Transformacións económicas e sociais. tema 10

10
TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS E SOCIAIS NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX Debilidade e fragmentación do desenvolvemento industrial. Emerxencia do sistema financeiro. Debilidade do mercado nacional. Desindustrialización e novos sectores en Galicia. O primeiro terzo do século XX foi a época da segunda Revolución Industrial, na que a enerxía do vapor foi substituída pola electricidade e polo petróleo e xurdiron novos sectores industriais ligados a unha eclosión científico-técnica. En España, a introducción destas novidades produciuse a pesar do tardío e desequilibrado proceso de industrialización, e presentou unha serie de trazos característicos: Doc.9245 — O crecemento moderado do sector secundario, acelerado só polo impacto da Primeira Guerra Mundial, que, ao posibilitar o aumento das exportacións, fomentou o incremento produtivo do carbón, do ferro, dos alimentos, das materias primas, dos textiles e dos produtos metalúrxicos. Todo iso potenciou o desenvolvemento dos centros produtores: País Vasco, Asturias, Santander e Cataluña. — A escasa competitividade, condicionada por un mercado interior pouco expansivo e irregular, relacionado aínda coas crises agrarias. O proteccionismo acentuou esta tendencia, que se corrobora coa dependencia de capitais, materias primas e tecnoloxía estranxeiros. — A rexionalización industrial, que consolidou a industria nas zonas tradicionais. Así, Cataluña ramificou e diversificou a súa produción nos sectores químico, hidroeléctrico, do cemento ou metalúrxico. Tamén en Biscaia, onde a minaría e a siderurxia impulsaron outros sectores, se asentou un sólido núcleo industrial e financeiro. Madrid despuntou como a principal praza financeira. — A diminución progresiva do peso da industria de bens de consumo e o aumento da industria de bens de equipo. — A consolidación do sector bancario, clave para expandir os investimentos e os medios de pago. Nestes anos creáronse algún dos grandes bancos do país, o que demostra a forte acumulación conseguida nos negocios e a importancia dos capitais repatriados tras a perda colonial. A estreita unión que se iniciou neses anos entre a banca e a industria perdurou ata a actualidade. Os sectores industriais O sector punteiro da industrialización española desde o século XIX, a industria téxtil do algodón, seguiu concentrado nun 90%en Cataluña, onde ocupaba unha posición preeminente. Aínda que sufriu un proceso de desaceleración nestes anos, contribuíu a impulsar outros sectores: alimentación, química (branqueadores e tinguiduras), electricidade etc. O sector da la modernizou as súas técnicas e consolidouse en

Transcript of Transformacións económicas e sociais. tema 10

Page 1: Transformacións económicas e sociais. tema 10

TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS E SOCIAIS

NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX

Debilidade e fragmentación do desenvolvemento industrial. Emerxencia do sistema financeiro. Debilidade do mercado nacional. Desindustrialización e novos sectores en Galicia.

O primeiro terzo do século XX foi a época da segunda Revolución Industrial, na que a enerxía do vapor foi substituída pola electricidade e polo petróleo e xurdiron novos sectores industriais ligados a unha eclosión científico-técnica. En España, a introducción destas novidades produciuse a pesar do tardío e desequilibrado proceso de industrialización, e presentou unha serie de trazos característicos:

Doc.9245— O crecemento moderado do sector secundario, acelerado só polo impacto da

Primeira Guerra Mundial, que, ao posibilitar o aumento das exportacións, fomentou o incremento produtivo do carbón, do ferro, dos alimentos, das materias primas, dos textiles e dos produtos metalúrxicos. Todo iso potenciou o desenvolvemento dos centros produtores: País Vasco, Asturias, Santander e Cataluña.

— A escasa competitividade, condicionada por un mercado interior pouco expansivo e irregular, relacionado aínda coas crises agrarias. O proteccionismo acentuou esta tendencia, que se corrobora coa dependencia de capitais, materias primas e tecnoloxía estranxeiros.

— A rexionalización industrial, que consolidou a industria nas zonas tradicionais. Así, Cataluña ramificou e diversificou a súa produción nos sectores químico, hidroeléctrico, do cemento ou metalúrxico. Tamén en Biscaia, onde a minaría e a siderurxia impulsaron outros sectores, se asentou un sólido núcleo industrial e financeiro. Madrid despuntou como a principal praza financeira.

— A diminución progresiva do peso da industria de bens de consumo e o aumento da industria de bens de equipo.

— A consolidación do sector bancario, clave para expandir os investimentos e os medios de pago. Nestes anos creáronse algún dos grandes bancos do país, o que demostra a forte acumulación conseguida nos negocios e a importancia dos capitais repatriados tras a perda colonial. A estreita unión que se iniciou neses anos entre a banca e a industria perdurou ata a actualidade.

Os sectores industriaisO sector punteiro da industrialización española desde o século XIX, a industria téxtil do

algodón, seguiu concentrado nun 90%en Cataluña, onde ocupaba unha posición preeminente. Aínda que sufriu un proceso de desaceleración nestes anos, contribuíu a impulsar outros sectores: alimentación, química (branqueadores e tinguiduras), electricidade etc. O sector da la modernizou as súas técnicas e consolidouse en Sabadell e en Tarrasa, que desbancaron a Castela. Outras industrias de consumo, como a de alimentación (especialmente conservas e fariñas), papel ou moble, experimentaron un crecemento e un avance técnico notables, estimuladas polo crecemento da demanda urbana e pola diminución dos custos enerxéticos que comportou a introdución da electricidade. Estas novas industrias situáronse en ocasións en zonas que non experimentaran a primeira fase da industrialización, como Galicia, onde se desenvolveu unha importante industria conserveira, que ademais serviu de dinamizadora doutras actividades industriais, como a construción naval. A industria siderúrxica, desenvolvida grazas aos capitais acumulados na minaría, consolidouse en Biscaia en detrimento dos núcleos asturiano, santanderino e andaluz. Os grandes beneficios de Altos Fornos de Biscaia (1902) estimularon a creación de Altos Fornos do Mediterráneo (Sagunto, 1917). As innovacións tecnolóxicas da produción de aceiro fomentaron o crecemento das empresas de construcións mecánicas, navais e de material ferroviario.

As novas industriasO elevado prezo do carbón motivou que a enerxía eléctrica alcanzase un gran

desenvolvemento e desprazase rapidamente o vapor nas industrias. As innovacións

Page 2: Transformacións económicas e sociais. tema 10

tecnolóxicas, que permitiron transportar a electricidade a grandes distancias, e o establecemento de liñas de alta tensión fomentaron a construción de grandes centrais hidroeléctricas nos cursos fluviais. Os fortes investimentos de capital para explotar e distribuír o fluído eléctrico potenciaron a creación de grandes empresas de capital vasco, como Hidroeléctrica Española (1907), ou estranxeiro, como Forzas e Regas do Ebro, coñecida como A Canadense (filial da Barcelona Traction, Light & Power).

O sector químico experimentou un considerable impulso coa fabricación de fertilizantes (fosfatos), tinguiduras, branqueadores, explosivos e fibras artificiais. Dependentes do capital estranxeiro e orientadas ao mercado interior a causa do proteccionismo, destacan as empresas Cros e Solvay. Tamén o cemento, vinculado á expansión da construcción, alcanzou unha grande difusión e diversificación rexional.

O petróleo, unha nova fonte de enerxía, e o motor de explosión revolucionaron os medios de transporte terrestres e desenvolveuse a nova industria do automóbil (coches, camións...). Aínda que en España se desenvolveu tardiamente, xa en 1904 a compañía Hispano-Suíza fabricaba automóbiles de luxo para a exportación. Por último, hai que mencionar o desenvolvemento das telecomunicacións grazas ás grandes innovacións do sector: o teléfono, o telégrafo e a radio, que a partir de 1924, ano en que se creou a primeira emisora de radio, Radio Barcelona, foi converténdose nun medio de comunicación de masas tamén en España.

Evolución demográfica. A sociedade española dos primeiros trinta anos do século experimentou unha serie de

transformacións que repercutiron no seu ritmo de crecemento e na súa distribución espacial. O crecemento sostido da poboación permitiu, por fin, completar o modelo de desenvolvemento demográfico característico de Europa occidental, e a súa notable concentración nas cidades estimulou cambios urbanos considerables. A modernización económica repercutiu tamén na composición da poboación.

O crecemento da poboaciónA poboación española aumentou fortemente desde 1900, con taxas de crecemento

vexetativo que incluso superaron o 10 % ao final do período, por riba das do resto dos países de Europa occidental. A combinación dunhas elevadas taxas de natalidade, que só iniciaron a tendencia á baixa tras a Primeira Guerra Mundial, e un acusado descenso da mortalidade explica este fenómeno. As causas deste comportamento demográfico hai que buscalas, polo que respecta á natalidade, na modernización da sociedade, que aumentou o control da natalidade para adaptarse á vida urbana. A incorporación das mulleres ao traballo nas fábricas e a carga económica que os fillos supoñían nas sociedades urbanas acentuaron esta tendencia. Doc.14 Doc.15

O descenso da mortalidade está relacionado coas melloras hixiénicas, sanitarias, de servizos públicos e da alimentación, e co retroceso da mortalidade catastrófica, ocasionada polas grandes epidemias. A última que padeceu España foi a chamada gripe española, que se transmitiu máis amplamente debido aos movementos de tropas da Primeira Guerra Mundial.

As cifras oficiais ascendían a 147 144 mortos en España, aínda que as cifras reais superaron os 250 000 entre 1918 e 1919; calcúlase que provocou entre 50 e 100 millóns de mortes en todo o mundo. Deste modo, entre 1900 e 1930, se ben cun atraso de case un século respecto ao resto de Europa, introduciuse en España o modelo demográfico occidental.

O aumento da poboación foi superior nas clases altas e na periferia peninsular, mentres que as clases baixas e as rexións do centro (as dúas Castelas, Aragón, León, Estremadura), excepto Madrid, creceron menos en relación co grao de industrialización. A poboación en Galicia presentou unha tendencia de crecemento moderado pero continuo. Este aumento estivo fortemente condicionado por un saldo migratorio de signo negativo. As elevadas taxas de natalidade e de mortalidade sufriron unha importante redución, sobre todo esta última, de modo que o crecemento vexetativo superou as perdas producidas pola emigración transoceánica. No entanto, nalgunhas rexións cunhas estruturas económicas arcaicas, como Andalucía, a poboación aumentou aceleradamente, o que propiciou unha corrente migratoria cara ás rexións industrializadas da periferia peninsular e a Madrid. Nas rexións máis industrializadas (Cataluña, País Vasco) o crecemento poboacional debeuse en gran medida á inmigración, como demostra o feito de que en 1920 un 40 % da poboación das grandes urbes non nacera nelas. A composición da poboación inmigrada, nova e en idade fértil, tendeu a rexuvenecer estas zonas.

Page 3: Transformacións económicas e sociais. tema 10

Os movementos migratorios. Efectos da emigración en Galicia

O aumento do crecemento vexetativo suscitou unha maior mobilidade espacial da poboación. As migracións interiores intensificáronse considerablemente, sobre todo na década dos anos vinte. Aproximadamente, 1 200 000 persoas abandonaron as zonas rurais para desprazarse a zonas urbanas. As rexións industriais, País Vasco e Cataluña, ademais de Madrid e as capitais de provincia, foron as máis importantes receptoras deste continxente humano. As principais rexións emisoras de poboación foron Andalucía, Aragón e Murcia. Como consecuencia, se en 1900 só un 9 % da poboación vivía en cidades de máis de 100 000 habitantes, en 1930 a proporción era dun 15 %. O rápido crecemento urbano acelerou o proceso de transformacións urbanísticas iniciado xa no século XIX. As cidades non puideron absorber o rápido crecemento, o que provocou graves desequilibrios e problemas urbanísticos. A falta de vivendas propiciou a autoconstrución en barrios obreiros e industriais que carecían de todo tipo de servizos e equipamentos. Non obstante, a remodelación urbanística e a construción de novos barrios estaba en pleno desenvolvemento tras o derribamento das murallas e a apertura dos ensanches iniciados no século anterior. Estas actuacións cambiaron acusadamente a morfoloxía urbana, que adoptou unha nova configuración, con novos trazados como o das cidades lineais ou os barrios de cidade xardín. Ademais, as cidades incorporaron axiña algunhas innovacións técnicas, como a iluminación eléctrica, as conducións de gas ou os ferrocarrís metropolitanos. En Galicia, aínda que a taxa de urbanización era moi baixa (9,1% en 1900), as cidades comezaron a medrar grazas ao crecemento demográfico, a que acollen poboación do rural e á crecente industrialización.

A emigración exterior entre 1900 e a Primeira Guerra Mundial alcanzou unhas cifras sen precedentes. Tratouse dunha emigración maioritariamente de poboación nova masculina, principalmente campesiños, que se desprazaron cara a América Latina, sobre todo a Arxentina, Cuba e Brasil, cara ao norte de África, en especial a Alxeria, e a Francia. A principal área emisora desta emigración foi Galicia, pero aumentaron os emigrantes do centro e do sur de España e da zona de Levante. Nos anos trinta a emigración exterior reduciuse bruscamente polo cerramento de fronteiras propiciado pola crise económica mundial.

O movemento obreiro e as organizacións campesiñas. O agrarismo na Galicia caciquil.

O problema agrario. A situación da agriculturaO enorme peso que a agricultura tiña na vida española e a desigual repartición da

propiedade da terra constituíron, como xa vimos, un problema recorrente ao longo de todo o século XIX e principios do XX. A preocupación modernizadora, manifestada nas reformas abordadas desde o Estado para intentar acabar co atraso agrario, que dificultaba o crecemento industrial, tivo a súa culminación coa reforma agraria da Segunda República. Non obstante, as tensións sociais no campo español evidenciaron a persistencia das adversas condicións sociolaborais dos campesiños.

Estrutura da propiedade da terra: problema e soluciónsA realidade no campo español do primeiro terzo do século XX viña marcada pola enorme

desigualdade, unha das maiores de Europa, na estrutura da propiedade e na distribución da terra. A desigual explotación da terra incidía nos baixos rendementos agrícolas e dificultaba a extensión dunha revolución técnica comparable á que se dera noutros países occidentais. A pertinaz situación de miseria dos agricultores sen terra provocou, como xa vimos, revoltas sociais de importancia, como as de 1905, ocasionadas pola seca, ou as do denominado trienio bolxevique (1918-1921), na crise da posguerra. Desde principios de século, os gobernos iniciaron tímidas reformas, que se sumaron aos intentos reformistas levados a cabo polos liberais no século XIX. Deste modo, unha lei de 1907 permitiu colonizar 14 470 hectáreas e darlles terras a 1 679 colonos; e en 1917 o Estado comprou 71 588 hectáreas para repartilas entre campesiños, que debían pagar ao contado o 20 % do seu valor.

Ademais, toda unha serie de medidas lexislativas para impulsar o regadío demostra que se consideraba necesaria e urxente a modernización da agricultura. Os rexeneracionistas

Page 4: Transformacións económicas e sociais. tema 10

favoreceron a implantación do regadío co Plan de Obras Hidráulicas en 1902 e, durante a ditadura de Primo de Rivera, creáronse as Confederacións Hidrográficas. A lei de Obras de Posta en Rega (1932) e o Plan de Obras Hidráulicas de 1933 foron a contribución da Segunda República a esta política de regas, truncada polo inicio da Guerra Civil. Todas estas medidas amosáronse insuficientes e xa vimos como durante a República se abordou unha ambiciosa reforma agraria.

A reforma agrariaA reforma agraria tiña como obxectivos redistribuír a propiedade, asentando de 60 000

a 75 000 campesiños cada ano, e crear unha clase de medianos propietarios. As terras expropiadas pasaban a ser propiedade do Instituto de Reforma Agraria (IRA), que llelas entregaba ás xuntas provinciais para distribuílas entre as comunidades de campesiños, que decidían a súa explotación colectiva ou individual. A aplicación da reforma tivo poucos resultados debido á falta de recursos, á complexidade da lei e á lentitude da súa execución, o que favoreceu algunhas revoltas campesiñas en Andalucía e en Estremadura.

Doc.6Ademais, a partir de 1935, levouse a cabo unha auténtica contrarreforma que lles

permitiu aos propietarios expulsar os campesinos asentados nas súas terras. En 1936, co triunfo da Fronte Popular, os campesiños ocuparon espontaneamente miles de hectáreas que o IRA legalizou posteriormente. Deste modo, entre marzo e xullo de 1936 ocupáronse 527 055 hectáreas e asentáronse 110 921 campesiños. Ao iniciarse a Guerra Civil, este proceso acelerouse na zona republicana coa expropiación de terras dos sublevados e completouse coa experiencia colectivista. Na zona sublevada, en cambio, os rebeldes procederon á anulación da reforma agraria, devolvéndolles as terras aos seus antigos propietarios.

A redención dos forosEn Galicia, subsistía o problema dos foros ou contratos polos que o propietario das

terras llas cedía ao campesiño a cambio do pagamento dunha renda. Desde mediados do século XIX levouse a cabo a defensa de posicións antiforais que reivindicaban o acceso dos foreiros á propiedade das terras a través da redención dos foros, é dicir, a súa eliminación mediante o pagamento dunha indemnización aos perceptores das rendas. Pero non foi ata o primeiro terzo do século XX cando se solucionou de xeito definitivo a problemática foral. Os intentos de suprimir o sistema foral durante o século XIX encontráronse coa oposición dos rendistas. Porén, desde comezos do século XX, a liquidación do réxime foral fíxose máis factible grazas:

– Á maior concienciación do campesiñado sobre o problema foral. Os campesiños agrupáronse en sociedades agrarias, que defendían a desaparición do foro e que acadaron unha maior capacidade de manobra a través do agrarismo.

– A un certo grao de prosperidade agraria grazas aos beneficios obtidos da venda do gando vacún.

Ao diñeiro procedente dos familiares emigrados a América.

Houbo que agardar ata a aprobación do Decreto de Redención Foral de 1926, durante a Ditadura de Primo de Rivera, para que tivese lugar a tan esperada reforma do réxime de propiedade da terra. Este decreto contemplaba a redención dos foros, pola que os pagadores

da renda podían converterse, tras o pago dunha indemnizacion, en propietarios das terras. Non houbo protestas ante a lei, porque as redencións xa se estaban a facer desde anos atrás por acordo entre as partes e a partir de 1924 as redencións foron máis numerosas. O diñeiro que necesitaban os campesiños para pagar as indemnizacións das redencións dos foros e converterse en propietarios da terra procedía das remesas de cartos chegados de América e dos ingresos derivados da comercialización do gando. Grazas a este proceso redencionista, os campesiños galegos pasaron a ser propietarios da terra. Formouse así un grupo social de pequenos campesiños propietarios e desapareceu a fidalguía.

A evolución da agriculturaA crise agraria de finais do século XIX, provocada pola chegada de produtos

alimenticios a baixo prezo desde Estados Unidos e Rusia, superouse a base de establecer novas barreiras arancelarias para encarecer os produtos foráneos, aínda que os presos agrícolas eran aínda superiores aos estranxeiros. A produción experimentou un crecemento

Page 5: Transformacións económicas e sociais. tema 10

notable nos primeiros 36 anos do século, se ben a produtividade e os rendementos eran aínda baixos, sobre todo nos cereais.

O desenvolvemento agrario estivo motivado por un aumento da superficie cultivada dun 23 % (2,5 millóns de hectáreas traballadas) e por unha intensificación dos cultivos conseguida por un progreso moderado das innovacións técnicas a utilización crecente de fertlizantes químicos, a diminución do barbeito, a mellora da maquinaria agrícola e o aumento da rega. En canto á distribución rexional dos cultivos e á súa evolución, o cereal e as leguminosas predominaban en Andalucía, en Estremadura e nas dúas Castelas. O incremento da produción, porén, non estivo acompañado dun desenvolvemento técnico. Os cultivos máis dinámicos e orientados á exportación eran: a vide, especialmente en Andalucía, Cataluña e A Rioxa; a oliveira, en Andalucía e Cataluña; e os cítricos e os produtos hortifrutícolas, localizados en Levante. A expansión destes últimos estivo en relación co crecemento do regadío. A viña non alcanzou os niveis do século XIX, anteriores á praga da filoxera, pero a oliveira triplicou a súa produción. Durante a Segunda República, estes sectores máis avanzados da agricultura sufriron un atraso debido á caída das exportacións pola crise mundial. En cambio, a agricultura cerealeira tivo un grande auxe, con máximos de produción en 1932 e 1934. En liñas xerais, a transformación da agricultura non foi suficientemente profunda como para xerar unha forte demanda que impulsase o proceso de industrialización e o situase á altura europea; non obstante, conseguiu ser un estímulo para o desenvolvemento dalgunhas ramas industriais.

En Galicia, as melloras técnicas atinxiron á reconversión do sistema de cultivos, á incorporación de maquinaria e de fertilizantes químicos, ao crecemento e á especialización do gando vacún, e á integración no mercado. A reconversión do sistema de cultivos afectoulles á desaparición do barbeito, á diversificación da produción, ao crecemento do espazo dedicado a leguminosas, patacas e produtos forraxeiros, e ao aumento das pradarías artificiais; o que implica o crecemento da produtividade agraria e un gran desenvolvemento do gando. Coa mercantilización dos excedentes gandeiros, que comezan a atopar un mercado interior español, o labrego galego obtivo unha importante fonte de ingresos, mellorou as terras, creou prados e empregou maquinaria e a selección xenética das razas gandeiras.

O agrarismoO agrarismo foi un gran movemento social galego no que participaron de forma intensa e

masiva os labregos, que se levantaron e se organizaron para reclamar unha reforma agraria. Desenvolveuse desde finais do século XIX ata 1926. A finais do século XIX comezaron a xurdir, por toda Galicia, sociedades agrarias parroquiais, sindicatos e federacións municipais, comarcais e provinciais, nos que se involucraron moitos sectores da poboación galega. En 1923 chegaron a estar censadas 234 sociedades e 801 sindicatos en toda Galicia. A mobilización campesiña estivo canalizada por unha serie de asociacións: Solidaridad Gallega, a Unión Campesina, o Directorio Antiforista de Teis, Acción Gallega e Basilio Álvarez e o agrarismo católico. Amplas capas do campesiñado participaron nestas organizacións para conseguir a redención dos foros. As capas medias do campesiñado tamén nutriron os sindicatos, coa pretensión de poder adquirir, con vantaxes, fertilizantes e maquinaria e de vender mellor os produtos. Militaron tamén destacadas personalidades con propostas ideolóxicas dispares, pero co obxectivo común de loitar polas melloras dos campesiños. Cada vez eran máis as voces que pedían cambios: sectores da burguesía comercial afectados pola mingua das exportacións, clases medias e urbanas, emigrantes retornados etc.

Demandaban a propiedade da terra a través da redención dos foros, a modernización técnica das explotacións, mellores axudas para a comercialización dos produtos agrarios e a eliminacón do caciquismo. Os seus principais opositores eran os fidalgos propietarios. O agrarismo estimulou a conciencia política dos campesiños a través da prensa, de mitins e de concentracións agraristas, pero tamén xerou unha intensa conflitividade no mundo agrario.

Dentro do agrarismo houbo diversidade ideolóxica e de tendencias que se desenvolveron desde finais do século XIX e ao longo do primeiro terzo do XX, período no que o rural galego viviu un momento de axitación. Foron moi variadas e opostas as ideoloxías, desde os católicos

aos anarquistas, todos eles interesados en lograr melloras para os labregos e en resolver os dous problemas básicos: os foros e o caciquismo.

Page 6: Transformacións económicas e sociais. tema 10

Etapas do agrarismoAs etapas do agrarismo foron as seguintes:— Desde finais do século XIX ata 1906. O agrarismo comezou coa creación das

primeiras organizacións agraristas que foron as sociedades agrícolas, acollidas á Lei de Asociación de 1887, e os sindicatos agrarios, ao abeiro da Lei de Sindicatos Agrícolas de 1906. Estas primeiras asociacións agrarias tiñan varias funcións: asociar agricultores, defender os seus intereses comúns, crear formas de crédito para a agricultura etc.Doc.27

— Entre 1907 e 1910. A partir de 1907 xurdiu unha serie de asociacións, de ámbito comarcal ou provincial, que lle deron impulso ao movemento agrarista: A Unión Campesina (1907-1910), de tendencia anarquista, operou nas proximidades da Coruña e defendeu a eliminación do foro. Solidaridad Gallega, fundada en 1907, tamén tivo unha actuación agrarista, ademais de electoral, xa que loitou pola redención dos foros e contra os caciques por medio de mitins, asembleas, concentracións etc. Desapareceu en 1912 como consecuencia das diferentes ideoloxías dentro do grupo (carlistas, rexionalistas, republicanos etc.). O Directorio Antiforista de Teis (1907-1913) agrupaba asociación agraristas da provincia de Pontevedra e defendía a eliminación do sistema foral e a loita contra os caciques.

— De 1910 e 1923. A partir de 1910, a mobilización agrarista experimentou un forte pulo grazas, en parte, á creación da asociación Acción Gallega (1912), na que militaba o principal líder do agrarismo, o crego Basilio Álvarez. O programa de Acción Gallega sintetizábase en dez puntos: a redención dos foros, a extirpación do caciquismo, o fomento do turismo, o establecemento de Bancos e Caixas de Aforro Agrícolas etc. Son momentos de numerosos mitins e manifestacións, dos que algúns remataron con violencia e coa morte de varios labregos, como os sucesos que tiveron lugar en Nebra (1916) ou Sobredo (1922). Axiña comezaron as persecucións contra o grupo, e en particular contra Basilio Álvarez.

— Durante a ditadura de Primo de Rivera. As sociedades e sindicatos agrarios experimentaron un freo importante, excepto as de orientación católica, que eran as únicas que se mantiveron na legalidade. O agrarismo católico foi moi activo, xa desde 1906, cando comezaron a implantarse sociedades agrarias católicas co obxectivo de paliar por medio de cooperativas os efectos negativos da introdución do capitalismo no campo e de preservar o campo dos perigos do socialismo e do anarquismo. As Federacións Católico-Agrarias de Mondoñedo, Lugo, A Coruña e Tui agruparon ducias de sindicatos cun obxectivo cooperativo e cunha actividade orientada cara á adquisición de bens industriais (maquinaria, fertilizantes) e á ordenación da comercialización da produción gandeira. Foi durante esta época cando tivo lugar a tan ansiada reforma do réxime de propiedade da terra coa redención dos foros de 1926. No remate da ditadura, o agrarismo comezou a paralizarse e a fragmentarse, incluídos os sindicatos católicos.— Durante a Segunda República, o agrarismo presentou unha gran diversidade ideolóxica, xa que contaba con sindicatos, sociedades e federacións de inspiración católica, republicana, galeguista etc. A Guerra Civil púxolle fin ao movemento agrarista.

Situación da muller e movementos feministas. A condición social das mulleres ao iniciarse o século XX non variara demasiado en España

respecto á segunda metade do século anterior. As mulleres seguían carecendo dos dereitos legais dos que gozaban os homes, aos que continuaban sometidas, e estaban sumidas na incultura e no analfabetismo. Por exemplo, en 1900 o 66% das mulleres españolas eran analfabetas, fronte a un 47,5% dos homes. As mulleres de clase baixa, que representaban un 14 % da poboación activa en 1930, víanse obrigadas a realizar as tarefas do fogar e o traballo no campo, na fábrica ou no servizo doméstico. Ademais, as mulleres padecían unha clara segregación laboral e cobraban uns salarios ata un 48 % inferiores aos dos homes. O movemento organizado de reivindicación dos dereitos das mulleres, ou movemento feminista, non apareceu en España ata despois da Primeira Guerra Mundial, cando nos países occidentais

xa se conseguira a súa principal reivindicación, o dereito ao voto. En España, foi un movemento minoritario e carente de radicalización que serviu para difundir o debate sobre o papel social da muller e a defensa dos seus dereitos laborais, sociais, económicos e políticos. Ao coincidir coas tensións sociopolíticas destes anos, o movemento impregnouse de connotacións políticas, o que fixo imposible a existencia dun feminismo independente. A primeira organización feminina, a Asociación Nacional de Mulleres Españolas (1918), inscribíase nunha corrente moral e idealista, vinculada ao catolicismo e ás asociacións de caridade, que se preocupaba por mellorar a educación da muller e esixir algúns dereitos legais.

Page 7: Transformacións económicas e sociais. tema 10

De carácter conservador, as súas fundadoras pertencían á aristocracia. Os partidos de esquerda, máis preocupados polas reivindicacións de clase ca polas de xénero, non lles deron especial importancia a estes movementos. En 1910 estableceuse o libre acceso á universidade e en 1918 permitiuse o ingreso da muller na Administración pública, medidas que favoreceron as mulleres de clase media e alta; non obstante, ata a Segunda República non se plasmou, en gran parte, a emancipación feminina. A equiparación legal cos homes en todos os planos, a elexibilidade das mulleres, o dereito ao sufraxio (despois de fortes debates), o matrimonio civil, o divorcio e a extensión da educación, que aumentou a escolarización feminina dun 14 % a un 32 %, foron logros alcanzados máis polo afán renovador republicano ca pola presión do tímido feminismo. Os cambios republicanos serviron para amplificar o discurso feminista, e houbo unha eclosión de organizacións ligadas aos partidos políticos. Deste modo, constituíronse a comunista Agrupación de Mulleres Antifascistas, a anarquista Mulleres Libres e a republicana Asociación Republicana Feminina. Varias mulleres chegaron a ser parlamentarias, entre as que destacan Clara Campoamor, defensora en solitario no Parlamento do sufraxio femenino, Victoria Kent, que ocupou a Dirección Xeral de Prisións, e Margarita Nelken. Non obstante, non existía un movemento especificamente feminista e estasorganizacións defendían o ideario dos seus respectivos partidos. Entre 1936 e 1939 o esforzo bélico marxinou o discurso emancipador da muller e deixou a un lado a controversia feminista. Na zona republicana, a muller incorporouse á fronte coas milicias populares ata que se reorganizou o exército en 1937 e, despois, participou na organización da retagarda. A primeira muller ministra de España foi Frederica Montseny, á fronte do Ministerio de Sanidade e Asistencia Social (1936-1937). Na zona sublevada, a Sección Feminina de Falanxe, creada en 1934, articulou tamén a participación da muller na retagarda, pero baixo uns principios ideolóxicos diferentes: abnegación, disciplina, entrega e subordinación ao home.