TRÍPTICO ESO

2
A ESO A E.S.O (Educación Secundaria Obrigatoria), é a etapa educativa que vén despois da Primaria. Comprende catro cursos, que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO ¿ONDE SE CURSA A E.S.O? Cúrsase nos Institutos de Educación Secundaria (IES). A ti, coma a tódol@s alumn@s deste colexio, correspóndelles o IES de Curtis. HORARIOS E MATERIAS Na ESO o número de horas de clase é un pouco máis elevado que na Primaria (en total terás 32 sesións). Nos tres primeiros cursos cúrsanse as seguintes materiase: - Lingua Galega e literatura. - Lingua Castelá e literatura. - 1ª Lingua estranxeira . - 2ª Lingua estranxeira - Matemáticas. - Ciencias da Natureza. - Ciencias sociais, Xeografía e Historia. - Educación Física. Ademais estudarase: - En 1º Educación Plástica e Visual. - En 2º Educación Musical e Educación para a cidadanía e os dereitos humanos. - En 3º Tecnoloxía e unha opotativa. Neste curso Ciencias da Natureza desdóbrase en Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química. O curso ten carácter orientador. Ademais de 7 materias obrigatorias haberá 3 optativas. Tamén terás que escoller entre Relixión Católica ou a alternativa a ela. A AVALIACIÓN NA ESO Na E.S.O., a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumndo será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo. Se se advirte que un alumno ou alumna non progresa adecuadamente adaptaranse as medidas de Reforzo Educativo coa finalidade de qeu adquira as aprendizaxes necesarias para continuar. A información sobre a avaliación que fai o profesorado (as notas) é trimestral. -HORARIO: Luns a venres: -Mañás: 8,45 a 14,25 horas Martes: - Tarde: 16,20 18 horas

Transcript of TRÍPTICO ESO

Page 1: TRÍPTICO ESO

A ESO

A E.S.O (Educación Secundaria

Obrigatoria), é a etapa educativa que

vén despois da Primaria.

Comprende catro cursos, que se

realizarán ordinariamente entre os 12 e

os 16 anos de idade.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

¿ONDE SE CURSA A E.S.O?

Cúrsase nos Institutos de Educación

Secundaria (IES). A ti, coma a tódol@s

alumn@s deste colexio, correspóndelles

o IES de Curtis.

HORARIOS E MATERIAS

Na ESO o número de horas de clase

é un pouco máis elevado que na Primaria

(en total terás 32 sesións).

Nos tres primeiros cursos cúrsanse

as seguintes materiase:

- Lingua Galega e literatura.

- Lingua Castelá e literatura.

- 1ª Lingua estranxeira .

- 2ª Lingua estranxeira

- Matemáticas.

- Ciencias da Natureza.

- Ciencias sociais, Xeografía e

Historia.

- Educación Física.

Ademais estudarase:

- En 1º Educación Plástica e

Visual.

- En 2º Educación Musical e

Educación para a cidadanía e

os dereitos humanos.

- En 3º Tecnoloxía e unha

opotativa. Neste curso

Ciencias da Natureza

desdóbrase en Bioloxía e

Xeoloxía e Física e Química.

O 4º curso ten carácter

orientador. Ademais de 7 materias

obrigatorias haberá 3 optativas.

Tamén terás que escoller entre

Relixión Católica ou a alternativa a ela.

A AVALIACIÓN NA ESO

Na E.S.O., a avaliación do

proceso de aprendizaxe do alumndo

será continua e diferenciada segundo

as distintas materias do currículo. Se

se advirte que un alumno ou alumna

non progresa adecuadamente

adaptaranse as medidas de Reforzo

Educativo coa finalidade de qeu

adquira as aprendizaxes necesarias

para continuar.

A información sobre a

avaliación que fai o profesorado (as

notas) é trimestral.

-HORARIO:

Luns a venres:

-Mañás: 8,45 a 14,25 horas

Martes:

- Tarde: 16,20 – 18 horas

Page 2: TRÍPTICO ESO

A PROMOCIÓN NA E.S.O.

A promoción farase ao finalizar

cada un dos catro cursos desta

etapa.

Promociona de curso o alumno e

a alumna que supere tódalas materias

ou teña un máximo de dúas suspensas.

Con dúas suspensas o alumnado

promocionará.

Con tres asignaturas suspensas

repítese curso.

Para facilitar a recuperación de

materias con avaliación negativa

haberá probas extraordinarias en

setembro.

Só se pode repetir unha vez por

curso e dúas en toda a ESO.

Excepcionalmente pódese repetir

unha vez máis 4º se non se repetiu

en cursos anteriores.

Ao finalizar 2º de ESO

realizarase unha avaliación de

diddiagnóstico de carácter formativo

e orientador.

PARA ESTAR MÁIS INFORMADO/A...

Ao chegar ao Instituto, vas ter un

titor ou titora ó que lle poderás

plantexar tódalas dúbidas que teñas.

Ademais, no instituto hai un

Departamento de Orientación e

pódeste dirixir á Orientadora para

solicitarlle a axuda que precises en

cada momento.

Como verás, comenza unha nova

andaina na túa vida escolar: nun centro

novo, con novo profesorado e novas

amistades. Pero todo iso é así porque

te vas facendo maior.

Dende o Departamento de Orientación

do centro no que agora estás cursando

Primaria:

¡Desexámoste moita sorte na

nova etapa que vas comenzar!

EDUCACIÓN SECUNDARIA

OBRIGATORIA

(E.S.O.)

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CEIP Curtis - CEIP Teixeiro