Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra...

8
MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión | Paseando co artista entre as pedras. Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra prestou o seu chan de eucalipto branco para pousarse sobre el o peso das “pedras” de Manolo Paz. Para esta exposición o artista de Cambados fixo unha escolla entre as diversas coleccións que realizou nos máis de trinta anos que leva traballando, desde o primitivo oficio de canteiro ata a concienciación de artista autónomo; a madeira, o metal, o formigón, a pedra... son nas súas mans, símbolos da cultura autóctona e materiais con significado por si mesmos. Manolo Paz guiounos entre as obras semellando reproducir brevemente o que elas lle contaban, camiñou tranquilo e calado, compartindo xenerosamente unhas obras que, pouco a pouco, ían deixando de ser só de el para ser xa nosas e introducíndonos nunha conversa, na que por veces eran elas quen falaban.

Transcript of Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra...

Page 1: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

Paseando co artista entre as pedras.

Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra prestou o seu chan de eucalipto branco para pousarse

sobre el o peso das “pedras” de Manolo Paz.

Para esta exposición o artista de Cambados fixo unha escolla entre as diversas coleccións que

realizou nos máis de trinta anos que leva traballando, desde o primitivo oficio de canteiro ata a

concienciación de artista autónomo; a madeira, o metal, o formigón, a pedra... son nas súas mans,

símbolos da cultura autóctona e materiais con significado por si mesmos.

Manolo Paz guiounos entre as obras semellando reproducir brevemente o que elas lle contaban,

camiñou tranquilo e calado, compartindo xenerosamente unhas obras que, pouco a pouco, ían

deixando de ser só de el para ser xa nosas e introducíndonos nunha conversa, na que por veces eran

elas quen falaban.

Page 2: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

Dado o espazo expositivo, o artista escolleu as obras baixo os condicionantes do peso e as

dimensións que non o limitarían nun espazo exterior ao natural. Así por exemplo, as obras de pedra

foron especialmente estudadas na súa situación segundo a resistencia do chan, e os grandes cubos

de metal dispuxéronse dun xeito horizontal máis que vertical, dados os límites lóxicos de altura das

salas. Do mesmo xeito, o discurso expositivo non responde a unha orde cronolóxica ou temática,

senón á simple adecuación das obras ao espazo.

Comezando o paseo topamos coa obra Catro estacións (2003), composta por catro conxuntos de

formas xeométricas de madeira policromadas segundo as cores que a el lle inspira cada estación do

ano. Son de esquerda a dereita: inverno, outono, primavera e verán. Se o negro, gris e branco están

presentes no inverno; no outono aparecen o marrón e alaranxado; verde, amarelo e vermello na

primavera, e os azuis mariño e celeste no verán. O artista facía alusión tamén á combinación de cores

segundo as bandeiras: galega, española, brasileira, xaponesa,... e á propia importancia da obra como

pintura e escultura á vez.

Trátase esta dunha obra aberta e dúctil de cara ao espectador, xa que permite varias combinacións

de cada unha das pezas dentro do módulo, ou da propia peza volteada por varias caras. O valor

construtivista e xeométrico queda patente, así como a intención de ensamblaxe que hai detrás. El

mesmo demostrouno descolgando e xirando unha delas e volvéndoa a colocar dun xeito distinto,

afirmando que moitas delas encaixarían entre si cal parellas se as xuntásemos. Permite no fondo

unha interacción co espectador, aspecto que estará moi presente ao longo de toda a exposición, xa

que Manolo Paz nos convida a observar a súa obra desde varias perspectivas. Achegarnos ao fondo e

arrimarnos á beira daranos unha visión dinámica e seriada da mesma, mentres que se a observamos

de fronte, semellarán pezas dun puzzle a piques de encaixar.

Page 3: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

A seguinte obra coa que topamos é a titulada Terra e aire (1995). Realizada en pedra mallorquina

presenta unha serie de lousas de acabado irregular dispostas de maneira horizontal e vertical e

encaixadas entre si. O propio artista comentaba que practicamente xa eran así, coa súa forma

orgánica, e el só tivo que ensamblalas unhas coas outras.

É evidente a súa reminiscencia ao pasado ancestral, ao menhir, e tamén a existencia dun diálogo

entre home e natureza, baseado sempre nunha relación de alianza e respecto. Fálase aquí do

concepto de escultura habitable, dunha dobre utilidade para a contemplación da obra e desde a

obra, xa que existe unha intención de servir de banco. Manolo Paz convida a percorrela por dentro e

por fóra, a sentar,cada quen ao seu xeito, a ficar alí na obra, tocala e sentila ben de preto para

apreciar así a verdadeira pel da pedra.

O conxunto de obras en pedra que completan a sala pertencen a momentos e series distintas da súa

produción, desde os anos oitenta ata este mesmo 2013. “Cada pedra ten unha historia, pero tamén

forma parte da historia”; para o artista cada pedra ten a súa propia forma e el entende que o seu

labor non é o de cambiala, senón aproveitala tanto por dentro como por fóra e salvagardala para

unha mínima intervención do home, premisa que o liga co movemento do Land Art onde a forza

expresiva radica na paisaxe. Clave, Nube, Capilla… están presentadas sobre unha peaña de madeira,

introducindo así a combinación de materiais, de tal xeito que un serve de soporte e enaltecemento

para outro. O granito, signo identificable de Paz, queda á vista coa súa cor e a súa rugosidade ,

contrastando o interior e o exterior e amosándose totalmente nu ao espectador; sen intervención,

sen engadidos e case sen tratamento. A pedra é sen dúbida a materia máis entroncada coa figura do

artista, quen confesa abertamente que o seu achegamento veu dado no seu momento por unha

razón de miseria económica, o que non lle permitiu traballar co mármore ou bronce. Apréciase

nalgunha peza como xoga cos ocos tan característicos, estes ábrense na pedra como ventás cara a

paisaxe ou fondo que hai detrás e actúan, á súa vez, de marco para esa vista que fica para o

espectador xa como unha instantánea. Os ocos son os ollos da pedra, porque por eles é por onde a

pedra ve. E cobra vida.

Page 4: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

Camiñando cara a outra sala atopámonos na parede cunha obra de pedra azul de forma cóncava,

Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que,

coa axuda da iluminación, pretende semellar un recipiente de auga cheo. Deste xeito o artista deixa

unha leve liña dada polo cambio de dirección da pedra que é o que marcaría a cantidade de líquido.

A importancia da cor azul é patente en Paz, ao igual que o é noutros artistas galegos, que a

identifican cunha das cores predominantes da nosa terra e que tinguen con mil matices a nosa

paisaxe, chea de ceo e de mar.

Page 5: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

Na seguinte sala achamos unha das obras que realizou tras unha das súas estancias en Nova York,

nela aparecen debuxadas unha serie de formas redondeadas percorridas por liñas que el identificou

coas patelas de Arenques (1994), citando como fonte de inspiración o ultramarinos do filme clásico

español “El Pisito” (Marco Ferreri, 1959). A obra lígase de novo coas formas xeométricas e con

toques neo-pop, froito das correntes internacionais que reclamaban a súa atención e que el adaptou

aos temas autóctonos da súa terra.

No resto da sala fai a súa presentación con total protagonismo o metal. Unha serie de cubos

arquitectónicos dispérsanse polo espazo cal módulos de construción que semellan esperar o seu

momento para ser elevados e situados no seu lugar correspondente, que pode ser ese que habitan

neste preciso momento ou pode que non. Esta obra titulada Colmenas (2012) tivo distintas formas e

interpretacións segundo o lugar e momento das exposicións das que formou parte, coas redillas

acomodadas verticalmente ou esparexidas de xeito individual polo chan.

Page 6: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

Ao fondo destaca na parede unha maraña de metal escura, Marea negra (2002) componse dunha

reixa pintada coa presenza de engadidos de cor negra e roxa, obra coa que Manolo Paz quixo render

homenaxe á súa terra e ao seu mar, que por momentos se tinguiu de negro tralo final tráxico do

Prestige e o Egeo.

A última é a Sala Azul, que dá nome á exposición; Luna Azul. Cada tres anos ocorre un fenómeno

astrolóxico que leva este nome, no que coinciden dúas lúas cheas no mesmo mes do calendario

gregoriano, feito que sucedeu hai dous anos e ao que o artista fai alusión coas obras sitas nesta sala.

Están realizadas na súa maioría nunha pedra do Brasil, granito de Bahía, caracterizada por unha cor

azulada e unhas vetas moi marcadas. Para Paz esta pedra con forma redondeada sobre o chan ou a

parede convértese nunha Paisaxe aérea e Paisaxe estelar (2013), fainos viaxar ao espazo e

Page 7: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

contemplar a Terra, a Lúa e os astros desde unha posición privilexiada, con ollos experimentadores,

soñadores e libres ante unha marabilla ao alcance da man.

En contraste existen pedras que nos devolven á terra, á súa orixe, que tamén é a do propio artista.

Unha das obras de granito situada no centro da sala foi achada no fondo do seu taller e simplemente

trasladada ata aquí. Conserva aínda as cintas empregadas para o seu porte e o artista afirmou non

terlle tocado apenas, tan só “tratado con coidado, xa que o importante na pedra é derramala o

menos posible”.

As poucas pegadas evidentes que deixou o artista aparecen nunha das obras de pedra azul

penduradas na parede do fondo, Paisaxe oval (2013). Unha serie de incisións percorren a peza tal cal

fose rabuñada pola ferramenta do artista, os instrumentos de traballos tradicionais como o martelo e

o cicel, conviven no taller de Manolo Paz con outros máis modernos, como o disco de diamante,

empregados para darlle forma ou xeito á peza de pedra e respectando o máis posible a vestidura

orixinal das súas vetas.

E é que Manolo Paz, a pesares da súa forte ligazón coa Terra e a concienciación da importancia do

pasado e a memoria na súa linguaxe, resulta tremendamente internacional. As súas obras, repartidas

por museos e coleccións de todo o mundo, falan de distintos lugares e tempos e os seus materiais

son froito dun longo e variado periplo que nos leva a indagar no descoñecido, aínda que despois

retorne á casa. Porque el é ante todo un artista galego, que pensa e expresa como tal, e ese é o

idioma do granito que el converte en universal.

Este paseo polo azul non remata dentro das salas, senón que á saída ,na zona de cristal, o visitante

vese mergullado nun fondo mariño habitado por cordas de bateas. Un bosque de cordas de cultivo

con estacas da cor das algas convidan a introducirse no medio delas e avanzar na procura dunha

paisaxe na auga.

Page 8: Un percorrido pola exposición Luna Azul de Manolo Paz · Cuenco I (2013), un tipo de pedra brasileira coa forma traballada e redondeada nos extremos e que, coa axuda da iluminación,

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

A afección do artista á pesca submarina lévao a poñer en valor un mundo que, aínda que ben

próximo, non soe ser visible aos nosos ollos. Esta instalación chamada A donde llega el mar (2013) é

unha reprodución da que presentou como homenaxe a Joan Miró nunha exposición realizada en

Palma de Mallorca no 2002. E a onde chegar é do que fala o artista a través das pedras e destas

obras, a esa lúa e ese mar azul que cheiran a verán, que se expanden polo espazo, polo museo,

atravesando as bateas e os cristais ata saír á rúa. Porque, como afirma Manolo Paz, ao final “o mar

sempre chega á terra”.

Begoña F. Lorenzo.

Gabinete Didáctico