U9 Primo de Rivera - WordPress.com...de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun...

5
A Dictadura de Miguel Primo de Rivera Os partidos dinásticos perderan todo o prestixio e os apoios tras das constantes contradiccións, a súa ineficiencia e a imposibilidade de rexenerar o sistema e integrar ós partidos da oposición no xogo político. Afonso XIII, un rei intervencionista, ten o seu prestixio embarrado tras o desastre de Anual (ou Annual). O rei favoreceu ó exército cos seus apoios e as súas decisións políticas durante estes vinte últimos anos, é o momento de cobrar os favores. Os militares manterán no cargo a Afonso mediante un golpe de estado. O capitán xeral de Cataluña, Miguel Primo de Ri- vera, é un xeneral de prestixio, claramente ali- neado cos sectores burgueses e nobiliares da sociedade (él mesmo era marqués). Traballou polo control violento e a represión do anarquismo e do sindicalismo de esquerdas, xerando un sin- dicato carlista (Sindicatos Libres) que foi em- pregado coma forza de choque para reventar folgas e un corpo rural paramilitar, os Somaten (civiles armados e encuadrados coma se estive- ran no exército) que trataron de controlar ás for- zas de esquerdas e manter a orde pública (similar ós Camisas Negras de Mussolini). Co avance do expediente Picasso, onde se in- vestiga a relación do rei co xeneral Silvestre, res- ponsable do desastre en Marrocos, a situación precisou do concurso do exército e coma foi usual durante o século XIX a sociedade civil es- pañola non se movilizou contra o golpe xa que o goberno non os representaba. O rei desoe ó xefe de goberno -García Prieto- e non cesa ós xene- rales, isto é un apoio implícito ó golpe. Os políti- cos dimiten e o rei aproveita o vacío de poder e nomea a Primo de Rivera xefe de goberno en 1923. Un cirurxan de ferro para a política Primo de Rivera anunciou que non desexaba quedar no poder, que non tiña ambicións, que a súa intervención era contra a mala política polo ben da patria, e que unha vez amañados os pro- blemas do país, abandonaría o cargo. O seu diagnóstico foi: - Malos políticos que deben ser apartados do poder. - Sistema caciquil corrupto co que hai que re- matar. - Inestabilidade constante, a alternancia polí- tica dos dous partidos dinásticos non é positiva, xa que son a mesma cousa, que se amosa inefi- caz. - O separatismo debe ser eliminado. O exér- cito é o garante da unidade de España. - Asegurar o fracaso do movemento obreiro, que coincide no tempo co triunfo da Revolución Bolxevique na URSS e que xenera medos nas clases altas e medias do país. Para rematar rápido con todos eles gobernaría o país coma se fora un cuartel. O seu primeiro ga- binete de ministros estará conformado por xene- rales. O Directorio Militar (1923-25) A dictadura tomou en serio o proceso de control social. Para elo restrinxiu as liberdades: - Suspende a constitución de 1876 - Declara o estado de guerra, no que os militares terán todos os poderes do estado - Prohibe as actividades políticas (partidos e sin- dicatos) - Establece a censura - Os poderes locais son destituidos e reemplaza- dos por representantes do goberno Afonso XIII co xeneral tras do golpe de 1923 Os Somatén (‘estamos atentos’) Forza auxiliar para o mantemento da orden pú- blica e un «acicate dos espíritus» para estimu- lar a colaboración cidadá co novo réxime. Foron formados polos terratenentes e grandes bur- gueses de Cataluña. Primo extenderaos por de- creto a toda España. Estarán controlados polo exército pero cumplirán funcións de policía po- lítica violenta e represiva dos opositores.

Transcript of U9 Primo de Rivera - WordPress.com...de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun...

Page 1: U9 Primo de Rivera - WordPress.com...de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun exército -xa se intentou antes na 1ª G.M.). A Guerra do Rif remataría en 1927

A Dictadura de Miguel

Primo de Rivera

Os partidos dinásticos perderan todo o prestixioe os apoios tras das constantes contradiccións,a súa ineficiencia e a imposibilidade de rexeneraro sistema e integrar ós partidos da oposición noxogo político.Afonso XIII, un rei intervencionista, ten o seuprestixio embarrado tras o desastre de Anual (ouAnnual). O rei favoreceu ó exército cos seusapoios e as súas decisións políticas duranteestes vinte últimos anos, é o momento de cobraros favores. Os militares manterán no cargo aAfonso mediante un golpe de estado.O capitán xeral de Cataluña, Miguel Primo de Ri-vera, é un xeneral de prestixio, claramente ali-neado cos sectores burgueses e nobiliares dasociedade (él mesmo era marqués). Traballoupolo control violento e a represión do anarquismoe do sindicalismo de esquerdas, xerando un sin-dicato carlista (Sindicatos Libres) que foi em-pregado coma forza de choque para reventarfolgas e un corpo rural paramilitar, os Somaten

(civiles armados e encuadrados coma se estive-ran no exército) que trataron de controlar ás for-zas de esquerdas e manter a orde pública(similar ós Camisas Negras de Mussolini).Co avance do expediente Picasso, onde se in-vestiga a relación do rei co xeneral Silvestre, res-ponsable do desastre en Marrocos, a situaciónprecisou do concurso do exército e coma foiusual durante o século XIX a sociedade civil es-pañola non se movilizou contra o golpe xa que ogoberno non os representaba. O rei desoe ó xefede goberno -García Prieto- e non cesa ós xene-rales, isto é un apoio implícito ó golpe. Os políti-cos dimiten e o rei aproveita o vacío de poder enomea a Primo de Rivera xefe de goberno en1923.

Un cirurxan de ferro para a política

Primo de Rivera anunciou que non desexabaquedar no poder, que non tiña ambicións, que asúa intervención era contra a mala política poloben da patria, e que unha vez amañados os pro-blemas do país, abandonaría o cargo. O seu diagnóstico foi:- Malos políticos que deben ser apartados dopoder.- Sistema caciquil corrupto co que hai que re-matar.- Inestabilidade constante, a alternancia polí-tica dos dous partidos dinásticos non é positiva,xa que son a mesma cousa, que se amosa inefi-caz.- O separatismo debe ser eliminado. O exér-cito é o garante da unidade de España.- Asegurar o fracaso do movemento obreiro,que coincide no tempo co triunfo da RevoluciónBolxevique na URSS e que xenera medos nasclases altas e medias do país.

Para rematar rápido con todos eles gobernaría opaís coma se fora un cuartel. O seu primeiro ga-binete de ministros estará conformado por xene-rales.

O Directorio Militar (1923-25)

A dictadura tomou en serio o proceso de controlsocial. Para elo restrinxiu as liberdades:- Suspende a constitución de 1876- Declara o estado de guerra, no que os militaresterán todos os poderes do estado- Prohibe as actividades políticas (partidos e sin-dicatos)- Establece a censura- Os poderes locais son destituidos e reemplaza-dos por representantes do goberno

Afonso XIII co

xeneral tras do

golpe de 1923

Os Somatén (‘estamos atentos’)

Forza auxiliar para o mantemento da orden pú-blica e un «acicate dos espíritus» para estimu-lar a colaboración cidadá co novo réxime. Foronformados polos terratenentes e grandes bur-gueses de Cataluña. Primo extenderaos por de-creto a toda España. Estarán controlados poloexército pero cumplirán funcións de policía po-lítica violenta e represiva dos opositores.

Page 2: U9 Primo de Rivera - WordPress.com...de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun exército -xa se intentou antes na 1ª G.M.). A Guerra do Rif remataría en 1927

En 1923 decreta que o Somatén pase a for-

marse en todas as provincias e que esté baixodominio dos gobernadores militares, que agorason tamén os civiles.Ese mesmo ano fai unha viaxe a Italia para visitara Mussolini co que pronto atopa similitudes.

En 1924 Primo aproba por decreto o Estatuto

Municipal no que xenera unha nova administra-ción centralizada. En realidade a maioría dos ca-ciques atoparon cabida e incluso ascenso nassúas ambicións. O caciquismo, lonxe de desa-

parecer, tomou o poder institucional.Ese mesmo ano crea un partido único, a Unión

Patriótica, na que se integrarán os elementossociais favorables ó dictador. Será “un partido po-lítico-apolítico”, que supostamente non terá ideo-loxía, coma o partido fascista de Italia e onacional-socialista logo en Alemaña. Toma portanto a idea do fin da loita de clases propio dofascismo e da xestión do público coma adminis-tración, non coma movemento ideolóxico (o quehoxe en día defenderían os partidos de ‘centro’). En 1925 da un golpe decisivo en Marrocos paraderrotar ós rifeños. Coa axuda de Francia, lanzaunha ofensiva exitosa coronada co desembarco

de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun exército -xa se intentou antesna 1ª G.M.). A Guerra do Rif remataría en 1927coa rendición do caudillo Abd El-Krim, (quen li-derara a victoria nativa en Anual).Tamén en 1925 fundarase un xornal ‘La Nación’

financiado polo estado para servir de elemento

propagandístico. Algo tamén empregado polosréximes autoritarios (comunistas -diario Pravda-e fascistas -labor do ministro nazi Goebbels-).Acaba coa Mancomunitat de Cataluña (de 1913)mediante o Estatuto Provincial (1925). A maioría destas medidas son acollidas conaceptación ou con tibieza pola sociedade. Primomanobra para facilitar a extensión da UGT (so-cialista) contra da CNT (anarquista) e favorece óPSOE para non ter resistencias duras no entornoobreiro.

O Directorio Civil (1925-1930)

Os resistentes son reprimidos con dureza, cen-surados nos medios ou ignorados (nacionalistas,anarquistas...). O éxito inicial de Primo faille pen-sar en perpetuarse, pero a forma militar do go-berno faise áspera para a opinión pública. Aviraxe toma forma de Directorio Civil, onde reem-

plaza a varios militares do goberno por equi-

valentes sen uniforme.Para a mellora das condicións de traballo crea-rase a Organización Corporativa Nacional

(1926), na que cinco representantes dos traba-lladores do sector e cinco dos empresarios ne-gociasen as condicións de emprego. Acabaríaasí coa conflictividade social. Este elemento éherdeiro directo do sindicalismo católico, e taménestá recollido no corporativismo fascista.Tamén se organiza unha asamblea con aspectoparlamentario, a coñecida coma Asamblea Na-

cional Consultiva nacerá en 1927, sen funciónreal algunha. Nela debatiuse unha posible cartaoutorgada que non chegou a aprobarse, xa quenon contentaba a ninguén.Primo ademais enviará unha mesaxe de reno-

vación moral e dun achegamento á igrexa cató-lica, creando unha Liga Contra a Inmoralidade eoutra pola Defensa do Clero, onde os bos cida-dáns podían chamar a atención a aqueles quenon cumprían coas normas sociais. Este foi unpequeno ensaio do posterior Nacional-Catoli-cismo dominador no franquismo.

Primo de Rivera,con cara de pa-salo ben

Humberto de Sa-boia, herdeiro ótrono de Italia

Benito Mussolini

Afonso XIII

Primo de Rivera e

membros do Directorio Civil

Page 3: U9 Primo de Rivera - WordPress.com...de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun exército -xa se intentou antes na 1ª G.M.). A Guerra do Rif remataría en 1927

Política económica, intervencionismo estatal

O directorio civil tratará de desenvolver as in-fraestructuras e reducir o conflicto social, mello-rando as condicións de vida da clase proletariapara xustificar a presencia do dictador. Unha re-validación do contrato social sen participación dopobo. Pero a ineficacia económica supuxo undesgaste que rematou coa dictadura en 1930. Ó principio da dictadura o ciclo económico mun-dial estaba en pleno auxe. Eran os coñecidoscoma ‘felices anos vinte’, e o goberno contoucon presupostos expansivos e boas coxunturaspara financiar as súas políticas.Primo centrouse en:- Proteccionismo industrial e un certo nivel deautarquía (só mercar o producido no páis e facerque todo o necesario se produza, sen ter enconta os custos).- Políticas económicas estatais de desenvolve-

mento de infraestructuras: Electrificación, pre-sas, carreteiras. Acometeronse grandes obraspúblicas (7.000 km de carreteras). - Políticas sociais corporativas: Creación devivendas sociais (coñecidas coma casas bara-

tas), escolas públicas, mellora das condicións sa-nitarias e da atención social. Durante a dictadurao analfabetismo reduciuse en dez puntos (do 52ó 42%).O método para o desenvolvemento será a inter-vención do estado, algo contrario ó liberalismo

económico. Era o propio estado o que encar-gaba as obras e as financiaba. Este método, nunestado sen prensa libre, sen controles públicosnin oposición política desembocou nun enormetráfico de influencias que benefociou ós caci-ques incluidos na estructura da Unión Patrióticae que encareceu os proxectos. Algúns sectores foron desenrolados mediantemonopolios estatais. Nace así CAMPSA (mo-nopolio do petróleo) e Telefónica.

O problema do déficit

Pero o gasto disparado non tivo contrapartidanos ingresos. Os ricos burgueses puideron me-diante participacións non institucionais no go-berno (todo o goberno era unha grandeparticipación non institucional) evitar as decisiónsde subidas de tributos ou simplemente ocultar osseus patrimonios ao fisco no país (fraude fiscal)ou no estranxeiro (evasión de capitais). Lembre-mos que o partido do poder estaba conformadopolos antigos caciques do sistema da restaura-ción, e a política clientelar, que se supuña que íadesaprecer, tivo unha época dourada.

O Corporatismo ou Organicismo

Dende o inicio do Século XX, e sobre todo trasa primeira Guerra Mundial e o nacemento daURSS, a idea de estados sen loitas de clasese nas que os órganos de goberno colabora-

sen extendeuse por Europa.O Organicismo ou Corporativismo consistirá narepresentación dos diversos corpos sociais

(sindicatos, empresarios, igrexa, exército, inte-lectualidade...) dentro do goberno pero nunha

estructura que non rivalice co poder dun

dictador, supostamente benevolente. O que secoñece coma home forte do país, ou coma ci-

rurxan de ferro, será o director dun estado, etratará de facer o mellor para o pobo, pero seno pobo.O formato inicial en Europa é instalado porMussolini en Italia, pero será copiado por Es-paña, Portugal, Alemaña, Rumanía, Bulgaria,Iugoeslavia, Grecia, Hungría, Finlandia, Polo-nia, Turquía... Franco, nun retruécano léxico/político chegaráa organizar unha Democracia Orgánica, concortes e órganos propios dunha democracia(sindicato vertical, referendums e consultas po-pulares), pero sen funcións reais.

Imaxe actual de casas baratas de 1925

en Baracaldo (Biscaia)

Page 4: U9 Primo de Rivera - WordPress.com...de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun exército -xa se intentou antes na 1ª G.M.). A Guerra do Rif remataría en 1927

O goberno comezou a flaquear e para poder con-tinuar endebedouse e devaluou a peseta. Ambasmedidas encareceron os productos do exterioraínda máis e empobreceron ós españois. Conforme foise achegando o final da bonanzados anos vinte (pensemos que está á volta daesquina o crack de outubro de 1929), a todos selles facía evidente que o modelo estaba esgo-tado.

Galicia e os Foros, o decreto de 1926

A situación dos contratos medievais sobre as te-rras en Galicia levaba tempo sendo chave da si-tuación política. Dende finais do S XIX ospartidos agraristas da zona foran moi belixeran-tes sobre a situación. Os campesiños galegostraballaban sobre terras que non eran deles, ninsequera de quen lles cobraban as rendas (fidal-gos) senón que pertencían a grandes patrimo-nios de familias que vivían en Madridprincipalmente e que descoñecían por completoa situación e as problemáticas.Coa chegada do capitalismo ó agro, a situacióngalega volveuse caótica, pois os antigos nobresnon sabían qué terras posuían. Os mediadores(fidalguía) non estaban interesados en cambiarnada salvo no seu beneficio, o que daba lugar amúltiples abusos e apropiacións, e os campesi-ños demandaban poder quedar coas terras queas súas familias levaban traballando durante xe-racións.Primo de Rivera aprobou en 1926 un Decreto de

Redención dos Foros polo que os campesiños,a cambio dunha alta cuota, podían liberar a terrados seus antigos donos e quedar con ela.

O fin da Dictadura (1930)

A oposición a Primo foi crecendo dende que dei-xou claro que non cumpliría a súa promesa deser un remedio temporal.Houbo dous pronunciamentos militares:- Sanjuanada (1926)- O golpe de Sanchez Guerra (1929)Ambos amparados na decisión anterior de Primode Rivera de disolver a Arma de Artillería

(parte do exército). Os pertencentes á artilleríaquerían asceder -e polo tanto cobrar máis- porantigüidade (Junteros), outros militares queríanascender por méritos de guerra (Africanistas). Osartilleiros protestaron e o dictador decidiu repri-milos disolvendo esa parte do exército. Dendeese momento parte do exército estará en contrado dictador e incluso do rei, a quen considerancolaborador necesario para esta afrenta.Por outra banda a CNT radicalízase tras da bru-tal represión e xorde a Federación AnarquistaIbérica (FAI 1927), que tratará de coordinar ósobreiros nun movemento que derroque ó podermediante todo tipo de protestas, incluso violen-tas. Terá un papel maior durante a II República ea Guerra Civil.

Xorden partidos políticos opositores moderadosde esquerdas, de centro e de dereitas que pidende novo o xogo democrático. Personalidadescoma Manuel Azaña (Alianza Republicana), Le-rroux (Partido Radical) e Niceto Alcalá-Zamora(Dereita Liberal Republicana) esixiran a volta daseleccións. O nacionalismo toma novo pulo conEsquerra Republicana de Catalunya (1931).Intelectuais coma Miguel de Unamuno, que foradesterrado polo goberno cando era catedráticona Universidade de Salamanca, ou Ortega yGasset xunto a outros criticaron abertamente acensura e á propia dictadura.

Miguel de Unamuno foi

obrigado a exiliarse en

1921 por constantes ata-

ques ó rei e á dictadura.

A FAI tratará de darlle uni-

dade de acción e coheren-

cia estratéxica á loita do

movemento anarquista

Page 5: U9 Primo de Rivera - WordPress.com...de Alhucemas (primeira operación anfibia mo-derna exitoso dun exército -xa se intentou antes na 1ª G.M.). A Guerra do Rif remataría en 1927

O rei retiroulle o apoio a Primo en 1930 polosproblemas co exército e a deteriorada situación,dando inicio á coñecida coma Dictablanda.

A Dictablanda (1930-1931)

O rei apoiarase nun novo xeneral, Dámaso Be-renguer, que relaxaría a represión e iniciaría otránsito cara un réxime constitucional e de elec-cións.

Os partidos políticos republicanos e nacionalistasorganízanse en 1930 e firman o Pacto de SanSebastián, que ten o obxectivo de rematar co rei-nado de Afonso XIII.A inestabilidade é patente, e o fin da censura e orelaxamento da represión non fai máis que amo-sar a forza da oposición e os poucos apoios cosque conta Berenguer; quen dimite en febreiro de1931 e deixa paso ó almirante Aznar. Este últimoconvocará eleccións para o 12 de abril, pero mu-nicipais. O obxectivo destas era tomalas comaun plebiscito sobre da monarquía (saber o nivelde aprobación) e era preferible que fose o ámbitomunicipal, xa que as redes de caciques queapoiaban ó rei aínda podían controlar os distritosrurais mediante trampas e pucheirazos.O resto de partidos organizáronse tamén coaidea de que estas votacións servisen para amo-sar o descontento popular e a nula aceptacióncara Afonso. As eleccións foron gañadas na súa maioría poloscandidatos pro-monárquicos, pero en todas ascidades a victoria das forzas anti-monárquicas foicontundente (triplicadas en Madrid, cuadruplica-das en Barcelona). O 14 de abril Afonso XIII pre-senta a renuncia ante Niceto Alcalá-Zamora; é oinicio da II República, o día anterior Eibar, Saha-gún e Jaca xa a tiñan declarada.

Resumo

Directorio Militar (1923-25)

- Somatén (1923)- Estatuto Municipal (1924)- Formación da Unión Patriótica (1924)- Desembarco de Alhucemas (1925)- Fundación de ‘La Nación’ (1925)- Estatuto Provincial, disolución da Mancomu-nidade de Cataluña (1925)

Directorio Civil (1925-30)

- Organización corporativa nacional (1926)- A Asamblea Nacional Consultiva (1927)- Moralidade cristiana e puritana

Política económica e social

- Proteccionismo e intervencionismo- Inversión en obras públicas e infraestructuras- Políticas sociais corporativas, colaboración coPSOE, represión á CNT- Redención dos Foros- Monopolios estatais- Corrupción- Déficit e devaluación

O fin da dictadura

- Problemas cos xunteros e disolución da armade Artillería- Intromisións do rei- CNT radicalizouse na FAI- Partidos moderados piden o retorno do xogodemocrático- Nacionalistas- Os intelectuais e a universidade protestan

A Dictablanda- Dámaso Berenguer- Pacto de San Sebastián- Almirante Aznar- Eleccións municipais- Abdicación e declaración da II República

Afonso XIII exiliado en Londres, reclamou o mérito de evitar unha guerra civil no

seu nome. Morrerá en 1941 tras apoiar a Franco.

Os firmantes do pacto de San Sebastián, os máis importantes están sentados de

esquerda a dereita: Lerroux, Azaña e Alcalá-Zamora.