Tema XII Roma 1ª parte

67
TEMA XII O IMPERIO ROMANO E A SÚA HERDANZA CULTURAL. 1ª PARTE

Transcript of Tema XII Roma 1ª parte

TEMA XII

O IMPERIO ROMANO E A SÚA HERDANZA CULTURAL.

1ª PARTE

Introdución

Roma estaba, desde a súa fundación, gobernada por unha monarquía; mais no século VI os seus habitantes expulsaron os monarcas e constituíronse en república.

Logo, mediante numerosas guerras, Roma apropiouse das terras que se estendían desde a Península Ibérica ata Oriente abranguendo todo o mar Mediterráneo (Mare Nostrum).

A partir do século I d.C., os romanos dominaron o mundo.

A partir do século III, o Impero entrou en crise e sufriu o asedio dos pobos bárbaros. No ano 476 Roma foi conquistada e o Imperio desapareceu.

12

ETAPAS HISTORIA DE ROMA

TIPOS DE GOBERNO

MONARQUÍA(S.VIII a.C.)

REPÚBLICA(S.VI a.C.)

IMPERIO(S.I a.C.-S.V d.C.)

REI SENADO COMICIOS SENADO MAXISTRADOS EMPERADOR

A orixe histórica de RomaNo II milenio a.C. A Península Italiana estaba ocupada polos latinos (no centro), os etruscos (no Norte) e os gregos (no Sur).

A mediados do século VIII a.C., algunhas tribos de latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber e ergueron poboados sobre sete outeiros, que serían a orixe da cidade de Roma.

12

Roma converteuse moi cedo nun importante enclave comercial, onde se realizaban gran parte dos intercambios entre os distintos pobos.

Pobos Itálicos

A Orixe de Romasegundo a mitoloxíaLenda: Rómulo e Remo fundaron a cidade.Foron abandonados nas ribeiras do río Tíber cando eran nenos e unha loba amamantounos.En agradecemento eles deciden fundar unha cidade nese lugar: ROMA.

LENDA DA FUNDACIÓN DE ROMA

A época da monarquíaNos primeiros tempos, Roma foi gobernada por unha monarquía.

O rei, que detentaba os máximos poderes, gobernaba coa axuda dun Senado, composto das grandes familias aristocráticas (patricios).

Roma tivo sete reis; os catro primeiros, latinos e os tres últimos, etruscos.

Baixo a influencia etrusca a cidade de Roma engrandeceuse e mellorou: edificación de novas pontes, acuedutos, rede de sumidoiros, murallas...

12

A monarquía

Fin da MonarquíaOs patricios latinos expulsaron ao Rei tarquino o Soberbio no ano 509 a. C. e da comenzo a República en Roma

A Roma republicana. A Sociedade

PATRICIOS PLEBEUS ESCRAVOS

*Eran descendentes dos primitivos poboadores.*Tiñan o poder político, militar e económico.*Ocupaban a maior parte dos cargos do goberno e do senado.*Eran donos da maior parte dos terreos públicos.*Vivían en amplas casas de campo (vilas), ou en domus luxosas na cidade.

*Eran descendentes da primitiva poboación conquistada e estranxeiros que acudían á cidade.*Eran libres, pero carecían de influenza política. *Tiñan prohibido o matrimonio cos patricios.*Eran campesiños, artesáns ou comerciantes. *Vivían en ínsulas (casas humildes de varios pisos).

*Eran persoas sen ningún dereito.*Podían ser comprados ou vendidos. *Algúns tiñan unha boa educación e actuaban como mestres ou doutores. Os demais facían as labores máis duras. *Algúns acadaban a liberdade: LIBERTOS

A SOCIEDADE REPUBLICANA

A loita pola igualdadeNos primeiros anos da República, os patricios formaron un goberno aristocrático: só eles elaboraban e coñecían as leis, exercían a xustiza e monopolizaban os cargos públicos.

Durante douscentos anos, os plebleos loitaron por obter os mesmos dereitos que os patricios.

A partir do século V a.C., atoparon resposta a algunhas das súas demandas: dereito a elixir un representante (Tribuno da plebe), a compilación escrita e pública das leis de Roma (Lei das Doce Táboas)...

12

As institucións da república romana

O goberno da República fundamentábase en tres institucións:

Os comicios

Os maxistrados

O Senado,

12

Asembleas ou Comicios Reunión de cidadáns romanos que participan nas

decisións da cidade: Votaban as leis e elexían a quenes ocupaban os distintos cargos

Estaba formado por patricios e plebeos

Os maxistrados: O CónsulMaxistrados: Eran os distintos cargos(electos) do goberno, gobernaban a cidade: cónsules pretores, censores, edís, tribunos...Os máis importantes eran os CÓNSULES que dirixían o goberno e o exército.

O SenadoEra o centro da vida política, ratificaba as leis aprobadas

polos Comicios e resolvía os asuntos de política exterior e de finanzas.

300 membros (patricios)

A expansión de Roma. A Conquista do Mediterráneo

O crecemento da súa riqueza e un numeroso e eficaz exército permitíronlle a Roma a conquista de enormes territorios.

Entre o 500 e o 250 a.C, a cidade de Roma apropiouse da Península Itálica.

Entre os anos 264 e 146 a.C., Roma enfrontouse a Cartago, nas denominadas guerras púnicas, e conquistou o Mediterráneo occidental.

12

A expansión de RomaEntre os séculos II a.C. e II d.C., as lexións romanas conquistaron Grecia e o Mediterráneo oriental, e completaron a ocupación en Hispania, Galia e Britania.

As lexións romanas

Campamento romano12

As conquistas de Roma12

2. Roma do ano 264 ao 201 a.C.

As conquistas de Roma12

3. Roma do ano 201 ao 60 a.C.

As conquistas de Roma12

4. Roma do ano 60 a.C. ao 14 d.C.

As conquistas de Roma

12

5. Roma do ano 14 ao 117 d.C.

A crise do século I a.C.

As conquistas proporcionáronlle a Roma grandes riquezas, pero tamén orixinaron grandes desigualdades sociais.

Gran parte dos campesiños arruináronse ao ter que abandonar as súas terras para servir no exército.

Os prexudicados polas conquistas protagonizaron conflitos sociais (revolta dos irmáns Graco) en demanda dunha mellor repartición da riqueza.

A crise do século I a.C. provocou que o Senado e os maxistrados lles desen o poder aos xefes militares, ditadores, que se enfrontaron entre si, xerando violentas guerras civís.

Un destes militares, Xulio César, proclamado ditador perpetuo (48 a.C.), foi asasinado por aqueles que vían perigar o seu poder (44 a.C.).

12

Asesinato de Xulio CésarO senado síntese ameazado e Xulio César é asasinado por:Bruto, Casio e Casca

Fin da república

O IMPERIO ROMANO. Octavio Augusto, emperador

Octavio Augusto, fillo adoptivo de Xulio César, inaugurou un novo sistema de goberno: o Imperio.

Concentrou na súa persoa todos os poderes civís e militares que antes exercían os maxistrados.

Foi nomeado cónsul vitalicio e xefe do exército (emperador), redactaba as leis (edictos) e converteuse na primeira autoridade relixiosa (gran pontífice).

12

A organización do ImperioO Senado, os maxistrados e os comicios continuaron existindo, pero o seu papel era só simbólico.

Era o emperador quen designaba todos os cargos importantes que dirixían o Imperio, para aplicar e transmitir as súas ordes creouse o Consello imperial.

Os territorios que se incorporaron ao Imperio organizáronse en provincias, a cuxa fronte colocaba a un gobernador axudado por funcionarios romanos.

12

Dous séculos de pax romana

Ao longo dos séculos I e II d.C., o Imperio acadou a súa máxima expansión e prosperidade (pax romana).

Durante ese período, as guerras foron escasas e os territorios conquistados romanizáronse.

Roma converteuse nunha gran cidade de máis dun millón de habitantes.

No ano 212, o emperador Caracalla quixo equiparar a todos os habitantes do Imperio e concedeulles a cidadanía romana.

12

Maqueta da Roma imperial12

Maqueta da Roma imperial12

Unha sociedade urbana

As cidades, centro do Imperio

Os grupos sociais

12

As cidades, centro do Imperio

Roma foi un Imperio de cidades, fundáronse centos e todas elas tiñan unha estrutura semellante.

As cidades eran o lugar de residencia das autoridades e da administración, e o centro económico onde se realizaban as actividades artesanais e comerciais.

Ademais, as cidades contribuíron á romanización do Imperio, isto é, axudaron a difundir a lingua, os costumes, as leis e o modo de vida dos romanos.

12

Unha cidade romana12

Unha cidade romana12

Os grupos sociaisOs habitantes do Imperio estaban divididos en grupos sociais con dereitos desiguais, aínda que a sociedade romana era aberta e permitía o ascenso social.

A maioría de homes libres gozaban da cidadanía romana: non pagaban impostos, tiñan dereitos políticos e estaban protexidos polas leis.

Por debaixo, situábanse os campesiños e a plebe urbana, que cando non tiñan traballo vivían das subvencións e das diversións do Estado (pan e circo).

Os escravos non gozaban de liberdade nin de dereitos, e o seu amo podía vendelos e quitarlles a vida.

12

A economía: prosperidade agrícola e comercial

12

Rotas Comerciais no Imperio Romano

As explotacións agrícolasOs romanos introduciron o arado, os muíños para prensar aceite e viño, novos sistemas de regadío e o cultivo de novos produtos: árbores froiteiras, hortalizas, cereais...

En todas as provincias xurdiron colonias agrícolas, con campesiños que explotaban a terra para a súa propia subsistencia.

Tamén se estenderon os latifundios, que eran explotados por patricios e onde traballaban maioritariamente escravos.

A explotación agrícola realizábase ao redor dunha casa de campo (vila) con gran cantidade de estancias: casa do propietario, cortes, celeiros...

12

Unha vila romana12

Unha vila romana12

As relacións comerciaisNos primeiros séculos do Imperio, o comercio entre as provincias viuse favorecido pola paz interna, a seguridade nas comunicacións e o aumento da produción.

Os romanos contaban con magníficas calzadas que unían Roma con todas as provincias do Imperio.

O comercio internacional efectuábase esencialmente por vía marítima: Ostia, Antioquia e Alexandría eran os portos máis importantes.

A existencia dunha moeda sólida e común en todas as terras do Imperio axudou ao desenvolvemento comercial.

12

AS CALZADAS ROMANAS

FamiliaA familia estaba formada por tódolos que vivían baixo a autoridade do pai (pater familias). A lei concedíalle ao pai a autoridade completa (patria potestas).As mulleres dependían sempre da autoridade do home:primeiro do pai e despois do marido.

VIVENDAHai dous tipos de vivendas nas cidades:DOMUS: vivenda dos aristócratas (ricos): de planta rectángular, de un ou dous pisos, con habitacións moi amplas.INSULAS: vivendas da clase media. Son edificios de varios pisosE as vilas no rural como xa vimos

VestidosTunica (prenda interior)Toga (vestiario masculino)Stola e palla (vestiario feminino)Modas de peiteados cambiantes ó longo dos anos

Stola e Palla

Fascia pectoralis / Subligar

DamaMuseo de Mérida

A: tunica; B: tunica + pallium;

C: tunica + toga; D: tunica + paenula

Toga praetexta (serie Roma)

AlimentaciónAlmorzo(O IENTACULUM ): pan con aceite, viño, queixo, mel, froita

Comida (O PRANDIUM ): carne fría, legumes, froitas, sobras e algo de viño

Cea: comida forte do día facíase en familia. Para os máis ricos podía ser un verdadeiro festín: entremeses, asados, peixes, sobremesas e viñosOs máis modestos contentábanse cunha cunca de cerais, algo de touciño, verduras e legumes soían beber cervexa quente

•Algo esencial nas súas comidas eran as salsas, como o GARUM, (líquido que proviña do repouso de peixes en barrís).

•A cea duraba varias horas e para estar cómodos comían deitados cara ao lado esquerdo, nun comedor chamado TRICLINIUM.

•As ceas estaban acompañadas de lecturas de poesía, cantos e música, amenizados con bailarinas. •A comida interrompíase para vomitar e seguir comendo.

Ocupacións

Profesións: maxistrado, sacerdote (nobreza)financieiro (clase ecuestre)comerciante (plebeio rico)obreiro, artesán (clase baixa)

Fillos: o colexio acompañados do paedagogus

Matrona: ó cargo do fogar: escravos, compras, etc.

Mulleres de clases humildes: vendedoras, tecedoras, prostitutas

Matrona romana coas súas servas

Algunhas curiosidadesAs termas romanas eran baños públicos onde se podían realizar actividades ximnásticas e lúdicas. Tamén eran lugares de reuniónNon utilizaban o xabón para lavarse, usaban aceite de oliva e algún instrumento para fregarseUn pau cunha esponxa húmida nun extremo era usado

como o papel hixiénico actual. Había latrinas colectivas.Nas casas había calefacción central.Os romanos situaban aos actores no mesmo nivel que ás prostitutas.

O Imperio entra en criseA partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a unha serie de problemas.

As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos ataques dos pobos xermánicos (bárbaros).

A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas contra o emperador.

A estes problemas sumáronselles os problemas económicos: descenso da produción agrícola e mineira, estancamento do comercio e empobrecemento da poboación.

12

A división do ImperioNo ano 395, para facilitar a súa defensa, o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus fillos, Arcadio e Honorio.

A partir dese momento quedaron separados o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente.

No Imperio de Oriente (bizantino) o emperador soubo manter a súa autoridade e defender as fronteiras, e o Imperio sobreviviu.

En Occidente, pola contra, a decisión de Teodosio foi insuficiente para salvar o Imperio.

12

Causas e Consecuencias da Caída do Imperio Romano

A Caida do Imperio

O CristianismoOrixenes: Xesús de Nazaret funda unha relixión monoteísta en PalestinaDifusión: Discípulos de Xesús. Polo Imperio foi difundido por Pablo

PERSECUCIÓNS DO CRISTIANISMO por que o cristianismo negábase a dar culto ao emperador, rexeitaba o politeísmo e era contrario á escravitudeNerón e DIOCLECIANO: Grandes persecucións. Catacumbas

O cristianismo, relixión oficialConstantino decretou a fin das persecucións contra os cristiáns (Edicto de Milán, 313).

Donación de Constantino I, emperador (306-337), ao papa Silvestre I (314-335)

A finais do século IV, o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial do Imperio.

Co tempo, o cristianismo espallouse por todo o Imperio.

12

A fin do Imperio de Occidente

A comezos do século V, os pobos xermánicos traspasaron as fronteiras e entraron no Imperio occidental.

As pobos invasores fóronse instalando nas terras de Occidente e crearon reinos independentes.

A caída do último emperador romano de Occidente (Rómulo Agústulo) marca a fin da Antigüidade e o inicio da Idade Media. Ano 476 da nosa era

12

Europa a comenzos do S. V d.C.

Europa despois da Caída do Imperio Romano ano 476

EUROPA A COMEZOS DA IDADE MEDIA

FIN

Correxido e adaptado porSanti Pazos maio 2008