Teoría endosimbiótica.doc

2
A ORIXE DAS CÉLULAS EUCARIÓTAS A complexa organización das células eucariotas suxire que estas apareceron posteriormente ás procariótas.Pero, como se realizou o paso entre unhas e outras? Hay dúas teorías: -A teoría autóxena suxire que a célula eucarióta apareceu pola formación progresiva no seo do citoplasma de compartimentos especializados,como o núcleo ,as mitocondrias, os plastos, e por incremento progresivo do tamaño celular. -Teoría da endosimbiose ou das comunidades microbianas coevolucionadas.Esta teoría basease nas seguintes observacións: -As mitocondrias e os plastos teñen unhas dimensións parecidas ás das bacterias. -Estes orgánulos conteñen ADN, ARN mensaxeiro, ribosomas e ARN transferente: poden multiplicarse independentemente do núcleo celular mediante a replicación do seu ADN e sintetizar , polo menos algunhas das súas proteínas baixo o control dos seus propios xenes. Isto suxire que estes orgánulos foron antiguamente organismos unicelulares capaces de auto- rreplicarse e sintetizar a totalidade das súas proteínas.Aínda que conteñen moito menos ADN que as bacterias actuais,da a impresión de que estes orgánulos puideron ter como antecesores a bacterias que vivían independentemente.Seguidamente pasaron a ser huéspedes permanentes de bacterias máis grandes e estableceuse unha simbiose entre os distintos

Transcript of Teoría endosimbiótica.doc

Page 1: Teoría endosimbiótica.doc

A ORIXE DAS CÉLULAS EUCARIÓTAS

A complexa organización das células eucariotas suxire que estas apareceron posteriormente ás procariótas.Pero, como se realizou o paso entre unhas e outras? Hay dúas teorías:

-A teoría autóxena suxire que a célula eucarióta apareceu pola formación progresiva no seo do citoplasma de compartimentos especializados,como o núcleo ,as mitocondrias, os plastos, e por incremento progresivo do tamaño celular.

-Teoría da endosimbiose ou das comunidades microbianas coevolucionadas.Esta teoría basease nas seguintes observacións:

-As mitocondrias e os plastos teñen unhas dimensións parecidas ás das bacterias.

-Estes orgánulos conteñen ADN, ARN mensaxeiro, ribosomas e ARN transferente: poden multiplicarse independentemente do núcleo celular mediante a replicación do seu ADN e sintetizar , polo menos algunhas das súas proteínas baixo o control dos seus propios xenes. Isto suxire que estes orgánulos foron antiguamente organismos unicelulares capaces de auto- rreplicarse e sintetizar a totalidade das súas proteínas.Aínda que conteñen moito menos ADN que as bacterias actuais,da a impresión de que estes orgánulos puideron ter como antecesores a bacterias que vivían independentemente.Seguidamente pasaron a ser huéspedes permanentes de bacterias máis grandes e estableceuse unha simbiose entre os distintos organismos, o cal acabaría dando os primeiros seres unicelulares eucariotas.

L. Margulis e D. Sagan, Mundo Científico º 46.

1) Sabemos que non existen formas intermedias entre a célula procariota e a eucariota. Apoia este feito a teoría autóxena?

2) Resume brevemente como explica a teoria endosimbiótica á orixe da célula eucariota a partir da procariota.

3) Indica en que feitos se apoia a teoría endosimbiótica.