Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

9
AGASALLOS DOS RAPACES QUE ASISTEN Á ARBORE VERMELLA OS SEUS ESCRITOS PSICANÁLISE Para aqueles que con maquillaxe ocultan a faciana, como se de máscaras se tratase, eu digo: espertade! Para aqueles que son ondas, e polo mar se deixan levar, eu digo: espertade! Para aqueles que como ovellas de rabaño cun rumbo descoñecido, camiñan sen un "porqué" explicado, eu digo: espertade! Para aqueles que van e veñen por camiños rectos e non se deteñen, eu digo: espertade! Para aqueles cos ollos pechados, co corazón baleiro, e cos pensamentos propios borrados,

description

Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

Transcript of Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

Page 1: Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

AGASALLOS DOS RAPACES QUE ASISTEN Á ARBORE VERMELLA

OS SEUS ESCRITOS

PSICANÁLISE

Para aqueles que con maquillaxeocultan a faciana,

como se de máscaras se tratase,eu digo: espertade!

Para aqueles que son ondas,e polo mar se deixan levar,

eu digo: espertade!

Para aqueles que como ovellas de rabaño cun rumbo descoñecido,

camiñan sen un "porqué" explicado,eu digo: espertade!

Para aqueles que van e veñenpor camiños rectos e non se deteñen,

eu digo: espertade!

Para aqueles cos ollos pechados, co corazón baleiro,

e cos pensamentos propios borrados,eu digo: espertade… ESPERTADE!

Esther Estévez Casado 2º ESO B

SÉNTESME?

Page 2: Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

Sentada, sen facer nada, baixo as pequenas raiolas de sol, que conseguen entrar polos buracos que deixan as fermosas e verdes follas da cerdeira, mentres, á súa sombra, as herbas móvense coma se aloaran ó vento e bandadas de paxaros voan ó meu arredor, creo que son andoriñas.

Cústame pensar, palabras veñen á miña cabeza e mestúranse cos meus pensamentos, agora nada é o mesmo. Abro e pecho os ollos, unha e outra vez, pois non creo que isto sexa realidade. Pero seguen a vir máis e máis palabras, unha delas, albiscada no máis fondo do meu corazón: agarimo. De súpeto, un arrefrío percórreme as costas, non sei o porqué. E fico calada, agora non penso en nada, só escoito un son, que se mestura con outros, e outros, e outros… e así volvo comezar, volvo escoitar outra vez o mesmo. O que non recoñezo máis que co corazón chégame á alma, a mágoa é que outros non o vexan coma min, pois logo sería fermoso.

Agora para o vento, esvaécese, pero eu non o noto pois aínda soño, xa volve, agora si o noto. Algo sinto na perna, unha pequena formiga sobe por ela, eu cólloa na man, está asustada e vai correndo dun lado cara outro. Déixoa no chan, non quero facerlle máis dano, e volvo ó meu, vólvome mergullar neste lugar. Unha pequena lavandeira loita por conseguir unha cereixa no alto das pólas, cóllea e marcha, supoño que ao seu acubillo.

Neste intre, imaxino cousas sen sentido, cousas que me veñen á cabeza e que xamais pensei que chegarían ata min. Escoito o meu nome, pero non vexo a ninguén por ningures, entón érgome do meu leito e a miña xélida mirada vai na procura de algo, non sei o que. De súpeto detense, e as miñas pernas comezan a camiñar, non sei onde vou, pero o meu corazón si o sabe, mais non mo quere dicir. Está preto, sinto alguén, pero ao meu arredor non hai nada, tan só algúns paxaros que se perderon polo camiño. Non sei que facer.Outra vez volvo escoitar, ás miñas costas, esa voz que me chama, mais dou a volta e non hai ninguén.

Estou cansa, vólvome sentar, pero o meu lombo busca deitarse. Volve o vento. Pecho os ollos. Durmo. Pesadelos veñen por min, coma meigas a embruxarme, pero loito contra elas e gáñolles. Agora a miña mente queda en branco, recordos achéganse con vergoña, só neste lugar.

De súpeto, unha das follas da árbore cae sobre a miña faciana,. Ao espertar, ao abrir os ollos, véxote, nai.

Alejandra Franco 2º ESO BAntía era unha nena alta, moi delgada, co pelo longo e moi escuro. Tiña os ollos de cor marrón, profundos, nos que se reflectía lembranza, morriña da súa terra. A súa terra estaba agora lonxe pero

Page 3: Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

nela aínda se podía ver o “raio transparente do prácido luar” que levaba por dentro, que a queimaba ó recordar. Recordos que a mataban, que a afogaban na penumbra cando imaxinaba os seus avós enfronte da lareira, quentándose coa leña que o seu avó cortaba pola mañá cediño na carballeira da súa casa. A súa casa, pequena, vella, pero para Antía moi fermosa, non só pola beleza, senón polas historias que lle contaban alí, ó pé do lume. Lembraba o arrecendo do pan recén saído do forno construído polo seu avó, as noites estreladas que contemplaba dende o seu cuarto, nas que intentaba ver algunha meiga daquela terra, terra meiga, terra fermosa e querida na que ela se criou e da que procede o seu nome, nome que os seus pais lle puxeron para poder ter máis dentro deles un anaco da súa orixe mergullada nos seus corazóns. Corazóns nos que tamén habitan castros enriba de outeiros, pallozas, costas recortadas, pequenas illas, cantís dos que saen as gaivotas para voar, para poderen ver o verde dos prados inmensos nos que Antía se tombaba ata que era noite pecha e a Marela non quería comer máis.

Marela, vaca grande e marrón escura, que lle ensinou a Antía o máis fermoso que puido ver na súa vida, guiouna polos recantos máis ocultos da súa aldea, polos camiños máis estreitos que podía imaxinar, tan estreitos que a Marela case non collía, pero ela seguía para diante ata chegar ó seu destino, á herba máis fresca e tenra de todo o monte, rodeada de milleiros de carballos que semellaban persoas quedas e ledas de viviren alí. Antía era feliz ó ver os carballos e respirar o seu ar porque ela gozaría sendo un deles, gozaría estando alí sorrindo por estar nese lugar e nesa terra.

Cando xa era noite volvían para casa por outro camiño, Antía chamáballe o camiño das fadas porque cando a Marela a levou por primeira ver por alí parouse a beber auga dunha poza. A auga era cristalina e a lúa reflectíase nela e parecía unha fada. Gustoulle tanto ese lugar que prometeu que sería só dela e de Marela, nunca lle diría a ninguén onde estaba, nunca lle contaría a ninguén o seu segredo.

Chegaban a casa polo camiño do monte, dende o que se vía o avó sachando a horta da súa casiña, e se imaxinaba a avoa facendo caldo para cear. Todo isto estaba lonxe, moi lonxe, pero na memoria de Antía sempre estará a súa Marela, a súa nai, , os seus avós, a súa vida, Galicia.

Sabela Domínguez 1º ESO B

Son Jordi, un dos moitos nenos que van ao club de lectura. No club de lectura aprendín moitas cousas que o ano pasado non puiden disfrutar.Aprendín a ler e descubrir novos mundos e novas aventuras; tamén aprendín a disfrutar coñecendo escritores, vídeos, etc.

Page 4: Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

O club de lectura finaliza este xoves ata o ano que vén e eu quédome con moitísimos recordos (saídas, libros…) e ganas de que volva a empezar.Espero que o ano que vén poida volver e aprender máis cousas, como este ano.

Jordi Dos Santos Pereira 1º ESO B

CANSADA DE

Cansada de la monotonía de los días,cansada de no poder ser yo misma,cansada de no poder mostrar mis sentimientos en público,cansada de los días grises del gélido invierno,cansada de las injusticias que hay en el mundo,cansada de ver el aumento de mujeres muertas por violencia,cansada de no poder estar en mi mundo,cansada de la gente que solo piensa en el absurdo dinero,cansada de los pensamientos negativos e irónicos,cansada de seguir una rutina y no poder romperla,cansada de las guerras que nos arrebatan las vidas,cansada de ver niños manejando armas,cansada de una política que no nos deja ver la verdad,cansada de ver parejas rotas y hechas añicos,cansada de que dos más dos sean cuatro y no cinco,cansada de saber que hay gente que no tiene un techo para dormir,cansada de pensar tanto en mí,cansada de una sociedad regida por la clase social,cansada de ver a gente marginada,cansada de estudiar tablas periódicas y no la definición de libertad,cansada de ser solo una entre millones,cansada de saber que en algún lugar hay alguien que piensa igual,cansada de encontrarte en mis sueños,cansada… cansada… cansada… cansada… cansada… cansada…cansada… cansada… cansada… cansada… cansada… cansada…

Marta Rodríguez Barreira 2º ESO D

El mundo, según dicen, es redondo y de colores.Mientras lo ves desde arriba, lo ves bonito. Cuando vayas bajando verás personas moverse, coches circulando, animales, ciudades separadas y algo muy, muy grande de color azul: el mar.

A muchas de las personas tú las ves como si fuesen iguales a ti, pero no sabes lo que te puedes encontrar dentro de ellas.

Page 5: Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

A lo mejor las ves bien, pero por dentro sufren, y con una palabra que digas ya llegas a su corazón lleno de miedo, dolor, tristeza y odio. Y sin que tú hagas nada, lloran. Y tú te sientes mal.

En este mundo hay personas buenas, malas, también personas que son capaces de hacer todo para que tú estés bien y sonrías aunque solo sea un poco.

Pero desgraciadamente te vas a encontrar con personas distintas, y unas veces estarás bien y otras mal. Recuerda que siempre hay alguien que te quiere, te apoya, te compadece.

Muchos tienen miedo a decir lo que sienten porque piensan que van a perder a otra persona. No sufras porque nada es para siempre y siempre hay algo bueno después de la espera.

Lucía De Sousa 1º ESO A

Ela non era unha rapaza calquera. Non, ela era distinta, moi distinta ás demais. E por iso, moitas veces, sentíase soa. Sentía que ninguén a comprendía e que ela non comprendía a ninguén. Non comprendía o mundo, e moito menos que houbese xente que si o entendera, ou polo menos iso facían crer. Resultáballe imposible que puidese ter algún sentido todo o que a rodeaba. Ela tan só entendía as fadas, os gnomos e os xigantes, os dragóns, os unicornios e as bruxas, os animais parlantes, as princesas e os heroes. Todos eles formaban o seu mundo particular. O seu segundo mundo. Naquel mundo ela si era unha rapaza calquera. Era unha nena normal, que cadraba con perfección entre a multitude. E era así simplemente porque era o que ela quería. Abofé que en realidade ela e máis todos os habitantes daquel mundo tiñan unha esencia única que facía a cada un único e especial. Seica era así porque era como ela quería que fose o mundo.

Mais ela estaba destinada a vivir no mundo… chamémolo real. E era alí onde a xente ignoraba o que era a real felicidade. Era alí onde tiña unha familia que, a pesar de que a querían, estaban desesperados. Lamentaban que a súa filla pasase a maior parte do tempo nas nubes, sen aproveitar o tempo. E iso era outra das cousas que non entendía. A que lle chamaban " aproveitar o tempo"? A seguir construindo coma escravos un mundo inxusto, cruel e destrutivo? Co ben que se vivía no seu mundo, sen absurdas preocupacións, absurdas guerras, absurdas mentiras… Ata se ve obrigada a cambiar o termo "real" por "absurdo" en canto se refire a aquel inferno.

Pasan os anos e a súa única amiga é a súa propia imaxinación, en fin, ela mesma. Pero xa non é unha nena, e crece, e cambia. Está

Page 6: Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

desgraciadamente condeada a padecer as absurdas preocupacións ás que iso leva. Levaba anos asustada, intentando caer naquela trampa, pero sabe que é inevitable. Sabe que é necesaria para chegar a coñecerse a si mesma, e logo, aos demais. En fin, entender o mundo, iso co que tanto soñou.

Ao mesmo tempo que ía entrando naquel absurdo mundo ía saíndo do seu mundo particular e perdendo os amigos que alí tiña, en definitiva, perdéndose a si mesma. E agora xa non se tiña nin a ela. Agora si estaba soa. Soa. SOA. A vida era un inferno. A morte a máis práctica solución. Xa non podía loitar, as estupideces superábana tanto en número coma en forza. Ata que chegou el. A súa mente deixou por un intre de funcionar, deixándolle paso ao corazón. Entón síntese obrigada a vivir. A vivir para el. Simplemente con velo saía o sol entre as montañas. Agora xa eran mente e corazón loitando por saír á superficie tras aquela dura caída, lenta pero eficazmente.

E así foi fluíndo entre a sociedade. Foi entendendo o absurdo que a rodeaba. Foi creando o seu novo mundo, pero este xa non era produto da súa imaxinación. Tiña amigas, ou talvez non tan amigas, e admais tíñao a el. Ata que deu outro gran salto. Coñeceu xente coma ela, que entendía máis ou menos o mundo, pero sen deixar de cualificalo como absurdo. Que se sentiran algunha vez sós. Que tiñan unha mente e un corazón únicos. E iso, igual que a súa pequena relación con el, fixo que mellorase en todo.

Así coñeceu un pequeño mundo, formado por unha escasa minoría, que non era absurdo.

Co paso do tempò a relación con el foi mellorando. Dese modo a María só lle quedaban uns pequenos pasos ata saír á superficie e volver a ver o sol, a lúa e as estrelas.

MARÍA ROMERO 1º ESO D

Hoxe é un día moi especial, hoxe todo este mundo de fantasía tómase un descanso, pero volverá. Volverán as tardes de diversión.Neste mundo chamado A árbore vermella os habitantes somos os Principiños. Neste planeta non hai reis nin gobernadores, cada un somos responsables de coidar este pequeno planeta.

Aínda que neste mundo hai diferenza de idade, espiritualmente temos a mesma, os Principiños somos así.

Page 7: Textos dos rapaces que asisten o club de lectura A arbore vermella

Este gran mundo ó que chamamos A árbore vermella bota raíces aí onde hai un Principiño, coa súa pequena estrela, que a medida que pasa o tempo faise máis grande e fermosa.

Por desgraza, como todo neste mundo, o noso planeta vermello necesita un descanso, mais nós debemos seguir coidándoo e sempre levar ó noso carón esa estrela, a fermosa estrela que non moita xente sabe que ten pero que os Principiños sabemos apreciar.

Todo o mundo pode ser un Principiño, pero aínda que poidan selo néganse, cérranse de mente e non deixan que os sentimentos que produce ser un Principiño cheguen ó seu corazón, non deixan que a estrela que levan ó seu carón brille.

Ser un Principiño é un traballo custoso, pero son eses os traballos que merecen a pena.

Eu dígolle a todo aquel que pense que non vale a pena ser Principiño que é importante sentir que o es, iso é para min unha das cousas máis fermosas do mundo.

Estas son as razóns polas que me gusta ser un Principiño e formar parte do mundo da Árbore vermella, porque é un lugar de sensacións que duran para toda a vida e que sempre levarei no corazón.

Sofía Martínez 2º ESO C