TEMA 8: O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1976³ns... · BLANCO AMOR A súa obra dramática divídese en...

27
TEMA 8: O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1976

Transcript of TEMA 8: O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1976³ns... · BLANCO AMOR A súa obra dramática divídese en...

TEMA 8:

O TEATRO GALEGO

ENTRE 1936 E 1976

O TEATRO NA POSGUERRA

Silencio absoluto tras a Guerra Civil

Creación de textos dramáticos nos anos 50: Blanco Amor, Cunqueiro, Carballo Calero ...

CARACTERÍSTICAS:

-Creación pausada da pezatetral: non estrea inmediata, falta de público lector

-Conflitos, situacións e personaxes universais

-Compromiso co home de posguera: angustiado e desesperado

BLANCO AMOR

A súa obra dramática divídese enfarsas, pezas imaxinativas, cheasde elementos fantásticos esatíricos, con personaxesesquemáticos e escenografíaaustera e autos, pezas de realismocostumista que recrean personaxese situcións do mundo rural galego.

Farsas para títeresTeatro pra a xente

ÁLVARO CUNQUEIRO

O incerto señor Don HamletA noite vai coma un río

No Don Hamlet, unha das obras máis importan-tes e máis representadas do teatro galego, rea-liza unha orixinal versión do drama shakespeare-ano na que o rei usurpador resulta ser o verda-deiro pai do príncipe. Nesta profunda reflexiónsobre a natureza humana están tamén presenteso humor e a ironía.

CARBALLO CALERO

A farsa das zocasO auto do prisioneiro

Con técnicas realistas ou simbolistas, reflexionasobre algunhas das grandes temáticas do serhumano: o amor, o alén, a arte e a política,achegándose tamén ao teatro infantil

XERACIÓN DOS 50 ou DRAMÁTICA SOCIAL

CARACTERÍSTICAS:

-Xunto ao teatro, cultivan outros xéneros literarios

-Aparece o conflito social e individual pola falta de liberdade e a opresión

-O texto dramático convértese nun instrumento de loita aínda que sendescoidar a calidade

-Temática heteroxénea

AUTORES:

-Daniel Cortezón

-Xohana Torres

-Bernardino Graña

-Manuel María

DANIEL CORTEZÓN

TEMÁTICA HISTÓRICA: propón unha revisión da historia de Galicia desde a óptica do nacionalismo remitindo a personaxes e situacións tales como Prisciliano, Os Irmandiños ...

TENTA EVITAR A PERDA DA MEMORIA HISTÓRICA

Dramas históricoscentrados na Galicia medieval ou nacontemporánea

OBRAS•Prisciliano•Os irmandiños•Xelmírez ou a groria de Compostela•Castelao, ou a paixón de Galiza

XOHANA TORRES

A outra banda do IberrUn hotel de primeira sobre

o río

A súa primeira obra é unha alegoría doexilio a partir dunha familia divididaideoloxicamente.Na segunda, o simbolismo político ésubstituído pola denuncia social: aexpropiación das terras con finsespeculativos.Ambas as pezas, con importanteprotagonismo feminino, son boas mostrasdo teatro realista.

O GRUPO DE RIBADAVIA

-Desenvolvementodo teatro a fins dos anos 60

-A Mostra de Teatro de Ribadavia(1973-1980) foi o gran catalizador do teatro. Lanzamentopara numerosos autores e compañías.

CARACTERÍSTICAS:-Autores directamente vinculados como actores oudirectores á práctica teatral

-Gusto polo experimentalismo e conexión coas tendencias do teatro do absurdo

-Teatro comprometido e de denuncia da opresión existente

-Interese polo teatro infantil

EULOXIO RUIBAL

teatro experimental

Zardigot

MANUEL LOURENZO

Presenta tres liñas temáticas:

-Liña clásica ou mítica (tradición grega ou Materia de Bretaña): Electra

-Liña histórica (recuperación de figuras do pasado histórico de Galicia das que dá unha nova visión): Erros e ferros de Pedro Madruga

-Liña do teatro inmediato (crítica da sociedade actual): Insomnes

VIDAL BOLAÑO

Vertentes da súaobra:

-Dramaturxiapopular: Bailadela da morte ditosa

- Reinterpretación de mitos do nosopasado: As actas escuras

-Teatro realista e crítico: Saxo Tenor

TEMA 9:

A LITERATURA DO EXILIO

ENTRE 1936 E 1976

CONTEXTO HISTÓRICO

Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron.

► Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran-quista en Galiza, que provoca o exilio de numerosos intelectuaiscomprometidos co nacionalismo, o republicanismo ou simplemen-te coa democracia

► Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego até a dé-cada dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia a acti-vidade cultural do exilio

► O exilio galego conta cunha peculiaridade importante: a exis-tencia dunha infraestrutura asociativa estábel en moitos paísesde Latinoamérica creada por intelectuais que xa vivían na emi-gración antes da irrupción da Ditadura

► En consecuencia, a práctica totalidade do exilio galego diríxesecara a eses países do continente americano

A HABANA

CARACAS

MÉXICO D.F.

MONTEVIDEO

BUENOS AIRES

Principais cidades da actividade do exilio

Etapas na actividade literaria do exilio

1939-1950Concéntrase en América toda a nosa produciónliteraria. Publícanse obras importantes comoJacobusland (1942) de Emilio Pita, Catro poe-mas pra catro grabados (1944) de Lorenzo Va-rela ou Sempre en Galiza (1944) de Castelao

1950-1960Fundadas en Galiza Galaxia e outras editoriais,asactividades do interior e da diáspora com-pleméntanse. Publícanse en América obras quea censura española non tolera, como A esmorga(1959) de Blanco Amor

1960-1975A expresión cultural en galego vai adquirindounha certa normalidade en Galiza e comezan apublicarse obras dos exiliados. Algúns destesinician o proceso gradual de regreso ao nosopaís xa antes da chegada da democracia

O labor desempeñado polos exiliados galegos foi variado e intenso,tanto no campo cultural como no político. A existencia previa de ba-ses estábeis de asociacionismo dos galegos emigrados, centradas enboa parte nos centros galegos e nas asociacións culturais, foi esen-cial para a eficacia do seu traballo

CENTRO GALEGO DA HABANA

IRMANDADE GALEGADE CARACAS

CENTRO GALEGODE BUENOS AIRES

Fúndanseeditoriais,colecciónsbibliográficas,xornais (Galicia,)e revistas(Vieiros, Galiciaemigrante, Demar a mar)

O labor político céntrasena realización deexposicións e conferen-ciasen apoio á causarepublicana e en defensa daidentidade galega. A figurade Castelao é o principalreferente.

En Arxentina,realízansedesde 1945variosprogramasradiofónicoscon temáticaculturalgalega.

ACTIVIDADE TEATRAL

Lévase a cabo unha intensa actividade teatral, tanto a nivel depequenas asociacións, como a nivel de grandes producións.Neste campo cómpre salientar a estrea da obra de CastelaoOs vellos non deben de namorarse en 1941 en Buenos Aires eo labor do Teatro Popular Galego de Blanco Amor

O Teatro Popular Galego, dirixido por Blanco Amor

POESÍA NO EXILIO

LUÍS SEOANE- Artista polifacético,destaca polo seu labor nasartes plásticas.

-Compromiso ético coa realidade social e humana de Galicia

-Dous grandes temas:

-o mundo da diáspora

-a historia de Galicia

OBRAS:

Fardel do eisiliado

Na brétema , Sant-Iago

ESTILO

Versos longos de metro libre e sen rima. Tendencia aocoloquialismo

POESÍA NO EXILIO

LORENZO VARELA-Os temas recorrentes da súa obra, inscrita na órbita da poesía social, son:

- reconstrución histórica desde o punto de vista das clases populares

-saudade da terra, provocada pola distancia do exilio.

CATRO POEMAS PARA CATRO GRAVADOSEvoca catro personaxes históricos para proxectalos cara ao presente como exemplos de loita (María Pita, María Balteira, Roi Xordo, Ataúlfo II)

LONXESaudade da terra e poesía socialrealista de denuncia da opresión

PROSA NO EXILIO

TRAZOS XERAIS

-Producióncondicionada polasúa experiencia persoal

-Novelas autobiográficas e realistas

-Obras que só virona luz en Galicia despois da ditadura, tras a morte dos autores ou mesmoson inéditas

RAMÓN DE VALENZUELA

SILVIO SANTIAGO

BLANCO AMOR

RAMÓN DE VALENZUELA

-Marcado carácter autobiográfico

-Predominio da acción sobre a descrición

-Uso de técnicas do relato oral

-Retrato fiel e preciso dos personaxes

Non agardeipor ninguén- novela inaugural da temática sobre a Guerra Civil nas letras galegas

Era tempo de apandar- continuadora da anterior: un militante galeguista exilíase en Francia e durante a 2ª Guerra Mundial a Gestapo devólveo a España

SILVIO SANTIAGO

Nas súas novelas, de carácterautobiográfico, relata:-a súa infancia na súa aldeanatal (Vilardevós)-a súa aventura para lograr fuxirda España de Franco e exiliarseen Caracas (O silencio redimido).

Vilardevós

O silencio redimido

E. BLANCO AMORCaracterísticas renovadoras queposteriormente desenvolverán osautores da Nova Narrativa Galega:espazos urbanos, personaxes marxinais,temática realista, expresión coloquial...

As súas obras están ambientadas enAuria (Ourense) e nelas predomina onarrador en 1ª persoa.

Temas recorrentes: o mundo da infanciae da adolescencia, as relaciónsfamiliares, a violencia, a marxinación, arepresión política e lingüística, oafastamento da política das necesidadesda xente...

Obras:

A esmorga (novela),

Os biosbardos (colección de relatos): sete relatos con maticesautobiográficos contados por unnarrador infantil ou adolescente enprimeira persoa.

Xente ao lonxe (novela): novela total- visión global da vida e a sociedade da época.

Algunhas características formais renovadoras:

Redución temporal (a acción principal redúcesea 24 horas)

Ambientación urbana ou periurbana

Personaxes marxinais, problemáticos, movidospola violencia e as fobias

Técnica “telefónica”

Linguaxe popular, coloquial

Significación: é unha novela sociolóxica na que sepresentan dous mundos enfrontados que se rexenpor códigos e normas diferentes: o do poder,asociado á opresión e ao emprego do castelán e odas clases populares, ignorantes e alienadas,asociadas ao emprego do galego, que sofren,nunha atmosfera de fatalismo, as consecuenciasdunha sociedade opresiva

Os personaxes: grandenúmero de personaxes, querepresentan todos osestratos sociais. Cibrán, oprotagonista e narrador:home sen vontade, incapazde gobernar a súa propiavida, déixase arrastrar caraá traxedia; Bocas:irreflexivo,violento e defortepersonalidade;Milhomes:covarde e efeminado

Distribución estrutural: trespartes: un prólogo no que unautor-editor descobre ahistoria que se vai contar(“Documentación”), declaraciónperante o xuíz de Cibrán, queconstitúe o núcleo argumentalda obra e un breve epílogo noque a autor-editor reaparecepara informar da morte deCibrán.

É unha das novelas máis importantes e influentes daliteratura galega. Conta a historia de tres homes que,durante un día de esmorga, viven unha serie detráxicas peripecias que os conducen á morte e aocárcere

TEATRO NO EXILIO

TRAZOS XERAIS

-A produción teatral en galego mantívosemaioritariamente no exilio

-Destaca a Compañía Maruxa Villanueva (puxo en escena Os vellos non deben de namorarse)

AUTORES EMIGRADOS

-Varela Buxán:Tabernasen dono

-RURALISMO HUMORÍSTICO

-estilo directo, popular de liñacómica e sentimental

-crítica á problemática social de Galicia

AUTORES EXILIADOS

LUÍS SEOANE

-Temática histórica (A soldadeira): RevoluciónIrmandiña do séc. XV.

-Temática contemporánea ( Esquema de farsa):denuncia da falsa visión dada polas autoridadesfranquistas da vida dos emigrados

AUTORES EXILIADOS: BLANCO AMOR

A súa obra dramática divídese enfarsas, pezas imaxinativas, cheasde elementos fantásticos esatíricos, con personaxesesquemáticos e escenografíaaustera e autos, pezas de realismocostumista que recrean personaxese situcións do mundo rural galego.

Farsas para títeresTeatro pra a xente