Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa...

18
Fotografía satélite de España 97 Tema 7 As paisaxes naturais de España 1. As grandes unidades do relevo español 2. Os ríos peninsulares 3. O clima: elementos e factores 4. A diversidade climática en España 5. A diversidade de paisaxes: zonas bioclimáticas 6. O medio natural e os problemas ambientais * Autoavaliación

Transcript of Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa...

Page 1: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

Foto

graf

ía s

atél

ite d

e Es

paña

97

Tema

7 As paisaxes naturais de España

1. As grandes unidades do relevo español

2. Os ríos peninsulares3. O clima: elementos e factores

4. A diversidade climática en España

5. A diversidade de paisaxes: zonas bioclimáticas

6. O medio natural e os problemas ambientais

* Autoavaliación

Page 2: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

98

7Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1 As grandes unidades do relevo español

u O espazo xeográfico español está constituído polo territorio peninsular, o máis extenso que, con Portugal, forma a península ibérica, e dous arquipélagos, balear e canario.

u A Meseta e as unidades interiores

A MesetaÉ a unidade fundamental do relevo, pois ocupa o 75% da Península. Ten unha altitude media de 550 m e está dividida en: a submeseta norte e a submeseta sur.

Sistema CentralCordilleira que atravesa e divide a Meseta, formada polas serras de Somosierra, Gua-darrama, Gredos e Gata.

Montes de Toledo Están situados na submeseta sur. Divide as cuncas dos ríos Texo e Guadiana.

u Os bordos montañosos da Meseta

O Macizo Galaico e os Montes de León

Están situados no noroeste da Meseta. Destacan as serras de Queixa, San Mamede, Eixe e Segundeira.

A Cordilleira Cantábrica

Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa.

O Sistema IbéricoCordilleira que está orientada de noroeste a sueste e está formada por varias serras: Demanda, Picos de Urbión, Albarracín, Maestrazgo e Jabalambre.

Serra Morena Situada ao sur da Meseta, está formada polas serras de Aracena e Madrona.

Mapa físico da península ibérica

Page 3: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

99

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1 Observa atentamente o mapa físico da península ibérica e sitúa neste mapa mudo as seguintes unidades de relevo:

1] A Meseta, debuxando o seu contorno

2] O Sistema Central

3] Os Montes de Toledo

4] O Macizo Galaico e os Montes de León

5] A Cordilleira Cantábrica

6] O Sistema Ibérico

7] Serra Morena

2 Responde estas preguntas:

• Caléaunidadederelevomáisimportantedapenínsulaibérica?................................................

• Quemontesdividenasubmesetasur?..........................................................................................

• OndeestánsituadososPicosdeEuropa?......................................................................................

• EnquecordilleiraestáaserradeGuadarrama?............................................................................

• QuealtitudemediatenaMeseta?...............................................................................................

Page 4: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

100

7Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

u As unidades exteriores á Meseta

Os PirineosSituados no istmo da Península, pódense diferenciar varios sectores: o Piri-neo Navarro, o Pirineo Aragonés (onde están as maiores altitudes, os picos Aneto Monte Perdido e Maladeta) e o Pirineo Catalán, na parte oriental.

A Cordilleira Costeira Catalá

Está situada ao sur dos Pirineos, paralela á costa mediterránea, onde desta-can as serras de Monserrat e Montseni.

Os Montes VascosSituados entre os Pirineos e a Cordilleira Cantábrica, destacan os picos Ara-lar e Peña Gorbea.

Os Sistemas Béticos

Están formados por varias serras: cara ao interior, Grazalema, Cazorla e Segura, e próximas á costa a Serranía de Ronda e Serra Nevada, onde están as maiores elevacións, o Veleta (3.392 m) e o Mulhacén, o pico máis alto da Península con 3.478 m.

As depresións do Ebro e Guadalquivir

Teñen forma triangular e son dúas cuncas hidrográficas, percorridas polos ríos do seu mesmo nome. A do Guadalquivir está aberta ao Atlántico. A do Ebro queda illada á influencia do mar Mediterráneo pola Cordilleira Catalá.

O arquipélago balear

Situado no mar Mediterráneo, está formado por varias illas: Mallorca, Menor-ca, Eivisa, Formentera e Cabrera. A serra máis importante é a de Tramonta-na, na illa de Mallorca.

u O arquipélago canario

u Está situado no Atlántico, fronte ás costas africanas.

u Está formado polas illas de Lanzarote, Fuerteventura, Gran Canaria, Tenerife, Hie-rro, A Gomera e A Palma.

u En Tenerife está o Teide que, con 3.718 m, é o pico máis alto de España.

A natureza volcánica de Canarias dá lugar a paisaxes de grande espectacularidade.

Page 5: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

101

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

3 Observa atentamente o mapa físico da península ibérica e sitúa neste mapa mudo as seguintes unidades de relevo:

1] CordilleiradosPirineos

2] A Cordilleira Costeira Catalá

3] Os Montes Vascos

4] OsSitemasBéticos

5] AdepresióndoEbro

6] AdepresióndoGuadalquivir

• Asillas:

· 7]Mallorca,8]Menorca,9]Eivisa,10]Formenterae11]Cabrera

• Asillas:

· 12]Lanzarote,13]Fuerteventura,14]GranCanaria,15]Tenerife,16]Hierro,17]AGomerae18]APalma

4 Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Corrixe as falsas.

• OpicomáisaltodeEspañaéoMulhacén,con3.478m——• OTeideestánailladeLanzarote——

• OpicodeAnetoestánosPirineos——• OarquipélagobalearestánoocéanoAtlántico——• OarquipélagocanarioestásituadonoAtlántico——

Page 6: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

102

7Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

2 Os ríos peninsulares

u Os ríos peninsulares están organizados en tres grandes vertentes fluviais: a cantábrica, a atlántica e a mediterránea.

u Os factores que inflúen nos ríos son: o clima, o relevo, as rochas do solo e o ser humano, que pode modificar estes factores coa construción de obras hidráulicas para o aproveita-mento da auga dos ríos (encoros).

Vertente cantábrica

Os ríos desta vertente son curtos, teñen moita forza erosiva porque salvan grandes desniveis en pouca distancia, e son caudalosos e regulares pola abundancia e regula-ridade das precipitacións na rexión.

Os máis importantes son: Bidasoa, Nervión, Pas, Deva, Nalón, Narcea e Eo.

Vertente atlántica

Os ríos desta vertente son longos, en xeral teñen pouca forza erosiva porque per-corren superficies planas e longas distancias; son bastante irregulares debido ao réxime de precipitacións, coincidindo o caudal baixo ou estiaxe no verán e o máximo caudal ou chea na primavera e outono.

• Miño: nace en Fonmiñá, na Serra de Meira, e desemboca na Guarda (Pontevedra).

• Douro: nace nos Picos de Urbión, no Sistema Ibérico, e desemboca en Porto (Portugal).

• Texo: nace na Serra de Albarracín, no Sistema Ibérico, e desemboca en Lisboa. É o máis longo dos ríos peninsulares.

• Guadiana: nace nas lagoas de Ruidera (Cidade Real), e desemboca en Ayamonte (Huelva).

• Guadalquivir: nace na Serra de Cazorla, nos Sistemas Béticos e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz).

Vertente mediterránea

Agás o Ebro, os demais ríos son curtos, moi erosivos e moi irregulares polo réxime de precipitacións da rexión, moi escasas e irregulares.

O Ebro nace na Cordilleira Cantábrica e desemboca formando un gran delta en Torto-sa (Tarragona).

Outros ríos desta vertente son:Ter, Llobregat, Turia, Xúcar e Segura.

V e r t e n t e c a n t á b r i c a

Illas

Baleares

V e r t e n

t e

me

di

te

rr

án

ea

V

er

te

nt

e

a

tl

án

ti

c

a

Tambre

Támeg

a

Monde

go

Zézere

TEXO

Sorraia

Mira

Sor

TEXO

Sabor

Ulla

Sil

Nalón

Nav

ia

Narcea

Dev

a

Pas Bidasoa

Ner

vión

Eo

Esla

DOURO

DOURO

DOURO

Tormes

TiétarAlagón

Mijares

TEXO

Pisu

erga

Adaj

a

MIÑO

MIÑO

Eresma

EBRO

EBROJalón Se

gre

Zúxar Xabalón

ZáncaraCigü

ela

Guada

limar

Xenil

Guadalete

Corbones

LlobregatNog

uera

Rib

ag.

TURIA

XÚCAR

CA

R

Vinalopó

Cin

ca

Mar

tín

Gál

lego

Ar

agón

SEGURA

Mundo

GUADALQUIVIR

GUADIANA

Odie

l

Tint

o

GUADIANA

GUAD

IANA

Ter

Ardila

Alberche

Andarax

Almanzora

Guada

lope

G

uadalhor

ce

Os ríos peninsulares

Page 7: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

103

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

5 Observa atentamente o mapa da páxina anterior e sitúa neste mapa mudo:

• 1]OocéanoAtlántico,2]omarMediterráneoe3]omarCantábrico

• Osríos:4]Miño,5]Douro,6]Texo,7]Guadiana,8]Guadalquivire9]Ebro

6 Onde desembocan os seguintes ríos?

• Bidasoa: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo• Llobregat: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo• Nalón: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo• Turia: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo• Eo: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo

7 Relaciona os datos.

1 Miño LagoasdeRuidera

2 Ebro SerradeAlbarracín

3 Texo Serra de Meira

4 Guadiana Cordilleira Cantábrica

8 Contesta estas preguntas:

• Caléoríomáislongodosríospeninsulares?................................................................................

• Caléoríomáislongodavertentemediterránea?.........................................................................

• QueríoatravesaAndalucíaedesembocanoocéanoAtlántico?..................................................

Page 8: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

104

7Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

3 O clima: elementos e factores

u Os elementos do clima

Son os fenómenos atmosféricos que se poden medir con diversas técnicas e variados ele-mentos de medición.

A temperatura É o grao de calor da atmosfera debido á radiación solar.

Mídese en graos centígrados (ºC) mediante os ter-mómetros.

A precipitación É a caída de auga á superficie te-rrestre en forma sólida ou líquida.

Mídese en mm ou l/m2 mediante os pluvióme-tros.

A humidade É a cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera.

Mídese co higrómetro.

A presión atmosférica

É o peso do aire sobre a superfi-cie terrestre.

Mídese en mb (milibares) ou hectopascais (hPa) mediante un barómetro.

Os ventos Son masas de aire en movemento. Mídense co anemómetro e exprésanse en km/hora.

u Os factores do clima

A gran diversidade climática de España está condicionada por factores xeográficos e at-mosféricos entre os que destacan:

A situación xeográfica

A situación da Península, entre o Mediterráneo e o Atlántico e entre os continentes europeo e africano, fai que nela conflúan masas de aire de orixe e características moi distintas. A situación de Canarias, fronte ás costas saharianas e latitudes máis baixas, condiciona tamén o seu clima.

As correntes mariñas

A corrente cálida do Golfo, que baña as costas do norte da Península, fai que o clima sexa máis temperado que noutras rexións nas mesmas latitudes.

A corrente fría de Canarias, que afecta ao arquipélago fai que o seu clima non sexa tan cálido como correspondería a esas latitudes.

O relevo A altitude fai diminuír a temperatura e aumentar as precipitacións.

Os centros de acción Son os anticiclóns subtropicais, especialmente o das Azores e as borrascas atlánticas.

As masas de aire Son as cálidas de orixe tropical e as frías ou árticas de orixe polar.A Fronte Polar É o punto de confluencia das masas de aire tropical e polar, que produce tempo ines-

table e chuvioso.

200400

0

600800

100012001400160018002000

Precipitacións anuais

< 7,5º7,5º-10º10º-12,5º12,5º-15º15º-17,5º17,5º-20º

Temperatura media anual

Page 9: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

105

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

9 Completa este cadro:

Elementos do clima Definición Exprésase en... Aparato de

medida

Temperatura

Precipitación

Humidade

Presión atmosférica

Vento

10 Elixe a resposta adecuada:

* Os centros de acción que afectan á península ibérica son:

oAscorrentesmariñaseaFrontePolar oOsanticiclónseasborrascas

oAscorrentesmariñas,cálidasefrías oAsmasasdeaireeorelevo

* O relevo é un factor que inflúe no clima porque:

oAmaioraltitudediminúeatemperaturaeaumentanasprecipitacións

oAmaioraltitudediminúenasprecipitaciónseaumentaatemperatura

oAaltitudenonafectaásprecipitaciónsninátemperatura

oAszonasmáiselevadassonasmáiscalorosas

11 Completa estas frases:

• AsituaciónxeográficadeCanarias,fronteáscostas.............................elatitudesmáisbaixas,

condiciona tamén o seu .............................

• Acorrente.............................doGolfo,quebañaascostasdonorteda.............................,fai

queoclimasexamáis.............................

• AFronte.......................éopuntodeconfluenciadasmasasdeaire....................... e .......................

queproducetempoinestablee.............................

12 Responde ás seguintes cuestións:

• CalessonosfactoresdoclimaqueafectanaoclimaenEspaña?...................................................

.........................................................................................................................................................

• Quesonoselementosdoclima?....................................................................................................

Page 10: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

106

7Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

4 A diversidade climática de España

u A combinación dos factores e as características dos elementos do clima en España permi-te establecer as seguintes variantes:

Variante Localización Precipitacións TemperaturasClima atlántico ou oceánico

Noroeste e norte peninsular

Son abundantes, superio-res aos 800 mm anuais, regulares todo o ano, cun máximo no inverno

Son suaves, entre 10 e 15 ºC de media anual

Clima mediterráneo costeiro

Costa mediterránea e atlántica da Península (agás na do sueste) e no arquipélago balear

Son escasas, entre 300 e 700 mm, e irregulares

Son cálidas no veráns (máis de 22 ºC) e suaves no inverno (non baixan de 10 ºC)

Clima mediterráneo de interior

No interior peninsular Oscilan entre 300 e 800 mm, sendo máis abundantes ao norte e oeste e máis escasas ao sur e leste

Son extremas, superan os 22 ºC no verán e baixan dos 6 ºC no inverno

Clima mediterráneo seco ou subdesértico

No sueste peninsular Son moi escasas, inferio-res a 200 mm anuais

Son elevadas, con máis de 22 ºC no verán e suaves no inverno, que non baixan de 10 ºC

Clima de montaña

Localízase en todos os sistemas montañosos por riba dos 1.000 m de altitude

Son abundantes, superiores a 800 ou 1.000 mm anuais

Diminúen a medida que se ascende en altura, con veráns que non superan os 20 ºC e invernos moi fríos que baixan dos 0 ºC

Clima subtropical canario

No arquipélago canario Son moi escasas, non su-peran os 300 mm anuais

Son suaves todo o ano, entre os 17 e 18 ºC de media

I l las Canarias

Mediterráneo costeiro

X0

5

10

15

20

25

30

F M A M X X A S O N D0

10

20

30

40

90

80

70

60

50

100

110

ºCTemp. mediaanual: 18,0ºC mm

Precipitaciónsanuais: 340 mm

Valencia [altitude 15 m]

120

Mediterráneo subdesértico

X0

5

10

15

20

25

30

F M A M X X A S O N D0

10

20

30

40

90

80

70

60

50

100

110

ºCTemp. mediaanual: 18,5ºC mm

Precipitaciónsanuais: 187 mm

Almería [altitude 7 m]

120

Montaña

X-10

0

10

20

30

F M A M X X A S O N D

0

20

40

100

80

60

120

160

140

ºCTemp. mediaanual: 3ºC mm

Precipitaciónsanuais: 928 mm

Serra Nevada [altitude 3.200 m]

180

Oceánico

X0

10

20

30

F M A M X X A S O N D0

20

40

60

160

140

120

100

80

ºCTemp. mediaanual: 13,1ºC mm

Precipitaciónsanuais: 1.581 mm

San Sebastián [altitude 5 m]

180

Mediterráneo de interior

X0

5

10

15

20

25

30

F M A M X X A S O N D0

10

20

30

40

90

80

70

60

50

100

110

ºCTemp. mediaanual: 13,9ºC mm

Precipitaciónsanuais: 456 mm

Madrid [altitude 669 m]

120

Subtropical canario

X0

5

10

15

20

25

30

F M A M X X A S O N D0

10

20

30

40

90

80

70

60

50

100

110

ºCTemp. mediaanual: 20,8ºC mm

Precipitaciónsanuais: 232 mm

Sta. Cruz de Tenerife [altitude 36 m]

120

Atlántico ou oceánico

Mediterráneo costeiro

Mediterráneo de interior

Mediterráneo subdesértico

De montaña

Subtropical canario

Page 11: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

107

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

13 Observa o mapa da páxina anterior e, sobre este mapa mudo, colorea os espazos que ocupan cada unha das variantes do clima de España

Atlánticoouoceánico Mediterráneosecoousubdesértico

Mediterráneo costeiro Demontaña

Mediterráneo de interior Subtropicalcanario

14 Completa este cadro:

Clima Precipitacións Temperaturas

Atlántico ou oceánico

Mediterráneo costeiro

Mediterráneo de interior

Mediterráneo seco ou subdesértico

De montaña

Subtropical canario

Page 12: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

108

7Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

u En España existe unha gran variedade de paisaxes naturais ou espazos bioclimáticos. As razóns que explican esta gran variedade son tamén diversos: a latitude, ou distancia en graos ao Ecuador; o relevo, coa súa disposición e altitude; as variantes climáticas; os tipos de rochas e solo e a situación xeográfica.

A pa

isax

e na

tura

l at

lánt

ica

ou o

ceán

ica Características da vexetación natural: Está adaptada á abundante

humidade e ás temperaturas suaves.

Especies propias: O bosque caducifolio, formado por árbores de follas que caen en outono. Os máis característicos son os carba-llos, os castiñeiros e as faias.

A pa

isax

e na

tura

l m

edit

errá

nea

Características da vexetación natural: Está adaptada ás altas tem-peraturas e a longos períodos de secas.

Presentan unhas raíces profundas e ramificadas, para aproveitar a auga do subsolo, e teñen follas pequenas e espiñosas para evitar a evaporación.

Especies propias: O bosque perennifolio, formado por árbores de mediana altura e follas pequenas e coriáceas, que se manteñen todo o ano para reducir a perda de auga. As especies mellor adap-tadas son a aciñeira, a sobreira e o piñeiro.

A pa

isax

e de

alt

a m

onta

ña

Características da vexetación natural: Está adaptada ás condi-cións climáticas que marca a altura, a latitude e a orientación da montaña:

A solaina, a ladeira orientada ao sur, é máis temperada que a umbría, a que dá ao norte.

A ladeira de barlovento é máis húmida, porque recibe o impacto das masas de aire, que a de sotavento, máis seca.

Especies propias: Ao pé da montaña están as especies de folla pe-renne; nun segundo nivel, árbores de folla caduca; segue en altura o bosque de coníferas, co abeto e o piñeiro.

Cando o frío dificulta o crecemento do bosque, aparece a vexeta-ción de matogueira.

Nos altos cumes medran os pastos, que poden quedar cubertos pola neve durante meses ou todo o ano.

A pa

isax

e na

tura

l ca

nari

a

Características da vexetación natural: É escasa debido á escaseza de precipitacións.

Especies propias: Presenta gran variedade e orixinalidade, debido ás influencias atlánticas e africanas, con especies como o drago, a palmeira, o piñeiro canario e a laurisilva, (bosque húmido, forma-do por diversas especies, especialmente loureiro)

5 A diversidade de paisaxes. Zonas bioclimáticas

Page 13: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

109

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

15 Completa este cadro:

Paisaxe natural Especies propias

Atlántica ou oceánica

Mediterránea

Alta montaña

Canaria

16 Responde brevemente estas cuestións:

• Queéobosquecaducifolio?..........................................................................................................

........................................................................................................................................................

• Citaasespeciescaracterísticasdapaisaxenaturalmediterránea..................................................

........................................................................................................................................................

• Porquenocumedunhamontañavaimáisfríoquenoseupé?....................................................

........................................................................................................................................................

• Queladeiradamontañaémáishúmida?......................................................................................

........................................................................................................................................................

• Queladeiradamontañaémáistemperada?.................................................................................

........................................................................................................................................................

17 Completa estas frases:

• Candoofríodificultaocrecementodobosque,apareceavexetaciónde...................................

• Nosaltoscumesmedranos...................................,quepodenquedarcubertospola.................

..................durantemesesoutodoo...................................

• Avexetacióncanariaéescasadebidoáescasezade....................................Presentagranvarie-

dadeeorixinalidade,conespeciescomoo...................................,apalmeira,opiñeirocanario

ea...................................

Page 14: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

110

7Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

6 O medio natural e os problemas ambientais

u A acción do ser humano sobre o medio natural

O medio natural está constantemente modificado polo ser humano para atender as súas necesidades vitais, pero se esa intervención non se fai de forma equilibrada, pode provocar danos irreparables ao medio ambiente:

u O poboamento, sexa rural ou urbano, altera profundamente as paisaxes naturais.

u As infraestruturas -estradas, autoestradas, portos, aeroportos, liñas ferroviarias- provocan tamén un forte impacto visual e de alteración das condicións naturais do terreo, así como importantes niveis de contaminación.

u A explotación dos recursos naturais, mediante as actividades agrarias e gandeiras transforman os terreos en campos de cultivo e de pasto, o que provoca a diminución dos bosques e a desecación de zonas pantanosas e lagoas.

u As actividades mineiras que permiten obter materias primas e fontes de enerxía (pedra, carbón, ferro, petróleo ...) provocan a transformación do medio natural (can-teiras, minas, pozos ...) e xeran un forte impacto ambiental.

u As actividades industriais ocupan espazos naturais e provocan contaminación.

u Os incendios forestais ocasionan a redución da vexetación e a morte dun elevado número de animais que viven no bosque.

u Medidas de protección do medio ambiente

A lexislación protectora de espazos naturais ten como obxectivo evitar que se deterioren zonas de alto valor ecolóxico:

u En España existen varias leis destinadas a protexer e conservar espazos naturais, coa creación dos Parques Nacionais, Parques Naturais e outros Espazos pro-texidos.

u A Unión Europea puxo en marcha a iniciativa Rede Natura 2000, na que se inclúen hábitats naturais que deben ser protexidos e conservados.

u En 2010, a Rede Mundial de Reservas da Biosfera englobaba 564 reservas de eco-sistemas en 109 países (40 en España, delas 3 en Galicia) nas que se trata de harmo-nizar a actividade humana co equilibrio ecolóxico.

Page 15: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

111

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

18 Observa atentamente este mapa e responde:

Parque Nacional

Ancares

Serra doXurés

Lago deSanabria

IllasAtlánticas

SomiedoPicos deEuropa

Saja-BesayaUrdaibai Ordesa e

MontePerdido

Aigüestortes

Cebollera

Montseny

ManzanaresSª de

Gredos

MonfragüeCabañeros

Albufeira

Serra deEspadán

Serra deEspuñaSerra

NevadaSerra deGrazalema

Serra deAracena

DoñanaCabo de Gata

Sª de Cazorla,Segura eLas Villas

Tablas deDaimiel Cabrera

Serra eCanóns

de Guara

Espazo protexido

Reserva da biosfera

Timanfaya

Garajonay

Teide

Caldera deTaburiente

Espazos naturais en España

Fonte: Anuario Europarc. España

• QueParqueNacionalestánaCordilleiraCantábrica?

• QueParqueNacionalestánosSistemasBéticos?

• QueParqueNacionalestánasRíasBaixas?

• QueParqueNacionalestánadesembocaduradoGuadalquivir?

• EnqueillashaiReservasdaBiosfera?

• CitadousParquesNacionaisdointeriordaPenínsulaydiondeestánsituados.

19 Como afectan os incendios forestais ao medio natural?

• ........................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

20 Cales son as principais infraestruturas que provocan un forte impacto visual e impor-tantes niveis de contaminación?

• ........................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

21 Con cantas Reservas da Biosfera conta España? E Galicia?

• ........................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

Page 16: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

112

Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros

7Tema

Autoavaliación As paisaxes naturais de España

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1. Sitúa neste mapa mudo as seguintes unidades de relevo: 1] A Meseta, debuxando o seu con-

torno2] O Sistema Central3] A Cordilleira Cantábrica4] O Sistema Ibérico5] GranCanaria,TenerifeeAPalma

2. Contesta estas cuestións:

• Caléoríomáislongodosríospe-ninsulares?.................................

• Caléoríomáislongodavertente

mediterránea?............................

• Queéobosquecaducifolio?...........................................................

3. Completa este cadro:

Elementos do clima Definición Exprésase en... Aparato de medida

Precipitación

Presión atmosférica

4. Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Co-rrixe as falsas.• OpicomáisaltodeEspañaéoMulhacén,con3.478m——• OTeideestánailladeLanzarote——• OpicodeAnetoestánosPirineos——

5. Completa estas frases:• Candoofríodificultaocrecementodobosque,apareceavexetaciónde....................................

• AsituaciónxeográficadeCanarias,fronteáscostas....................................elatitudesmáisbaixas,

condiciona tamén o seu ....................................

6. Onde desembocan os seguintes ríos?• Bidasoa: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo

• Llobregat: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo

• Nalón: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo

• Turia: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo

• Eo: o Cantábrico oAtlántico o Mediterráneo

Page 17: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado

113

Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros

7Tema

Autoavaliación As paisaxes naturais de España

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1. Sitúa neste mapa mudo as seguintes unidades de relevo: 1] ACordilleiradosPirineos

2] OsSitemasBéticos

3] AdepresióndoEbro

4] AdepresióndoGuadalquivir

5] Mallorca,MenorcaeEivisa

2. Contesta estas cuestións:

• Cal é a unidade de relevomáis

importantedapenínsulaIbérica? ....................................................

• Quemontesdividenasubmese-

tasur?.........................................

• OndeestánsituadososPicosde

Europa?......................................

3. Completa este cadro:

Elementos do clima Definición Exprésase en... Aparato de medidaTemperaturaHumidadeVento

4. Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Co-rrixe as falsas.• OpicodeAnetoestánosPirineos——• OarquipélagobalearestánoocéanoAtlántico——• OarquipélagocanarioestásituadonoAtlántico——

5. Completa estas frases:• Acorrente..................................doGolfo,quebañaascostasdonorteda.................................,

faiqueoclimasexamáis....................................

• AFronte...................................éopuntodeconfluenciadasmasasdeaire.................................

e ...................................,queproducetempoinestablee...................................

6. En que cordilleiras ou serras nacen os seguintes ríos? Relaciona os datos.1 Miño LagoasdeRuidera

2 Ebro SerradeAlbarracín

3 Texo Serra de Meira

4 Guadiana Cordilleira Cantábrica

Page 18: Tema 7 As paisaxes naturais de España · Situada ao norte da Meseta, vai paralela á costa cantábrica. As maiores altitudes están nos Picos de Europa. O Sistema Ibérico ... Situado