Triptico Recursos en Linea

2
EGU (Enciclopedia Galega Universal) de Ir Indo EGU é a maior obra editada en galego que existe na rede. Conta con máis de 200.000 entradas con equivalencias en castelán, portugués, inglés e alemán. As buscas tamén poden facerse partindo das entradas en castelán, portugués, inglés e alemán. Pódense escoitar todas as entradas polo altofalante e facendo dobre clic sobre calquera delas aparece o dicionario. Digalego (Dicionario de Galego) de Ir Indo Digalego é o máis completo dicionario normativo da rede. Inclúe etimoloxías, equivalencias en castelán, portugués, inglés e alemán, así como sinónimos, antónimos e variantes, etimoloxías e conxugacións de verbos. Biblioteca Municipal de Ferrol Plaza de España, 2 15403 Ferrol Tlf.: 981 944 182 – Fax: 981 944 196 [email protected] www.ferrol.es/biblioteca BIBLIOTECA MUNICIPAL © Biblioteca Pública de Santiago A BIBLIOTECA DIXITAL A biblioteca dixital permite achegar ao cidadán unha serie de recursos electrónicos sen necesidade de desprazarse á biblioteca para a súa consulta: libros e enciclopedias electrónicas, unha hemeroteca de diarios dixitais, recursos audiovisuais... Esta biblioteca atópase en constante evolución, polo que o número de recursos vai crecendo continuamente. O único requisito para acceder a este servizo é ser usuario dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. Para realizar a consulta, o usuario tan só ten que entrar no apartado “Recursos electrónicos en liña” da sección “Biblioteca dixital da rede” en: http://rbgalicia.xunta.es escoller o recurso, a súa biblioteca e introducir o seu número de socio e a súa clave de acceso. A biblioteca dixital, ofrece, ademais, unha selección de recursos web dispoñibles en acceso aberto gratuíto.

description

Conjunto de recursos en línea de la Biblioteca de Ferrol

Transcript of Triptico Recursos en Linea

Page 1: Triptico Recursos en Linea

EGU (Enciclopedia Galega Universal) de Ir Indo

EGU é a maior obra editada en galego que existe na rede. Conta con máis de 200.000 entradas con equivalencias en castelán, portugués, inglés e alemán. As buscas tamén poden facerse partindo das entradas en castelán, portugués, inglés e alemán. Pódense escoitar todas as entradas polo altofalante e facendo dobre clic sobre calquera delas aparece o dicionario.

Digalego (Dicionario de Galego) de Ir Indo

Digalego é o máis completo dicionario normativo da rede. Inclúe etimoloxías, equivalencias en castelán, portugués, inglés e alemán, así como sinónimos, antónimos e variantes, etimoloxías e conxugacións de verbos.

Biblioteca Municipal de Ferrol Plaza de España, 2

15403 Ferrol Tlf.: 981 944 182 – Fax: 981 944 196

[email protected] www.ferrol.es/biblioteca

BIBLIOTECA MUNICIPAL

© Biblioteca Pública de Santiago

A BIBLIOTECA DIXITAL

A biblioteca dixital permite achegar ao cidadán unha serie de recursos electrónicos sen necesidade de desprazarse á biblioteca para a súa consulta: libros e enciclopedias electrónicas, unha hemeroteca de diarios dixitais, recursos audiovisuais... Esta biblioteca atópase en constante evolución, polo que o número de recursos vai crecendo continuamente. O único requisito para acceder a este servizo é ser usuario dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para realizar a consulta, o usuario tan só ten que entrar no apartado “Recursos electrónicos en liña” da sección “Biblioteca dixital da rede” en:

http://rbgalicia.xunta.es

escoller o recurso, a súa biblioteca e introducir o seu número de socio e a súa clave de acceso. A biblioteca dixital, ofrece, ademais, unha selección de recursos web dispoñibles en acceso aberto gratuíto.

Page 2: Triptico Recursos en Linea

LIBROS ELECTRÓNICOS

Acceso a obras de diversas temáticas en formato electrónico (Antigo Exipto, historia da música, filosofía...). Esta colección está en constante crecemento, co obxectivo de atender as necesidades de todos os nosos usuarios

E-JUNIOR.NET

Enciclopedia electrónica multimedia dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

ENCICLONET

Extensa enciclopedia electrónica multimedia dirixida a ciclos superiores de ensino secundario e a adultos.

Abrangue todas as áreas do saber (arte e literatura, ciencias da vida, ciencia e tecnoloxía..) e proporciona información sobre efemérides, etc.

HEMEROTECA1. Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet

A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet é un servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía..., blogs e confidenciais. Presenta dúas seccións:

– "Noticias del día", en constante actualización para ofrecer a información máis recente.

– "Hemeroteca", permite a consulta de noticias retrospectivas e presenta dous tipos de busca (rápida e avanzada), que poden acoutarse por áreas xeográficas, seccións de prensa, períodos cronolóxicos e medios concretos.

2. Hemeroteca de prensa histórica

Acceso libre a varias coleccións de prensahistórica dixitalizada. Non se require ter carné de usuario de biblioteca para a súa visualización.