U 8. sociedade e medio natural

22
Cabo FISTERRA 1 Cabo FISTERRA 1 UNIDADE 8. SOCIEDADE E MEDIO NATURAL

Transcript of U 8. sociedade e medio natural

Page 1: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

UNIDADE 8. SOCIEDADE E MEDIO NATURAL

Page 2: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

Sociedade e medio natural

5. A explotación dos recursos naturais

4. O medio natural urbano

3. Riscos provocados pola acción humana

2. Riscos naturais

TEMA8

1. A Terra é un ecosistema

Page 3: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

Introdución

• O crecemento do consumo, a expansión das cidades e da industria, o desenvolvemento dos transportes, etc., aceleraron o impacto humano sobre o medio natural.

• A falta de equilibrio entre o medio natural e a sociedade fai que, ás veces, se chegue a poñer en perigo a conservación da natureza e se produzan situacións de crise ambiental.

• A gravidade destes problemas ambientais creou unha conciencia ecolóxica e unha preocupación por todo o relacionado co medio natural.

TEMA8

Page 4: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

1. A Terra é un ecosistema

1.1. Que é un ecosistema?• Un ecosistema mariño (ilustración)

1.2. Os elementos do ecosistema Terra

1.3. O Sol, fonte de vida

TEMA8

Page 5: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

1.1. Que é un ecosistema?

• Todos os elementos que ocupan a Terra (solos, climas, augas, vexetación, fauna e seres humanos) manteñen entre si unhas estreitas relacións, por iso dicimos que o planeta Terra é un ecosistema.

• Cando se modifica un elemento do sistema tamén quedan afectados os elementos restantes.

TEMA8

Page 6: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

Un ecosistema mariñoTEMA

8

Page 7: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

Un ecosistema mariñoTEMA

8

Page 8: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

1.2. Os elementos do ecosistema Terra

• O planeta Terra está formado por catro elementos que están interrelacionados: a litosfera, a hidrosfera, a atmosfera e a biosfera.

• A vexetación está no centro das interrelacións dos elementos do ecosistema Terra.

• O ecosistema terrestre é como unha cadea de interrelacións equilibradas na que unha pequena alteración pode provocar grandes desequilibrios ambientais.

TEMA8

Page 9: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

1.3. O Sol, fonte de vida

• O Sol é a principal fonte de enerxía do noso planeta, sen el non existiría o ecosistema da Terra.

• O Sol quenta a superficie terrestre e fai que as temperaturas non sexan xélidas; permítelles ás plantas medraren e produciren osíxeno e materia orgánica.

• O Sol tamén rexe o ciclo da auga, xa que ao evaporar a auga do mar esta desálgase e a chuvia pode ser utilizada polos seres vivos.

TEMA8

Page 10: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

2. Riscos naturais

2.1. Tipos de riscos naturais

TEMA8

Page 11: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

2.1. Tipos de riscos naturais

• O termo risco significa a existencia dun posible perigo para as persoas ou as cousas; segundo a súa orixe poden ser: naturais ou provocados pola acción humana.

• Unha terceira parte da poboación mundial vive en zonas onde poden sufrir algúns dos catro grandes riscos naturais: furacáns, inundacións, terremotos e erupcións volcánicas.

TEMA8

Page 12: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

3. Riscos provocados pola acción humana

3.1. Os riscos tecnolóxicos

3.2. A contaminación do medio natural• Contaminación do medio natural (ilustración)

TEMA8

Page 13: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

3.1. Os riscos tecnolóxicos

• En ocasións, a técnica que utilizan os seres humanos tamén lle causa problemas ao medio natural.

• Aínda que as centrais nucleares son bastante seguras, existe a posibilidade de que se produzan escapes de material radioactivo: Chernóbil (Ucraína).

• A contaminación do aire provocada polos produtos químicos tamén pode causar moitas vítimas: Bophal (India).

TEMA8

Page 14: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

3.2. A contaminación do medio natural

• As actividades industriais proporciónannos moitos produtos e danlles traballo a numerosas persoas, pero tamén teñen certas consecuencias non moi desexables.

• Algunhas fábricas verten residuos que contaminan os ríos ou os solos.

• Outras emiten gases que polucionan a atmosfera e que fan que a súa temperatura aumente.

• O cambio climático.

• A chuvia ácida.

• As augas residuais.

TEMA8

Page 15: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

Contaminación do medio naturalTEMA

8

Page 16: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

Contaminación do medio naturalTEMA

8

Page 17: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

4. O medio natural urbano

4.1. A cidade, un ecosistema aberto

4.2. O clima urbano

TEMA8

Page 18: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

4.1. A cidade, un ecosistema aberto

• As cidades son como ecosistemas abertos.

• Necesitan proverse de moitos produtos do exterior: enerxía, alimentos, auga, etc.

• Asemade, as cidades producen unha gran cantidade de residuos que necesitan uns procesos de recollida selectiva, reciclaxe e depuración.

TEMA8

Page 19: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

4.2. O clima urbano

• As cidades adoitan rexistrar temperaturas entre 1o e 4oC máis altas que as zonas próximas: é o que se coñece como illa de calor.

• Hai diversos factores que contribúen a quentar a atmosfera das cidades: as calefaccións, as actividades das fábricas e, sobre todo, os automóbiles.

• A polución provocada por fábricas e vehículos é tamén responsable de que ás veces sobre as cidades se forme unha nube densa e escura.

• Nas cidades dos países ricos a contaminación tende a diminuír porque se establecen leis que regulan as actividades industriais, controlan os gases dos coches…

TEMA8

Page 20: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

5. A explotación dos recursos naturais. O desenvolvemento sostible

5.1. A explotación dos recursos

5.2. O desenvolvemento sostible

TEMA8

Page 21: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

5.1. A explotación dos recursos

• Desde hai algúns anos, a sociedade decatouse da necesidade de coidar e manter os recursos da Terra.

• Hai tres problemas básicos que axudaron a esta toma de conciencia:

• o esgotamento dos recursos non renovables,

• a degradación dos recursos renovables,

• e a repartición desigual dos recursos na Terra.

TEMA8

Page 22: U 8. sociedade e medio natural

Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1

5.2. O desenvolvemento sostible

• A nosa sociedade principiou a decatarse de que non pode explotar os recursos de maneira ilimitada.

• Algunhas especies de animais e vexetais están en perigo de extinción; hai ríos e mares contaminados; o aire dalgunhas cidades ás veces é irrespirable...

• O desenvolvemento sostible ou sostenibilidade defende que o aumento do benestar actual non pode supoñer unha redución do benestar futuro.

TEMA8