TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che...

6
Nesta ruta coñecerás como se elaboran algúns dos alimentos máis tradicionais e recoñecidos deste territorio: mariscos, patacas, churros artesanais, pan de Carral…, e a evolución dos seus procesos de elaboración ao longo do tempo, á vez que descobrirás outros alimentos máis innovadores, como as algas que, aínda que máis recentes nas nosas cociñas, xa utilizaban os cociñeiros máis recoñecidos. Unha variedade de aromas, cores e sabores que che deixarán o mellor dos recordos! 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 81 KM 6 CONCELLOS A Laracha, Arteixo, A Coruña, Culleredo, Carral y Cambre TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA A Coruña Carral a. Mariscos del Noroeste b. Bonilla a la Vista c. Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía d. Torre de Hércules e. Muiño de Mareas de Acea de Ama f. Antiga Fábrica de Cros g. Panadería Da Cunha h. Conxunto Etnográfico Costa de Égoa i. Portomuíños a b c d e i h g f Arteixo Culleredo Cambre

Transcript of TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che...

Page 1: TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che encantan as patacas e churros artesanais, non podes perderte a visita a Bonilla a la

Nesta ruta coñecerás como se elaboran algúns dos alimentos máis tradicionais e recoñecidos deste

territorio: mariscos, patacas, churros artesanais, pan de Carral…, e a evolución dos seus procesos de

elaboración ao longo do tempo, á vez que descobrirás outros alimentos máis innovadores,

como as algas que, aínda que máis recentes nas nosas cociñas, xa utilizaban os cociñeiros máis

recoñecidos. Unha variedade de aromas, cores e sabores que che deixarán o mellor dos recordos!

2 DÍAS (2 días - 1 noite)

81 KM

6 CONCELLOSA Laracha, Arteixo, A Coruña, Culleredo, Carral y Cambre

TRADICIÓN EINNOVACIÓN

NA MESAA Coruña

Carral

a. Mariscos del Noroesteb. Bonilla a la Vistac. Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxíad. Torre de Hérculese. Muiño de Mareas de Acea de Amaf. Antiga Fábrica de Crosg. Panadería Da Cunhah. Conxunto Etnográfico Costa de Égoai. Portomuíños

ab

cd

e

ih

gf

Arteixo

Culleredo Cambre

Page 2: TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che encantan as patacas e churros artesanais, non podes perderte a visita a Bonilla a la

A través da visita ás instalacións desta pintoresca depuradora e cetaria, rodeada polo mar e situada nun antigo enclave baleeiro, coñecerás os métodos empregados para a extracción do marisco. Poderás achegarte ás súas piscinas e observar de preto os distintos exemplares que distribúen e venden: centola, boi, lumbrigante, nécora, lagostino, mexillón, ameixa e berberechos. Saberías distinguilos todos? Despois desta visita seguro que si!

Datos de interese: Calle del Carmen s/n 15105 – Caión, A Laracha, A Coruña. Teléfono 981 604 150. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/mariscos-del-noroesteDuración aproximada da visita: 30 minDistancia ao seguinte punto de visita: 12 km

MARISCOS DEL NOROESTE

DÍA 1a

Tradición e innovación na mesa

Page 3: TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che encantan as patacas e churros artesanais, non podes perderte a visita a Bonilla a la

E se es unha persoa curiosa e con ganas de aprender, a visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía será para ti obrigada! Neste edificio, galardoado co Premio Nacional de Arquitectura, visitarás diversas salas de exposición temáticas (Patrimonio, Innovación española, Século XX, Iberia, Miscelánea), ademais dunha sala, denominada Maiúsculas, na que se mostran pezas de gran tamaño que che sorprenderán, como o primeiro acelerador de partículas construído pola Xunta de Enerxía Nuclear en 1957 ou un locomóvil do século XIX.

Datos de interese: Plaza del Museo Nacional, 1. 15011, A Coruña. Teléfono 900 100 134. Información más detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/museo-nacional-de-ciencia-e-tecnoloxiaDistancia al siguiente punto de visita: 5 km

MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA

E se che encantan as patacas e churros artesanais, non podes perderte a visita a Bonilla a la vista, toda unha institución no seu segmento de mercado, tanto en Galicia como fóra dela. Coa visita á súa liña de produción coñecerás a maneira artesanal na que se elaboran os seus produtos, tal e como viñan facéndoo os seus antepasados, e o esmerado coidado nos procesos de produción. A que agora te explicas que teñan ese exquisito sabor?

Datos de interese: Polígono de Sabón, Parcela 150, 15142 Arteixo, A Coruña. Teléfono 981 602 607. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/bonilla-la-vistaDuración aproximada da visita: 45 min. Distancia ao seguinte punto de visita: 15 km

c

BONILLA A LA VISTAb

Tradición e innovación na mesa

Page 4: TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che encantan as patacas e churros artesanais, non podes perderte a visita a Bonilla a la

Datos de interese: Avda. de Navarra, s/n 15002, A Coruña. Teléfono 981 223 730. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/torre-de-herculesDistancia ao seguinte punto de visita: 13 km

TORRE DE HÉRCULES

Declarada Ben de Interese Cultural (BIC), e incluída dentro da Lista do Patrimonio Mundial por ser o único faro romano utilizado aínda para a sinalización marítima, neste lugar gozarás dunha valiosa testemuña dos sistemas de navegación da Antigüidade, e da proba da continuidade da ruta marítima do Atlántico ao longo das diversas épocas históricas.

Estes muíños, datados no século XII, son os máis antigos da súa tipoloxía en Galicia, aínda que sufriron numerosas reformas ao longo da súa existencia. Hoxe en día salvagardan no seu interior salas de exposicións etnográficas, así como un museo dedicado a Andrés Pan Vieiro, alcalde de Culleredo na década dos 20, e promotor dunha fábrica industrial de fariña situada preto dos muíños e dedicada hoxe a edificio multiusos.

Datos de interese: Avda. de Acea da Ama. 15670 Culleredo, A Coruña. Teléfono 981 665 597. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/muino-de-mareas-de-acea-de-amaDistancia ao seguinte punto de visita: 1 km

MUÍÑO DE MAREAS DE ACEA DE AMAe

d

Tradición e innovación na mesa

Page 5: TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che encantan as patacas e churros artesanais, non podes perderte a visita a Bonilla a la

DÍA 2

Datos de interese: Calle de Abegondo, 9, 15009, A Coruña. Teléfono 981 671 533. Información más detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/panaderia-da-cunhaDuración aproximada da visita: 40 minutosDistancia ao seguinte punto de visita: 9 km

PANADERÍA DA CUNHA

A continuación, na visita guiada en Panadería da Cunha, coñecerás “in situ” o proceso de elaboración do famoso Pan de Carral, desde o muíño ao obradoiro de pan. E non te marches sen adquirir e degustar a súa ampla gama de produtos!

g

Datos de interese: Rúa do Pintor Julio Fernández Argüelles, 15189 Culleredo, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/antiga-fabrica-de-crosDistancia ao seguinte punto de visita: 10 km

ANTIGA FÁBRICA DE CROS

E ao día seguinte, de camiño á túa seguinte visita, recomendámosche que fagas unha parada nesta antiga fábrica de química de superfosfatos para o seu uso como fertilizantes. A finais da década de 1980, coa creación de Ercros, S.A., estas instalacións abandonáronse, e boa parte das antigas instalacións foron demolidas, fóra de dous grandes edificios sobre os que se interveu recentemente para conservar os elementos estruturais.

f

Tradición e innovación na mesa

Page 6: TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA - Turismo da Deputación ... · CIENCIA E TECNOLOXÍA E se che encantan as patacas e churros artesanais, non podes perderte a visita a Bonilla a la

Datos de interese: Plaza Casares Quiroga, 5, Urb. A Barcala. 15660 Cambre, A Coruña. Teléfono 981 688 030. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/portomuinos.Duración aproximada da visita: 1 hora

PORTOMUÍÑOS

Por último, a través da visita ás instalacións desta empresa pioneira en Galicia na elaboración e comercialización de conservas de algas, coñecerás a enorme variedade de produtos do mar cos que traballan, e na aula de Cociña by Portomuiños, un espazo multifuncional situado no interior das súas instalacións, as súas propiedades e usos culinarios, ademais doutras curiosidades. Non te esquezas de seguirlles a pista, pois esta empresa organiza periodicamente xornadas gastronómicas, cursos de cociña, encontros profesionais, etc. Unha innovadora experiencia culinaria!

i

h.

Datos de interese: Lg. Beira, 15175 Carral, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/reinventando-la-alimentacion/conxunto-etnografico-dos-muinos-da-costa-da-egoaDistancia ao seguinte punto de visita: 16 km

CONXUNTO ETNOGRÁFICO COSTA DE ÉGOA

Nesta visita coñecerás catorce muíños en torno ao curso do río Abelleira, vinculados fundamentalmente á moenda de trigo para o pan. Ademais da beleza da paisaxe, o conxunto é moi interesante polo seu valor didáctico, xa que poderás observar tres secuencias de muíños (da máis antiga á máis moderna), así como os restos dunha pequena fábrica de luz, o que che dará unha idea da evolución e as técnicas utilizadas neste tipo de instalacións ao longo do tempo.

h

Tradición e innovación na mesa