Un mundo limpo

2
Un mundo limpo Había unha vez nunha aldea moi sucia, moi sucia un neno chamado Xoán. Este neno tiña tres anos e gustábanlle moito os seus bonecos pero tiña un problema, os xoguetes de Xoán estaban sucios . Xoán sempre miraba á súa nai cando fregaba os pratos e entón ocorreuselle unha idea. Colleu unha cadeira, púxoa xunto ao fregadeiro, colleu os xoguetes e…….. ¡ A lavalos ! Os xoguetes quedaron tan limpos, tan limpos que a nai graboulle un video limpando outros xoguetes e tan simpático quedaba que a nai subiuno a internet e pagaronlle moito por el porque o querían para un programa chamado “ OS VIDEOS CASEIROS MÁIS DIVERTIDOS DE AMÉRICA” . Cando Xoán tivo uns aniños máis compráronlle un micrófono polo seu cumpleanos para que fora un cantante moi bon, pero…. el en vez de ser cantante colleu o micrófono e dixo: --Temos que axudar. Temos que ter a nosa vila algo máis limpa. Mirade como está! Eles dixeron: --¡Siiiiiii! ¡Tes razón! ¡Mirade que noxooo! Todos se puxeron mans á obre e………………………………………. ¡A recoller! Mentres recollían cantaban: “Hoxe imos recoller temos que reciclar para o noso fermoso mundo mellorar” Cando tiveron todo limpo e reciclado , tiñan un gordo problema non había todos os colectores entón fixeron unha denuncia ante as autoridades municipais. No concello atenderon as súas queixas e puxeron os colectores correspondentes. Cando os viron a cidade enteira deulles non un aplauso miles deles moi grandes . A partir daquela, empezaron a reciclar todos sen saber moi ben que fora aquilo que lles fixera reaccionar, sería certo iso de “os pequenos xestos dan grandes resultados”. Convertíronse nun

Transcript of Un mundo limpo

Page 1: Un mundo limpo

Un mundo limpo

Había unha vez nunha aldea moi sucia, moi sucia un neno chamado Xoán. Este neno tiña tres anos e gustábanlle moito os seus bonecos pero tiña un problema, os xoguetes de Xoán estaban sucios .

Xoán sempre miraba á súa nai cando fregaba os pratos e entón ocorreuselle unha idea. Colleu unha cadeira, púxoa xunto ao fregadeiro, colleu os xoguetes e…….. ¡ A lavalos !

Os xoguetes quedaron tan limpos, tan limpos que a nai graboulle un video limpando outros xoguetes e tan simpático quedaba que a nai subiuno a internet e pagaronlle moito por el porque o querían para un programa chamado “ OS VIDEOS CASEIROS MÁIS DIVERTIDOS DE AMÉRICA” . Cando Xoán tivo uns aniños máis compráronlle un micrófono polo seu cumpleanos para que fora un cantante moi bon, pero…. el en vez de ser cantante colleu o micrófono e dixo:

--Temos que axudar. Temos que ter a nosa vila algo máis limpa. Mirade como está!

Eles dixeron:

--¡Siiiiiii! ¡Tes razón! ¡Mirade que noxooo!

Todos se puxeron mans á obre e………………………………………. ¡A recoller!

Mentres recollían cantaban:

“Hoxe imos recoller

temos que reciclar

para o noso fermoso mundo mellorar”

Cando tiveron todo limpo e reciclado , tiñan un gordo problema non había todos os colectores entón fixeron unha denuncia ante as autoridades municipais. No concello atenderon as súas queixas e puxeron os colectores correspondentes. Cando os viron a cidade enteira deulles non un aplauso miles deles moi grandes .

A partir daquela, empezaron a reciclar todos sen saber moi ben que fora aquilo que lles fixera reaccionar, sería certo iso de “os pequenos xestos dan grandes resultados”. Convertíronse nun modelo a seguir polos pobos dos arrededores e todo o mundo ía visitalo. Uns empezaron a contarllo a outros e así toda a Terra quedou super limpa.