSiO,CaSiO CaCO3

Solubilidade ± 0 g/L 0,013 g/L

Porosidade 0,005 2,5

Mondariz Bezoya S. Cazorla Aquabona

Ca 7,7 4 78 54

Na 49 1,3 1,2 5,6

Bicarbonato 156 18 408 307

Page 6: TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas

6

3. A gráfica seguinte representa dous hidrogramas (A e B) obtidos no mesmo punto dunha canle e baixo un réxime pluviométrico similar, o A uns anos antes que o B. En relación con ela, contesta as cuestións que se presentan.

a) Comenta brevemente a resposta do río

en cada caso.

b) Que actuacións se puideron

desenvolver sobre a cunca que

expliquen o distinto comportamento

do río?

c) Que consecuencias ambientais

(favorables ou desfavorables) se

puideron derivar das actuacións sobre

a cunca hidrográfica?

4. Como pode afectar o aumento de CO2 atmosférico ó pH dos océanos? 5. Cales son as principais diferenzas entre as correntes mariñas superficiais e as profundas? 6. Por que os grandes desertos de California, Perú, Sahara e Namibia coinciden con zonas de

afloramento pesqueiro? 7. Que relación pode haber entre El Niño e as escaseza pesqueira que ten lugar cando aquel

acontece? 8. Coñécese o fenómeno de La Niña como aquelas condicións nas que os ventos alisios do cono

sur sopran con máis intensidade da normal. Que consecuencias terán tales períodos? 9. Completa o encrucillado cos termos correspondentes:

Page 7: TEMA 7. A HIDROSFERA. - edu.xunta.gal · 1 TEMA 7. A HIDROSFERA. Entendemos por hidrosfera a masa de auga terrestre en estado líquido, nos seus diferentes espazos (océanos, augas

7

10. Na gráfica adxunta que representa un hidrograma anual dun río: a) Analiza a evolución do caudal ao longo do ano, considerando as posibles causas climatolóxicas.

b) Identifica na gráfica unha situación de risco potencial, sinalando qué características a fan especialmente

perigosa, e propón dúas posibles medidas para minimizar os seus efectos.

c) Por que é de interese coñecer o caudal de auga que levan os ríos? ¿Que compoñente/s do ciclo hidrolóxico se

cuantifica/n mediante os datos recollidos nas estacións de aforo?

11. Por que son tan importantes as zonas de afloramento dende un punto de vista económico?