TERRITORIO, INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE · UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO...

58
UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA Territorio, Infraestruturas e Medio Ambiente

Transcript of TERRITORIO, INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE · UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO...

UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE

EMPREGO DO BARBANZA-NOIA

Territorio, Infraestruturas e Medio Ambiente

- 1 -

- 2 -

TERRITORIO, INFRAESTRUTURAS E MEDIO

NATURAL

- 3 -

- 4 -

3. Territorio, Infraestruturas e Medio

Natural 3.1 Introdución ................................................................................... 6 3.2 Xeografía e Territorio ................................................................. 7 3.3 Entidades Supramunicipais ......................................................... 10 3.3.1 Comarcas ......................................................................................... 10 3.3.2 Partidos Xudiciais ........................................................................... 11 3.3.3 Mancomunidades ............................................................................ 11 3.3.4 Grupos de Acción Costeira (GAC) e Grupos de Desenvolvemento

Rural (GDR) ..................................................................................... 12 3.4 Infraestruturas Viarias ................................................................. 14 3.5 Transportes .................................................................................. 15 3.6 Solo Empresarial .......................................................................... 19 3.7 Infraestrutura Portuaria ............................................................. 21 3.8 Enerxía .......................................................................................... 23 3.9 Telecomunicacións ...................................................................... 26 3.10 Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ........................ 28 3.10.1 Xestión do Ciclo da Auga ............................................................... 28 3.10.2 Patrimonio Natural ........................................................................ 30 3.10.2.1 Espazos Protexidos .................................................................................. 30 3.10.2.2 Humidais do Pacto .................................................................................. 32 3.10.2.3 Hidrografía ............................................................................................... 32 3.10.2.4 Praias ........................................................................................................ 32 3.10.2.5 Miradoiros ................................................................................................ 33 3.10.3 Xestión de Residuos ........................................................................ 34

- 5 -

3.11 Patrimonio e Infraestruturas Culturais .................................... 36 3.11.1 Museos e Centros de Interpretación ............................................ 37 3.11.2 Infraestruturas para Desenvolvemento Cultural ........................ 38 3.12 Infraestruturas Deportivas ......................................................... 40 3.13 Rede Educativa ............................................................................. 41 3.14 Sanidade ........................................................................................ 42 3.15 Recursos para a Conciliación ...................................................... 44 3.15.1 Recursos para a Infancia ................................................................. 44 3.15.2 Recursos para os Maiores ............................................................... 45 3.15.3 Recursos para Persoas con Discapacidade ................................... 48 3.15.4 Bancos de Tempo ........................................................................... 49 3.16 Conclusións ................................................................................... 50 3.17 DAFO ............................................................................................ 54

- 6 -

3.1 Introdución Neste apartado ofrécese unha síntese sobre as características do territorio, as infraestruturas e o medio natural do contorno no que se desenvolve o Pacto Territorial de Emprego Barbanza-Noia, tendo como obxectivo servir de marco para o impulso de iniciativas coordinadas e mellor adaptadas ao territorio, orientadas á mellora do emprego e o crecemento, nunha perspectiva de impulso á innovación, ao desenvolvemento sostible, ao equilibrio territorial, á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e á inclusión e participación social. Como se establece no decreto 98/2008, do 15 de maio, polo que se crean e regulan os Pactos Territoriais de Emprego, estes “supoñen esencialmente un incremento e unha planificación e xestión coordinada do conxunto de recursos públicos que se destinan ao emprego nunha zona, co obxectivo de estar á fronte do plan de emprego para propoñer os criterios e aprobar a proposta de planificación e programación, e facer o seguimento e a avaliación das diferentes medidas que se adopten”. Por iso, e para iso, cómpre establecer que debilidades e fortalezas presenta o territorio e que ameazas e oportunidades se detectan. Para chegar á concreción dese DAFO precísase dunha análise e diagnose axeitada dos recursos cos que conta a zona de actuación e daqueles que carece e considéranse fundamentais para o desenvolvemento e o emprego. Así, dentro da análise da situación establécese a avaliación das infraestruturas, comunicacións, mobilidade dos traballadores e oferta de solo industrial; de todo elo trátase nas páxinas que seguen neste capítulo, pretendendo aportar unha visión de conxunto, evitando no posible, e para non ser redundantes, aspectos que son tratados noutros apartados, como o solo agrícola e forestal que se abordan na análise do sector primario.

- 7 -

3.2 Xeografía e Territorio O Pacto Territorial polo Emprego ten como ámbito de actuación os concellos de Boiro,

Lousame, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Riveira; encadrados á súa vez nas comarcas de Noia e Barbanza, as dúas con dinámicas diferenciadas no seu desenvolvemento pero que ata ben entrado o século pasado mantiñan maior unidade identitaria propiciada polo carácter peninsular do territorio.

Podemos dicir que o Pacto estrutúrase en función da Serra do Barbanza, que é unha

formación montañosa alongada de 25 km de ancho e 10 km de longo, con cumios de altitude superior a 600m. Esta serra atópase na península que leva o mesmo nome, entre as Rías de Arousa e Muros.

O clima non é uniforme, variando en función da zona na que nos encontremos, pola

orientación dos vales e a penetración da nubosidade e dos ventos. As temperaturas son suaves, cunha media anual ao redor dos 15ºC (o que supón a

temperatura media máis elevada da provincia de A Coruña), mentres que a media de Galicia é de 12ºC e a da provincia é de 12,5ºC.

As precipitacións son de aproximadamente 570 mm, moi por debaixo da media da provincia (967 mm) e de Galicia (795 mm).

As horas de sol medias dun mes son de 2.570, fronte ás 2.210 da provincia e ás 2.147 de Galicia e os días de choiva dun ano son aproximadamente 125, fronte aos 159 da Coruña e aos 144 de Galicia. Isto tradúcese nun clima moi agradable, que favorece o asentamento da poboación.

Así mesmo, o Pacto enmárcase entre as rías de Muros-Noia e Arousa. A Ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia, aínda que a súa profundidade máxima

non é moita (69 m de profundidade máxima na súa desembocadura) e nela desembocan os ríos Ulla e Umia. Entre as illas e illotes que a salpican ten especial importancia para o Pacto a illa de Sálvora. Dita illa pertence á parroquia da Nosa Señora do Carmen de Aguiño, no concello de Riveira. Está separada de terra firme uns 3 km, ten unha cota máxima de 71 metros e case toda a súa costa é rochosa, con excepción de 3 praias. Dende o ano 2002 está integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A outra ría que delimita o Pacto é a Ría de Muros-Noia, na cal desemboca o río Tambre. Estas desembocaduras dan lugar aos Esteiros do Tambre e do Ulla, que son moi importantes, non só a nivel ecolóxico, senón tamén económico, xa que crean zonas únicas nas que medran os bivalvos tan importantes para a economía da comarca. Tamén en relación co Río Tambre atópase a central hidroeléctrica de principios de século, que se está recuperando e revitalizando para o turismo de natureza.

Se a Serra do Barbanza podería entenderse como columna vertebral deste espazo xeográfico

entre rías, as propostas, políticas e actuacións de ordenación supramunicipal desagregan en dous un espazo que debería pór en consideración a posibilidade de establecer estratexias de desenvolvemento, se non comúns, cando menos, coordinadas e complementarias, facilitando a posta en valor de moitos recursos tanto humanos, como naturais e do patrimonio cultural, que na actualidade presentan notables posibilidades de mellora. Nesta análise optamos por unha perspectiva de conxunto en coherencia co ámbito territorial e fins do Pacto, pero sen deixar de sinalar aquelas características máis específicas atopadas tanto nas comarcas como nos concellos que o integran.

O territorio de referencia do Pacto ten nunha extensión de 571,9 km² sendo os concellos que ocupan unha menor porcentaxe de superficie: A Pobra do Caramiñal (5,5%), Noia (6,5%) e Rianxo (10%). Os outros cinco concellos móvense entre o 12 e o 17%.

No que se refire á ordenación e planificación do territorio, tanto as Directrices de Ordenación do Territorio (2008) propostas pola Xunta de Galicia, como o Plan Estratéxico da

- 8 -

Provincia de A Coruña (2007,) elaborado dende a Deputación, inciden na demarcación de dúas áreas de desenvolvemento diferenciadas en coherencia cun planeamento comarcal que optou por establecer as comarcas de Muros-Noia e de Barbanza. A DOT propón, dentro do denominado Sistema Urbano Intermedio, o “Sistema de Asentamentos da Ría de Muros e Noia” e “A costa do Barbanza”; o Plan Estratéxico da Provincia fala, no que se refire a área do Pacto, dos municipios rururbanos integrados en dous corredores de urbanización: O corredor litoral Porto do Son-Noia-Muros e o corredor Padrón-Riveira, optando como opción de futuro por unha maior integración coa área de Compostela, no caso das comarcas de Muros e Noia e con Santiago e Vilagarcía, no caso de Barbanza.

Para avanzar no coñecemento da estrutura interna do Pacto en canto ao asentamento da poboación, na táboa que presentamos a continuación amósase o número de unidades de poboación.

Con máis de oitocentas unidades de poboación, nunha contorna na que as entidades

singulares de poboación menores de 100 habitantes aproxímanse ás 700 e vive en “diseminado” ao redor do 10% da poboación total da zona Pacto, os deseños de planeamento supramunicipal destacan a importancia de dar prioridade a determinados núcleos para unha máis acaída dotación e xestión de infraestruturas, equipamentos e servizos, optimizando recursos na procura de que Riveira e Noia como cabeceiras sigan a consolidarse como centros urbanos e principais atractores de poboación e desenvolvemento, outorgando un labor complementario a Boiro e Rianxo como subcabeceiras. De feito, se atendemos á evolución da poboación no período 2000-2008, podemos observar no cadro que segue como xa se está a dar un significativo proceso de concentración nos núcleos de máis de 500 habitantes en contraste coa diminución ou estabilidade na poboación total de Barbanza-Noia.

UNIDADES POBOACIONAIS

ÁREA PARROQUIAS UNIDADES POBOACIONAIS

BOIRO 8 117

LOUSAME 7 74*

NOIA 6 105

OUTES 10 153

POBRA DO C. 5 100

PORTO DO SON 10 145

RIANXO 6 90

RIVEIRA 9 81

PACTO 61 865

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Nomenclátor. INE.

* No Nomenclátor figuran 74 pero na web do concello cítanse 82.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NOS NÚCLEOS CON MÁIS DE 500 HABITANTES

NÚCLEOS 2000 2008 VARIAC. %

AGUIÑO 1.803 1.861 3%

BOIRO 6.439 7.844 22%

NOIA 7.253 8.294 14%

POBRA DO C. 4.241 4.530 7%

PORTOSÍN 522 587 12%

RIANXO 3.007 3.347 11%

RIVEIRA 10.862 12.251 13%

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE.

- 9 -

No ámbito municipal é de singular importancia para establecer unha axeitada xestión do

territorio a existencia de plans de ordenamento que estean en coherencia coas normativas e directrices aprobadas dende os ámbitos autonómico, estatal e comunitario. Na actualidade son os concellos de Lousame e A Pobra do Caramiñal os que contan con PXOM adaptado á Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural en Galicia, e posteriores modificacións, aos que deberán engadirse proximamente os de Riveira e Boiro, que adoptaron xa adaptacións parciais (tendo en conta a modificación da lei anterior coa Lei 15/2004), así como o de Outes, con avanzado proceso para a súa aprobación. Os proxectos dos concellos de Noia, Porto do Son e Rianxo aínda se atopan en fase de redacción ou adxudicación.

- 10 -

3.3 Entidades Supramunicipais

No ámbito do Pacto existen distintas entidades que desenvolven a súa actividade e ofrecen servizos de xeito integrado para varios municipios. Neste apartado ofrécese unha síntese daquelas máis relevantes que realizan o seu labor en Barbanza-Noia.

3.3.1 Comarcas As comarcas son Entidades Locais creadas polas Comunidades Autónomas, de acordo co

artigo 42 da Lei de Bases de Réxime Local, que agrupan Municipios lindeiros vinculados por características e intereses comúns, e que xestionan servizos e actividades de ámbito supramunicipal e cooperan cos Municipios que as integran.

O Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (PDC), iniciado en 1990 e consolidado

legalmente coa Lei 7/1996, do 10 de xullo, tiña como finalidade fundamental a implantación dun modelo equilibrado, baseado na dinamización dos recursos locais ou endóxenos.

Na citada Lei, a comarca concíbese como un Ámbito Territorial Intermedio formado por un

conxunto de municipios lindeiros que teñen unha cohesión interna entre eles, baseada en feitos xeográficos, históricos, económicos e funcionais.

Na Lei de 27 de decembro de 2008, pola que se modifica a Lei 7/1996, faise explícito, na

exposición de motivos que se obtiveron escasos resultados, o que deu lugar á aprobación de distintas modificacións referidas aos órganos de goberno e xestión.

O PDC distingue, dentro da área do Pacto, as seguintes comarcas:

• Comarca de Noia: que abrangue os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

• Comarca do Barbanza: que integra aos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Riveira.

Cómpre destacar que na actualidade só a comarca de

Noia conta con Fundación Comarcal.

- 11 -

3.3.2 Partidos Xudiciais1

O Partido Xudicial é unha unidade territorial con personalidade xurídica propia integrada por un ou máis concellos limítrofes pertencentes a unha mesma provincia.

Na Cabeceira do Partido Xudicial atópanse un ou varios Xulgados de Primeira Instancia e

Instrución, mentres que nos concellos que non son cabeceiras de comarca existen Xulgados de Paz. Podemos diferenciar 4 Partidos Xudiciais diferentes na área de influencia do Pacto Territorial

polo Emprego Barbanza-Noia:

• Partido Xudicial de Noia: comprende no seu ámbito de actuación aos concellos de Lousame, Noia e Porto do Son.

• Partido Xudicial de Muros: na súa área de influencia, entre outros concellos non integrantes do Pacto Territorial de Emprego Barbanza-Noia, atópase o concello de Outes.

• Partido Xudicial de Padrón: abrangue, entre outros, o concello de Rianxo.

• Partido Xudicial de Riveira: integrado polos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Riveira.

3.3.3 Mancomunidades

As mancomunidades son entidades locais formadas pola asociación de municipios, pertencentes a unha mesma ou varias provincias limítrofes, para a execución en común de obras ou a prestación de servizos da súa competencia.

O procedemento é regulado polas Comunidades Autónomas, respectando as regras establecidas no artigo 44 da Lei de Bases de Réxime Local (Lei 7/1985), polo cal se crea unha entidade local superior na que os municipios asociados delegan parte das funcións ou competencias que lles atribúe a Lei co obxecto de que se preste un servizo conxuntamente para todos os seus membros.

Os concellos integrantes do Pacto pertencen a 3 mancomunidades distintas, que se atopan reflectidas na táboa e no mapa seguintes:

NOME DA

MANCOMUNIDADE CONCELLOS

INTEGRANTES FINALIDADE

Boiro

A Pobra do C.

Rianxo

Mancomunidade Arousa Norte

Riveira

Desenvolvemento Turístico

Lousame

Noia Mancomunidade de Concellos Serra do

Barbanza Porto do Son

Recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos

Mancomunidade Xallas-Tines-Tambre

Outes Matadoiro

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Economía e Facenda.

1 Información extraída do Ministerio de Xustiza.

- 12 -

3.3.4 Grupos de Acción Costeira (GAC)2 e Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR)3

Os Grupos de Acción Costeira (GAC) son entidades sen ánimo de lucro con carácter supramunicipal integradas por axentes públicos e privados pertencentes aos sectores social, económico, público e pesqueiro, dentro dos cales estes últimos teñen especial participación. Actúan a prol do desenvolvemento local, adecuándose ás necesidades concretas do territorio por medio da participación dos distintos sectores e centrándose en 3 grandes liñas de actuación:

- A integración de todos os colectivos posibles dos sectores pesqueiro, social, económico e público.

- A elaboración dun Plan Estratéxico Zonal (PEZ). - A dinamización e desenvolvemento das accións previstas para cada zona dende unha

perspectiva zonal de desenvolvemento socioeconómico.

Os GACs son os encargados de xestionar os fondos do Eixo 4 dos Fondos Europeos da Pesca (FEP) durante o período 2007-2013. Estes fondos están dirixidos á sustentabilidade social, económica e ambiental das zonas costeiras para:

- Mellorar a comercialización e revalorizar os produtos da pesca. - Manter o emprego mediante a diversificación económica e a reestruturación social. - Promover a calidade ambiental da costa e do medio mariño. - Promover a cooperación nacional e transnacional entre as zonas costeiras a través da

creación de redes. - Promover a igualdade entre homes e mulleres. Os grupos promotores (persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que promoverán un

proxecto coherente co PEZ do GAC) poden acceder aos fondos presentando unha solicitude de axuda ao Grupo de Acción Costeira da súa zona.

O GAC 4 (Seo de Fisterra e Ría Muros - Noia) integra aos concellos de: Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra.

No GAC 5 (Ría de Arousa) están presentes os seguintes concellos: Riveira, Pobra, Boiro,

Rianxo, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meaño, O Grove e A Illa de Arousa.

2 Información extraída da web: www.accioncosteira.es. 3 Información extraída da web: agader.xunta.es

- 13 -

O concello de Lousame non participa en ningún GAC por

carecer de costa. No mapa da dereita vemos, a modo de resumo, en que Grupo de Acción Costeira están incluídos os concellos do Pacto.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) son asociacións constituídas por todas as entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional que desexan implicarse. Estas entidades funcionan como calquera asociación sen fin de lucro e deben cumprir o principio de “Portas Abertas” polo que están obrigadas a admitir calquera organización do seu territorio que desexe participar no programa.

O Grupo de Desenvolvemento Rural elabora unha estratexia de desenvolvemento comarcal.

Nela inclúense as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do seu territorio dende o punto de vista produtivo, económico, dotacional, social, etc. Esta estratexia preséntase á convocatoria do programa para o período 2007-2013 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ente público xestor do programa LEADER en Galicia.

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de

Galicia 2007-2013 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural).

Os concellos do Pacto forman parte do GDR-25, xestionado pola Asociación de

Desenvolvemento Rural Deloa :

- 14 -

3.4 Infraestruturas Viarias

Como se afirma no Plan Director de Estradas de Galicia e no Plan Estratéxico Provincial, as redes de transporte determinan a accesibilidade dun lugar, condicionando a localización de actividades e o desenvolvemento das zonas. En coherencia cos deseños de planeamento supramunicipais xa citados, priorízase nestes a mellora das vías de comunicación de cada comarca diferenciando unha doutra, o que non debe deixar en lugar secundario as dificultades para a integración e desenvolvemento complementario e coordinado do ámbito de actuación do Pacto entre as dúas marxes da península. Por unha banda, a autovía AG-11 e, pola outra, o desdobre Noia-Brión, configúranse como as arterias principais de comunicación para o tránsito de persoas e mercadorías, gañando así en seguridade e mobilidade para a conexión con Santiago, a Autopista do Atlántico e a ponte de Catoira; sendo isto esencial, cómpre incidir na importancia da necesaria vertebración interna da península. No mesmo sentido é preciso explorar as posibilidades de optimización das estradas locais e pistas forestais no deseño dos que a DOT denomina “Corredores Verdes”, para o trazado de percorridos con posibles usos múltiples (cicloturismo, sendeirismo, turismo ecuestre,…) ampliando e mellorando os usos tradicionais. Así mesmo, para a mellora das comunicacións pola costa, ademais de abordar con urxencia os accesos aos portos de Pobra do Caramiñal e Riveira, contemplada no Plan Director de Estradas de Galicia dentro das intervencións na rede complementaria, é reseñable a carencia, no caso da última localidade citada, dunha vía de circunvalación. Tamén cómpre estudar a posibilidade de crear “Vías de Mobilidade Sostible” polas que se poidan ir percorrendo tramos do perímetro costeiro dende Rianxo ata Muros, transformando progresivamente a AC-305 e a AC-550 nun vial plurifuncional a modo de eco-bulevar insistindo na perspectiva de entender a zona Pacto como conurbación.

No mesmo sentido, o Plan de Ordenación do Litoral expresa entre as súas determinacións

orientativas, a posibilidade de definir unha rede de itinerarios costeiros (“Senda dos Faros”) co obxectivo de habilitar o tránsito peonil e, se é posible, de bicicletas, que permita percorrer todo o litoral.

Para unha visión resumida do amplo e complexo sistema viario, na actualidade, e segundo os

datos ofrecidos polo EIEL, a rede de estradas contaría coa extensión en km e titularidade que pode verse na seguinte táboa:

REDE DE ESTRADAS

TIPO DE VÍA BOIRO LOUSAME NOIA OUTES POBRA DO C.

PORTO DO SON

RIANXO RIVEIRA TOTAL

TOTAL 253 225 97 241 99 249 183 172 1.519

AUTONÓMICA 23 16 21 17 20 24 22 27 170

PROVINCIAL 33 33 20 53 14 17 22 42 234

MUNICIPAL 197 177 57 172 66 207 138 103 1.117

Fonte: Elaboración propia a partir de EIEL 2006 da Deputación Provincial de A Coruña.

Como se pode comprobar, aínda tendo en conta que son datos aproximados e os referidos á rede autonómica son anteriores á transformación da Vía Rápida en Autovía, o peso da responsabilidade de xestión municipal sobre o total da rede viaria é moi alto, o que unido á dispersión da poboación fai moi custoso contar cunha rede de estradas inframunicipal eficiente, sobre todo nos concellos con marcada tipoloxía rural.

- 15 -

3.5 Transportes Unido á rede de estradas que conecte os principais núcleos de forma segura, rápida e

eficiente, cómpre estudar a situación do transporte para a súa mellora e optimización. No cadro que segue indícanse as distancias en quilómetros e tempo de traslado entre as

cabeceiras dos distintos concellos, tendo en conta que os cálculos da Guía Repsol aínda se fan sen actualizar o tramo Riveira–Padrón, que segue a catalogar como Vía Rápida e non como Autovía.

DISTANCIA EN KM E TEMPO ENTRE OS DIFERENTES CONCELLOS DO PACTO

BOIRO LOUSAME NOIA OUTES POBRA DO C.

PORTO DO SON RIANXO RIVEIRA

CONCELLOS KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO

BOIRO --- --- 17 16 min 17 16 min 27 26 min 9 11 min 30 28 min 13 13 min 18 18 min

LOUSAME 17 16 min --- --- 7 7 min 17 17 min 26 24 min 22 22 min 20 21 min 35 31 min

NOIA 17 16 min 7 7 min --- --- 10 10 min 25 24 min 15 15 min 23 23 min 34 31 min

OUTES 27 26 min 17 17 min 10 10 min --- --- 35 34 min 25 25 min 33 33 min 44 41 min

POBRA DO C. 9 11 min 26 24 min 25 24 min 35 34 min --- --- 25 20 min 21 20 min 8 9 min

PORTO DO SON 30 28 min 22 22 min 15 15 min 25 25 min 22 20 min --- --- 37 36 min 22 20 min

RIANXO 13 13 min 20 21 min 23 23 min 33 33 min 21 20 min 37 36 min --- --- 29 26 min

RIVEIRA 18 18 min 35 31 min 34 31 min 44 41 min 8 9 min 22 20 min 29 26 min --- ---

Fonte: Elaboración propia a partir de datos da Guía Repsol.

Dos datos obtidos debemos resaltar que a maioría das comunicación por estrada entre os

distintos concellos poden establecerse maioritariamente ao redor dos 30 minutos ou menos. De feito, só os desprazamentos de Riveira e Pobra con Outes, e Rianxo con Porto do Son superan en varios minutos a media hora.

Se atendemos aos tempos de desprazamento entre os concellos do Pacto e Padrón, onde se

enlaza co tren e a autoestrada A9, os tempos seguen a ser de 30 minutos ou menos, excepto no caso de Porto do Son no que a duración da viaxe calcúlase ao redor dos 39 minutos.

Para as conexións coas principais cidades de Galicia o cadro de distancias e tempos indica

como a accesibilidade ás cidades de Santiago e Vilagarcía están para todos os concellos do Pacto a unha hora ou menos de traxecto; sendo Boiro, Lousame, Noia e Rianxo, os máis próximos, reducindo o tempo de desprazamento a 40 minutos ou menos. A duración da viaxe a Vigo sitúase ao redor dunha hora.

DISTANCIA EN KM E TEMPO ENTRE OS CONCELLOS DO PACTO E AS PRINCIP AIS CIDADES DE GALICIA

CORUÑA FERROL LUGO OURENSE PONTEVEDRA SANTIAGO VILAGARCÍA VIGO CIDADES / CONCELLOS KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO KM TEMPO

BOIRO 125 1h 18m 137 1h 28m 173 2h 5m 141 1h 29m 54 39 min 55 42 min 31 29 min 80 54 min

LOUSAME 114 1h 14m 134 1h 24m 170 4h 1m 138 1h 26m 66 47 min 39 35 min 40 37 min 92 1h 2m

NOIA 111 1h 12m 132 1h 22m 168 1h 59m 135 1h 24m 68 49 min 37 33 min 42 39 min 94 1h 4m

OUTES 92 1h 12m 139 1h 29m 175 2h 5m 143 1h 30m 75 55 min 44 39 min 52 49 min 101 1h 10m

POBRA DO C. 133 1h 25m 154 1h 36m 190 2h 13m 157 1h 37m 62 46 min 63 49 min 40 36 min 85 1h 1m

PORTO DO SON 127 1h 27m 147 1h 37m 183 2h 14m 183 2h 14m 78 1h 2m 52 48 min 56 53 min 104 1h 17m

RIANXO 109 1h 14m 140 1h24m 176 2h 1m 143 1h 26m 48 35 min 49 38 min 26 25 min 74 50 min

RIVEIRA 142 1h 32m 163 1h 43m 198 2h 19m 166 1h 44m 71 53 min 72 56 min 49 43 min 97 1h 8m

Fonte: Elaboración propia a partir de datos da Guía Repsol.

- 16 -

No que se refire ao parque de vehículos, no cadro que segue podemos ler o total de vehículos desagregado por concellos e a variación entre o 2000 e o 2007.

VARIACIÓN DO PARQUE DE VEHÍCULOS NO PERÍODO 2000-2007

TURISMOS

FURGONETAS E CAMIÓNS

MOTOCICLETAS

TRACTORES INDUSTRIAIS

OUTROS ÁREA

2000 2007 Variac. 2000 2007 Variac. 2000 2007 Variac. 2000 2007 Variac. 2000 2007 Variac.

BOIRO 6.324 8.532 35% 1.061 1.499 41% 358 584 63% 19 51 168% 140 244 74%

LOUSAME 1.455 1.932 33% 190 320 68% 75 120 60% 2 6 200% 33 73 121%

NOIA 4.988 6.698 34% 890 1.196 34% 198 462 133% 11 26 136% 85 161 89%

OUTES 3.055 3.915 28% 485 582 20% 103 195 89% 11 19 73% 52 116 123%

POBRA DO C.

3.325 4.350 31% 473 617 30% 145 244 68% 14 19 36% 37 96 159%

PORTO DO SON

3.181 4.406 39% 394 566 44% 139 322 132% 6 11 83% 29 91 214%

RIANXO 4.212 5.668 35% 737 898 22% 224 366 63% 23 48 109% 106 209 97%

RIVEIRA 8.070 10.473 30% 1.260 1.620 29% 400 623 56% 15 34 127% 135 285 111%

BARBANZA 21.931 29.023 32% 3.531 4.634 31% 1.127 1.817 61% 71 152 114% 418 834 100%

NOIA 12.679 16.951 34% 1.959 2.664 36% 515 1.099 113% 30 62 107% 199 441 122%

PACTO 34.610 45.974 33% 5.490 7.298 33% 1.642 2.916 78% 101 214 112% 617 1.275 107%

CORUÑA 439.258 558.353 27% 67.889 83.895 24% 19.196 34.055 77% 2.737 4.585 68% 10.825 18.729 73%

GALICIA 1.146.732 1.434.751 25% 192.318 241.840 26% 57.677 99.731 73% 8.368 13.631 63% 31.322 55.514 77%

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE.

Atendendo á variación porcentual do período citado podemos observar na táboa que segue que a porcentaxe de variación do total de turismos é superior á media galega e provincial en toda a zona Pacto, mentres que no que se refire a camións e furgonetas só están por baixo das medias provincial e autonómica os casos de Rianxo e Outes.

Máis abaixo podemos observar a variación nas matriculacións no período 2003-2008.

MATRICULACIÓNS NO PERÍODO 2003-2008

TURISMOS

CAMIÓNS E FURGONETAS

MOTOCICLETAS

TRACTORES INDUSTRIAIS

OUTROS VEHÍCULOS DE MOTOR ÁREA

2003 2008 Variac. 2003 2008 Variac. 2003 2008 Variac. 2003 2008 Variac. 2003 2008 Variac.

BOIRO 459 335 -27% 64 30 -53% 8 69 763% 5 6 20% 133 92 -31%

LOUSAME 80 44 -45% 12 7 -42% 2 11 450% 0 0 0% 25 36 44%

NOIA 353 237 -33% 32 24 -25% 9 57 533% 1 3 200% 54 27 -50%

OUTES 194 139 -28% 24 10 -58% 1 16 1.500% 4 2 -50% 41 33 -20%

POBRA DO C. 233 183 -21% 28 20 -29% 7 43 514% 2 3 50% 50 23 -54%

PORTO DO SON 211 147 -30% 27 20 -26% 9 32 256% 0 0 0% 57 56 -2%

RIANXO 291 212 -27% 43 19 -56% 6 51 750% 4 2 -50% 68 49 -28%

RIVEIRA 595 449 -25% 57 65 14% 22 115 423% 4 2 -50% 109 109 0%

BARBANZA 1.578 1.179 -25% 192 134 -30% 43 278 547% 15 13 -13% 360 273 -24%

NOIA 838 567 -32% 95 61 -36% 21 116 452% 5 5 0% 177 152 -14%

PACTO 2.416 1.746 -28% 287 195 -32% 64 394 516% 20 18 -10% 537 425 -21%

CORUÑA 30.160 25.574 -15% 4.036 2.810 -30% 747 3.817 411% 353 365 3% 4.857 4.024 -17%

GALICIA 73.860 59.245 -20% 10.981 7.849 -29% 2.623 10.869 314% 1.029 926 -10% 14.872 12.295 -17%

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE.

- 17 -

Existe un descenso moi significativo na matriculación de turismos e camións e furgonetas, máis pronunciado na comarca de Noia, pero en todo caso superior aos descensos que tamén se deron na provincia e en Galicia.

Os datos de aforo, é dicir, do número de vehículos que pasan polas distintas estradas principais do Pacto reflíctense na táboa seguinte:

AFOROS TOTAIS DÍA MEDIO

NOME TRAMO TIPO ESTACIÓN REDE ANO I.M.D. LABORAL FESTIVO

COM PC 2005 8.156 8.314 7.931

PER PC 2006 8.298 8.578 7.583

COM PC 2007 11.640 12.102 10.666

POBRA DO C. AC-305

BOIRO – POBRA DO C. AC-302

COM PC 2008 12.697 13.247 11.294

COM PB 2005 3.690 3.743 3.534

PER PB 2006 4.459 4.599 4.159

COM PB 2007 4.241 4.346 3.966

NOIA AC-543

NOIA - NOIA NORTE

AC-311 - AC550

COM PB 2008 5.104 5.223 4.815

COM PB 2005 3.228 3.240 3.293

2006 SEN DATOS

NOVA PB 2007 2.984 3.087 2.623

TAL / SERRES

MUROS - SERRA DE

OUTES CP-3404

PER PB 2008 3.557 3.618 3.277

PER PB 2005 5.090 5.086 5.042

COM PB 2006 4.899 4.923 4.805

COM PB 2007 5.787 5.791 5.682

PORTO DO SON

NOIA - PORTO DO

SON AC-311

2008 SEN DATOS

COM VAC 2005 14.308 14.794 13.406

COM VAC 2006 14.809 15.319 13.931

PER VAC 2007 8.635 8.950 7.752 BOIRO

ENLACE TARAGOÑA -

BOIRO NORTE AC-305

2008 SEN DATOS

COM VAC 2005 10.550 11.081 9.551

COM VAC 2006 11.045 11.662 9.875

PER VAC 2007 7.864 8.406 6.523

POBRA DO C. NORTE

ENLACE BOIRO SUR -

POBRA NORTE

2008 SEN DATOS

COM VAC 2005 8.960 9.653 7.130

COM VAC 2006 9.518 10.287 7.608

PER VAC 2007 6.545 7.341 4.248

POBRA DO C. SUR

ENLACE POBRA SUR - PALMEIRA

2008 SEN DATOS

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das Memorias do Tráfico da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e Transportes.

Para unha mellor comprensión do cadro, indicar que no apartado do tipo de rede distínguese

por Tipo de Rede: Vía de Alta Capacidade (VAC), Primaria Básica (PB), Primaria Complementaria (PC) e Secundaria (S).

- 18 -

A Intensidade Media Diaria (IMD) fai referencia ao número total de vehículos que pasan durante un ano por unha sección transversal da estrada, dividido polo número de días ao ano.

En canto ao tráfico de transporte pesado pódese observar un equilibrio nos desprazamentos entre ambas as direccións nas vías que conectan Padrón e Riveira, e, na ruta Cee-Outes-Noia-Santiago, un maior tráfico en dirección a Noia respecto de Santiago. No caso de Porto do Son o volume de vehículos pesados é maior en dirección a Riveira.

DISTRIBUCIÓN DE TRÁFICO PESADO SENTIDO 1 SENTIDO 2

NOME TIPO ESTACIÓN ANO I.M.D.

PESADOS HACIA % % HACIA

COM 2005 476 RIVEIRA 49% 51% PADRÓN

PER 2006 414 RIVEIRA 51% 49% PADRÓN

COM 2007 791 RIVEIRA 50% 50% PADRÓN

POBRA DO C. AC-305

COM 2008 850 RIVEIRA 50% 50% PADRÓN

COM 2005 341 NOIA 48% 52% SANTIAGO

PER 2006 261 NOIA 54% 46% SANTIAGO

COM 2007 258 NOIA 54% 46% SANTIAGO

NOIA AC-543

COM 2008 311 NOIA 54% 46% SANTIAGO

COM 2005 164 CEE 56% 44% RIVEIRA

2006 SEN DATOS

NOVA 2007 185 CEE 54% 46% RIVEIRA TAL / SERRES

PER 2008 202 CEE 53% 47% RIVEIRA

PER 2005 328 CEE 47% 53% RIVEIRA

COM 2006 313 CEE 48% 52% RIVEIRA PORTO DO

SON COM 2007 358 CEE 48% 52% RIVEIRA

COM 2005 1.531 RIVEIRA 52% 48% PADRÓN

COM 2006 1.336 RIVEIRA 53% 47% PADRÓN BOIRO

PER 2007 803 RIVEIRA 54% 46% PADRÓN

COM 2005 946 PADRÓN 50% 50% RIVEIRA

COM 2006 998 PADRÓN 50% 50% RIVEIRA POBRA DO C.

NORTE PER 2007 739 PADRÓN 50% 50% RIVEIRA

COM 2005 919 PADRÓN 50% 50% RIVEIRA

COM 2006 801 PADRÓN 49% 51% RIVEIRA POBRA DO C.

SUR PER 2007 634 PADRÓN 51% 49% RIVEIRA

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das Memorias do Tráfico da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e Transportes.

Para o transporte público de persoas dan servizo regular 9 empresas de autobuses que

ofrecen enlaces entre os distintos núcleos, sendo os rurais os de menor cobertura, especialmente os que integran a comarca de Noia, mentres que en concellos como Rianxo, Boiro ou Riveira as posibilidades que se ofrecen son maiores.

Outras alternativas de transporte, como o marítimo dentro das rías, só existe no verán para a Ría de Arousa e con destino turístico; por vía ferroviaria, na actualidade, nin hai, nin se prevén proxectos; con todo, por parte de distintos dirixentes locais dos concellos da comarca do Barbanza tense sinalado a importancia de contar cun tren de proximidade para unha mellora significativa nas comunicacións intermunicipais.

- 19 -

3.6 Solo Empresarial O solo empresarial é de vital relevancia para o desenvolvemento industrial. Na Mesa de

Diálogo Social en Galicia proponse como obxectivo que ningunha empresa deixe de implantarse en Galicia por falta de solo empresarial urbanizado, coas idóneas infraestruturas e a prezos competitivos. No territorio de Barbanza-Noia a industria alimentaria, e dentro dela a especialmente ligada aos recursos mariños, destaca pola súa importancia na xeración de emprego e polas súas posibilidades de diversificación e expansión. A necesaria dotación de novo solo empresarial estase a manifestar especialmente naqueles concellos como Riveira e A Pobra do Caramiñal cunha longa tradición na transformación de produtos do mar. Así mesmo, as posibilidades de industrias complementarias e doutros sectores como o da madeira e a pedra (Porto do Son), a mellora das comunicacións terrestres e a localización estratéxica do triángulo formado polos concellos de Noia-Boiro-Rianxo, incluíndo Lousame, para a colocación de mercadorías en mercados máis amplos fai que dende os distintos concellos se estea a requirir novos terreos diante dunha demanda pendente de ser satisfeita.

No momento da elaboración deste estudo a situación do solo empresarial no ámbito do

Pacto Territorial é a seguinte: Na Comarca do Barbanza o polígono empresarial de Xarás, que segue en expansión, acolle na actualidade a 28 empresas que dan traballo ao redor de 2.000 empregados. No concello de Riveira localízase tamén o denominado Polígono de Couso no que funcionan distintas empresas relacionadas co mar, aínda que a zona non está ordenada como Parque Empresarial. En A Pobra do Caramiñal o polígono de A Tomada conta con 35 empresas e máis de 2.000 empregados entre fixos, fixos descontinuos e eventuais. O polígono de Espiñeira, no concello de Boiro, ten un total de 43 parcelas, todas elas vendidas. Pese a non estar todas ocupadas, conta con máis de 20 empresas instaladas que dan traballo ao redor de 300 persoas. Na actualidade, os 3 polígonos existentes dan emprego directamente a case 5.000 traballadores. O concello de Rianxo é actualmente o único que non dispón dun polígono empresarial en activo. Tense previsto que as obras de construción rematen a principios do vindeiro ano (no 2010), cunha superficie industrial de 204.000 m2 e unha superficie total de 340.800 m2. Este polígono conta cun acceso directo á Autovía do Barbanza, ao igual que os que xa están en funcionamento.

Debido ás necesidades de solo detectadas nesta comarca a Xunta de Galicia optou por construír un novo polígono situado nos concellos de Riveira e de A Pobra, a metade de camiño entre ambos, concretamente, en Moldes. Este novo proxecto contará cunha superficie de 1.000.000 m2. Mentres en A Tomada e Espiñeira estanse a levar adiante traballos de ampliación dos respectivo polígonos, no caso de A Pobra a ampliación destinarase só a empresas xa instaladas e no de Boiro suporá engadir 54.007 m² para uso industrial. En toda a comarca de Noia só existe un parque empresarial, situado no concello de Noia que conta cunha trintena de empresas que empregan a aproximadamente 200 persoas. Tíñase previsto amplialo con 30 parcelas de 2.000 m2 cada unha, pero aínda quedan por vender parcelas de equipamento social da primeira fase deste.

Os demais concellos (Lousame, Outes e Porto do Son) teñen contemplada a creación dos seus respectivos parques, dos que o que está en estado máis avanzado é o de Fontefría en Lousame, de carácter privado. Ten unha vocación comercial e loxística debido a que teñen mostrado interese en instalarse empresas de transporte e distribución.

- 20 -

A maiores, Lousame ten proxectado outro novo polígono en Tállara. O concello de Porto do Son está a realizar as xestións pertinentes para a creación dun parque empresarial en Nebra e o de Outes ten recollido no PXOM solo empresarial en San Ourente e Entíns para a localización dun futuro Parque. A continuación mostramos un cadro cos polígonos actuais da área do Pacto:

POLÍGONOS DO PACTO

NOME CONCELLO Nº PARCELAS

Nº EMPRESAS M2 TOTAIS

USO INDUSTRIAL-

EMPRESARIAL

ESPIÑEIRA BOIRO 65 300 367.600 224.012

AUGALEVADA NOIA 35 200 78.348 48.625

A TOMADA POBRA DO C. 35 2.700 221.483 142.599

XARÁS RIVEIRA 62 2.000 123.000 83.000

Fonte: Elaboración propia a partir de datos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, IGVS e Xestur.

* Debemos ter en conta que os datos do polígono de Espiñeira son o total das dúas primeiras fases.

- 21 -

3.7 Infraestrutura Portuaria

As principais actividades económicas do territorio do Pacto Barbanza-Noia están intimamente ligadas ao mar. Pesca e marisqueo, cunha longa tradición, e a industria conserveira, cunha dilatada experiencia e dinamismo, son os eixos nos que se move boa parte do tecido produtivo das dúas comarcas. Dotarse dunhas infraestruturas portuarias axeitadas ás necesidades é outra das prioridades para o desenvolvemento e o emprego.

INSTALACIÓNS PORTUARIAS

MUNICIPIO PORTO USO

BODIÓN RAMPLA-EMBARCADOIRO

ANCADOS RAMPLA-EMBARCADOIRO

CABO DE CRUZ PESQUEIRO

MAÑÓNS RAMPLA-EMBARCADOIRO

BOIRO

ESCARABOTE MIXTO/PESQUEIRO

TESTAL PESQUEIRO

NOIA RAMPLA-EMBARCADOIRO NOIA

A BARQUIÑA RAMPLA-EMBARCADOIRO

O CONCHIDO RAMPLA-EMBARCADOIRO

A BARQUIÑA RAMPLA-EMBARCADOIRO OUTES

O FREIXO PESQUEIRO

POBRA DO C. A POBRA PESQUEIRO/COMERCIAL/MIXTO/DEPORTIVO

PORTO DO SON PESQUEIRO/MIXTO

PORTOSÍN PESQUEIRO/MIXTO/DEPORTIVO PORTO DO SON

BOA RAMPLA-EMBARCADOIRO

RAÑÓ RAMPLA-EMBARCADOIRO

RIANXO PESQUEIRO/DEPORTIVO RIANXO

O PORTO-TARAGOÑA

PESQUEIRO

PALMEIRA PESQUEIRO

INSUELA RAMPLA-EMBARCADOIRO

RIVEIRA PESQUEIRO/COMERCIAL/MIXTO/DEPORTIVO

AMEIXIDA RAMPLA-EMBARCADOIRO

CASTIÑEIRAS PESQUEIRO

AGUIÑO PESQUEIRO

RIVEIRA

CORRUBEDO PESQUEIRO

Fonte: Elaboración propia a partir Plan Director das Instalacións Náutico-Deportivas de Galicia

A infraestrutura portuaria de Barbanza-Noia conta con 25 portos pesqueiros, dos que dous

tamén teñen unha importante actividade comercial.

As principais instalacións son as de Riveira e A Pobra do Caramiñal, localidades que teñen actividade pesqueira, comercial e náutico-turística. A de Riveira destaca por ter o máis importante porto pesqueiro e a de Pobra pola descarga de túnidos. Outros portos con relevante actividade pesqueira e/ou marisqueira son os de Aguiño, Rianxo, Porto do Son, Portosín ou Cabo de Cruz.

- 22 -

Contrasta a relevancia do porto de Riveira e as carencias que se veñen manifestado por distintos sectores afectados que demandan a modernización da lonxa e a mellora dos accesos e vías para o tráfico portuario, sendo este último aspecto tamén importante para o porto de A Pobra do Caramiñal.

No que se refire a Portos Deportivos, no Plan Director das Instalacións Náutico-Deportivas

de Galicia achéganse os seguintes datos:

PORTOS DEPORTIVOS

MUNICIPIO PORTO USO Nº PRAZAS

OUTES O FREIXO MX 98

DP 281 POBRA DO C. POBRA DO C.

MX 26

PORTO DO SON MX 58

DP 204 PORTO DO SON PORTOSÍN

MX 87

RIANXO RIANXO DP 83

DP 239 RIVEIRA RIVEIRA

MX 32

Segundo a información proporcionada, o número de amarres para uso exclusivo de

embarcacións deportivas é de 807. En portos de uso mixto, é dicir, nos que coexisten embarcacións da flota profesional e deportiva, o número total é de 308.

No Plan Director propuxéronse para a marxe norte da Ría de Arousa dous novos focos de

atracción: o porto deportivo de Rianxo e o porto deportivo de Boiro-Cabo de Cruz, xunto coa ampliación do porto deportivo de Riveira e a reorganización, a longo prazo, do de A Pobra.

Na Ría de Muros-Noia contémplase a reorganización da dársena de Portosín e a mellora de

instalacións de atracada e mariñas secas en Porto do Son e O Freixo. O obxectivo a acadar sería pasar das 1.115 prazas actuais a 3.245 para finais da vindeira

década.

- 23 -

3.8 Enerxía Diversificar e aumentar a produción de enerxía, ampliar e mellorar a súa distribución e conseguir un maior aforro e máis eficiente consumo, son cuestións clave para avanzar no benestar e calidade de vida da comunidade, dentro do marco dun desenvolvemento sustentable. De modo sintético podemos describir a situación da produción de enerxía no territorio Barbanza-Noia segundo as distintas fontes de xeración. A comarca conta coa central hidroeléctrica máis antiga de Galicia; a denominada Tambre I, en Noia, que iniciou a súa actividade en 1927. Na táboa que segue indícanse as distintas centrais que funcionan na actualidade.

CENTRAL HIDRÁULICA

NOME POTENCIA KW PROPIETARIO DATA POSTA

MARCHA RÍO CONCELLO

Tambre II 53.430 Unión Fenosa 1974 Tambre Noia

CENTRAL MINIHIDRÁULICA

NOME POTENCIA KW PROPIETARIO DATA POSTA

MARCHA RÍO CONCELLO

Vilacoba 1.200 Salto de Vilacoba, S.A. 1993 Vilacoba Lousame

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INEGA.

No que respecta á enerxía eólica, cómpre destacar que na Mesa de Diálogo Social en Galicia apóstase polas enerxías renovables autóctonas como modo de reducir a dependencia enerxética do exterior, sendo un sector en crecemento. Na actualidade existen 7 parques eólicos na área do Pacto Territorial de Emprego. Embaixo atopamos un cadro no que se nos amosan os diferentes parques eólicos, os concellos nos que se atopan e os quilovatios producidos por cada un deles:

PARQUES EÓLICOS EXISTENTES NA ÁREA DO PACTO

PARQUE EÓLICO KW PROPIETARIO DATA POSTA MARCHA

CONCELLOS

P.E. BARBANZA 19.800 PARQUE EÓLICO BARBANZA, S.A.

1997 PORTO DO SON E POBRA DO C.

P.E. BARBANZA II 9.240 PARQUE EÓLICO BARBANZA, S.A.

1999 PORTO DO SON E POBRA DO C.

P.E. MONTE TREITO 30.390 IBERDROLA ENERGÍAS

RENOVABLES DE GALICIA, S.A.

2000-01 LOUSAME, RIANXO, ROIS, DODRO

P.E. PEDREGAL TREMUZO 44.600

IBERDROLA ENERGÍAS RENOVABLES DE GALICIA, S.A.

2003 OUTES, MAZARICOS E MUROS

P.E. SERRA DE OUTES 1ª FASE 33.600 ENERGÍAS EMBIENTALES

DE OUTES, S.A. 2004 OUTES E MAZARICOS

P.E. GRAIADE 19.500 EÓLICA DE GRAIADE, S.L.

2008 PORTO DO SON

TOTAL KW 157.130 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos de Inega e da Asociación

Eólica Galega

De seguido imos facer referencia ás áreas de reserva dispoñibles no ámbito do Pacto. As áreas de reserva son zonas identificadas no propio PSEGA nas que se estima que poidan existir recursos económicos aproveitables. Mantéñense ademais como áreas de reserva, integramente

- 24 -

ou modificadas, aquelas nas que, despois de renunciar os promotores con Plans Eólicos Estratéxicos Aprobados, considérase que no futuro e coa mellora da tecnoloxía puideran ser aproveitadas.

ÁREAS DE RESERVA PARA PARQUES EÓLICOS NA ÁREA DO PACTO

ÁREAS DE RESERVA TOTAL Ha

CONCELLOS AFECTADOS DO

PACTO

SUPERFICIE DO PACTO AFECTADO

(Ha)

PEDREGAL 1.750 OUTES 842

POBRA DO C. 50 SAN ALBERTO 600

RIVEIRA 550

GRAIADE 902 PORTO DO SON 902

MONTE CASTRO 600 RIVEIRA 600

BOIRO 361 SERRA DO BARBANZA 414

PORTO DO SON 53

TOTAL Ha AFECTADAS 4.266

TOTAL Ha AFECTADAS DO

PACTO 3.358

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos de Inega.

No que se refire á coxeneración, predominan centrais ligadas a empresas de explotación e transformación de recursos pesqueiros.

CENTRAIS DE COXENERACIÓN

CONCELLO NOME POTENCIA KW PROPIETARIO DATA COMBUSTIBLE

Boiro Boinersa 24.600 Boiro Energía, S.A. 1997 Fuel óleo

Boiro Paquito 3.675 Paquito, S.L. 1998 Fuel óleo

Boiro DDR 9.900 Depuración, Destilación y Reciclaje,S.L:

2001 Fuel óleo

Pobra do C. Harinas del Atlántico

2.640 Harinas del Atlántico, S.A. 2000 Gasóleo

Porto do Son Maderas Ornanda 3.840 Maderas Ornanda, S.A. 1996 Gasóleo

Riveira Frigoríficos del N.E. 13.180 Frigoríficos del Noroeste, S.A.

1997 Fuel óleo

Riveira Soc. Coop. Del Mar Sta. Eugenia LTDA 2.112 SC del Mar Sta. Eugenia

Ltda 2000 Gasóleo

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INEGA.

En canto á produción de enerxía solar fotovoltaica só localizamos un “horto” desas

características na comarca do Barbanza.

A todo o anterior hai que engadir a lenta pero progresiva implantación de paneis solares en edificios e vivendas e que este tipo de instalacións está a recibir un importante impulso pola normativa establecida no Código Técnico de Edificación, na que se fai referencia á obrigación, para as novas edificacións, de cubrir unha porcentaxe do consumo enerxético necesario para a produción de auga quente sanitaria mediante instalacións solares térmicas. Tamén nas novas edificacións destinadas a hipermercados, naves industriais, hoteis, hospitais ou edificios administrativos, esíxese a instalación de placas solares fotovoltaicas.

No que respecta á distribución de combustibles fósiles, dentro da IV Fase do Plan de

Gasificación de Galicia estase a avanzar na construción da rede de gas natural que dará servizo aos concellos de Rianxo,Boiro, Pobra do Caramiñal e Riveira. No caso de Noia prevese que a curto prazo o concello conte con rede de gas domiciliario.

- 25 -

En canto á rede de gasolineiras, a comarca do Barbanza posúe 8 repartidas por todo o seu

territorio (unha ou máis en cada concello), mentres a Comarca de Noia conta con 5.

GASOLINEIRAS DO PACTO

ÁREA CANTIDADE

BOIRO 1

LOUSAME 0

NOIA 3

OUTES 1

POBRA DO C. 2

PORTO DO SON 1

RIANXO 2

RIVEIRA 3

BARBANZA 8

C. NOIA 5

PACTO 13

Por todo o exposto podemos concluír que dentro do territorio do Pacto Territorial polo

Emprego Barbanza-Noia existe unha importante diversificación nos modos de obtención de enerxía, así como unha ampla marxe para a adopción de medidas referidas ao aforro e diversificación do sector enerxético, o que levará parello novas posibilidades de emprego.

- 26 -

3.9 Telecomunicacións No Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013 (MECEGA) sinálase,

en coherencia coa Estratexia de Lisboa e as Directrices da Comisión Europea do 2005 que a revisa, que a consigna de “crecemento e emprego” debe concretarse no fomento dunha economía baseada no coñecemento. Neste contexto as TICs supoñen un recurso moi importante no desenvolvemento económico, na mellora da produtividade e no emprego.

Respecto ás infraestruturas e servizos cos que conta o territorio Barbanza-Noia no referente ás conexións vía Internet debemos sinalar que a cobertura de Banda Ancha chega á maioría dos núcleos, pero, por causa das características orográficas do territorio, aínda algunhas zonas do interior teñen dificultades para o acceso, o que afecta especialmente a distintos lugares dos concellos de Lousame, Outes e Porto do Son. A pesar da importante cobertura desta tecnoloxía os datos que ofrece o Informe de Seguimento do ano 2008 do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) as liñas contratadas por 100 habitantes están entre 10 e 15 nos concellos mellor situados, Boiro e Riveira, e entre 5 e 10 no resto, agás Lousame onde non se contabiliza ningunha.

A situación é máis deficitaria no que se refire ao despregue da fibra óptica onde, mesmo en zonas céntricas de núcleos urbanos como o de Riveira, aínda non é posible o enganche á rede.

A rede sen fíos WIMAX estase a implantar en polígonos como os de Espiñeira e Augalevada, pero en xeral o interese por esta alternativa é escasa.

Tamén existen iniciativas de asociacións para a creación de redes wifi, sendo o caso de

Rianxo o máis significativo con experiencias como “Rianxo Sen Cabos”, “A Torre Wireless” ou “F.G. Wifi”.

Outro aspecto a destacar é a existencia dunha rede de puntos de acceso público localizada

maioritariamente nos principais cascos urbanos e nos centros sociais e culturais. A rede de Aulas Informáticas Municipais promovidas dende a Deputación Provincial está a funcionar en todos os concellos e a Rede de Telecentros de Comunicacións, impulsada pola Xunta de Galicia, funciona en Boiro e Riveira. En canto a servizos dispoñibles a través de Internet aínda queda un longo camiño por percorrer. Hai concellos que non contan con web oficial como o caso de A Pobra do Caramiñal ou Porto do Son. Noia só ofrece información turística. Lousame, Outes, Riveira, Rianxo e Boiro achegan información sobre os distintos servizos municipais e ofrecen información actualizada de actividades. Boiro é o único que dá a posibilidade de formular queixas ou preguntas aos distintos responsables municipais por medio dun foro público, mentres nos demais cóntase coa a alternativa do correo electrónico. En ningún caso ofrécese a posibilidade de realizar xestións ou trámites a través da web.

O Índice Alexa mide o posicionamento das páxinas web na Rede nun instante determinado e a partir do número de visitas e volume de información consultada, o que permite a confección de rankings sobre visibilidade en Internet das páxinas web. No cadro que segue pódense observar os resultados para as webs municipais das comarcas de Barbanza e Noia.

Se temos en conta que as páxinas con maior capacidade de comunicación e xeración de

información son aquelas que están por baixo do ranking 1 millón, en xeral, a visibilidade das que están activas é moi baixo.

- 27 -

En canto á cobertura da telefonía móbil, seguen existindo zonas de sombra en distintos

núcleos rurais, principalmente nos concellos de Lousame, Outes e Porto do Son. No que se refire á Televisión Dixital Terrestre, aínda que o seu grado de cobertura debera

ser practicamente total no 2010, ano no que está previsto o “apagón analóxico”, na actualidade son os núcleos de interior os que teñen cobertura máis deficiente ou, simplemente, están sen ela. Apuntar que no territorio emiten dúas cadeas de televisión de ámbito local (“comarcal”) unha das cales ten a súa sede central en Riveira.

RANKING ALEXA A 1-XUÑO-2009

WEB POSICIÓN

Concello de Riveira 3.191.279

Concello de Rianxo 3.287.628

Concello de Boiro 4.190.247

Concello de Noia 8.461.795

Concello de Outes 13.983.166

Fonte: Elaboración propia.

- 28 -

3.10 Medio Ambiente e Desenvolvemento

Sostible Toda estratexia de crecemento e emprego debe ter en conta o principio reitor do desenvolvemento sostible que non é outro que o de acadar unha adecuada xestión do medio ambiente, de maneira que se cubran as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as necesidades das xeracións futuras, e se respecten os seres non-humanos de hoxe e de mañá cos que compartimos a terra. A xestión do ciclo da auga, a conservación da natureza e a xestión de residuos son tres aspectos a considerar en canto serven ao fin antes citado, ao tempo que ofrecen novas posibilidades para acadar un maior benestar e establecen novas oportunidades de emprego.

3.10.1 Xestión do ciclo da auga O abastecemento e o saneamento de auga son servizos fundamentais para o benestar e o

desenvolvemento sostible da comunidade, aspectos nos que se ten mellorado sensiblemente na última década no ámbito do Pacto.

A conca intracomunitaria Galicia-Costa divídese hidroloxicamente en 19 sistemas de

explotación, abranguendo a área do Pacto as seguintes zonas: - Río Ulla e Ría de Arousa - Río Tambre e Ría de Muros-Noia

No que se refire ao abastecemento de auga, coa posta en funcionamento da Rede Xeral do

Barbanza con auga procedente do río Ulla téñense resolto os problemas de caudal nos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Riveira, xa que as necesidades que, especialmente no verán presentaban algúns núcleos, non eran cubertas coas captacións procedentes de pequenos ríos que abastecían ás distintas redes municipais. Con todo, seguen a darse problemas polo obsoleto das canalizacións en determinados puntos que esixen melloras e obras de adaptación.

A situación dos concellos da comarca de Noia, cun asentamento máis disperso da poboación, agás na vila cabeceira, presenta maiores carencias especialmente en Porto do Son. Na tempada estival, debido ao aumento da poboación, a situación empeora e non chega o servizo a varias parroquias para as que existen distintos proxectos de abastecemento co que se espera ter mellorado sensiblemente o servizo ao longo dos vindeiros catro anos. No concello de Lousame, de tipoloxía rural, toda a auga procede de distintos mananciais e fontes. Outes, con varios proxectos en marcha, pretende que o 100% do concello conte con abastecemento en pouco tempo, segundo indícase no Informe de Sustentabilidade Ambiental do PXOM. Noia abastécese dos ríos San Xusto e Traba e a xestión é realizada por Gestagua.

No que se refire ao saneamento, a situación actual mostra déficits especialmente relevantes

nos concellos de Porto do Son, que non conta con depuradora (está en proxecto de execución) e Riveira, onde as augas só reciben un pretratamento para logo canalizalas ata o mar por un emisario. No resto dos concellos a situación é mellor (no caso de Lousame o saneamento é xestionado polo Concello e progresivamente vaise ampliando a súa extensión), pero seguen a detectarse necesidades de mellora na depuración de augas, tendo en conta para a urxencia da adopción de medidas correctoras, a importancia estratéxica das rías para o desenvolvemento sostible da área de actuación do Pacto. En concreto, a mellora das redes de sumidoiros e a ampliación da traída de augas na

- 29 -

comarca de Noia pode permitir a liberación das fontes para a recuperación do medio. Así mesmo, debe valorarse a creación dunha nova depuradora para a zona sur de Noia.

Na táboa que se mostra a continuación podemos ver a situación actual no que se refire a

depuradoras e tipos de tratamento, así como se estas cumpren a normativa europea (Directiva do Consello 91/271/CEE) que obriga a depurar as augas residuais de todas as poboacións de máis de 2.000 habitantes.

DEPURADORAS EXISTENTES NO PACTO

NOME CONCA TRATAMENTO ESTADO CUMPRE A DIRECTIVA

BOIRO (Cabo de Cruz) Ría de Arousa Biolóxico + Emisario Rematada Si

NOIA Ría de Muros e Noia Físico-Químico Rematada Si

POBRA DO C. (Xobre) Ría de Arousa Físico-Químico + Emisario Rematada Si

PORTO DO SON Ría de Muros e Noia Biolóxico Proxecto Non

RIANXO Ría de Arousa Biolóxico Rematada Si

RIVEIRA Ría de Arousa Pretratamento + Emisario Rematada Non

SERRA DE OUTES Ría de Muros e Noia Físico-Químico Rematada Si

Fonte: Elaboración propia a partir de datos de Augas de Galicia.

Están previstas depuradoras en Corrubedo e Aguiño. Non poden deixar de referirse problemas en canto a verteduras incontroladas dalgunhas

empresas e malos cheiros detectados nos concellos da comarca do Barbanza.

- 30 -

3.10.2 Patrimonio Natural A Península do Barbanza, espazo xeográfico do Pacto, posúe unha riqueza e potencialidades no seu medio natural ás que queda moita marxe de mellora. As súas costas se esténdense á beira das rías de Arousa e de Muros-Noia, ambas as dúas cunha riqueza marisqueira e pesqueira recoñecida, cunha paisaxe de innegable beleza e cunha variada diversidade medio ambiental que deben ser motivos suficientes para unha mellor e maior protección, así como para unha sempre demandada e axeitada posta en valor. Os fitos principais da riqueza natural que atesoura están protexidos con distintas normativas. Lugares como o Arquipélago de Sálvora, integrado no Parque Nacional das Illas Atlánticas, o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Vixán e Carregal, que conforman o Parque Natural do mesmo nome, os esteiros do Tambre e do Ulla e o Cume da Curotiña, como lugar estratéxico para admirar a paisaxe da Ría de Arousa e a Serra que da nome á península, complétanse cunha ampla diversidade de praias, distintos humidais e toda unha rede de miradoiros dende os que disfrutar da beleza da zona. 3.10.2.1 Espazos Protexidos De modo máis pormenorizado expomos nas táboas que seguen os principais espazos naturais:

ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS

NOME CONCELLO Ha

Arquipélago de Sálvora Riveira 243

Complexo Dunar de Corrubedo Riveira 996

Cume da Curotiña Pobra do C. 50

Esteiro do Tambre Noia, Outes e Porto do Son 1.583

Esteiro do Ulla (do sistema fluvial Ulla-Deza) Rianxo SEN DATO

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de Medio Ambiente e Política Territorial.

A Xunta de Galicia, e máis concretamente as Consellerías de Medio Ambiente e de Política Territorial, consideran espazos protexidos dentro da área do Pacto os que se amosan a continuación: ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA

O arquipélago de Sálvora pertence ao Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas de Galicia. A principal illa deste arquipélago é Sálvora, caracterizada polo seu elevado valor natural, polos seus ecosistemas mariños e terrestres e polo seu valor cultural e patrimonial.

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

Caracterízase principalmente polo seu principal elemento, a duna móbil, e pola súa Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Ademais de estar catalogado como Parque Natural, atópase baixo as seguintes figuras de protección:

� Humidal Protexido (''Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo''; 982,90 Ha).

- 31 -

� Lugar de Importancia Comunitaria (''Complexo Húmido de Corrubedo'', LIC ES1110006;

9.265 Ha).

� Zona de especial protección para as aves (''Complexo Litoral de Corrubedo'', ZEPA

ES0000313; 971 Ha).

� Zona Ramsar (''Complexo de Corrubedo'', 7ES024; 550 Ha).

Así pois, é un espazo dun valor natural de extraordinaria importancia.

CUME DA CUROTIÑA

Declarado “Sitio Natural de Interés Nacional” no ano 1993, destaca fundamentalmente polo seu valor paisaxístico. Dende os seus miradoiros pódese contemplar toda a Ría de Arousa.

ESTEIRO DO TAMBRE

Estuario e curso baixo do río Tambre. Inclúe a parte máis interna da Ría de Muros-Noia e os estuarios dos ríos Traba e San Francisco, augas abaixo da ponte de Noia e do Tins. Está ocupada por hábitats mariños e marítimo-terrestres e a superficie das augas mariñas é de 1.062 Ha. ESTEIRO DO ULLA Forma parte do Sistema fluvial Ulla-Deza. O espazo natural do Esteiro do río Ulla esténdese desde o casamento do Sar e o Ulla ata Catoira e Rianxo, abranguendo a área de transición entre as augas doces do curso fluvial e as salgadas da Ría de Arousa. Conta cunha moi variada fauna; aves como o Rascón de Auga (Rallus Aquaticus), Galiña de Río (Gallinula Chloropus), a Píntega Rabilonga e a invernante Becasina Cabra (Gallinago Gallinago), procedente do norte de Europa, ou o Lagarteiro Peneireiro (Falco Tinnunculus) aniñan na zona. Entre os mamíferos destacan o Tourón (Mustela putorius) e a Londra (Lutra Lutra) e entre os reptís a Cobra Sapeira; en canto aos peixes citaremos a Lamprea (Petromyzon Marinus) e o Salmón (Salmo Salar).

- 32 -

3.10.2.2 Humidais do Pacto Faremos agora mención ao humidais existentes na área do Pacto, tanto se están considerados espazos protexidos coma se non o están.

HUMIDAIS DO PACTO

NOME CONCELLO Ha NOME CONCELLO Ha

Brañas da Serra do Barbanza Boiro 100,87 Pedra do Coiro Outes 7,27

Trasdunas de Boiro Boiro 1,83 Veigas de Cú de Mula Outes 0,25

Barraña Boiro 0,25 As Xunqueiras Pobra do C. 27,79

Trasdunas de Mañón Boiro 0,09 Lagoa de Xuño Porto do Son 10,97

Trasdunas de Triñanes Boiro 1,93 Lagoa de San Pedro de Muro Porto do Son 27,35

Rego de Casi Boiro 3,69 O Pozo Porto do Son 1,22

Charca de Abanqueiro Boiro 21,48 Esteiro do Ulla Rianxo 954,2

Lagoa de Carragueiros Boiro 3,09 Lagoa de Artes Riveira 49,39

Ponte Beluso Boiro / Rianxo 84,57 Charcas de Corrubedo Riveira 1,33

Esteiro do Tambre Noia / Outes 1.424,52 Lagoa de Carregal Riveira 124,92

Braña de Cotro Outes 28,75 Lagoa de Vixán Riveira 34,27

Ponte Nafonso Outes 4,37 Lagoa de Olveira Riveira 0,04

Veigas do Río Bendimión Outes 0,09 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de

Medio Ambiente.

Cabe destacar o Lugar de Interese Comunitario (LIC) do Complexo Húmido de Corrubedo, cunha superficie de 9.264,64 Ha, que se estende polos concellos de Riveira e Porto do Son e que inclúe as lagoas de Xuño e de San Pedro de Muro, xunto coas de Vixán e Carregal, xa citadas con anterioridade.

3.10.2.3 Hidrografía A parte dos xa citados Ulla e Tambre, os ríos que discorren por Barbanza-Noia son de pequena lonxitude. Unha orografía con pendentes pronunciadas dá lugar a espazos de singular valor paisaxístico como as piscinas naturais e fervenzas do río Pedras e do río Coroño. Cómpre destacar o río Té, que baña o val agrícola do mesmo nome. 3.10.2.4 Praias Na área do Pacto este recurso é bastante abundante xa que hai un total de 112 praias repartidas por todo o territorio. A comarca do Barbanza ten un total de 81. Na comarca de Noia o concello de Porto do Son é o que conta con maior número de praias, que conforman, xunto coas lagoas que integran o denominado Complexo Húmido de Corrubedo, un espazo de grande interese natural.

No cadro seguinte vemos unha relación do número de praias, a súa lonxitude e o número de bandeiras azuis diferenciado por concellos, comarcas e o total da área Pacto.

- 33 -

PRAIAS DO PACTO

CONCELLO Nº PRAIAS LONXITUDE TOTAL EN METROS

BANDEIRAS AZUIS 2008

BANDEIRAS AZUIS 2009

BOIRO 25 10.005 3 3

LOUSAME 0 ---

NOIA 6 2.510

OUTES 3 845

POBRA DO C. 15 5.140 3 3

PORTO DO SON 22 13.010 4

RIANXO 10 2.245 2

RIVEIRA 31 14.106 6 6

BARBANZA 81 31.496 12 14

C. NOIA 31 16.365 0 4

PACTO 112 47.861 12 18

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Catálogo de praias, Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño, ADEAC e coa colaboración dos concellos.

Dende o ano pasado (2008) o número de bandeiras azuis na área do Pacto incrementouse en 6. Con todo, hai que salientar que dende o ano 2002 ata o 2008 o número de bandeiras azuis non só se incrementou senón que se duplicou. No ano 2008 concedéronse un total de 101 bandeiras azuis para todo o territorio galego, das que 41 concentráronse na provincia de A Coruña. Neste ano sucedeu o mesmo que no caso do Pacto, xa que tanto para o total de Galicia como para a provincia aumentou o número, sendo o total de Galicia 124 bandeiras, das cales 46 pertencen á provincia de A Coruña. A maiores do distintivo de bandeiras azuis existe o distintivo Q de calidade. Para obter estoutra mención a praia ten que cumprir unha serie de requisitos de calidade, como poden ser, entre outros: vixilancia das augas, limpeza, salvamento, etc. Dita certificación concédea o Ministerio de Industria a través do Instituto de Calidade Turística de España. Este ano só foron premiadas 7 praias en toda Galicia, das que 3 pertencen ó Pacto e, máis en concreto, ó concello de Boiro. Dúas das tres praias tamén conseguiron este ano a bandeira azul.

3.10.2.5 Miradoiros Amosamos de seguido unha relación dos miradoiros que atopamos no Pacto, dende os que poder contemplar a paisaxe, aspecto cada vez máis valorado nas políticas de desenvolvemento.

MIRADOIROS DO PACTO

NOME CONCELLO NOME CONCELLO

A Muralla Lousame Monte Culou Lousame

Área de recreo da central eléctrica do Tambre

Noia Área Recreativa do Vilar Riveira

Área de recreo do monte San Lois e miradoiro

Noia Miradoiro da Curota Pobra do C.

Miradoiro de A Atalaia Porto do Son Miradoiro da Curotiña Pobra do C.

Miradoiro de Caveiro Porto do Son Miradoiro de San Roque Riveira

Miradoiro do Monte Tremuzo Outes Miradoiro do Monte da Cidade

Riveira

Miradoiro do Monte Enxa Porto do Son Fonte: Elaboración propia a partir dos datos de

Turgalicia.

- 34 -

A todo este patrimonio hai que engadir aqueles centros que realizan tarefas de divulgación ambiental como o CIELGA do Parque Natural do Complexo Dunar e Lagoas de Vixán e Carregal, a Aula Activa do Mar de Rianxo ou o Centro de Visitantes do Parque Periurbano de San Roque de Riveira, o que debe facer posible o desenvolvemento dun sector turístico aínda feble que xa as distintas iniciativas tanto locais como mancomunadas ou comarcais están a favorecer.

Os novos GDR e GAC que xestionarán fondos comunitarios con programas orientados á

diversificación das actividades produtivas e á mellora das potencialidades de desenvolvemento, especialmente no ámbito do turismo e agrícola-forestal, son unha oportunidade neste aspecto.

3.10.3 Xestión de Residuos A protección e conservación do ambiente é un dos obxectivos esenciais das políticas públicas.

No coidado dos recursos naturais a xestión dos residuos sólidos urbanos está a ser unha das prioridades das administracións locais, tendo especial significación no aumento do benestar dos cidadáns, na creación de novos postos de traballo e no desenvolvemento sostible do territorio.

Na área de actuación do Pacto Territorial polo Emprego Barbanza-Noia o tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) está a ser xestionado a través das dúas entidades que se indican no seguinte cadro:

ENTIDADES XESTORAS DOS RSU

ENTIDADE MODELO DE XESTIÓN COMPLEXO AMBIENTAL

CONCELLOS ADHERIDOS

POBOACIÓN INCORPORADA

Sociedade Galega de Medio Ambiente

Valorización enerxética e recollida diferenciada de envases

SOGAMA 264 2.218.027

Mancomunidade de Concellos da Serra do

Barbanza

Valorización orgánica e recollida indiferenciada de envases

LOUSAME 9 63.391

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do SIRG A (Sistema de Información de Residuos de Galicia)

Actualmente a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza abrangue 9 concellos dos cales só 3 forman parte da área do Pacto: Lousame, Noia e Porto do Son. Os restantes 5 concellos do Pacto (Boiro, Outes, A Pobra do C., Rianxo e Riveira) fan o tratamento a través de Sogama na planta de transferencia instalada no concello de Boiro, dende o que posteriormente van parar ao Complexo Medioambiental de Cerceda. A Mancomunidade da Serra do Barbanza firmou en 2001 un convenio coa firma Fomento de Construcciones y Contratas para a construción dun complexo medioambiental, que comezou a funcionar en 2003. Á planta van parar os residuos sólidos urbanos, tanto orgánicos como inorgánicos, da recollida selectiva que se realiza nos concellos adscritos ó plan.

Outro aspecto a tratar son os puntos limpos: recintos situados no contorno das cidades, vilas, pobos e aldeas, para que os cidadáns poidan depositar neles aqueles residuos para os que é preciso unha xestión específica, tanto polo seu tamaño (residuos voluminosos) como pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos).

Os obxectivos principais destas instalacións son a recuperación de materiais coma papel, vidro, metais,…, evitar as verteduras incontroladas e separar os residuos que representen un risco para o medio ambiente.

- 35 -

Aquí podemos ver unha relación dos puntos limpos existentes por concellos, por comarcas e o total do Pacto.

Os residuos que non se poden levar a un punto limpo son: materia orgánica, residuos radioactivos e residuos industriais de grandes e medianas empresas, debido a que xa posúen un sistema de xestión de residuos.

É importante mencionar tamén que no concello de Boiro existe un vertedoiro de residuos de construción e demolición.

Nos concellos integrantes do Pacto leváronse a cabo accións contra as verteduras incontroladas, sobre todo no período 2006-07, por medio de plans de erradicación de verteduras incontroladas e cláusulas coas empresas de recollida de lixo para a supervisión periódica de determinados lugares.

PUNTOS LIMPOS

ÁREA CANTIDADE ÁREA CANTIDADE

BOIRO 1 LOUSAME 0

POBRA DO C. 1 NOIA 1

RIANXO 0 OUTES 1

RIVEIRA 1 PORTO DO SON 0

BARBANZA 3 C. NOIA 2

PACTO 5 Fonte: Elaboración propia a partir

dos datos do SIRGA.

- 36 -

3.11 Patrimonio e Infraestruturas

Culturais Na área Pacto abundan os restos arqueolóxicos e unha ampla variedade e abundancia de elementos do patrimonio cultural material tal e como vemos nos seguintes cadros, dos que, logo de contrastar distintas fontes, podemos constatar que a riqueza neste apartado é superior á que aparece alí reflectida. O primeiro cadro débenos servir como aproximación á cantidade de restos arqueolóxicos da zona no que se refire a mámoas e dólmenes, castros e petróglifos.

ÁREA BOIRO LOUSAME NOIA OUTES POBRA

DO C. PORTO DO SON RIANXO RIVEIRA BARBANZA NOIA PACTO

ARQUEOLOXÍA: 84 21 13 5 23 174 109 35 251 208 459

- MÁMOAS E DÓLMENES

51 5 9 1 15 21 41 27 134 35 169

- CASTREXO (Castros, Castelos, etc)

11 6 4 4 2 9 7 5 25 19 44

-PETRÓGLIFOS 22 10 0 0 6 144 61 3 92 154 246

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Dirección Xeral de Patrimonio 2003 e Plan de Ordenación Municipal do Concello de Outes.

O segundo cadro fai referencia a restos de arquitectura relixiosa e civil, así como a cruceiros

e petos de ánimas, toda vez que do número de construcións adxectivas de interese etnográfico como hórreos, muíños ou lavadoiros resultounos imposible obter un valor, aínda que aproximado, con certa fiabilidade. De calquera xeito, en boa parte dos concellos do Pacto téñense realizado traballos de rehabilitación deste tipo de construcións por medio de proxectos de Escolas-Obradoiro, Obradoiros de Emprego e Proder. Ademais, os datos que aparecen na táboa deben considerarse aproximados tamén porque dende a elaboración das normas ata hoxe a catalogación pode ter variado.

ÁREA BOIRO LOUSAME NOIA OUTES POBRA DO C.

PORTO DO SON

RIANXO RIVEIRA BARBANZA NOIA PACTO

ARQUITECTURA: 13 7 43 13 17 8 17 6 53 71 124

- RELIXIOSA 6 7 14 8 8 5 12 5 31 34 65

- CIVIL: 7 0 29 5 9 3 5 1 22 37 59

* Casas e Pazos 7 0 18 2 6 2 5 0 18 22 40

* Edificios Públicos 0 0 6 0 0 0 0 0 0 6 6

* Fontes 0 0 0 2 0 0 0 0 0 2 2

* Pontes 0 0 4 1 3 1 0 0 3 6 9

* Arquitectura militar e defensiva

0 0 1 0 0 0 0 1 1 1 2

- CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS

7 3 52 52 29 58 10 28 74 165 239

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das Normas Subsidiarias da Consellería de Política Territorial.

Un aspecto do patrimonio aínda a desenvolver de maneira máis decidida é o que se refire ao

patrimonio marítimo. Sendo a zona do Pacto unha área que viviu e vive en grande medida do que o mar ofrece e que conta cunha longa e diversa tradición mariñeira, debera resultar evidente a potencialidade para o crecemento e o emprego que pode aportar un máis decidido impulso á preservación e dinamización sociocultural e mesmo deportiva e medio ambiental dunha riqueza que

- 37 -

non se ten apenas explorado, agás por iniciativas de distintas asociacións e das que, no plano municipal, só cabería destacar a do Concello de Rianxo coa creación do Museo do Mar.

As embarcacións tradicionais, as artes de pesca artesanais, os pequenos portos, as lonxas, a

carpintería de ribeira, os abandonados almacéns de salgadura, o faro de Corrubedo…, son algúns dos alicerces nos que pode sustentarse unha estratexia de recuperación e valorización para aportar novos nichos de emprego, de crecemento e benestar. Neste senso os GAC son unha oportunidade para dar o impulso necesario á posta en valor destes recursos coordinando iniciativa privada e pública no camiño da diversificación de oferta do sector do mar.

3.11.1 Museos e Centros de Interpretación O interese polo patrimonio cultural como un ben a preservar ten aumentado de maneira

significativa na última década. Actuacións de mellora do contorno no caso do Dolmen de Axeitos ou de distintos petróglifos, as escavacións e primeiros pasos para a posta en valor do Castro de Neixón ou Baroña, o labor de sinalización e rutas levado adiante a través da Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte, as accións de rehabilitación xa citadas de muíños e lavadoiros, ou a posta en valor das minas de San Finx son, entre outras, intervencións a destacar. Unido a elas está a creación e dinamización de distintos museos, centros de interpretación e de visitantes para unha mellor e maior divulgación do rico patrimonio co que se conta.

Prestando unha maior atención a estes centros debemos indicar que nos referimos a aqueles nos que unha persoa-guía realiza un labor de interpretación do patrimonio dun xeito máis coloquial que técnico e que fai que sexa moito máis comprensible para as persoas que non son entendidas nesa materia. Actualmente na área do Pacto hai un total de 11 museos ou centros de interpretación. A continuación vemos un cadro que reflexa estes centros e o concello ao que pertencen. A rede actual, que non funciona como tal, pode ser a base para a concreción de distintas redes temáticas de museos abertos ou ecomuseos que se articulen ao longo dos distintos concellos que forman o Pacto. Ecomuseos “comarcais” do mar, etnográfico, e histórico-arqueolóxico, aos que se pode engadir o literario en canto se poñan en funcionamento as Casas dos escritores Rianxeiros e a proxectada Academia Literaria.

- 38 -

3.11.2 Infraestruturas para o Desenvolvemento Cultural Outro aspecto relevante para as estratexias de crecemento e emprego é o feito de contar cunha axeitada rede de infraestruturas para o desenvolvemento cultural. Esta área ten mellorado de modo significativo na última década coa posta en funcionamento de novos Auditorios como os de Porto do Son, Rianxo ou Outes, o que, unido á dotación de equipamentos informáticos nas Bibliotecas Municipais ou a ampliación e/ou mellora da rede de Centros Sociais en moitas parroquias, está a permitir un maior dinamismo do asociacionismo cultural e da oferta pública municipal neste campo. Resulta complicado realizar unha táboa que permita unha visión sintética da variedade e número de infraestruturas que existen no Pacto para a realización de actividades culturais, polo cal facemos un relato resumo sobre este aspecto. No que se refire a Casas de Cultura hai que sinalar que todos os concellos contan cunha principal, na que se atopa a Biblioteca Municipal, agás en Riveira e Rianxo que contan con instalacións específicas noutros inmobles. A nivel xeral tamén teñen aula de informática, aínda que en Boiro a principal aula informática está localizada no Centro Social e, no caso de Riveira, en Aguiño. Todas contan ademais con salón de actos ou auditorio. Neste aspecto, destacar que en Noia e A Pobra do Caramiñal (deste é titular a Deputación) foron rehabilitados para tal efecto edificios que anteriormente foran teatros/cines privados. Entre os Auditorios destaca o de Rianxo polo seu equipamento e adecuación a todo tipo de actos escénicos. Existe tamén unha ampla rede de Centros

CENTRO DE INTERPRETACIÓN CONCELLO

Centro Arqueolóxico do Barbanza Boiro

Minas de San Finx Lousame

Museo de Sta. María A Nova Noia

Museo Valle Inclán Pobra do C.

C.I. Castro de Baroña Porto do Son

Aula Activa do Mar Rianxo

Museo do Mar e da Pesca Rianxo

CIELGA Riveira

Centro de Visitantes do Parque de San Roque Riveira

Museo Etnográfico de Artes Riveira

Museo do Grabado á Estampa Dixital Riveira

Fonte: Elaboración propia.

- 39 -

Sociais, que varían en dotación de recursos, número e frecuencia de actividades, na que incluímos distintos edificios catalogados con variadas denominacións como: Casas de Cultura (Porto do Son ou Riveira), Centros Sociais ou Locais Sociais (Boiro, Lousame, Outes ou Rianxo), Casas (Noia), Casa de Veciños (Boiro). Normalmente son centros de reunión puntuais de veciños das parroquias en casos como o do Concello de Lousame, pero na maioría poden catalogarse tamén como Casas de Cultura Parroquiais, pois contan case todos con Biblioteca, recursos informáticos de uso público e aulas para talleres ou cursos e/ou unha oferta de actividades en xeral relacionada coa promoción da cultura tradicional e o fomento das TICs. É importante sinalar as Casas do Mar no seu papel de centros sociais e o asociacionismo tanto cultural como veciñal no seu papel dinamizador. Neste aspecto, indicar que en toda a zona do Pacto son vinte as asociacións que contan con locais propios para a realización de distintas actividades.

Os concellos de Riveira e Noia dispoñen de Conservatorios Municipais de Música, no primeiro caso de grado medio, contando tamén cunha Aula de Música en Aguiño, e en Noia, de grado elemental; no resto existen Escolas Municipais normalmente relacionadas con Bandas de Música Municipais e/ou Grupos de Música Tradicional. En Boiro funciona un Local de Ensaio, tipo de infraestrutura que tamén estará proximamente en funcionamento nos Concellos de A Pobra e Riveira.

As Casas de Xuventude son un recurso pouco estendido e só Noia conta cun centro de

titularidade autonómica destas características. O Concello de Riveira será o próximo en contar cun centro específico deste tipo. Nos outros concellos aprovéitanse os distintos locais catalogados como Casas de Cultura ou Centros Sociais para ofertar servizos específicos para a xuventude. Neste aspecto cabe citar a labor do Centro Social do Concello de Boiro co Proxecto Leña Verde.

Todos os municipios contan, ademais, con Centros Sociais específicos para a 3ª Idade.

En xeral podemos afirmar que existe unha variada oferta de Centros Culturais e Sociais (de

titularidade pública e privada) e de actividades, tendo en conta as posibilidades e características de cada Concello, aínda que é necesario ampliar a rede a todos os núcleos rurais.

A ampliación de infraestruturas e equipamentos neste ámbito está a permitir a promoción de novos grupos de teatro non profesionais, grupos de música e baile tradicionais; ampliación da oferta formativa en artes plásticas e outras iniciativas de educación non formal e animación sociocultural; bandas de música, así como escolas de música ou a ampliación de oferta no Conservatorio de Riveira, ao que cabe unir os Locais de Ensaio e novas instalación en proceso de rehabilitación ou finalización de obra e próxima apertura como a casa da Xuventude e o Museo Municipal de Riveira, o Centro Social de San Cosme en Outes ou o Local de Ensaio en A Pobra do Caramiñal. Son recursos que están a permitir tanto a xeración de máis emprego ligado á ampliación de oferta e demanda, como contribuíndo a sentar as bases para unha maior profesionalización do sector cultural.

Para concluír este apartado cabe citar as propostas de mellora achegadas no estudo:

“Aproximación á cultura do Barbanza” realizado no 2008 por Unai González e outros4, traballo que analiza a situación dos Concellos de Riveira, Boiro e Rianxo en aspectos como infraestruturas e equipamentos, os axentes culturais e a programación. As conclusións extraídas para os tres concellos citados poden xeneralizarse á realidade de todos os que integran o Pacto. Nel indícase a manifesta falta de actividades mancomunadas, a necesidade de desenvolver actividades específicas no mundo rural no que atopan falta de participación motivada por dificultades de mobilidade (a maioría das actividades concéntranse nas cabeceiras municipais) o solapamento do tipo de oferta e a falta de participación veciñal no deseño das programacións. Unido a iso, mellorar os canais de promoción, dotar de maior estabilidade aos cadros de persoal e poder establecer unha Planificación Estratéxica da programación, son todos aspectos a desenvolver.

4 GONZÁLEZ, Unai, BARBEITO, Víctor, CESPÓN, Uxía e SAMPEDRO, Margarita (2008): Aproximación á cultura do Barbanza. A planificación estratéxica na acción cultural local.Interea-Plan de Formación da Deputación de A Coruña.

- 40 -

3.12 Infraestruturas Deportivas Outro campo no que se observa un importante crecemento en canto a servizos ofrecidos e ampliación do número de infraestruturas e equipamentos é o relacionado co mundo das actividades físico-deportivas, ámbito que incide na mellora da saúde e calidade de vida da poboación residente, ao tempo que oferta servizos públicos que poden ser de interese para o turismo e para a creación de novos postos de traballo.

En concreto, no territorio do Pacto están en servizo múltiples instalacións en xeral en bo estado e que de modo sintético cuantifícanse na táboa que segue:

ÁREA PAVILLÓNS PISCINAS CAMPOS DE

FÚTBOL PISTAS OUTRAS

PACTO 16 7 33 93 3

Os principais pavillóns polideportivos municipais contan tamén con ximnasio. No cadro non

incluímos os pavillóns cubertos dos centros de ensino, nos que destaca o Concello de Boiro con 6. As piscinas tamén están dotadas con saunas e outros servizos de spa. Os estadios de A Fieiteira en Riveira, A Lomba na Pobra e de San Lázaro en Noia contan con

pistas para a práctica do Atletismo. Entre as pistas polideportivas predomina o seu uso para a práctica do “fútbito”, pero en todos

os concellos existen pistas que se dedican especificamente a baloncesto ou tenis. No apartado de “Outras” contabilizamos 2 pistas para xogo de bolos tradicionais en Boiro e

1 pista de Karts en Riveira. A todo o citado cómpre engadir a existencia de clubs de actividades náuticas con distinto grao

de dotación de infraestruturas varias, dende os clubs náuticos xa citados no apartado de instalacións portuarias, ata clubs de vela tradicional (2 clubs de dornas a vela), clubs de remo e ou piragüismo (6).

Cóntase cun club de golf en Boiro e varios centros privados para a práctica de actividades

hípicas.

- 41 -

3.13 Rede Educativa A rede educativa do territorio está integrada por un conxunto de centros tanto públicos como privados, na maioría dos casos suxeitos a réxime de concerto.

* Un dos centros situados no concello de Rianxo é un CRA que acolle 10 escolas unitarias, polo cal o número de establecementos incrementaríase ata 14.

En canto aos centros que imparten ciclos formativos da FP específica, a distribución é a seguinte:

Dos 11 centros existentes na zona todos ofertan ciclos formativos de grao medio, mentres que só 6 contan con ciclos de grao superior. O maior número de centros e de ciclos corresponde á comarca do Barbanza. Todos son de titularidade pública, agás dous deles, que teñen as ensinanzas concertadas e están situados nos concellos de Noia e A Pobra do Caramiñal.

4 Inclúe EEI, CEP, CEIP, CPI, CPR, IES, Conservatorios e Escolas de Música e a Escola Oficial Náutico-Pesqueira.

CENTROS EDUCATIVOS4

CONCELLO Nº CENTROS

BOIRO 16

LOUSAME 2

NOIA 7

OUTES 6

POBRA DO C. 10

PORTO DO SON 11

RIANXO* 5

RIVEIRA 18

BARBANZA 49

NOIA 26

PACTO 75

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de

Educación e Orden. Universitaria.

CENTROS FPE

Nº CICLOS ÁREA

Nº CENTROS Grao

medio Grao

superior

BOIRO 1 2 1

LOUSAME 0 0 0

NOIA 3 4 2

OUTES 0 0 0

POBRA DO C. 2 2 1

PORTO DO SON 1 1 0

RIANXO 1 1 0

RVEIRA 3 6 6

BARBANZA 7 11 8

NOIA 4 5 2

PACTO 11 16 10

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de Educación e Orden. Universitaria.

- 42 -

3.14 Sanidade Entre os recursos sanitarios existentes no Pacto debemos referirnos tanto aos Servizos de Atención Primaria (centros de saúde e consultorios locais) como aos Hospitalarios. No seguinte cadro amósase o número de centros no territorio:

RECURSOS SANITARIOS

Nº CENTROS PACTO CORUÑA GALICIA

Centros de saúde 13 125 389

Consultorios locais 2 49 97

Hospitais 1 17 46

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do "Ministerio de Sanidad y Política Social" (Actualizado a decembro do 2008).

Os centros de saúde e consultorios están situados tanto en dependencias propias como, nalgúns casos, en locais das Casas do Mar (En Cabo de Cruz, Aguiño, Corrubedo e Palmeira). A continuación preséntase a distribución dos recursos de atención primaria por concellos:

ATENCIÓN PRIMARIA

CONCELLO Centros de saúde

Consultorios locais

BOIRO 2 0

LOUSAME 1 0

NOIA 1 0

OUTES 1 0

POBRA DO C. 1 0

PORTO DO SON 2 1

RIANXO 1 1

RIVEIRA 4 0

TOTAL PACTO 13 2

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do "Ministerio de Sanidad y Política Social" (Actualizado a decembro do 2008).

Na actualidade está en funcionamento un só hospital na zona (Fundación Pública Hospital da Barbanza, 1997), situado na parroquia de Oleiros (Riveira) despois de que a partir do 2003 deixase de funcionar o Hospital Cengas, situado en Outes (de carácter privado, concertado coa administración ata a entrada en funcionamento da fundación pública). Deste xeito, o número de camas dispoñibles descendeu de 132 a 84, manténdose estable este número ata o 2008. Na provincia e no conxunto de Galicia tamén minguou o número de hospitais, pero non así o de camas que se veu incrementado dende o 2002.

- 43 -

HOSPITAIS E NÚMERO DE CAMAS

Ámbito Xeográfico: BARBANZA NOIA PACTO CORUÑA GALICIA

Nº hospitais 1 1 2 20 51 2002

Nº camas 84 48 132 4.542 10.391

Nº hospitais 1 0 1 18 49 2003

Nº camas 84 0 84 4.437 10.356

Nº hospitais 1 0 1 18 49 2004

Nº camas 84 0 84 4.437 10.326

Nº hospitais 1 0 1 17 46 2005

Nº camas 84 0 84 4.486 10.320

Nº hospitais 1 0 1 17 46 2006

Nº camas 84 0 84 4.535 10.389

Nº hospitais 1 0 1 17 46 2007

Nº camas 84 0 84 4.634 10.548

Nº hospitais 1 0 1 17 46 2008

Nº camas 84 0 84 4.634 10.548

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE.

- 44 -

3.15 Recursos para a Conciliación Co fin de facilitar o acceso ao traballo e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, consideramos que é importante sinalar aqueles recursos que poden axudar a facela efectiva. Dentro deste apartado sinalamos os recursos para a atención á infancia (escolas infantís, garderías, PAI, ludotecas ou parques infantís, e centros escolares), para a atención ás persoas maiores (residencias e centros de día, así como servizos de teleasistencia, axuda a domicilio ou xantar na casa) e, finalmente, servizos de atención a persoas con discapacidade ou diversidade funcional. Como recurso de carácter xeral tamén se reflicten os bancos de tempo en funcionamento no territorio.

3.15.1 Recursos para a Infancia O seguinte cadro fai referencia aos centros que prestan atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Inclúense Escolas Infantís, Garderías e outros servizos como algúns Puntos de Atención á Infancia e Ludotecas con unidades de 0 a 3 anos. Non se inclúen servizos de atención puntual, xa que non serían un recurso efectivo para a conciliación.

Destacamos tamén que no concello de Outes cóntase cun PAI (Punto de Atención á Infancia) que non se atopa reflectido no cadro; trátase dun servizo municipal gratuíto para casos puntuais, ó que os nenos/as poden asistir un máximo de 15 horas á semana. O PAI de Lousame incluíuse no cadro ao contar cun funcionamento máis similar ao dunha gardería.

No cadro da dereita amosamos o número de Ludotecas e outros centros semellantes segundo a súa titularidade. En total cóntase no Pacto con 6 centros destas características, dos cales 4 son privados e dous teñen titularidade pública e carácter gratuíto (PAI de Outes e Ludoteca Municipal de Porto do Son).

CENTROS DE ATENCIÓN Á PRIMEIRA INFANCIA

Nº DE CENTROS ÁREA Públicos Privados TOTAL

BOIRO 1 3 4

LOUSAME 1 0 1

NOIA 0 3 3

OUTES 0 0 0

POBRA DO C. 0 2 2

PORTO DO SON 0 1 1

RIANXO 1 0 1

RIVEIRA 1 3 4

BARBANZA 3 8 11

NOIA 1 4 5

PACTO 4 12 16

Fonte: Elaboración propia.

LUDOTECAS e outros semellantes

ÁREA Públicas Privadas TOTAL

BOIRO 0 1 1

LOUSAME 0 0 0

NOIA 0 1 1

OUTES 1 0 1

POBRA DO C. 0 1 1

PORTO DO SON 1 0 1

RIANXO 0 0 0

RVEIRA 0 1 1

BARBANZA 0 3 3

NOIA 2 1 3

PACTO 2 4 6

Fonte: Elaboración propia.

- 45 -

Respecto aos centros educativos que acollen alumnado de 3 a 12 anos, refírense a continuación os centros segundo o tipo de xornada e servizos dispoñibles.

Nº DE CENTROS SEGUNDO XORNADA ESCOLAR

Nº CENTROS SEGUNDO SERVIZOS6

ÁREA Nº DE CENTROS5

CONTINUA MIXTA ORDINARIA COMEDOR MADRUGA

BARBANZA 47 19 3 25 15 4

NOIA 20 8 1 11 5 1

PACTO 67 27 4 36 20 5

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de Educación e Ord. Universitaria e coa colaboración dos centros educativos, e nalgunhas ocasións, coa colaboración dos Departamentos de

Servizos Sociais dos Concellos.

3.15.2 Recursos para os Maiores Na táboa seguinte amosamos unha relación no número de centros segundo titularidade, pública ou privada, independentemente de que a xestión poida ser privada:

FOGARES RESIDENCIAIS E VIVENDAS COMUNITARIAS

Nº DE CENTROS ÁREA

Públicos* Privados* TOTAL

NOIA 0 2 2

OUTES 0 1 1

POBRA DO C. 1 0 1

RIVEIRA 1 1 2

BARBANZA 2 1 3

NOIA 0 3 3

PACTO 2 4 6

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das webs de Igualdade e Benestar e do Imserso e coa colaboración

dos propios centros.

Nesta segunda táboa recollemos o número de centros segundo a súa tipoloxía, distinguindo entre centros para persoas válidas, asistidas ou mixtas. Os centros mixtos acollen sobre todo a persoas válidas e semidependentes.

5 Centros que acollen alumnado de 3 a 12 anos, independentemente de que poidan acoller outros tramos de idade. 6 Servizo de comedor: inclúe o servizo de comedor prestado polos centros independentemente de que sexa a través de cociña propia ou de catering e forme parte dos servizos do centro ou estea subvencionado polo concello ou pola APA. Madruga: refírese a centros que teñen un horario de apertura máis amplo para aqueles rapaces/as cuxos pais e nais empezan a xornada laboral antes do horario lectivo

- 46 -

TIPOLOXÍA DOS CENTROS (RESID. E VIVEND.)

Nº DE CENTROS ÁREA

Válidos Asistidos Mixto TOTAL

NOIA 0 0 2 2

OUTES 0 0 1 1

POBRA DO C. 1 0 0 1

RIVEIRA 0 1 1 2

BARBANZA 1 1 1 3

NOIA 0 0 3 3

PACTO 1 1 4 6

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das webs de Igualdade e Benestar e do Imserso e coa colaboración dos

propios centros.

É a quenda agora de facer referencia aos centros de día que atopamos na área do Pacto Territorial. Como imos ver no seguinte cadro, hai un total de 5 centros, dos cales 3 son públicos e os 2 restantes teñen titularidade privada. Na táboa distinguimos entre a titularidade do centro, independentemente de que a xestión sexa pública ou privada.

CENTROS DE DÍA7

Nº DE CENTROS ÁREA

Públicos Privados TOTAL

BOIRO 1 0 1

NOIA 0 1 1

OUTES 1 0 1

PORTO DO SON 1 0 1

RIVEIRA 0 1 1

BARBANZA 1 1 2

NOIA 2 1 3

PACTO 3 2 5

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das webs de Igualdade e Benestar e do Imserso e coa colaboración dos

propios centros.

Ademais das residencias e centros de día tamén son un importante recurso os servizos ou programas ofertados dende os Departamentos de Servizos Sociais dos Concellos: axuda a domicilio, teleasistencia ou xantar na casa. Todos estes servizos buscan mellorar as condicións de vida dos maiores, promover a súa autonomía e facilitar a súa permanencia no contorno habitual, evitando así o ingreso residenciario. Amosamos de seguido unha pequena definición de cada un destes servizos:

7 Inclúense centros residenciais con unidades de centro de día (en Noia e Riveira).

- 47 -

SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

É un servizo integrado dentro dos programas de Servizos Sociais e dende o cal procúranse unha serie de prestacións de carácter doméstico, persoal, psicosocial, educativo, técnico e complementario a persoas con certo nivel de dependencia, familias con problemáticas de desestructuración ou desatención, etc. � Atencións domésticas: actividades diarias relacionadas coa alimentación, roupa, limpeza e

mantemento da vivenda. � Atencións de carácter persoal: apoio social e afectivo a través de actividades como compañía,

acompañamento en xestións e apoio á mobilización dentro do fogar. � Atencións psicosociais e educativas: apoio ao desenvolvemento de capacidades persoais, da

afectividade, integración social e familiar. � Atencións de carácter técnico e complementario. SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

Trátase dun servizo dirixido a persoas maiores e/ou discapacitadas que viven soas para proporcionar unha intervención inmediata en situacións de crise persoal, social ou médica e facilitar así a súa permanencia no fogar habitual. A través do botón instalado na pulseira ou medallón que levan posto os usuarios as 24 horas do día poden entrar en contacto directo cun centro de atención especializada para comunicar situacións de emerxencia. Ademais, o servizo dispón de unidades móbiles que en caso de necesidade trasládanse ao domicilio para resolver a situación. SERVIZO DE XANTAR NA CASA

Servizo de comida a domicilio dirixido a facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade para as persoas maiores dependentes e/ou en risco de exclusión social, con déficits de autonomía persoal. Busca cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra e a preparación da comida. Os primeiros están estendidos en todo o Pacto, mentres o servizo de xantar na casa abrangue 5 dos 8 concellos.

SERVIZOS: AD/TA/XNC

SERVIZOS ÁREA Axuda a

domicilio Teleasitencia Xantar na

casa

BOIRO 1 1 1

LOUSAME 1 1 1

NOIA 1 1 1

OUTES 1 1 1

POBRA DO C. 1 1 0

PORTO DO SON 1 1 0

RIANXO 1 1 1

RIVEIRA 1 1 0

BARBANZA 4 4 2

NOIA 4 4 3

PACTO 8 8 5

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das webs de Igualdade e Benestar e do Imserso e coa colaboración dos propios

centros.

- 48 -

3.15.3 Recursos para Persoas con Discapacidade Dentro dos recursos para as persoas con discapacidade ou diversidade funcional, colectivo con importante peso na zona, hai que reseñar tanto os centros e servizos existentes, como as vivendas protexidas ou tuteladas e os centros especiais de emprego. Na atención a este colectivo contan cun importante labor as asociacións e os centros creados a iniciativa das mesmas.

*Non se considera dentro de centros ou servizos de atención á infancia con discapacidade aqueles que prestan servizo a nenos e nenas en épocas puntuais, como servizo complementario en centros para persoas adultas. **Mixtos: aqueles que acollen tanto a adultos como a nenos e nenas e son dependentes dunha mesma entidade.

Amosamos agora unha táboa que recolle a existencia de servizos que abranguen na súa área de actuación os distintos concellos, aínda que non se atopen situados fisicamente nos mesmos. Analízase a área de actuación dos centros para ver se existe unha cobertura das necesidades dos distintos concellos. Para finalizar este apartado facemos mención ás vivendas protexidas e/ou tuteladas a partir da táboa seguinte: ***Só para persoas con enfermidade mental.

Nº DE CENTROS/SERVIZOS

ÁREA ADULTOS NENOS MIXTOS**

NOIA 2 1 0

OUTES 1 0 0

POBRA 0 0 1

RIANXO 1 0 0

RIVEIRA* 3 0 0

BARBANZA 4 0 1

NOIA 3 1 0

PACTO 7 1 1

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das webs dos centros, dos concellos nos que están situados e coa colaboración dos propios centros.

COBERTURA DOS SERVIZOS

ÁREA ADULTOS NENOS MIXTOS**

BOIRO 3 0 1

LOUSAME 3 1 0

NOIA 3 1 0

OUTES 3 1 0

POBRA 3 0 1

PORTO DO SON

4 1 0

RIANXO 4 0 0

RIVEIRA 3 0 1

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos das webs dos centros, dos concellos nos que están situados e

coa colaboración dos propios centros.

VIVENDAS PROTEXIDAS/TUTELADAS

Nº DE PRAZAS ÁREA

Nº DE CENTROS Estables Emerxencia Totais

NOIA*** 4 16 4 20

BARBANZA 0 0 0 0

NOIA 4 16 4 20

PACTO 4 16 4 20

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos obtidos coa colaboración dos propios centros.

- 49 -

CENTROS ESPECIAS DE EMPREGO Aínda que non se trata dun recurso para a conciliación, senón para o emprego, tamén é importante sinalar os centros especiais de emprego presentes no Pacto, ao facilitar a inserción deste colectivo. A definición concreta dos Centros Especiais de Emprego proporcionada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais é a seguinte: “Os Centros Especiais de Emprego son aqueles que realizan un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións do mercado e tendo por finalidade o asegurar un emprego remunerado e a prestación dos servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores con discapacidade, á vez que sexa un medio de integración do maior número de persoas con discapacidade ao réxime de traballo normal.”

Só existe no Pacto un Centro Especial de Emprego (A Creba Feito á Man, S.L), no concello de Noia, que comezou a funcionar a finais do pasado ano e dá emprego a unha persoa. Os máis próximos, con capacidade para empregar a un maior número de traballadores/as están en Muros e Santiago.

3.15.4 Bancos de Tempo A Consellería de Traballo define os Bancos de Tempo Municipais coma “un sistema de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos no que o valor de cambio é o tempo e a unidade de medida é a hora. Teñen por finalidade favorecer ás persoas a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral.” Actualmente só 2 concellos contan con Bancos de Tempo: Noia e Rianxo. O concello de Outes está á espera de subvención para a contratación do persoal técnico, mentres o banco de tempo de Boiro deixou de funcionar este ano debido á escasa demanda.

CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

ÁREA Nº DE CENTROS

Nº DE CONTRATOS

NOIA 1 1

BARBANZA 0 0

NOIA 1 1

PACTO 1 1

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de Traballo e Benestar.

- 50 -

3.16 Conclusións � Xeografía e Territorio: � O Pacto está situado entre a Ría de Arousa e a Ría de Muros-Noia, abarcando a península do

Barbanza.

� Intégrano oito concellos, dos que só un non é costeiro. No seu litoral localízanse 112 praias, que supoñen case 48 km de areais.

� A extensión é de 571,9 km², nos que predominan os concellos de tamaño medio, pero dase o

caso de dous concellos que ocupan menos do 10% do territorio e dun que supera o 15%.

� O clima é suave, con menos precipitacións que as medias provinciais e galega e unha temperatura media anual ó redor dos 15º; máis elevada que a da provincia (12,5º) e a de Galicia (12º).

� A diversidade e cantidade de servizos que se ofrecen dende os concellos precisan unha maior

garantía de continuidade e estabilidade para mellorar na optimización de recursos e na súa calidade tanto na xestión como nas prestacións. Neste sentido, cómpre avanzar na dirección da denominada segunda descentralización.

� A coordinación e cooperación entre as administracións locais e os axentes sociais debe

concretarse nun maior impulso de iniciativas que abarquen todo o ámbito do Pacto, sendo tamén necesaria unha maior comunicación e colaboración entre entidades de ámbito comarcal.

� A mellora da cohesión territorial é un aspecto crucial para o desenvolvemento. Se ben as

melloras son evidentes nesta última década, o planeamento municipal segue a presentar importantes eivas ao contar só dous concellos con PXOMs adaptados á normativa.

� Infraestruturas Viarias: � As vías de comunicación terrestre cara aos principais núcleos de Galicia tiveron e están a ter un

importante impulso (Autovía do Barbanza, corredor Noia-Brión), pero queda facilitar accesos a estas vías dende concellos como Lousame ou Porto do Son, así como entre as dúas bandas da Ría de Muros-Noia.

� Tense mellorado notablemente na sinalización nas estradas. � As estradas interiores seguen a manifestar carencias e cómpre mellorar as comunicacións dos

núcleos rurais, así como os enlaces entre unha e outra banda da península do Barbanza.

� Transportes: � A creación de corredores verdes, vías de mobilidade sostible, a denominada “Senda dos Faros”

polo perímetro costeiro, e outras iniciativas que promovan a mellora, ampliación e sinalización de camiños forestais e sendeiros ao longo da Serra son precisos para unha mellor vertebración do territorio ao tempo que deben contribuír á protección do medio ambiente e a potenciar o sector turístico.

- 51 -

� A carencia de vías ferroviarias e transporte marítimo vese atenuada pola mellora da rede viaria

de alta capacidade, o que tamén permite un máis rápido e seguro acceso aos aeroportos e á rede de ferrocarril.

� Unha mancomunada planificación do transporte de viaxeiros por estrada entre os principais

núcleos pode facilitar unha redución do uso de vehículos particulares, ao tempo que facilitar a mobilidade de persoas e diminuír a carga que sofren as estradas e os núcleos urbanos. Así mesmo, cómpre prever liñas de transporte público aos polígonos industriais.

� Para a distribución de mercadorías é preciso a dotación dunha estrutura loxística máis eficiente. � Solo Empresarial: � O solo industrial da zona Pacto está, na área da comarca do Barbanza, case totalmente

ocupado. A posta en marcha do polígono de Té e do Parque empresarial do Barbanza deben cubrir as necesidades deste tipo de solo durante anos. Na comarca de Muros-Noia só funciona o de Augalevada, pero non ten esgotada a oferta de solo. Os parques previstos en Lousame, especializado en loxística, ou en Porto do Son, poden ser espazos revitalizadores do dinamismo deste concellos.

� A dotación de mellores infraestruturas, servizos e equipamentos tanto aos parques xa en

funcionamento coma aos novos previstos é fundamental. Estámonos referindo a servizos de telecomunicacións, de conciliación da vida familiar e laboral, de tratamento de residuos ou de formación profesional.

� Infraestrutura Portuaria: � No que se refire a infraestruturas portuarias, a mellora dos servizos do porto de Riveira, así

como os accesos a este e ao de A Pobra son temas en vías de solución e de gran calado por canto se trata de centros de traballo de importancia estratéxica.

� Está previsto ampliar a rede de portos deportivos, así como o número de puntos de atracada

nos que están en funcionamento. Compatibilizar o desenvolvemento do turismo náutico co do sector pesqueiro e marisqueiro segue a ser un tema aínda por mellorar.

� Ao aproveitamento de pequenos portos e servizos (como as lonxas) para a diversificación de

actividades, incluíndo o turismo náutico e a posta en valor do patrimonio marítimo, aínda lle queda un longo percorrido.

� Enerxía: � As oportunidades para o emprego que o sector da produción de enerxía eléctrica pode ofrecer

no Pacto pasa fundamentalmente pola ampliación dos Parques Eólicos. � As infraestruturas públicas (piscinas, polideportivos, residencias,…) e distintas naves comerciais

e industriais que poidan instalarse nos parques empresarias deben contemplar a dotación de sistemas de enerxía solar térmica para o aforro enerxético, sendo unha próxima oportunidade para a xeración de emprego.

� As redes de gas estanse a implantar nos principais núcleos.

- 52 -

� Telecomunicacións: � No que se refire ás infraestruturas de telecomunicacións a dispoñibilidade de fibra óptica aínda

é deficiente. Nos núcleos rurais do interior seguen a existir importantes carencias para a conexión eficiente a Internet, na recepción da TDT e mesmo perviven lugares de sombra para o uso da telefonía móbil.

� A posibilidade de realizar xestións coa Administración Local por medios electrónicos aínda non

se implantou. A penas existen iniciativas dende o sector empresarial para aproveitar as posibilidades do comercio electrónico.

� Cómpre deseñar unha estratexia de ámbito supramunicipal para a oferta de servizos a través de

Internet.

� Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: � Observáronse importantes deficiencias no saneamento pero estanse a xestionar as accións

precisas para ir superándoas. O saneamento integral das rías segue a ser unha necesidade reiteradamente demandada dende as institucións e entidades sociais.

� Aínda que se ten avanzado moito na eliminación de puntos negros, segue a ser unha realidade a

realización de verteduras incontroladas en distintos puntos do Pacto. � A zona conta con moi importantes recursos naturais (rías, parques naturais, praias, a serra do

Barbanza, vales en municipios como Outes, Lousame ou Rianxo…) tanto para o desenvolvemento turístico, como para o crecemento dos sectores pesqueiro e marisqueiro, forestal, gandeiro e agrícola, pero o minifundio complica en grande medida o desenvolvemento deste último.

� Patrimonio e Infraestruturas Culturais: � A riqueza do patrimonio arqueolóxico e cultural é moi relevante e variada. Cóntase con vilas

cun casco histórico de singular valor, patrimonio cultural industrial, xacementos arqueolóxicos, patrimonio cultural marítimo…, o que supón unha grande e variada gama de recursos para o crecemento.

� Un número cada vez maior de museos e centros de interpretación poden ser a base dunha rede

de ecomuseos ou museos abertos temáticos que, coordinados entre eles e apoiándose na riqueza do patrimonio natural e cultural, faciliten a creación de iniciativas de particulares que aproveiten as posibilidades que os GAC e GDR achegan para o desenvolvemento de servizos que enriquezan e complementen a oferta pública.

� Na última década tamén se ten avanzado moito na mellora das infraestruturas culturais. Destaca

a construción ou rehabilitación de auditorios e a ampliación do número de centros sociais, pero segue a existir a carencia dun gran centro comarcal multiusos no que realizar grandes eventos tanto culturais, como deportivos ou feirais.

- 53 -

� Infraestruturas Deportivas: � No territorio do Pacto funcionan un número moi importante de pavillóns cubertos e piscinas

públicas, que se unen á tradicional dispoñibilidade de campos de fútbol e pistas polideportivas. Froito da iniciativa privada tamén existen instalacións para a práctica de actividades hípicas e golf, todos eles recursos para o benestar pero tamén importantes para o crecemento do turismo.

� Rede Educativa: � Na rede de centros que imparten Formación Profesional constátase a carencia dun Centro

Integrado de FP na zona.

� Sanidade: � No que se refire á rede pública do sistema sanitario, o Pacto conta con 1 hospital, 13 centros

de saúde e 2 consultorios locais. � Recursos para a Conciliación: � Na rede de centros de Formación Profesional constátase a carencia dun Centro Integrado na

zona. � No Pacto funcionan (2008-2009) un total de 16 centros de atención á primeira infancia (0-3

anos: escolas infantís, garderías, PAI…) dos que 4 son públicos. Hai tamén 6 ludotecas ou centros de funcionamento semellante, 2 de titularidade pública. Dun total de 67 centros educativos (que acollen alumnado de 3 a 12 anos), 20 contan con servizo de comedor e 5 de madrugadores.

• O número de fogares residencias e vivendas comunitarias para maiores é de seis, das que só 2

teñen titularidade pública. Tamén funcionan tres centros de día públicos e dous privados; estes últimos tamén funcionan como residencia.

� Os servizos de teleasistencia e axuda a domicilio funcionan en todos os concellos e o de xantar

na casa en cinco. � Funcionan un total de nove centros para persoas con discapacidade ou diversidade funcional. � En todo o territorio do Pacto só nun concello existen vivendas tuteladas, cun total de vinte

prazas.

- 54 -

3.17 DAFO

DEBILIDADES

� Insuficientes e/ou obsoletos equipamentos e servizos nos principais portos. � Carencias e deficiencias no tratamento de verteduras ás rías. � Dificultades no abastecemento de augas en período estival nalgúns núcleos

receptores de turismo. � Persistencia de puntos nos que se seguen a realizar verteduras incontroladas. � Existencia de zonas de sombra para TDT, telefonía móbil e acceso a internet en

núcleos do interior. � Non hai unha estratexia supramunicipal de oferta de servizos a través de

internet. � Falta de servizos de xestión coa Administración Local vía telemática. � Carencia dunha estratexia conxunta supramunicipal do ámbito do Pacto en

políticas de infraestruturas. � Ordenación urbanística sen completar e adaptada á normativa na maioría dos

concellos. � Rede de estradas secundarias e conexións entre as dúas bandas da península

insuficiente. � Falta de planificación supramunicipal do transporte de viaxeiros e carencias no

acceso ao servizo nos núcleos do interior. � Necesidade de Solo Empresarial. � Carencias na dotación de equipamentos e servizos nos parques empresariais. � Só funcionan 3 escolas infantís públicas. Ningunha na comarca de Noia.

AMEAZAS

� Efectos da crise financeira nos plans previstos de desenvolvemento e mellora de infraestruturas.

� A falta de deseño de estratexias de infraestruturas para o desenvolvemento da área entendida como un mesmo sistema pode diminuír as posibilidades que ofrece a acción conxunta.

� Insuficiente capacidade financeira dos concellos para afrontar os custos dos distintos servizos.

� Presión urbanística nas zonas de costa. � Perigo de incendios forestais. � Impacto sobre o medio ambiente por actividades industriais. � Baixa rendibilidade de empresas de transporte de viaxeiros especialmente en

zonas de interior por dispersión de núcleos con cada vez menor densidade de poboación.

� Crecemento da poboación flotante no verán que provoca deficiencias no abastecemento de augas e en servizos como o de recollida de lixo ou limpeza.

� Desencontros entre a protección do medio ambiente e a actividade agropecuaria.

� Perda do patrimonio cultural marítimo por carencia de políticas específicas de recuperación e protección.

- 55 -

FORTALEZAS

OPORTUNIDADES

� A 2ª Descentralización, de levarse a cabo, permitirá aos concellos maior suficiencia orzamentaria e mellora na calidade e continuidade dos servizos.

� Adoptar unha estratexia conxunta facilita un aumento de iniciativas para o Pacto dentro dunha perspectiva supramunicipal e de optimización de recursos.

� A posta en marcha dos GAC e Leader, establece fórmulas de comunicación e diálogo entre eles para unha maior optimización dos recursos.

� As posibilidades de novas vías de comunicación que se citan nos planeamentos promovidos dende a Xunta de Galicia e a Deputación provincial (Corredores Verdes, Senda dos Faros, …) poden mellorar de modo significativo a vertebración interna do territorio.

� A prevista posta en funcionamento de novos parques empresariais supoñen unha oportunidade para o establecemento de novas industrias e proporcionan tamén unha importante carga de traballo para empresas orientadas á construción de naves. A dotación dos novos parques empresariais con servizos para a conciliación e a formación profesional.

� A ampliación da rede e capacidade dos portos deportivos. Aproveitamento dos pequenos portos e das súas infraestruturas para a diversificación empresarial.

� Posibilidade de ampliación dos parques eólicos e dotación de sistemas de enerxía solar térmica a distintos equipamentos públicos e privados.

� A construción de novas EDAR. � A posta en funcionamento da rede de gas.

� Conciencia e capacidade de xestión dos gobernos municipais para facer fronte ás debilidades manifestadas especialmente no ámbito das principais infraestruturas.

� Gobernos municipais con experiencia na xestión mancomunada de determinados servizos.

� Funcionamento da Mancomunidade Arousa Norte, da Fundación Comarcal de Noia e da Mancomunidade Serra do Barbanza.

� Existencia de sedes e servizos comarcais dos axentes sociais dentro do Pacto. � O carácter peninsular do territorio Pacto dálle singularidade e unidade. � Contar cun clima cunhas características idóneas para o desenvolvemento de

actividades agrarias e o turismo activo e de natureza. � Situación da península nunha localización estratéxica entre dúas rías e próxima

aos principais nodos de comunicación. � Melloras moi sensibles na rede de estradas de alta capacidade para a

comunicación interna e co exterior do territorio do Pacto cun máis rápido e seguro acceso tanto aos principais núcleos urbanos, como á rede de ferrocarril e aeroportos.

� Calidade, abundancia e diversidade de recursos do patrimonio natural e cultural, así como contar cunha importante rede de equipamentos culturais e deportivos.

� Un crecemento moi importante no uso de internet, con frecuentes campañas de alfabetización dixital promovidas dende distintos ámbitos, cada vez maior número de telecentros e mesmo iniciativas asociativas de redes wifi.

- 56 -

Este estudo foi posible grazas á colaboración das entidades integrantes do Pacto

Territorial. Agradecer especialmente o apoio e a información achegada polos axentes de emprego e desenvolvemento local e os técnicos de distintos servizos dos concellos, dos axentes sociais e do servizo público de emprego, así como ás direccións e/ou xerencias dos centros de formación profesional regrada, ocupacional e continua e ás entidades supramunicipais que teñen o seu ámbito de actuación nas comarcas de Barbanza e Noia. Tamén a todas aquelas organizacións non gobernamentais que teñen realizado accións encamiñadas á promoción do emprego.

Unidade de Promoción e Desenvolvemento Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego do

Barbanza-Noia

Equipo Técnico:

Santiago Páramo Aller

Director

Beatriz Pérez Rey

Técnica en Prospección e Análise do Mercado de Traballo

Sandra Pérez González

Técnica en Emprendemento e Promoción do Emprego

Carolina Pampín Pérez

Técnica en Orientación e Mellora da Empregabilidade

Carmen Paz Brión

Persoal de Apoio

Novembro 2009

- 57 -

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA