Traballo powerpoint
description
Transcript of Traballo powerpoint
As señoritas de Avignon (Picasso, 1907)
Ciencia e Caridade (Picasso, 1897)
VANGARDA s.f. 1. Parte dun
exército que, como medida de
seguridade, vai diante do corpo
principal das forzas. 2. fig. Nun
movemento artístico, grupo dos
precursores ou dos que sosteñen a
tendencia máis avanzada (literatura
de vangarda).
As vangardas son movementos artísticos internacionais que se desenvolveron entre 1910-1930.
Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX e van buscar novas tendencias adoito.
Características:
•A liberdade creativa é o maior valor do artista.
•A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser
autónoma.
•Debe buscar a novidade e a orixinalidade.
•Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas normas
e a tradición.
•Antirromanticismo e antisentimentalismo.
Os diferentes movementos de vangarda chámanse ISMOS e constitúen distintas maneiras de renovación da arte. Os principais son:
1.Futurismo2.Cubismo3.Dadaísmo4.Surrealismo
•Creado polo italiano Marinetti.
•Exalta a modernidade, a velocidade, as
máquinas e o progreso.
•Destrúe totalmente a sintaxe,
prescindindo de adxectivos e adverbios
para lle dar máis mobilidade ao texto.
•Elimina a métrica.
1. Ata hoxe, a literatura exaltou a inmobilidade pensativa, a éxtase e o soño. Nós queremos exaltar o movemento agresivo, o insomnio febril, o paso lixeiro, o salto mortal, a labazada e a puñada.
2. […] Un automóbil de carreiras coa súa capó adornada de grosos tubos semellantes a serpes de alento explosivo..., un automóbil ruxinte é máis belo que a Vitoria de Samotracia.
3. Nós queremos cantar ao home que couta o volante… 4. Xa non hai beleza se non é na loita. Ningunha obra
que non teña un carácter agresivo pode ser unha obra de arte.
5. Nós queremos glorificar a guerra —única hixiene do mundo—, o militarismo, o patriotismo, o xesto destrutor dos libertarios, as fermosas ideas polas que se morre e o desprezo pola muller. […]
Deus vehemente dunha raza de aceiro,automóbil ebrio de espazo,que choras cheo de angustia, co freo nos dentesestridentes!Oh formidable monstro xaponés de ollos de fragua,nutrido de lapas e aceites minerais,famento de horizontes e presas sideraiso teu corazón expándese no seu taf-tafdiabólicoque os teus rexos pneumáticos se inchenpara as danzasque bailen polas brancas estradas do mundo.solto, por fin, as túas bridas metálicas...Lánzaste con embriaguez ao Infinito liberador
Marinetti
L. Balla: A nena que corre polo balcón.
•Descompón a realidade e recompona de
novo mediante formas xeométricas.
•Destaca a técnica da colaxe.
•En literatura destacan os caligramas –os
versos adoptan graficamente a forma do
seu contido- de G. Apollinaire.
COLAXE FUTURISTA CALIGRAMA
•Nace en Suíza con Tristan Tzara.
•Negación de todo, concibe a arte como
puro xogo.
•Movemento moi provocador.
•Pretende plasmar o caos e o absurdo que
sente o artista ante a situación mundial.
Para facer un poema dadaísta. Tristan Tzara
Colla un xornal. Colla unhas tesoiras. Escolla no xornal un artigo da lonxitude que conta darlle ao seu poema. Recorte o artigo. Recorte deseguido con coidado cada unha das palabras que forman o artigo e métaas nunha bolsa. Axítea suavemente. Agora saque cada recorte un tras outro. Copie concienzudamente na orde en que saian da bolsa. O poema parecerase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade feitizante, aínda que incomprendido polo vulgo.
George Grosz, Os piares da sociedade
Marcel Duchamp, 1913
Marcel Duchamp: A fonte
Marcel Duchamp-1919
•Liderado por André Breton.
•A arte debe expresar o subconsciente,
os soños e as emocións máis íntimas.
•Creación da escrita automática,
liberada da lóxica e da razón.
CADÁVER EXQUISITO SURREALISTA IMAXE SURREALISTA
Magritte
A influencia vangardista provocou unha renovación da
poesía galega en tres liñas diferentes:
1. Imaxinismo ou hilozoísmo
• Paisaxe humanizada
• Amado Carballo
2. Neotrobadorismo
• Formas da lírica medieval con temas contemporáneos
• Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro
3. Vangardismo
• Manuel Antonio
OS VELLOS
Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos –
aqueles son os devanceiros-. Os vellos son os que
escriben hoxe como se vivisen no antonte dos
séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respectar
ós devanceiros, é a mesma que nos ergue e move
para enterrar ós vellos en vida, baixo a lousa
inamovible da súa vulgaridade, pola acefalia que
supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe.Manuel Antonio , Máis alá
Efectivamente, o pacífico panorama en que vivía a nosa literatura, nunha autocomplacencia laudatoria de todo o que se escribía en galego, polo simple feito de estar escrito en galego, sufrirá unha conmoción en 1922 cando aparece publicado o manifesto “¡Máis alá!”Por primeira vez na historia das nosas letras aparecerá unha voz crítica, vehemente, moitas veces iracunda, que examine o noso pasado literario. [...]O manifesto, eminentemente xuvenil, era debedor da tradición de proclamas que se estaban a producir noutros países [de Europa]. [...]O que principalmente se critica nesta declaración é o ruralismo que invadía a todos os escritores ata a data.
Raña, Román; A noite das palabras.
Seoane, Mulleres na praia
Maside, Festa
- Utilización de distintos tipos de letra.- Supresión da puntuación ortográfica.- Supresión da disposición lineal do discurso.- Utilización do procedemento caligramáticoen escaleira moi do gusto da vangarda futurista.- Emprego de siglas (os puntos cardinais).- Utilización de palabras estranxeiras.- Emprego de terminoloxía técnica e maquinista con presenza dos novos inventos.