TRÍPTICO CONCERTO ANINOVO 2018 - · PDF fileO director: Diego Fortes Conde Nace en...

2
1/1/2018 Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada do Coro Gli Appassionati e o BalletNorte, nun concerto clásico do primeiro día do ano A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada do Coro Gli Appassionati e o BalletNorte protagoniza o concerto clásico do primeiro día do ano no Pazo da Cultura de Pontevedra. Baixo a dirección de Diego Fortes Conde, a orquestra interpretará un programa centrado en composicións de Verdi, Bizet, Rossini e J. Strauss. O concerto contará coa participación como voz convidada da mezzosoprano Nuria Lorenzo, directora do Coro Gli Appassionati. Programa I Parte: G. Verdi: Marcha Triunfal (da ópera Aida) G. Verdi: Coro dos Xitanos (da ópera II Trovatore) Mezzosoprano: Nuria Lorenzo G. Rossini: Obertura La Italiana en Argel G. Verdi: Va Pensiero (da ópera Nabucco) C. Saint-Saëns: Danza Bacanal (extracto orquestral da ópera Sanson e Dalila Op.47) G. Bizet: Habanera (da ópera Carmen) Mezzosoprano: Nuria Lorenzo G. Puccini: Coro finale (da ópera Turandot) II Parte: G. Rossini: Obertura La Gazza Ladra J. Strauss: Vals do Emperador (Op.437) J. Strauss: Á caza. J. Strauss: Tritsch Tratsch Polka (Op.214) J. Brahms: Danza Húngara No.5 J. Strauss: Voces de Primavera deseño: ovopublicidade.com

Transcript of TRÍPTICO CONCERTO ANINOVO 2018 - · PDF fileO director: Diego Fortes Conde Nace en...

1/1/2018Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada do Coro Gli Appassionati e o BalletNorte,

nun concerto clásico do primeiro día do ano

A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada do Coro Gli Appassionati e o BalletNorte protagoniza o concerto clásico do primeiro día do ano no Pazo da Cultura de Pontevedra. Baixo a dirección de Diego Fortes Conde, a orquestra interpretará un programa centrado en composicións de Verdi, Bizet, Rossini e J. Strauss.

O concerto contará coa participación como voz convidada da mezzosoprano Nuria Lorenzo, directora do Coro Gli Appassionati.

Programa

I Parte:

G. Verdi: Marcha Triunfal (da ópera Aida)

G. Verdi: Coro dos Xitanos (da ópera II Trovatore) Mezzosoprano: Nuria Lorenzo

G. Rossini: Obertura La Italiana en Argel

G. Verdi: Va Pensiero (da ópera Nabucco)

C. Saint-Saëns: Danza Bacanal (extracto orquestral da ópera Sanson e Dalila Op.47)

G. Bizet: Habanera (da ópera Carmen) Mezzosoprano: Nuria Lorenzo

G. Puccini: Coro finale (da ópera Turandot)

II Parte:G. Rossini: Obertura La Gazza Ladra

J. Strauss: Vals do Emperador (Op.437)

J. Strauss: Á caza.

J. Strauss: Tritsch Tratsch Polka (Op.214)

J. Brahms: Danza Húngara No.5

J. Strauss: Voces de Primavera

dese

ño: o

vopu

blic

idad

e.co

m

O director: Diego Fortes Conde

Nace en Ourense onde comeza a súa vida musical con 6 anos en Allariz. Aos 10 entra no Conservatorio de Música de Ourense, na especialidade de óboe.

Con 16 anos viaxa a Madrid a finalizar os seus estudos de grao medio cos mestres Vicente Fernández (óboe solista da Orquesta da Comunidad de Madrid) e Antonio Faus (óboe solista da Orquesta de Radio Televisión Española).

No 2002, toca co quinteto Berganza e gaña en Madrid o concurso de música de cámara Hazen. Realiza os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Salamanca cos mestres Jaime Orts e Sebastián Gimeno.

Durante 2012 e 2013 viaxa asiduamente a París para estudar e facer un posgrao orquestral co solista e mestre internacional Jean Christhophe Gayot, e realiza cursos de perfeccionamento musical.

Actúa baixo grandes batutas como José Sanchís, Cristóbal Soler, Vicente Alberola, Enrique García Asensio, Rafael Pascual Vilaplana, Maximino Zumalave, Myung-Whun Cheng, Antoni Ross Marbá e Lutz Köhler, entre outros. Así mesmo toca con diversas orquestras sinfónicas e bandas.

Comeza a estudar dirección mentres realiza os seus estudos de música superiores, da man de Lutz Köhler, mestre da academia de Berlín e da J.O.N.D.E.

Realiza diversos cursos de dirección orquestral e de banda con José Rafael Pascual Vilaplana, Jan Cober, Víctor Pablo Pérez e Josep Pons.

Posteriormente coñece a Cristóbal Soler e José Sanchís, mestres do Teatro de la Zarzuela de Madrid durante os anos 2010-2015. Principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Navarra o primeiro; e mestre da Orquestra de Bankia e da Orquestra Sinfónica da Universidade Complutense de Madrid, o segundo. Con eles estuda actualmente en Madrid e prepárase no mundo da dirección de orquestra.

Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra fixo a súa presentación en 2007. Está composta por músicos cunha sólida formación, moitos deles con traxectorias profesionais xa consolidadas, e outros á procura da madurez artística que só pode proporcionar o contacto directo coa mellor tradición sinfónica.

Ao longo destes anos a orquestra actuou nos principais auditorios de Galicia nas cidades de Santiago, A Coruña, Ourense, Vigo, Ferrol, Vilagarcía ademais de Pontevedra, onde ten a súa sede e realiza a maior parte das súas exitosas actuacións.

Coa orquestra teñen actuado numerosos intérpretes e solistas do panorama galego, entre eles: Ramón Carnota, Gonzalo Álvarez, Nuria Lorenzo, Ana Franqueira, Laura Alonso, Rosalía Gómez Lasheras, Esteban Batallán, Victoria Álvarez e Óscar Ibáñez. No ámbito nacional e internacional destácase a Teresa Novoa, Vicente Alberola, Yuri Popov, Alessio Allegrini, Frits Damrow, Nicolai Saratovskii e Aki Saulière.

Como directores convidados estiveron ao fronte da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra: Maximino Zumalave, David Fiúza, Vicente Alberola, Alejandro Curzio, Juan Lois Diéguez, Vasco Negreiros e José Sanchís. Desde os seus inicios o director titular é Javier Viceiro-Filgueira.

BalletNorte

É unha compañía formada pola unión de profesionais procedentes de diferentes agrupacións nacionais e internacionais entre elas, o Centro Coreográfico Galego.

Os seus compoñentes posúen unha ampla formación clásica, aínda que as súas producións tamén contan con composicións neoclásicas e contemporáneas.

O elenco do BalletNorte para este concerto intégrano: Julia Méndez, Paula Ripoll, Lidia González, Pablo Sánchez, Germán G. Flores, Fernando Rois, Raquel Medina e Dayron Valdés.

Coro Gli Appassionati

Gli Appassionati nace en 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo e representa a consolidación dun esforzo por crear una formación vocal de gran calidade, abordando una ampla variedade e versatilidade de repertorios.

No seu palmarés contan con numerosos galardóns e recoñecementos a nivel nacional. Na súa traxectoria teñen interpretado o Magnificat de Bach, Oda á raíña Ana de Haendel, Gloria de Vivaldi, Carmina Burana de Carl Orff acompañados da Banda de Música de Valga; ópera Nabucco de Verdi acompañados da Orquesta 430 e ópera Os pescadores de pérolas de Bizet acompañados da Orquestra Real Filarmonía de Galicia, entre moitos outros.