Todos os nen@s de todos os mundos

9
TODOS OS NEN@S DE TODOS OS MUNDOS

description

Cuento

Transcript of Todos os nen@s de todos os mundos

Page 1: Todos os nen@s de todos os mundos

TODOS OS NEN@S DE TODOS OS MUNDOS

Page 2: Todos os nen@s de todos os mundos

Érase unha vez un rei e unha raíña que estaban moi tristes porque non podían ter fillos. Todos os médicos e os mellores especialistas do reino propuxéronlles unha infinidade de remedios e de receitas milagrosas sen éxito algún.

Page 3: Todos os nen@s de todos os mundos

Nin o réxime que obrigaba a comer ao rei todo salgado e á raíña a engulir quilos e quilos de azucre, nin o da col, nin escoitar nanas de Brahms, nin respirar pó de talco...

Page 4: Todos os nen@s de todos os mundos

Así foi como foron a visitar á bruxa INTERCULTU-RALIDADE a ver se ela tiña algún remedio.

Page 5: Todos os nen@s de todos os mundos

INTERCULTURALIDADE era unha bruxa moi bromista e propúxolles adoptar un gato, un sobriño ou sobriña, un can, un libro... Pero comprenderedes que iso non eran o que querían a raíña e o rei.

Así foi como lles deu un remedio: -ABRIDE OS VOSOS CORAZÓNS, díxolles, A TERRA ESTÁ CHEA DE ORFOS.

Page 6: Todos os nen@s de todos os mundos

O seu primeiro fillo foi unha nena que viña de Xapón, con cabelos finos e ollos rasgados que namoraron aos reis.

Page 7: Todos os nen@s de todos os mundos

O segundo veu de África. Ante a súa pel de cor chocolate as súas derretíanse de felicidade.

O terceiro veu de Arabia, de cabelo moreno e pel lixeiramente tostada.

Page 8: Todos os nen@s de todos os mundos

E non volo ides a crer pero, unha noite, un prato voador aterrou nos xardíns do palacio. Un extraterrestre traíalles uns nenos das galaxias. Dous diminutos seres luminosos de pel azulada, grandes ollos violetas e sete dedos en cada man.

Page 9: Todos os nen@s de todos os mundos

Cando as xentes os ven pasear exclaman marabillados:

- Que gran familia! Unha auténtica marabilla!

É o camiñar de todos os nenos de todos os mundos e como imaxinades a madriña de todos foi a bruxa INTERCULTURALIDADE. Adaptación do conto de CORINNE MACHON: Todos os nenos de todos os mundos.