Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de...

20
Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño 2015 afundacion.org

Transcript of Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de...

Page 1: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Tempada de abonoMúsica clásica Vigoxaneiro - xuño 2015

afundacion.org

Page 2: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -
Page 3: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Tempada de abonoMúsica clásica Vigoxaneiro - xuño 2015

afundacion.org

Page 4: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Creada en 1992 polo Concello da Coru-ña, cidade onde ten a súa sede no Palacio da Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España.

A osg, cuxo director titular é Dima Slobo-deniouk e Víctor Pablo Pérez o seu direc-tor honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998.

Realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas e

ciclos de concertos españois. Por primei-ra vez, en 2007 foi de xira por América do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil e Uruguai e a finais de 2009 presen-touse na histórica sala do Musikverein de Viena.

A osg conta habitualmente con solistas coma Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Maria João Pi-res, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian Lindberg, entre outros. Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa Berganza,

Orquesta Sinfónica de Galicia

Page 5: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Ar-teta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mi-rella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Gimé-nez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini, entre outros moitos, e sempre baixo a batuta de mestres coma Lorin Maazel, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep

Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck.

Na súa discografía para os selos emi, decca, Koch, Naíve, bmg e Arts figuran nomes coma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea-da ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles.

Page 6: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

A Real Filharmonía de Galicia, con sede en Santiago de Compostela e xestionada polo Consorcio da cidade, nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha voca-ción universal.

Esta orquestra sinfónica, que represen-ta en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está composta por cincuenta artistas de diferentes nacionalidades que achegan a súa experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xun-to a eles, mestres como Maximino Zu-malave, músico comprometido coa súa

cidade, como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da or-questra que axudou co impulso necesa-rio para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Da-niel, desde xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron e teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical.

O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio acepten colabo-rar e compartir momentos de gran pleni-tude musical: Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín),

Real Filharmonía de Galicia

Page 7: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (pia-no) e cantantes coma Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes directores coma Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, Josep Pons ou Christoph König, actual director invitado, puxeron a súa batuta á fronte da orquestra.

A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable no Auditorio de Galicia de Compostela que compatibiliza

con xiras e concertos en Alemaña, Aus-tria, Francia, Brasil, Arxentina e, especial-mente, Portugal, ademais de nas princi-pais cidades españolas, onde destaca a súa participación na tempada cultural de Vigo.

Na discografía da rfg salientan os traba-llos dedicados a Manuel de Falla, Frederic Mompou e Maurice Ravel. O seu último disco rende homenaxe a Antón García Abril.

Page 8: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Christoph König

Piano: Ana Vinnistkaya

Naceu na cidade alemá de Dresde e alí estudou dirección orquestral, piano e canto. Recibiu o premio da Fundación Herbert von Karajan (Berlín). Desde 2013, a Real Filharmonía de Galicia conta con el como principal director invitado. Ademais é o director titular da Orques-tra Sinfónica do Porto Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo. Está moi soli-citado como director convidado en toda Europa e América.

Gañou numerosos concursos interna-cionais de piano, entre eles, o Queen Elisabeth Competition de Bruxelas en 2007. O seu traballo resulta da suma da súa técnica impecable, a arte do fraseo e unha confianza estilística cativadora.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

16 de xaneiro | 20.30 hDuración: 1 h 15 min

Programa

I

BÉLA BARTÓK (1881 - 1945)Danzas folclóricas romanesas

Danza do bastónDanza en roda

PisandoDanza de BuciumPolca romanesa

Pasos curtos

DMITRI SHOSTAKÓVICH (1906 - 1975)Concerto para piano núm. 2 en fa maior,

op. 102

Allegro Andante

Allegro (attacca)

II

FRANZ SCHUBERT (1797 - 1828)Sinfonía núm. 5 en si bemol maior, D. 485

Allegro Andante con moto

Menuetto. Allegro moltoAllegro vivace

Page 9: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Clemens Schuldt

Óboe: Lucas Macías

É un dos máis estimulantes novos talentos emerxentes de Alemaña. En 2010 gañou a Donatella Flick Conduc-ting Competition. A partir de entón, foi director asistente da Orquestra Sinfónica de Londres e debutou coas principais orquestras europeas. Clemens tamén goza traballando con novas formacións e para o público mozo. Así, realizou unha xira para escolas coa hr-Sinfonieroches-ter de Frankfurt e colabora coa Austrian Youth Orchestra e a Radiophilharmonie Saarbrücken.

Consolidouse como un dos artistas españois máis recoñecidos internacio- nalmente. Combina a docencia co seu posto de solista na Orquestra Concert-gebouw de Ámsterdam, a Orquestra do Festival de Lucerne e a Orquestra Mozart de Boloña.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

5 de febreiro | 20.30 hDuración: 1 h 30 min

Programa

I

JOHANN SEBASTIAN BACH (1685 - 1750)Concerto para óboe núm. 4 en la maior,

BWV 1055

AllegroLarghetto

Allegro ma non tanto

BERND ALOIS ZIMMERMANN (1918 - 1970)Concerto para óboe e pequena orquestra

Homenaxe a Stravinski

Allegro con brioRapsodia

Finale. Vivace

II

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770 - 1827)Sinfonía núm. 1 en dó maior, op. 21

Adagio molto – Allegro con brioAndante cantabile con moto

Menuetto. Allegro molto e vivaceFinale. Adagio – Allegro molto e vivace

Page 10: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Osmo Vänskä

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

12 de febreiro | 20.30 hDuración: 1 h 45 min

Programa

I

JEAN SIBELIUS (1865 - 1957)Sinfonía núm. 4 en la menor, op. 63

Tempo molto moderato, quasi adagioAllegro molto vivace

Il tempo largoAllegro

II

SERGEI PROKOFIEV (1891 - 1953)Sinfonía concertante, op. 125

AndanteAllegro

Andante con moto - Allegretto - Alegro marcato

Naceu en Finlandia e é director, clari-netista e compositor. Comezou a súa carreira artística como clarinete principal na Orquestra Osmo Vänskä. Despois de estudar dirección orquestral, desempe-ñou o cargo de director na Orquestra Sinfónica de Islandia, a Orquestra Fil-harmónica Escocesa da bbc, a Orquestra de Minessota e a Orquestra Sinfónica de Lathi. As súas gravacións de Jean Sibleius fixéronlle gañar varios premios.

Interpreta cunha sensibilidade especial a música contemporánea. Toca con prestixiosas orquestras como as filhar-mónicas de Berlín, Viena ou Nova York. Entre outros, gañou o Premio unesco no Concurso European Radio-Union.

Solista: Truls Mork

Page 11: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Dima Slobodeniouk

Percusión: Colin Currie

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

12 de marzo | 20.30 hDuración: 1 h 45 min

Programa

I

KALEVI AHO (1949)Concerto para percusión e orquestra

II

SERGEI PROKOFIEV (1891 – 1953)Sinfonía núm. 5 en si bemol maior, op. 100

AndanteAllegro marcato

AdagioAllegro giocoso

Desde 2013 é director titular da osg. Dima sitúase no máis destacado da nova xeración de directores musicais, grazas á combinación das súas raíces rusas cos seus estudos musicais en Finlandia. De 2005 a 2008 foi director titular da Sinfónica de Oulu e, nas últimas tem-padas, forxou novas colaboracións con compañías europeas e americanas. O seu completo repertorio abrangue desde autores como Rautavaara e Widmann ata Brahms ou Wagner.

Considerado o mellor percusionista de cámara, o escocés salienta pola súa ver-satilidade. Esperta paixóns intensas entre o auditorio e ten no seu haber diferentes galardóns, como o da Real Sociedade Filharmónica de Londres de 2012.

Concerto conmemorativo do centenario da Sociedad Filarmónica de Vigo

Page 12: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Antonio Méndez

Frauta: Claudia Walker

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

9 de abril | 20.30 hDuración: 1 h 45 min

Programa

I

JUAN JOSÉ COLOMER (1966)Converxencias

CARL NIELSEN (1865 - 1931)Concerto para frauta

II

JEAN SIBELIUS (1865 - 1957)Sinfonía núm. 5 en mi bemol maior, op. 82

Antonio naceu en Palma de Mallorca en 1984 e alí matriculouse no Conserva-torio Profesional de Música, en piano e violín. En Madrid estudou composición e dirección e desde o ano 2007 vive en Alemaña, onde completou os seus estudos de dirección na Universidade das Artes de Berlín. Captou a atención cando, en 2012,  gañou a Malko Competición de Copenhague. Rapidamente se converteu nun dos máis fascinantes directores da súa xeración.

Frautista solista da osg desde a súa fundación. Ten ofrecido multitude de concertos coa formación en España e por todo o mundo. Ademais, a america-na cultiva con grande éxito un traballo camerístico con distintas agrupacións.

Page 13: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Fabien Gabel

Piano: Beatriz Rana

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

17 de abril | 20.30 hDuración: 1 h 30 min

Programa

I

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770 - 1827)Concerto para piano núm. 1 en dó maior,

op. 15

Allegro con brioLargo

Rondo. Allegro

II

JACQUES IBERT (1890 - 1962)Homenaxe a Mozart

WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756 - 1791)Sinfonía núm. 36 en dó maior, K. 425 «Linz»

Adagio - Allegro spiritosoAndante con moto

MenuettoFinale. Presto

Nacido en París, Fabien Gabel estudou trompeta e dirección. En 2004 gañou o Flick en Londres e ocupou o cargo de director asistente da Orquestra Sinfónica de Londres. Desde 2012 leva a batuta na Orquestra Sinfónica de Quebec e acom-paña como director convidado ás com-pañías máis destacadas, especialmente a Orquestra Nacional de Francia, coa que debutou profesionalmente. Na actuali-dade, destaca como unha das estrelas da nova xeración.

A pianista de 21 anos xa ten gañado cer-tames tan importantes como a prata na Van Cliburn, o 1º premio de Montreal ou o Muzio Clementi. Estuda con Arie Verdi en Hannover mentres actúa como convi-dada en diversos concertos e festivais.

Page 14: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Paul Daniel

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

7 de maio | 20.30 hDuración: 1 h 30 min

Programa

I

RICHARD WAGNER (1813 - 1883) Wesendonck Lieder (Mottl/Wagner)

O anxoDetente!

No invernadoiroMágoasSoños

II

ANTON BRUCKNER (1824 - 1896)Sinfonía núm. 6 en la maior (Cahis 12)

MajestosoAdagioScherzoFinale

A soprano estadounidense é unha estrela emerxente da ópera. Ten sido eloxiada pola súa fermosa voz e polas súas inte-lixentes actuacións en óperas e recitais. Moitos críticos sinálana como a próxi-ma grande soprano wagneriá. Entre os seus últimos compromisos destacan as representacións d’O ocaso dos deuses e Tristán e Isolda de Wagner, Un baile de Máscaras de Verdi ou as Catro últimas cancións de Strauss; invitada polas or-questras sinfónicas de Alabama, Báltimo-re, Montreal, Berlín, a Nazionale della rai e a bbc de Escocia, entre outras.

Soprano: Heidi Melton

Page 15: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Do violinista finlandés destaca o enfoque fresco que dota as composicións. Busca traballar con artistas de todas as ramas, en novas interpretacións do reperto-rio existente ou en obras orixinais. Así, ocúpase da dirección artística de Our Festival, un espazo para integrar diferen-tes artes no escenario.

Director: Paul Daniel

Violín: Peka Kuusisto

Violonchelo: Nicolas Altstaedt

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

29 de maio | 20.30 hDuración: 1 h 30 min

Programa

I

JOHANNES BRAHMS (1833 - 1897)Dobre concerto para violín e violonchelo

en la menor, op. 102

Allegro Andante

Vivace - non troppo

II

ARNOLD SCHÖNBERG (1874 - 1951)Noite transfigurada, op. 4 (versión 1943)

O versátil violonchelista síntese tan cómodo co repertorio clásico como coa estrea de pezas contemporáneas. É artis-ta residente da Filharmonía Austro-Hún-gara Haydn e encárgase da dirección artística do Festival de Lockenhaus.

Page 16: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Director: Paul Daniel

Desde xaneiro de 2013 é director titular e artístico da rfg. Tamén é director musi-cal da Orquestra Nacional de Burdeos e principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth. Foi director musical da English National Opera e das óperas Factory e North e director invitado de grandes orquestras do mundo.

A súa gravación da Sinfonía núm. 3 de El-gar/Payne, coa Bournemouth Symphony Orchestra, foi un dos discos de música clásica máis vendidos do 2000. Entre os seus compromisos operísticos inclúense Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro para a English National Opera e L’enfant et les sortilèges e Der Zwerg para a Ópera Nacional de París. Recibiu premios coma o Olivier e un Gramophone. Nos New Year’s Honours de 2000 foi galardoado coa Cruz do Imperio Británico.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

4 de xuño | 20.30 hDuración: 1 h 15 min

Programa

I

OLIVIER MESSIAEN (1908 - 1992) Hymne

JEAN SIBELIUS (1865 - 1957)Tapiola, op. 112

II

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770 - 1827)Sinfonía núm. 5 en dó maior, op. 67

Allegro con brioAndante con moto

Scherzo. AllegroAllegro

Page 17: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO

Venda da tempada completa ou da 1ª parte, do 18 de decembro de 2014 ao 8 de xaneiro de 2015. Venda da 2ª parte, do 12 de marzo ao 1 de abril de 2015. Días 12 e 13 de marzo só para aboados da 1ª parte.

CONCERTOS

Real Filharmonía de Galicia - Christoph König (venres 16 de xaneiro)Real Filharmonía de Galicia - Clemens Schuldt (xoves 5 de febreiro)Orquesta Sinfónica de Galicia - Osmo Vänskä (xoves 12 de febreiro)Orquesta Sinfónica de Galicia - Dima Slobodeniouk (xoves 12 de marzo)Orquesta Sinfónica de Galicia - Antonio Méndez (xoves 9 de abril)Real Filharmonía de Galicia - Fabien Gabel (venres 17 de abril)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 7 de maio)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (venres 29 de maio)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 4 de xuño)

BUTACA105,60 €

BUTACA51,20 €

BUTACA54,40 €

1ªPARTE

1ªPARTE

TEMPADA COMPLETA

2ªPARTE

2ªPARTE

ANF. 191,20 €

ANF. 144,80 €

ANF. 146,40 €

ANF. 276,80 €

ANF. 238,40 €

ANF. 238,40 €

ANF. 355,20 €

ANF. 328,80 €

ANF. 326,40 €

servinova.com902 504 500

A través destas mesmas canles tamén podes consultar a nosa políticade bonificacións e descontos xerais

DESCONTOS COLECTIVOS

Colectivo mozo: carné xoveMaiores de 65: carné de xubilado

Desempregados: carné correspondente

Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono

Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete

Page 18: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Axúdanos a conservar o medio ambiente gardando este folleto ata a fin de tempada.

Tempada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo.

A programación pode sufrir cambios e as duracións dos concertos son aproximadas.

© Afundación, 2014Imprime: Tórculo Artes Gráficas, S.A. Depósito Legal: C 2087-2014

Page 19: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -
Page 20: Tempada de abono Música clásica Vigo xaneiro - xuño · PDF filecoma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomea -

Teatro AfundaciónPolicarpo Sanz, 13 - VIGO986 120 078afundacion.org

O papel deste folleto é 100 % reciclado e foi pro-ducido baixo unha xestión forestal responsable.