Tríptico.ons

3
CLUB DE LECTURA A PRAIA DAS PALABRAS ...... SÓS ...FOMOS ficando sos o Mar o barco e mais nós ...Roubánronnos o Sol ...O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco ...Roubáronnos o vento ...Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte ...Este oucéano desatracou das costas ...e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo ...As nosas soedades veñen de tan lonxe como as horas do reloxe ...Pero tamén sabemos a maniobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singladura ...No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: ...O cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito .....Fume de pipa......... Saudade .....Noite...... Silenzo.... Frío .....E ficamos nós sós .....Sin o Mar e sin o barco .....nós MANUEL ANTONIO, De catro a catro (1928) ROTEIRO I ILLA DE ONS ”Muiñeira de todo o tempo” A illa de Ons preñada do mar durmiuse no berce que abala o luar IES DE VILALONGA

Transcript of Tríptico.ons

Page 1: Tríptico.ons

CLUB DE LECTURA A PRAIA DAS PALABRAS

......SÓS

...FOMOS ficando sos

o Mar o barco e mais nós

...Roubánronnos o Sol

...O paquebote esmaltado

que cosía con liñas de fume

áxiles cadros sin marco

...Roubáronnos o vento

...Aquel veleiro que se evadeu

pola corda floxa do horizonte

...Este oucéano desatracou das costas

...e os ventos da Roseta

ourentáronse ao esquenzo

...As nosas soedades

veñen de tan lonxe

como as horas do reloxe

...Pero tamén sabemos a maniobra

dos navíos que fondean

a sotavento dunha singladura

...No cuadrante estantío das estrelas

ficou parada esta hora:

...O cadavre do Mar

fixo do barco un cadaleito

.....Fume de pipa......... Saudade

.....Noite...... Silenzo.... Frío

.....E ficamos nós sós

.....Sin o Mar e sin o barco

.....nós

MANUEL ANTONIO, De catro a catro (1928)

ROTEIRO

I

ILLA DE ONS

”Muiñeira de todo o tempo”

A illa de Ons

preñada do mar

durmiuse no berce

que abala o luar

LUÍS AMADO CARBALLO, O galo (1928)

CANTIGA DE AMIGO

Ondas do mar de Vigo,se vistes meu amigo?

E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado,se vistes meu amado?

E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,o por que eu sospiro?

E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,por que ei gran coidado?E ai Deus!, se verra cedo?

MARTIN CODAX, S XIII

IES DE VILALONGA

Page 2: Tríptico.ons

CLUB DE LECTURA A PRAIA DAS PALABRASIlla: oco insumiso,

infantil xogo:

xa non estás

entre a túa mesma luz.

Xa rodas lonxe dobregada en todo,

¡que perfeita e que descoñecida!

Illa.

ÁLVARO CUNQUEIRO

Mar ao norde.( 1933)

ROTEIRO FURADO DO INFERNO

Na esquina sueste da illa de Ons encóntrase este burato en

metade da terra. O sobrenome de inferno provén de que

segundo a lenda, está é a mesma entrada ao inferno,

custodiada por un touro de cornos de ouro, e nos días de

tormenta se poden oír os lamentos das almas en pena (iso

din polo ruído que fai o mar ó meterse pola cavidade).

O buraco está protexido por unha varanda para que non

caiamos dentro, xa que algunhas persoas faleceron ao

intentar facer escalada na zona. Ademais do buraco, neste

lugar da illa de Ons tamén hai unhas magníficas vistas ás

Cíes, así como ao inmenso océano Atlántico.

Non se accede dende arriba, pero se se fai dende a parte

de abaixo mediante barca. Un lugar moi apreciado para os

espeleólogos.

Esta paraxe está cargada de lendas e supersticións como o

resto da illa, que durante moito tempo estivo illada.

Contan, que en días de temporal se oen os berros e

xemidos das almas que se levou o demo.

Preto encóntrase unha gran cruz branca que recorda a un

gardamariña que esvarou no bordo e caeu ao interior. O

lugar está protexido para que ninguén se achegue

demasiado.

“O touro dos cornos de ouro”

“-Veredes. Segundo contan por aquí, o Buraco do Inferno é unha das

portas de entrada ós dominios de Lucifer. Parece ser que as ánimas ás que

lles tocou sufrimento na outra vida condenadas por esta banda do mundo

teñen por aí a súa porta de entrada ós infernos. Pero, claro, imaxino que

non todas habían estar de acordo co laudo xudicial que as condenaba a

unha vida de sufrimento, así que para evitar que ningunha tentase escapar,

ó demo non se lle ocorreu mellor cousa que colocar nesa porta unha

terrible besta en forma de touro mastodóntico e feroz.

-E cos cornos de ouro?

-Si, vaia, esa parte, a verdade, é a que eu non acabo de entender demasiado

ben. Non sei como andará a cousa dos touros, vacas ou bois dourados por

aló embaixo, pero xa sabedes: se vos topades cun becho cos cornos de

ouro, mellor non vos acheguedes demasiado, non vaia ser o demo…nunca

mellor dito! (…)

Que sexa como sexa, por aquí contan que se vos asomades á boca do

Buraco do Inferno, o que se escoita vir da súa profundide non é o bater do

mar, senón o pranto das ánimas dos condenados, que, abatidos polo castigo

dos seus pecados, choran na súa entrada ó infernos. E aínda máis.

Os fillos do mar de Pedro Feijoo (2012)

IES DE VILALONGA