Tempada de abono Teatro Vigo xaneiro - maio 2015de Matthieu Delaporte e Alexandre de la Patellière...

12
Tempada de abono Teatro Vigo xaneiro - maio 2015 afundacion.org

Transcript of Tempada de abono Teatro Vigo xaneiro - maio 2015de Matthieu Delaporte e Alexandre de la Patellière...

  • Tempada de abonoTeatro Vigoxaneiro - maio 2015

    afundacion.org

  • Tempada de abonoTeatro Vigoxaneiro - maio 2015

    afundacion.org

  • Conversaciones con mamáde Santiago Carlos Oves

    DIRECCIÓNJuan Echanove

    VERSIÓNJordi Galceran

    ELENCOMaría Galiana e Juan Echanove

    ILUMINACIÓNJuan Gómez Cornejo

    ESCENOGRAFÍA E VESTIARIOAna Garay

    Mamá ten 82 anos e o seu fillo Jaime, 50. Ambos viven en mundos moi di-ferentes. Jaime ten muller, dous fillos, unha fermosa casa, dous coches e unha sogra que atender. Mamá apáñase soa e vai levando a súa vellez con dignidade. Con todo, un día ocorre o inesperado. A empresa para a que traballa Jaime déixao na rúa por razóns de readaptación de persoal. A lamentable situación condú-ceo a decisións drásticas por non poder manter o seu tren de vida.

    29 de xaneiro | 20.30 hDuración: 1 h e 30 min

  • En construcciónde Carolina Román e Nelson Dante

    En construcción comezou sendo unha pequena obra de teatro que escribiron hai máis de cinco anos os actores Caro-lina Román e Nelson Dante, unha parella de arxentinos que rexentaba un bar onde tamén impartía clases de tango. A peza conta a historia de amor de Sole e Pablo, un matrimonio que, xunto co seu bebé, Sofía, foxe da crise arxentina de 2001 e chega a Madrid con soños, proxectos e saudades. Despois de dez anos, a familia considera retornar a Bos Aires obrigada polo actual contexto socioeconómico español.

    19 de febreiro | 20.30 hDuración: 1 h e 30 min

    DIRECCIÓNTristán Ulloa

    ELENCOCarolina Román e Nelson Dante

    ILUMINACIÓNEduardo Alonso Chacón

    ESCENOGRAFÍAAlexandra Alonso

    VESTIARIOClara Bilbao

  • O créditode Jordi Galcerán

    26 de febreiro | 20.30 hDuración: 1 h e 30 min

    DIRECCIÓNFernando Bernués

    ELENCOAntonio Durán ‘Morris’ e Pedro Alonso

    Cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden, volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Quizais hoxe porás as car-tas sobre a mesa e dirás ao director da oficina que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada vio-lento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que con-verterá a súa vida nunha catástrofe.

  • Joglars vipde Ramon Fontserè e Martina Cabanas

    19 de marzo | 20.30 hDuración: 1 h e 30 min

    DIRECCIÓNRamon Fontserè

    ELENCORamon Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xavi Sais e Xevi Vilà

    ILUMINACIÓNBernat Jansà

    ESCENOGRAFÍARamon Fontserè, Martina Cabanas

    Na nosa moderna sociedade parécenos que o neno acadou o máximo privilexio que o fai equiparable ao trato que recibe unha very important person. De maneira para-doxal, esta actitude ben intencionada dos pais achega perigosamente o neno a un ser intratable con delirios de pequeno tirano. A obra organízase en forma de collage, onde unha escena sucede a ou-tra por asociación, como acontece nos xogos dos cativos. Así, a comedia desen-vólvese con esta fórmula sen molduras en distintas situacións do percorrido vital do neno de hoxe, comezando pola concepción.

  • El nombrede Matthieu Delaporte e Alexandre de la Patellière

    16 de abril | 20.30 hDuración: 1 h e 35 min

    DIRECCIÓNGabriel Olivares

    VERSIÓNJordi Galcerán

    ELENCOAmparo Larrañaga, Jorge Bosch, Antonio Molero, César Camino e Kira Miró

    ILUMINACIÓNTxema Orriols

    ESCENOGRAFÍAJoan Sabaté

    Vicente, que vai ser pai, acode convida-do a cear a casa da súa irmá Isabel e o seu marido Pedro, casa na que tamén se atopa o seu amigo Carlos. Máis tarde aparece Ana, a embarazada muller de Vicente que, como de costume, chega tarde. Durante a cea fan todo tipo de suposicións sobre a futura paternidade e, cando preguntan se xa escolleron nome, a resposta deixa a todos abraiados.Desde logo que non é para menos! A partir de aí xérase un debate que vai crear un conflito detrás de outro e que cues-tionará o carácter de cada un e a relación entre todos os personaxes.

  • Al final de la carreterade Willy Russell

    26 de abril | 19.30 hDuración: 1 h e 30 min

    Rafa cumpre 40 anos e o seu mundo derrúbase. Como fuxir desa vida perfec-ta que construíches? A visita dos seus veciños, marabillosamente integrados na mentira da sociedade, e a insistencia da súa muller en que acate as súas obrigas, actuarán como detonante. Ao longo dunha caótica noite, os catro protago-nistas irán destapando as verdades ata asumir, con resignación, que aínda que non teñas a vida que soñaras, quizais a que che tocou non estea tan mal. E se non, aínda queda a esperanza de escapar e, por primeira vez, chegar ao final da estrada. Serán capaces?

    DIRECCIÓNGabriel Olivares

    VERSIÓNJuan Carlos Rubio

    ELENCOMelani Olivares, Manuel Baqueiro, Marina San José e Raúl Peña

    ILUMINACIÓNCarlos Alzueta

    ESCENOGRAFÍAAsier Sancho

  • En el estanque doradode Ernest Thompson

    8 de maio | 20.30 hDuración: 1 h e 40 min

    DIRECCIÓNMagüi Mira

    VERSIÓNEmilio Hernández

    ELENCOLola Herrera, Héctor Alterio, Luz Valde-nebro, Camilo Rodríguez, Adrián Lamana

    ILUMINACIÓNJosé Manuel Guerra

    ESCENOGRAFÍAGabriel Carrascal

    Norman e Ethel Thayer son un ma-trimonio ancián que vai de viaxe a un paradisíaco lugar, O Estanque Dourado. Norman é un home moi activo, que so-porta moi mal as limitacións da vellez e anda obsesionado coa idea da morte. Por contra, Ethel é unha muller apaixonada da vida. Inesperadamente, á paraxe idílica chega a filla de ambos, Chelsea, quen sempre mantivo unha relación moi tensa co seu pai. Chelsea vén acompañada do seu novo mozo e do fillo del coa inten-ción de recuperar a relación perdida con Norman.

  • INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO

    Venda da tempada completa ou da 1ª parte, do 22 de decembro de 2014 ao 13 de xaneiro de 2015. Venda da 2ª parte, do 19 de marzo ao 8 de abril de 2015. Días 19 e 20 de marzo só para aboados da 1ª parte.

    OBRAS

    Conversaciones con mamá (29 de xaneiro)En construcción (19 de febreiro)O crédito (26 de febreiro)Joglars VIP (19 de marzo)El nombre (16 de abril)Al final de la carretera (26 de abril)En el estanque dorado (8 de maio)

    BUTACA122,40 €

    BUTACA65,60 €

    BUTACA56,80 €

    1ªPARTE

    1ªPARTE

    TEMPADA COMPLETA

    2ªPARTE

    2ªPARTE

    ANF. 1111,20 €

    ANF. 159,20 €

    ANF. 152,00 €

    ANF. 2100,00 €

    ANF. 252,80 €

    ANF. 247,20 €

    ANF. 385,60 €

    ANF. 345,60 €

    ANF. 340,00 €

    servinova.com902 504 500

    A través destas mesmas canles tamén podes consultar a nosa políticade bonificacións e descontos xerais

    DESCONTOS COLECTIVOS

    Colectivo mozo: carné xoveMaiores de 65: carné de xubilado

    Desempregados: carné correspondente

    Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono

    Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete

  • Teatro AfundaciónPolicarpo Sanz, 13 - VIGO986 120 078afundacion.org

    Depósito Legal: C 2129-2014

    O papel deste folleto é 100 % reciclado e foi pro-ducido baixo unha xestión forestal responsable.